Honduras
Karina Aguilar, activista ambiental: “A empresa perséguenos, non podo saír coa miña familia tranquilamente”

A noruega Scatec Solar construiu un megaparque fotovoltaico que deixou sen auga ás comunidades de Namasigüe. En fronte, centos de veciñas seguen loitando para defender a súa soberanía alimentar. Unha delas, Karina, sufriu dúas tentativas de asasinato desde que con 16 anos, decidiu defender a súa terra.
28 abr 2022 07:13

Karina trae unha camiseta dun bebé Ioda e un sorriso cálido. Fóra, un típico día compostelán nos que o orballo traballa e o sol descansa. Abre a fiestra e asómase cara as Brañas de Sar, pero Karina non ten frío.

Medrou en Namasigüe, Honduras. 34ºC de temperatura media e 315 días de sol ao ano. Aos seus 18 tiña “unha vida tranquila” e foi nai da súa primeira filla. Era “feliz”, di. A calma acabou cando a noruega Scatec Solar comezou a colocar paneis solares. Os recursos naturais esvaeceron e ducias de veciñas das comunidades decidiron defender a terra. Entre elas, Karina, disposta a parar o proxecto.

Imaxe aérea de parte do parque fotovoltaico Los Prados.
Imaxe aérea de parte do parque fotovoltaico Los Prados.

Polo de agora, foron quen de deter seis dos nove parques, non sen consecuencias. Honduras é o país do mundo con máis asasinatos a defensoras ambientais. Só neste proxecto, hai ducias de acusadas e varias tentativas de asasinatos, dúas delas a Karina, polo que se atopa nun programa de protección a defensoras. Forte, perseverante e intelixente,  Karina tamén é humana, e tamén ten medo.

Por todo e malia todo isto, Karina visitou Galiza en compañía das activistas Adolfina Contreras e Coralia Argentina, dentro do proxecto Mulleres Bravas, de Amigos da Terra e Enxeñería sen Fronteiras. Falamos con Karina Aguilar do proxecto en Namasigüe e da súa viaxe por Galiza.

Tes 23 anos, a túa filla maior ten seis e xa levas anos sendo defensora ambiental. Como decide unha adolescente defender a terra? Foi algo pensado ou imposto?
Tiña 18, e a verdade é que xurdiu. Eu nunca pensei estar aquí, pero en 2016 chegou unha empresa estranxeira con fondos noruegos para facer un parque fotovoltaico con 186 ‘manzanas’ de paneis solares. Eu quixen defender a nosa terra, o sitio onde vivimos, porque estaban atropelando o noso medio, a nosa auga e os nosos dereitos humanos. E así xurdiu a miña loita.

De que maneira afecta o proxecto a vosa comunidade?

Sobre todo á auga. Os paneis solares están nunha zona por onde pasa unha corrente de auga que vai as nosas comunidades. Na miña xa case non hai auga; o pozo que temos abastece dúas comunidades e só temos auga cada oito días. É o principal impacto que sufrimos por culpa do megaproxecto fotovoltaico.

Aquí en Galiza, unha das queixas con este tipo de proxectos é a falta de información. Como vos enterastes nas comunidades de Namasigüe?

Os proxectos chegan ás autoridades, que deberían consultarnos a nós se estamos de acordo ou non, pero iso non aconteceu. A empresa púxose de acordo coas autoridades municipais, pero nunca nos informaron de que ían facer nin do tamaño que ía ter. Na comunidade ninguén sabía nada, só cinco ou dez persoas pagadas pola empresa. Foi cando comezamos a buscar información.

campamento honduras
Imaxe dun dos campamentos en oposición aos parques fotovoltaicos.
Moitas familias chegáchedes a acampar nove meses para parar o proxecto.

Mira, cando escoitamos que andaban talando árbores de centos de anos, árbores que daban a vida na nosa zona, os campos verdes... decidimos ir alí e protestar para obter máis información, e marcharon. Despois entraron unha segunda vez e aí posicionámonos claramente en contra do proxecto. Fixemos un campamento para que ninguén puidera entrar traballar. As mulleres de día e os homes de noite; así pasamos nove meses. A maioría era xente maior, non había moita xente nova. De feito eu era a máis nova e agora son a voceira da comunidade.

Estes proxectos adóitanse presentar en chave positiva: “progreso, “enerxía renovable”, “sostibilidade”... Entre a veciñanza de Namasigüe había diferentes visións con respecto ao proxecto? Opositoras e defensoras?  

Ao principio, a empresa pagou a varias persoas da zona, que comezaron a dicirlle á veciñanza que nós estabamos tolos. Foi difícil convencer á maioría das persoas do que estaba pasando e concienciar á xente de que tiñamos que loitar. E houbo moito máis: durante os nove meses que estivemos acampados, a empresa esforzouse en romper o tecido social, entre amigos, irmáns, veciños...  Pagaban a xente para dicir nos seus círculos que a empresa era boa. Moita xente e eu dixemos que a nosa dignidade non tiña prezo. Como vou a dicir que a empresa ten razón? Temos que ser conscientes de todos os danos ambientais que causan e que xa sufrimos nas nosas comunidades.

Resultouvos útil a radio da comunidade?

Si, a radio xurdiu da propia loita contra o proceso, da loita contra a empresa. As organizacións decidimos facer unha radio comunitaria, Radio Stereo Namasigüe, para que a xente que non estaba na loita escoitara a nosa visión.

Cal é o risco de opoñerse a estes proxectos? Honduras é dos países con máis represión cara defensoras ambientais, especialmente mulleres.

Aféctanos máis ás mulleres porque nós, ademais de defensoras, temos que ser amas de casa, e sempre estamos alí. É duro compaxinar as dúas cousas. Con respecto aos riscos, poden chegar a asasinarte, porque estás moi exposta. Polo menos, eu estouno, e estou baixo un programa de protección. Con todo, para min non é unha seguridade real, porque a empresa perséguenos: non podo saír soa, non podo ir coa miña familia tranquilamente... (silencio) porque teño medo deles. As empresas buscan a maneira de intimidarte, e non necesariamente a min, senón ás persoas cercanas, como pode ser o meu home ou os meus fillos. A min tentaron asasinarme despois dunha persecución horrible. Un día ía pola cidade e unha moto perseguiume ata que me puiden agochar. Este é un dos riscos que corremos as defensoras ambientais en Honduras, porque non é un país que protexa os dereitos humanos. Máis ben, violéntaos. 

Eu podo ir coa moto soa pero vou con medo de que me fagan algo, pero se mo fan, fanmo a min. Pero coa miña familia...

Estes casos de represión son responsabilidade da empresa ou das autoridades? 

Diría que dos dous. Ás veces a relación entre as autoridades e a empresa é moi cercana, e ata teñen accións na empresa, entón non lles convén que falemos do que está pasando, e queren tapalo. A empresa deu 6 millóns de lempiras -uns 220.000€- que se supoñía que ían ser repartidos entre as comunidades. Supoñíase que polo menos un millón ía ser para dúas comunidades. E o alcalde dixo que ía coller os 4 millóns prestados porque estaba en pleno proceso de remodelación da alcaldía e que xa despois pagaría cando o Estado aprobase os orzamentos anuais. Pero nunca máis se soubo.

Hai outras formas de represión cara as persoas que defendedes a terra, concretamente neste proxecto. Cantas persoas están acusadas e de que se lles acusa?

Houbo tres casos. No primeiro, un requerimento fiscal que acusaba a 33 persoas. Despois, outro contra 24 persoas e, por último, un porque houbo un desaloxo. Despois do segundo requerimento, un xuíz comprado pola empresa dictou o desaloxo. Un ano despois, houbo unha orde de captura contra catro mulleres e catro homes, entre as que estaba eu. O meu fillo tiña sete meses, detivéronme e estiven case un día detida. Acusábannos de coaccionar e de ameazas no primeiro caso, de usurpación no segundo e de danos á propiedade privada no terceiro, aínda que non fixeramos mal ningún. A zona do proxecto estaba pechada e nós xa non entrabamos alí para evitar estas cousas, pero eles dixeron que entrabamos e roubabamos material, que non é certo, porque nós estabamos fóra.

A inseguridade constante da que falabas e o feito de estar nun programa de protección ten que ser duro, especialmente tendo fillos pequenos. Cambiou o teu plan de vida por culpa deste proxecto?

É duro nalgunhas cousas, a verdade... Ás veces gustaríame poder pasar un tempo agradable cos meus fillos, saír, levalos ao parque, e ás veces fágoo. Eu podo ir coa moto soa pero vou con medo de que me fagan algo, pero se mo fan, fanmo a min. Pero coa miña familia... cústanos moito saír de noite, e se saio, saio co temor de que me están seguindo ou de que me fagan fotos ou calquera cousa. E iso pásame, e pásanos todos os días. Todos os días. Psicoloxicamente é duro.

Como era un día normal antes de que este proxecto chegara?

Pois antes a miña vida era... moi tranquila. A miña vida era tranquila. Totalmente tranquila. Eu non tiña que pensar en nada. E desde os 16 anos estou psicoloxicamente mal, porque vou á cama e penso: que vai pasar mañá con isto? Porque estamos nun proceso con moitas denuncias, tanto en organismos nacionais como internacionais, e queremos que se verifique cos nosos argumentos que a instalación desta empresa foi ilegal.

Como valoras o papel dos diferentes gobernos de Honduras?

Nós non temos ningunha axuda dos gobernos. Nós estamos aquí e chegamos ata aquí con vida, e grazas a iso estou contando a miña historia a organizacións internacionais. Por exemplo, hoxe estou aquí grazas a elas, e grazas a que hai unha rede de defensoras de dereitos humanos que nos axudan, e grazas a elas non estamos presas. Son mulleres avogadas moi capacitadas en dereitos humanos. Hai moitas organizacións e sería difícil mencionalas, pero o noso goberno non nos apoia, nunca apoia as loitas sociais. Xamais.

Honduras non é un país que protexa os dereitos humanos. Máis ben, violéntaos. 

Como pensas e como che gustaría que acabara isto?

Encantaríame que o proxecto marchara. Algúns dicían que se iso pasase, nós iamos pagar o que a empresa tiña investido alí. Pero nós temos a fe de que dalgún ou doutro xeito isto vaia rematar, que rematen ben todos os procesos, todas as denuncias, todos os argumentos que deixan claro que isto está mal. Eles fixérono mal. Espero que marchen e que o proxecto remate.Estás nunha xira por Galiza xunto as activistas Adolfina Contreras e Cora Argentina. Como vos axuda vir aquí e coñecer outros colectivos?
Axúdanos de varias maneiras. Unha delas é que se nos escoite en medios de comunicación e en redes sociais para que se vexa o que está pasando. E a outra é ver a organización dos colectivos galegos, que pode axudarnos a organizarnos nós. Tamén ver que este tipo de problemas non só pasan en Honduras

Ves as loitas galegas moi diferentes ou teñen puntos en común?

Alguén dicía durante a xira que as loitas son similares, pero con diferencias. En Honduras, ser defensora ambientalista para moita xente é un delito, aínda que é un deber de toda a cidadanía defender o medio ambiente, sufrimos represión, acoso, asasinatos... E iso aquí non pasa, pero hai moitas cousas en común, a verdade, e todas estamos pelexando para que todos estes procesos sexan máis democráticos e transparentes.

Pensas, vendo as loitas de aquí, “bah, pois non é para tanto”? Como o imaxinabas?

Nós cando viñamos non nos imaxinabamos que había este tipo de loitas en Europa. Pensabamos que todo era perfecto e que non había estes problemas, pero agora temos outra perspectiva. Vemos que aquí hai loitas sociais e persoas que defenden os bens comúns. Isto que chamamos bens comúns tense que defender, porque aínda que os impactos non se vexan agora, ímolos ver a longo prazo, no futuro. Marchamos motivadas porque vemos que aquí tamén sementades nas vosas hortas, algo que nas nosas comunidades xa non se pode facer porque a contaminación que temos é inmensa. Imos con ánimo de seguir loitando.

A túa filla maior ten seis anos. Xa se vai dando conta do que fas? 

Dase conta un pouco. Cando me ve saír ou falo co meu home de que vou facer, do que quero estudar, porque quero estudar dereito, ela dime: “Mami, cuando yo esté grande, quiero ser como usted”. A min iso motívame moito máis, porque sinto que son un orgullo para ela, unha ‘mamá’ exemplar , a ‘mamá’ exemplar que ela quere. E quero que ademais de sentir orgullo, sexa loitadora coma min, que defenda o medio ambiente, o entorno onde vivimos, porque se cadra algún día eu non vou estar, e quedará ela, pero a terra seguirá precisando quen a defenda.

Seguro que si. Moitas, moitas grazas.
Consulta en Namasigüe
Consulta en Namasigüe. Imaxe: Criterio.hn

Karina volve a Honduras pola tarde. Despídese algo menos tímida, poñendo en perspectiva o xa conseguido: “En Namasigüe fixemos unha consulta e o 97% das persoas dixemos non aos proxectos mineiros e fotovoltaicos.”  

Marcha co mesmo sorriso sabedor de que volve a unha vida que non é exactamente a que lle gustaría, pero coa fonda certeza de que haberá quen loite para que o sol volva poñerse da súa parte.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cine
A besta civilizatoria
Non creo que se poida dicir nada peor sobre unha historia que chamarlle wéstern, unha batalla das forzas coloniais fronte a un mundo colonizado que é alienado da súa propia posibilidade de relato.
Defensa da terra
Protectoras de territorios y saberes
Muchas mujeres son activas defensoras del territorio, del medioambiente y de los árboles. Estas son algunas de sus historias.
Palestina
Genocidio Salah al Bardauil, miembro del comité político de Hamás, entre los 23 asesinados por Israel esta madrugada
Israel ha matado a 634 personas desde la ruptura del alto el fuego el pasado martes. Un ataque del Estado sionista hacia suelo libanés este sábado ha dejado siete muertos.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.
Medio ambiente
Oliver Franklin-Wallis “La industria de los residuos deja una cicatriz enorme en nuestro planeta”
El periodista británico Oliver Franklin-Wallis recorre en ‘Vertedero’ (Capitán Swing, 2024) las prácticas ocultas de la industria de residuos, exponiendo el papel de las grandes corporaciones, en connivencia con autoridades e instituciones públicas.
Contigo empezó todo
Contigo empezó todo El comunismo libertario de Hildegart Rodríguez
La joven madrileña, a quien se recuerda por morir a manos de su madre, contribuyó con sus ideas a la política revolucionaria durante la II República.
Siria
Siria Siria, de la euforia por el fin del régimen al examen de la transición
Las matanzas en el litoral sirio y las dudas acerca de las nuevas autoridades dejan atrás la alegría por la caída de al Asad y enfrían el aniversario de la revolución, el primero tras la huída del dictador.
Opinión
Opinión La berlusconización de Mazón
Es evidente que el presidente de la Generalitat no ha asumido la agenda de la ultraderecha por convicción, sino por supervivencia política y judicial, en una estrategia no muy diferente a la que empleó Silvio Berlusconi.
México
EZLN Genealogía del ”común” zapatista, política de la liberación
El EZLN celebró junto a sus bases de apoyo unas jornadas conmemorando el 31 aniversario del levantamiento en Chiapas, en el que se hizo reflexión sobre los retos que vive el movimiento. En abril, preparan el encuentro (Rebel y revel), de arte.

Últimas

La vida y ya
La vida y ya Para vivir bien
“Para vivir bien hacen falta plantas, profe”, dijo una alumna. Esa frase es una forma de recordar que para vivir bien no es suficiente con levantarte cada mañana y meterte en el metro con los ojos pegados al sueño de estar en otra parte.
Tribuna
Tribuna La celulosa y la mina son el modelo industrial del Partido Popular
Es fundamental que tejamos una red social transversal en la sociedad capaz de unir a sectores diferentes que sean capaces de aglutinarse en un movimiento social alrededor de un denominador común: la defensa de nuestro territorio.
Turquía
Contra Erdogan Turquía en las calles: cae el muro del miedo a las movilizaciones
La detención del principal rival político de Erdogan ha provocado protestas masivas en todo el país que amenazan con convertirse en movilizaciones generales de descontento contra el gobierno.
Finlandia
Reducción de GEI De sumidero de carbono a emisor de gases: los bosques en Finlandia ya no capturan CO2
El 74% de la superficie del país nórdico está cubierto por árboles. Los bosques funcionaban como sumidero de carbono, pero han pasado de capturar 28 millones de toneladas de dióxido de carbono a emitir 1,2 millones de toneladas de este gas.
Más noticias
Perfiles con tiempo
Perfiles con Tiempo Miguel Tadeo, pintor: “Cuanto más conocimiento tienes, más sabes lo poco original que eres”
Conocimiento, técnica e intimidad: esa es la triada a la que Miguel Tadeo (Logroño, 1986) alude para referirse a los pilares de su obra pictórica.

Recomendadas

Galicia
Galicia Galicia vuelve a la calle contra la celulosa de Altri, Greenalia y la Xunta: el desastre natural, en datos
Cientos de barcos y decenas de miles de personas están llamadas a participar este sábado en una manifestación en A Pobra do Caramiñal, uno de los municipios de la ría de Arousa, donde desemboca el río Ulla, el más afectado por la pastera.
Literatura
Millanes rivas “El 25-M nos facilita generar una comunidad y creo que ‘Paisaje nacional’ contribuye a ello”
Un encuentro con el escritor Millanes Rivas a propósito de su novela ‘Paisaje nacional’, con Extremadura, su historia herida y el 25 de marzo de fondo conversado.