Fotograma de ‘As bestas’ de Rodrigo Sorogoyen
Fotograma de ‘As bestas’ de Rodrigo Sorogoyen.

Cine
A besta civilizatoria

Non creo que se poida dicir nada peor sobre unha historia que chamarlle wéstern, unha batalla das forzas coloniais fronte a un mundo colonizado que é alienado da súa propia posibilidade de relato.

No momento de recoller o seu Goya ao mellor actor, o seu protagonista, Dénis Menochet, dixo que As bestas é “a homenaxe á forza do amor das mulleres fronte á tolemia dos homes”. Este filme, dirixido por un director madrileño neto e sobriño de directores de cinema —sináloo para imaxinar a distancia entre a súa xenealoxía e a xenealoxía labrega, sináloo como nota mental sobre a clase—, ambientado en Ourense pero filmado no Bierzo, arrasou nos Goya. Din, como loanza, que é un wéstern. Non creo que se poida dicir nada peor sobre unha historia que chamarlle wéstern, unha batalla das forzas coloniais fronte a un mundo colonizado que é alienado da súa propia posibilidade de relato: deshumanizados, os chamados indios só existen para xustificar a gloria do pistoleiro e diso que chamarán civilización. E, con todo, aínda que eu o diga con pena, intúo que, efectivamente, estamos ante un wéstern.

O filme de Rodrigo Sorogoyen gañou fronte a Alcarrás, a película de Carla Simón, unha directora catalá que creceu no rural e que fala sobre a súa terra desde a súa terra e coa xente da súa terra, actores e actrices non profesionais, veciños e veciñas, para contar o fin dun mundo que é o seu mundo.

A definición de amor de mulleres paréceme pasada da raia, moito de mística da feminidade, e moito de alteridade: esas outras que aman fronte ao suxeito neutro que enuncia, que fai discurso, que é o home. Pero paréceme paradoxal que Dénis Menochet o mencione así porque, efectivamente, Alcarrás é un pouco iso, un amor-outro, e posiblemente por iso non levou ningún Goya fronte á batalla de homes que é As bestas. Porque queremos ese amor e esa ollada pero querémola como subalterna, para admirala como quen admira un floreiro, para nomeala nos nosos discursos, para falar no seu nome, pero non para aplicala, non para devir esa mirada. Alcarrás é outro tipo de amor, outro tipo de mirada, non porque Carla Simón sexa unha muller, senón porque é unha muller, unha outra, que descolonizou a súa mirada e foi quen de exercer o seu estar de xeito distinto e facer un cinema comunitario para explicar historias da comunidade en toda a súa dimensión complexa (Alcarrás non esquiva o racismo cara aos 'temporeros', por exemplo) pero sen volver sobre a mesma mensaxe civilizatoria do progreso urbano fronte ao atraso do rural e da xente do rural, esas bestas. Un cinema que non é unha mensaxe civilizatoria, que non é un señor falado en nome de todos. Ese tipo de amor.

Ningunha historia levada á gran pantalla, reflectida nun libro ou nunha canción, é só unha historia: é un xeito de ollar o mundo que se explica a través dunha historia particular

As bestas fai todo o contrario. Defendeuse mil veces a película dicindo que é “só” unha historia. Ningunha historia levada á gran pantalla, reflectida nun libro ou nunha canción, é só unha historia: é un xeito de ollar o mundo que se explica a través dunha historia particular. O que conta a película é a súa metáfora. E a metáfora de As bestas está clara: o progreso da cidade ou da xente que vén de fóra (o francés namorado conscientemente da terra, ecoloxista á maneira urbana de ser ecoloxista), fronte ao labrego bárbaro, retraído e ensimesmado que nin sequera ama a súa terra ou a ama mal, posuíndoa coa mesma violencia coa que vive e coa que mata.

Sei que esta historia que conta Sorogoyen está baseada en feitos reais: seino porque oínlla contar mil veces ás miñas veciñas, aos meus curmáns, sei onde apareceu o cadáver, sei de que familia son os uns e os outros, porque esa historia pasou á beira da aldea da que a miña xente foi expulsada hai agora 70 anos. Non nos expulsaron os veciños “salvaxes” senón o capitalismo baixo tutela franquista. Botáronnos de alí porque as políticas económicas que viñan de moi lonxe mantivéronnos pobres ata a fame durante séculos, e esa mesma xente explicounos que eramos ignorantes, incultos, bestas vergoñentas, que tiñamos que cambiar os nosos modos, as nosas formas, os nosos deixes e o noso idioma se queriamos vivir mellor. E emigramos. A Francia, a Suíza, a Madrid, a Barcelona. E alí ensináronnos a refinarnos, a “civilizarnos” e a desprezar ese mundo do que viñamos.

Fun ao cinema para ver Alcarrás de Carla Simón e asistín ao pregón que deu no Concello de Barcelona polas festas da cidade, da Mercè, este mesmo ano. Chegou rodeada de actrices e actores de Alcarrás, a peli e a vila, e abriu o seu discurso a outros procesos de diáspora, de desterritorialización, nomeou a España baleirada e a fin dun mundo. Aínda que o rural que narra Simón xa é moito máis industrial que o meu, o de Chandrexa de Queixa, hai algo na súa película que tamén fala de nós. As miñas veciñas de Queixa non escoitaron falar d'As bestas se non foi na tele, nunha zona onde sen dúbida nos decatámos de todos os pormenores das cousas que pasan por aló. E porque algunhas que si escoitaron contáronme que lles parece unha merda que redunda en sinalalas como infrahumanas, que as maltrata.

Sorogoyen denuncia o espolio eólico desprezando á xente que de verdade lle fai fronte e sofre as súas consecuencia, e contribuíndo ao relato desprezativo que facilita que os polígonos eólicos poidan instalarse aló coa indiferenza das cidades

As dúas películas, deixádeme rematar, sinalan a última batalla do mundo industrial contra o campo en Europa (fóra de Europa están a darse outras moitas batallas). Aquí, as multinacionais diso que chaman enerxías renovables, enerxías verdes, puxeron a súa ollada e as súas garras neses territorios aos que xa se lles sacou todo pero aínda queda esa última enerxía que extirparlle: queda o sol, queda o vento. Pouco importa que para arrincarllo á terra, exportalo e vendelo a prezo de ouro haxa que esnaquizar o que queda de terreo, facelo impracticable para a vida humana e non humana, pouco importan esas catro bestas que andan a queixarse porque ao final son catro votos, cando o son. En Alcarrás, en cambio, reflíctese quen paga o altísimo prezo da implantación dos polígonos de placas solares e de eólicos en terreo campesiño. Quen é de verdade o agresor e quen o agredido. Tanto As bestas como Alcarrás denuncian esta situación, pero que diferenza: na primeira é o francés o que ten conciencia ecolóxica (oh, sorpresa) mentres que o campesiño local non se decata. Sorogoyen denuncia o espolio eólico desprezando á xente que de verdade lle fai fronte e sofre as súas consecuencia, e contribuíndo ao relato desprezativo que facilita que os polígonos eólicos poidan instalarse alí coa indiferenza das cidades.

Eu persoalmente aprendín das loitas contra esas enerxías que me parecían estupendas da man das miñas compañeiras da Coordinadora do Macizo Central Ourensán e toda a xente que desde o territorio galego e desde moitos outros están a facer resistencia local, investindo infinidade de horas en escribir alegacións, recoller firmas, percorrer aldeas para dar apoio, tamén emocional, montar manifestacións e concentracións e xornadas.

Todo iso dende a invisibilidade, o amor e unha xenerosidade que sen dúbida non cabe nin nun wéstern nin no mal amor dun pistoleiro.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.