Investigación
Un cargo de Sumar levou seis millóns para xestionar unha residencia pública cunha empresa con cinco días de antigüidade

Unha das persoas clave de Yolanda Díaz en Galiza, Iván Olmos, recibiu da súa nai a concesión tras gañar un concurso millonario do Concello de Verín (PSOE) ao que só se presentou ela para xestionar un centro de día durante 15 anos.

O xefe de comunicación de Sumar en Galiza e cofundador do partido de Yolanda Díaz a nivel estatal, Iván Olmos, conseguiu unha adxudicación de seis millóns de euros para xestionar unha residencia pública cunha empresa creada soamente cinco días antes de que se pechase o concurso que a elixiría. Ademais, nese proceso de contratación pública, realizado polo Concello de Verín, un municipio da provincia de Ourense, soamente presentouse, malia os millóns en xogo, a empresa da que el é agora administrador único tras cederlla a súa nai. Pero o percorrido desta sociedade mercantil comeza varios anos antes, con ese vínculo familiar directo dunha das persoas clave da campaña de Sumar nas eleccións galegas, onde Díaz non conseguiu nin un só escano.

Para contextualizar esta historia é necesario remontarse polo menos ata agosto de 2018. Nese momento, o Concello de Verín, gobernado polo PSOE, atópase terminando o prego de cláusulas administrativas para abrir un procedemento aberto do que sairá a contratación da concesionaria que se encargará do servizo de atención á terceira idade do centro de día municipal en cuestión. Paralelamente, as mareas galegas comezan a rachar en pelexas internas, aínda que sobrevive o pacto do nacionalismo galego, representado pola Anova de Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, coa esquerda confederal de Yolanda Díaz e Pablo Iglesias.

O agora xefe de comunicación de Sumar en Galiza fragua entón una desas primeiras rupturas, sendo cabeza de lista por Ourense para as primeiras eleccións xerais de 2019 coa candidatura de En Marea, separado da coalición frenteamplista de Podemos, Esquerda Unida, Mareas en Común e EQUO á marxe do BNG. A candidatura do novísimo Iván Olmos (1994) apenas conseguiría 2.188 votos e o 1,15 % do voto na súa provincia, anunciando o cantil ao que se asomaría aquela división política incomprensible para o electorado dese espazo.

Ao concurso do centro de día presentouse unha soa empresa e sen experiencia

Pero no mundo mercantil, mentres tanto, os movementos de taboleiro eran outros. Despois de que o Concello de Verín rematase os pregos administrativos para o futuro centro de día da localidade, os seus técnicos comezaban a traballar no anuncio da licitación, que non se faría pública ata o oito de novembro de 2018. De maneira rechamante, nin entón nin agora están accesibles os pregos de prescricións técnicas na Plataforma de Contratación do Sector Público. No documento, tanto o roteiro electrónico dos administrativos como a dos técnicos levan a un mesmo documento. Cabe preguntarse como calquera cidadán ou cidadá podería desta forma presentarse rigorosamente á licitación. O Concello de Verín non quixo responder nin a esta pregunta nin a ningunha das expostas por esta redacción.

As cifras máis relevantes do negocio baixo o foco? Fundamentalmente, 5.987.520 euros para unha concesión que se alongaría 15 anos, a maior licitación publicada por este consistorio na súa historia, polo menos segundo a serie histórica de contratos públicos accesible no Portal de Transparencia. As empresas interesadas tiñan exactamente 30 días para presentar as súas ofertas. Con todo, os días corrían e no rexistro do concello apenas había movemento.

Chegaron as 14.00 horas do catro de decembro de 2018, data e hora na que se pechaba o período de presentación de ofertas: a primeira fase do proceso concluíra. Case un mes despois, chegou o acto público de apertura de ofertas. Para sorpresa dos integrantes da mesa de contratación —e de calquera persoa que estea familiarizada con este tipo de concursos—, a pesar do obxectivamente atractivo do contrato, no rexistro só había dous sobres. Un dunha persoa a título individual, asinado por Ana S. I. e outro rubricado pola empresa Xerontoloxía Verín SL, nese momento, a nome da nai do xefe de comunicación de Sumar na terra de Yolanda Díaz, María Consolo F. F.

O primeiro sobre, dunha particular, non contiña nin os aspectos máis básicos demandados polo goberno local: a súa suposta empresa non “está debidamente clasificada” nin contaba “cos requisitos de solvencia económica, financeira e técnica ou profesional”; non declaraba estar ao corrente no cumprimento dos deberes de alta e pago ou exención do Imposto de Actividades Económicas; non aceptaba someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todos os incidentes que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato; e non declaraba se estaba ou non rexistrada no rexistro de licitadores. É dicir, os fallos de forma máis básicos dun concurso público.

No outro sobre estaba a única empresa que se presentou e a única, tamén, que entraría a participar no concurso: Xerontoloxía Verín SL que, polo menos en tempo e forma, presentara de maneira adecuada a súa candidatura. Esta empresa, hoxe en mans dunha das persoas clave e cofundadora do partido da vicepresidenta segunda do Goberno español, creouse, segundo o Rexistro Mercantil, exactamente cinco días antes de que se pechase o prazo para presentar candidaturas. Este detalle choca frontalmente coas condicións desenvolvidas polo Concello gobernado por Gerardo Seoane Fidalgo (PSOE) para argumentar que necesitaban privatizar o servizo de atención a maiores a través dunha empresa xestora: “As corporacións locais normalmente non dispoñen da capacidade necesaria para a xestión directa destes equipamentos, que, polo seu nivel de especialización, esixen persoal cualificado e unha xerencia, organización e funcionamento moi específicos, polo que se recorre á xestión indirecta por medio de empresas especializadas e acreditadas do sector”, reza a memoria que xustifica a súa insuficiencia de medios. Pódese considerar a unha empresa con cinco días de antigüidade como especializada e acreditada no sector?

O avogado da empresa e do propio Olmos considera que si: “Tiña, no momento da licitación, unha ampla experiencia de case 20 anos como auxiliar de clínica en xeriatría primeiro (desde 2000) e enfermeira despois (desde 2005) na atención a persoas maiores e dependentes”, defende en conversación co Salto e engade que tamén a avala traballar para Cruz Vermella. En esencia, considera o seu asesor legal que traballar como auxiliar de clínica e de enfermeira capacitou ao seu cliente fronte ao Concello de Verín para demostrar o seu crédito e a súa especialización no sector.

Desde a empresa recoñecen “que poida chocar a constitución da empresa poucos días antes da adxudicación”, pero argumentan que era “a única maneira de concorrer sen comprometer o patrimonio familiar”. En realidade, as contas, explican, non abarcaban grandes riscos se perdía a licitación: “Arriscaba 400 euros de gastos notariais e rexistrais 30 euros de impostos indirectos”, explican. A adxudicación que levou rozaba os seis millóns de euros.

O cargo de Sumar fíxose coa propiedade da empresa e da concesión

Unha vez descualificada a proposta insostible a moitos niveis da outra persoa que se presentou ao concurso do Concello de Verín, a mesa de contratación, composta polo alcalde socialista, tres vocais máis e unha secretaria, traballadores todos do consistorio, comezou a ponderación. Ao ser unha única sociedade a potencial adxudicataria que, ademais, presuntamente cumpría os requisitos administrativos —convén lembrar que, segundo o prego, non se coñecen as prescricións técnicas máis aló do plan de viabilidade—, pouca incerteza había en quen gañaría o contrato millonario. E, de feito, así foi. O 18 de marzo de 2019, a algo máis dun mes das Eleccións Xerais onde Iván Olmos cristalizaría a primeira gran escisión das mareas e o primeiro gran fracaso estratéxico da esquerda federal, a súa nai facíase coa concesión de 15 anos do Centro de Día Municipal de Verín que logo acabaría nas súas mans. Pero faltaba algo de tempo para iso.

Apenas 15 días despois da adxudicación, a finais de marzo de 2019, nun tempo récord para poñer en marcha unha residencia destas características, o Centro de Día de Verín abría as súas portas, como testemuña a prensa local. Pero apenas podería cumprir un ano de traxectoria ininterrompida. A pandemia de coronavirus irrompeu e o Goberno decretou o Estado de Alarma o 14 de marzo do seguinte ano, de 2020. O entón presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, non levantaría a prohibición comunitaria de manter centros como este pechados ata setembro de 2020, cando, progresivamente comezaríase a recuperar a normalidade cara a finais de 2021. É nese momento, cando o cofundador de Sumar faise co control total da concesión. Así o reflicten os datos do Rexistro Mercantil no seu Boletín Oficial: o día 14 de decembro de 2021, Iván Olmos, converteuse no administrador único de Xerontoloxía Verín SL e ata hoxe é o último responsable e beneficiario desta adxudicación valorada en seis millóns de euros para o que reste deses 15 anos.

Sumar nega coñecer o caso e Olmos a súa responsabilidade na adxudicación

O propio Olmos preferiu non responder as preguntas concretas desta redacción e trasladou as súas comunicacións en voz do seu avogado, o mesmo da empresa que dirixe, pero si quixo aclarar que calquera feito anterior á súa entrada como administrador único non lle incumbe, a pesar de que o seu negocio susténtese na mesma concesión millonaria e de máis dunha década: “Podo responsabilizarme da miña etapa de xestión pero non da etapa de xestión da miña nai”.

Doutra banda, o partido do que é promotor, Sumar, tamén quixo apuntar a súa visión dos feitos: “Sumar Galicia descoñecía a existencia da empresa Xerontoloxía Verín SL e da adxudicación da xestión do centro de día por parte do Concello de Verín no ano 2019”. E insisten en que a súa formación “é un movemento político que aposta pola transparencia na xestión pública e polas boas prácticas empresariais en todos os ámbitos”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión socias
Opinión socias Así es difícil persuadir
La estrategia de situar al votante de extrema derecha fuera de los entornos educativos y culturales pensando que es incapaz de nada por sí solo es un desprecio.
Obituario
Obituario Jesús Santos, el basurero que se ganó el corazón de Alcorcón
Alcorconero de toda la vida, teniente alcalde, activista social y sindicalista, Jesús Santos hizo que aquellos que le acompañaron en su camino se ilusionaran por la política.
Extremadura
25-m, Día de Extremadura El 25 de marzo como ‘Día de Extremadura’ se celebrará este año en Los Santos de Maimona
La jornada se celebrará el próximo sábado 22 de marzo en el espacio de ‘La Fábrika detodalavida’, comenzando a las 10 de la mañana con charlas y debates y continuando por la tarde con conciertos.
juabmz
28/5/2024 17:17

" El periodista de El Salto que ha destapado los negocios de un cargo de Sumar, amenazado por el periódico más leído de Verín", artículo de Diario.Red en el que describen las amenazas al periodista Javier H. Rodríguez y a este diario. Los que opinan tan alegremente contra esta investigación tal vez deberían ser más comedidos y más agradecidos.

0
0
msandara
28/5/2024 1:59

Artículo de encargó. Cinco años hace desde que según el autor de este panfleto ocurrió algo que no demuestra. Yo creo que voy a saltar de El Salto, con mi dinero no vais a realizar campañas electorales de los vuestros.

1
1
Emilio José Padrón González
Emilio José Padrón González
28/5/2024 0:29

Moi tendencioso o tratamento desta nova. Non se acusa de nada, porque non semella haber ningún delito, pero o autor do texto remarca máis aló do que sería normal nun texto non panfletario a relación de Iván Olmos con Sumar, unha relación que aparece tamén esaxerada en todo o texto. E o titular é dunha ética xornalística máis que dubidosa.

A investigación tería quedado máis completa se se analizaran as razóns polas que unha licitación tan chollo coma esta («concesión millonaria» , de acordo ao que se desliza unha e outra vez no texto), non atraeu ás empresas voitres que o mesmo che limpan un polideportivo que che xestionan un hospital ou un xeriátrico.

1
1
Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar intentan llegar a un acuerdo para no perjudicar con el IRPF a los trabajadores con el SMI
La ministra de Hacienda ha confirmado que sería “algún tipo de medida que permita compensar a aquellos pocos trabajadores” en la situación de tener que tributar con el salario mínimo.
Guerra en Ucrania
Conflicto bélico Rusia y Ucrania acuerdan un principio de alto el fuego marítimo a instancias de Estados Unidos
La Casa Blanca emite dos comunicados que coinciden en señalar una tregua en el Mar Negro y en prometer trabajo para el final de los ataques energéticos por ambas partes.
Opinión
Opinión Bretón no es un monstruo, ni Martín el nuevo Capote
Frente a la libertad sin peros que defienden unos, la responsabilidad de muchos: la de ciudadanos y librerías que se niegan a comprar o vender, respectivamente, el libro que Anagrama ha tenido a bien materializar.
LGTBIfobia
Manifestación Plataforma Trans planta cara a la transfobia con una manifestación contra el odio
La convocatoria el 29 de marzo denuncia un contexto internacional antiderechos. La organización pide a partidos y sindicatos que se sumen a la marcha porque la transfobia es un problema social, y por lo tanto también político, explican.
Feminismos
Irene García Galán “La memoria feminista hay que construirla desde abajo, desde nuestras casas”
‘Hilaria’ (Errata Nature, 2025) es un libro dedicado a la tatarabuela de Irene García Galán, pero también un ensayo político que navega a través de la memoria feminista, el antipunitivismo y el anarquismo.
Madrid
Madrid La Sareb amenaza con el desahucio a dos jóvenes activistas en Carabanchel
Cadete 7, el bloque en lucha del que el ‘banco malo’ prevé desalojarles de forma inminente este jueves 27, fue el primero recuperado por el movimiento de vivienda de Madrid en 2013 tras haber permanecido deshabitado desde 2008.

Últimas

Gasto militar
Gasto militar “No nos resignamos a la guerra”: 70 organizaciones rechazan la deriva militarista de la UE y el Gobierno
Más de 70 organizaciones y personalidades de la cultura y el activismo firman un manifiesto que rechaza la escalada belicista y el rearme frente a una posible agresión rusa.
Música
Música Pervertidos y puritanos, a los pies de Ethel Cain
Proyectos musicales como ‘Perverts’ de Ethel Cain son capaces de imponer silencio en medio de tanto ruido para pensar en un momento en que las redes sociales son herramientas tendenciosas para la difusión de propaganda de ultraderecha.
Minería
Minería estratégica en Extremadura La Comisión Europea declara “estratégicos” tres proyectos mineros en Extremadura
Las Navas (Cañaveral), Aguablanca (Monesterio) y La Parrilla (Almoharín) obtendrán financiación, verán facilitados sus procesos de tramitación y se beneficiarán de plazos más reducidos. La mina de Valdeflores no es considerada estratégica.
Israel
Genocidio Mercadona vende tampones y patatas procedentes de Israel
En 2024 se produjo una reducción de las importaciones de tampones y patatas israelíes. Mercadona es una de las plataformas que trabajan con estos productos.
Palestina
Cisjordania Hamdan Ballal, codirector de ‘No other land’, agredido por colonos israelíes
Según los testigos que presenciaron el ataque, el cineasta está herido. Poco antes de las 14h el codirector de la cinta ha anunciado que Ballal ha sido puesto en libertad.
Más noticias
Obituario
Obituario Jesús Santos, el basurero que se ganó el corazón de Alcorcón
Alcorconero de toda la vida, teniente alcalde, activista social y sindicalista, Jesús Santos hizo que aquellos que le acompañaron en su camino se ilusionaran por la política.

Recomendadas

Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Colegios underground en Járkov después de tres años de guerra
La ciudad ucraniana construye escuelas subterráneas, preparadas para aguantar ataques balísticos y nucleares.
Argentina
Estela de Carlotto “Faltan todavía muchos nietos por encontrar”
Al cumplirse 49 años del golpe cívico-militar, la presidenta de Abuelas de Plaza de Mayo dialogó con El Salto y apuntó contra el Gobierno de Milei y su ministra de Seguridad, Patricia Bullrich, que encabeza la represión de la protesta social.
México
Hallazgo en Teuchitlán Crisis de desaparecidos en México: los buscadores, entre el narco y las omisiones del Estado
El hallazgo del cementerio clandestino en Teuchitlán, Jalisco, ha conmocionado a todo México. El país que vive una crisis por la desaparición de más de 120 mil personas, que en 18 años solo han aumentado frente a una pasmosa impunidad.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.