We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Heteropatriarcado
Crónica da inmundicia
Iria Pinheiro conta en primeira persoa a súa experiencia fronte a un tribunal que tiña que decidir se sufrira acoso sexual por parte do seu xefe no programa “Con amor e compañía” de Ficción Produciones S. L. emitido na TVG. En realidade sucedeu que se enfrontou, unha vez máis, e como tantas outras mulleres, a un novo caso de xustiza patriarcal.
O Xulgado do social n.º3 de Compostela estaba en silencio cando entrei coas miñas amigas e o meu avogado ás 9.00 a.m. o pasado 7 de setembro.
O edificio por fóra é un búnker de cemento, pero por dentro a luz dotaba a madeira dunha calidez que nos sorprendeu. Falabamos baixiño, observamos que aquilo semellaba un tanatorio, rimos, e decidimos que, xa que non me concederan ningunha medida especial para protexerme dos encontros co meu agresor, o mellor era esperar no último andar. Só podían acompañarme dúas persoas, tiven que despedirme das outras dúas.
Alí esperei nun corredor, próximo á oficina onde tiñamos que asinar uns papeis. Cando me chamaron para facelo, alí estaba el. Recuei rápido, e dixen que non ía ata que se fose. Cando me acheguei ao mostrador aínda notaba o seu cheiro.
Tivemos que baixar cara a sala n.º 3, un balbordo tremendo subía polas escaleiras, cando estabamos case abaixo vimos unha chea de xente do mundo do espectáculo que viñan a testificar. Quedamos no medio da escaleira, vendo desde alí aquel cóctelimprovisado onde todo eran gargalladas e gomina.
Eu, engaiolada coma unha bruxa que van queimar, e eles facendo o papel de viláns cos fachos prendidos. Só quen me quería se achegou para saudar, quen non me quería tamén aproveitou a oportunidade de quedar ben. Berraron o meu nome, baixei os chanzos e fíxose un silencio ao meu paso. Entrei na sala, sentei na primeira fila, logo sentaron na mesma fila os demandados, o produtor e o director.
Agresiones sexuales
Entrevista a Iria Pinheiro
A seguinte pregunta alude a miña actividade como “ca-ba-re-te-ra” así o pronunciou aquel avogado que insistía así en que eu xa era unha muller con bagaxe niso do erotismo e do destape, dando a entender que como veño a pedir respecto ou xustiza se eu vounas pedindo e non debería de asombrarme duns tocamentos xa que como muller da vida debería estar máis que acostumada. Díxenlle que o cabaré é algo político e que así o exercía eu, o vello indignouse todo e mesmo pediu axuda á súa señoría para frear aquel atropelo. Nunca pensei que se me acusaría de ser actriz nun tribunal.
Só quen me quería se achegou para saudar, quen non me quería tamén aproveitou a oportunidade de quedar ben
Preguntoume se o termo M.i.l.f.( Mother I'd like to fuck) era unha forma de pornografía, eu díxenlle que lera nun libro que era algo así. Morreu o conto ante a insatisfacción do avogado da parte contraria.
O sala número tres do xulgado parecía o plató dun deses programas nocturnos onde van pasadísimos e falan de calquera cousa.
Mentres eu declaraba sentía as respiracións dos demandados detrás miña, o ruído da xente que agardaba fóra como se aquilo fose unha festa nun iate en Ibiza.
A xuíza non considerou que o meu caso tivese matices de xénero e como dixen non activou ningún protocolo para protexerme (declarar por videoconferencia, acompañamento psicolóxico, evitar a revitimización etc). Ese día volveron os pesadelos nocturnos.
En toda a súa declaración non houbo nin un chisco de remorsos. Nin sequera o remorso de non ter remorsosCando lle toca a quenda ao director, cando declara, recoñece que me tocou, pero que en realidade tocaba os meus personaxes para darlles ordes de dirección, ao igual que cando me berraba, non o facía cara a min, facíao cara a María Pita. Di que unha vez me tocou, pero para non caer ao apoiarse en min por detrás cando estaba recostada na cadeira de maquillaxe cos ollos pechados, que me abrazou e me susurrou unha “advertencia” ao ouvido para que ninguén máis a ouvise e eu non pasase un mal rato (que atento!), que me pediu que fose sexy en curvas e sexy en actitude por que era un “programa sexy” e os guións estaban supervisados pola TVG (que é un aval férreo da loita pola igualdade...). Só se decatou de que me molestaba cando lle agarrei a man e a quitei das miñas coxas. Afirma “Pensé que era mejor dejar enfriar el tema y que se le pasaría”.
En toda a súa declaración non houbo nin un chisco de remorsos. Nin sequera o remorso de non ter remorsos.
A sentenza non recolle como catro testemuñas describiron que había un ambiente de traballo hostil cara a min e cara a algunhas delas durante as gravacións. Tampouco recolle que unha das traballadoras declarou que sufrira acoso verbal de índole sexual por parte do director. A traballadora di que o director lle dixo: “cuando no esté tu novio en casa avísame y te hago una buena limpieza”, a xuíza afirmou que iso non tiña interese neste caso. Non se conta nos trece folios de sentenza que esta rapaza lle parou os pés ao seu xefe e que aínda así se agochaba para evitar todo contacto con el. Afirma que era un baboso e que así llo dixo á xerente da produtora cando llo preguntou na suposta activación do protocolo antiacoso. A xerente recoñece que llo dixo. A sentencia non o recolle.
O protocolo antiacoso presentado pola empresa tiña menos consistencia que o peiteado de Anasagasti nun día de vento.
Declarou un monologuista que fixo as delicias da maxistrada, ai ela, tiñas que vela!, morría coa risa, mesmo a fiscal non era capaz de interromperlle o speech para preguntarlle. A miña cadeira abaneaba polo moito que rían os demandados. Estaría ben que a televisión emitise a cinta do xuízo os venres pola noite para que todo o país rise a cachón. Deste xeito conseguiu distraer a atención sobre os feitos quitándolle ferro ao asunto e inventando frases de telenovela. Finalmente, foi a súa versión a que tivo peso sobre a miña.
A fiscal suxeriu que eu tiña que ter deixado o traballo ou que lle tiña que ter dito ao meu xefe que parara de acosarme, así el decataríase
O gran momento que esperabamos era o da testifical da xefa de maquillaxe, os ruxe-ruxes da vila dicían que a súa versión dos feitos dependía dunha “amnesia selectiva” provocada polo estrés do xuízo, pero eu, que a coñecía por que eramos amigas, nunca pensei que iso puidese ser certo. Non obstante, algo estraño pasou, cando lle preguntaron se xuraba dicir a verdade deulle un ataque de risa e sacudiuse na cadeira. Señoría, este é un momentazo para ver en repetición no vídeo do xuízo.
Dixo que non vira nada. Non o podía crer, ela que o viu claramente, ela que me dixo que eu era unha arisca por rebelarme ante as caricias do meu xefe… ela que me dixo que non sabía como ía facer para pintarme no brazo unha tatuaxe dun mísil que recordara a un pene… ela que na antesala do xuízo lle dixo á xente alí presente unha cousa e logo esa mesma xente viu como declarou outra.
Entendino todo cando me enterei por WhatsApp de que lle duplicaran o soldo a todas as testemuñas que eran traballadoras da produtora coincidindo coa data do xuízo. A maquilladora seica pasou a cobrar 5000 euros mensuais, non sei se será certo, pero de ser así parece que o rímmel vai caro.
A grande sorpresa foi a do encargado de vestiario, un home que desprezaba o director ata o punto de desexarlle a morte e que chamaba á xerente “fregona con patas”. Por aí contábase que o despediran da produtora e que o director, que o recolleu da gabia, convidábao a cear por Madrid. Comentaban tamén nos bares que falaba case semanalmente cunha das avogadas do director. O que non imaxinabamos é que ía ter a valentía de asumir até tal punto que asumiría el os tocamentos no nome do outro. Din que xa volve ter traballiño. As conclusións do proceso foron delirantes, alí déronse cita grandes os slogans do heteropatriarcado: ”El guión no era machista porque estaba escrito por una mujer”; “la ideología machista no es objeto de indemnización”; “la actriz ha aceptado el trabajo, por lo tanto ha aceptado la situación”; “son hechos falsos aunque parcialmente verdaderos”; “el acoso no es constante, por lo tanto no vale”; “no había más que mala química”.
Non vou facer uso do Recurso de Suplicación, non lle vou suplicar ao Patriarcado Xudicial que revise o meu caso
A fiscal suxeriu que eu tiña que ter deixado o traballo ou que lle tiña que ter dito ao meu xefe que parara de acosarme, así el decataríase. Dixo que as versións das testemuñas coincidían...vaia, parece que non escoitou os catro primeiros. Aprendín logo que na xustiza isto vai ao peso, que se catro din unha cousa e seis din outra, gañan os seis por goleada, aínda que non sexan fieis á verdade porque teñen unha relación de dependencia laboral cos demandados, por exemplo.
Non vou facer uso do Recurso de Suplicación, non lle vou suplicar ao Patriarcado Xudicial que revise o meu caso. É o Tribunal de Xustiza de Galicia un reduto feminista? Non vou perder o tempo en averigualo. O meu recurso vai por esta outra vía, pola humana, a que se esforza en transformar as cousas e que iso repercuta positivamente nas demais persoas. Non me arrepinto de ter denunciado, síntome vitoriosa nesta loita, pero coidado amigas, as leis non están feitas para as mulleres e moito menos para as actrices. É urxente relexislar. É moi necesario que se nos acompañe nestes procesos tan longos e intensos. É preciso ter sensibilidade.
Aínda falta esperar a que remate a instrucción da vía penal. Pase o que pase, en realidade isto xa non ter que ver comigo, ten que ver coas demais. Ten que ver con quen está a ler esta crónica da inmundicia.
Audiovisual
¿Dónde están los Harvey Weinstein del arte español?
Relacionadas
El Salto Radio
El Salto Radio Desenmascar la violencia
Euskal Herria
Euskal Herria Las artistas musicales vascas se unen en un manifiesto para denunciar la misoginia del cantante de Gatibu
Memoria histórica
Memoria Olvidadas por la historia: las mujeres del Patronato
Hay que ser muy imprudente para soltar semejante basura de titular.
Cando vexades a Jose Luis Orta Viñas por Santiago adiante non deixedes de felicitalo.
" Tamén contactou coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia para denunciar o caso e solicitar amparo legal. A avogada do gremio desestimou acción legais pola “dificultade da proba e que ninguén vai dar a cara por ela”."
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia non morde a mano patriarcal que lle permite vivir como deus facendo nada.
Evidentemente que nadie va a dar la cara. La mentira es lo que tiene.
O importante e que agora lle coñecemos e lle poñemos cara. E un mundo pequeno.
http://www.academiatv.es/bio/vinas-orta-jose-luis/
Iria, no entiendo por qué sigues cavando tu propia tumba. Lo estás haciendo muy mal, fatal. Echas mierda de tus propios compañeros, mantienes este discurso victimista aun después de muchas cosas que han pasado que muestran que mientes... No sé, tía. Háztelo mirar, en serio.
Estoy actualmente en proceso similar. Lo k más me duele no es la actitud del demandado, sino los paternalismos machistas del sistema y su estupidez apabullante!! Tb estoy tratando el asunto con periodistas... Yo no voy a kedarme callada, nunca, más... Hay k exponer como esta, la justicia de corrompida y falsa!
Ánimo en tu denuncia. Y que se haga justicia. La de Iria es falsa.
O jefe/macho/opresor/abusador goza da protección da xustiza patriarcal...está claro. O medo de moit@s subordinad@s e a camaradería dos da súa caste.
Por probados q estén os feitos.
Iria xa sabía a qué se enfrentaba e ainda así foi adiante.
Todo un exemplo de dignidade.
Seguiremos adiante.
Que algo non sexa considerado delito non quere dicir que non sexa reprobable. Denunciar este tipo de situacións conleva dor e máis dor. Grazas pola túa valentía Iria, e por coidar así de todas. Ánimo.
Que exemplo Iria. Iso si. Se pagan o que pedias enton "pelillos a la mar" e que loite otra.
Iria mucha fuerza. Ya sabes que la negación d los hechos permite al agresor invisibilizar todo tipo de violencias. Normalizar la violencia es lo habitual. Callarse y negar. Eres el vivo ejemplo de lo que se debe hacer.
Gracias por actuar. Y sí somos muchas invisibles...
Qué violencia. No hubo violencia. Ni acoso. Ni asomo. Lo dice la sentencia. Y tb TODOS los testigos de Iria. Poneros para arriba o para abajo pero los hechos son los que son. No hubo nada. Solo las ganas de esta presunta actriz de abanderar una causa a la que está insultando.
Se dice que ofreciste a la parte demandada evitar ir a juicio si te daban pasta...¿Por qué no lo aclaras? Es que acaso tiene precio tu dignidad???
Esa parte no le interesa y la omite... por cierto bien poco vale su dignidad .... primero fue el director y la productora, después los médicos y enfermeras que están el los paritorios, ahora sus propios compañeros y testigos y para finalizar hasta hecha mierda a la jueza y fiscal que por cierto eran mujeres ambas.... de verdad iría, pide ayuda porque la necesitas... deja ya de repetir lo mismo porque por mucho que repitas y escribas no se va hacer verdad porque tú estás mintiendo y lo sabes....
Iria é de dicir que con este artículo consijeches faserme rir. Aljo que non fixeches en ninjunha das tuas actuasions. Eu som o diretor e poñoche na rua o dia un. Menos mal que tiñas a David A. Para darche "traballiño". Di bastante dd ti que poñas.a parir a grandes profesiinais que si destacan nos seus departamentos. Pero o dito.. A primeira ves que rin contigo. Fai outra xira a ver...
Cuánta cara hay que tener! Ojalá se haga justicia para que tanto pensamiento tan poco humano pueda ser tachado. No se habla de si ella, sus compañeros, el director, o los de producción hacen un buen trabajo en su campo, se habla de derechos, de respeto, de que la verdad salga a la luz y aunque hayan muchos que intenten ocultar esa verdad por su propio beneficio por medio de la manipulación, ella no está sola, repito, NO ESTÁ SOLA.
Detrás do teu humor e da túa simpatía só hai covardía. Ou cres que esta persoa está calumniando gravemente a outra -ninguna gracia, a menos que sexas un descerebrado, deberías estar indignado e non tan por enriba da situación con chistes parvos- ou...no segundo caso, que para min é o evidente, xa non teño nin adxectivos.
¿Grandes profesionais? Mira que hai pailáns soltos na ficción galega. Vendédevos por catro euros. Vaia currículum de merda que ten o dos tocamentos.
Moitas gracias, Iria!
E tranquilas, amigxs sa farándula, a todo porcx lle chega o humano ke o pape!
Somos moitas Irias (e estamos ppr todas partes!)
Moita forza Iria! demostraches un gran valor dando este paso tan importante, serás un exemplo a seguir por moitas. Toca seguir loitando! (E sempre coa cabeza alta) Moitas grazas!!
Es una vergüenza que ante una denuncia falsa en que se pone en duda la actuación de los tribunales en que Juez y Fiscal son mujeres, se apele a denunciar justicia patriarcal.
La sentencia es muy clara: no ha habido acoso. En vergonzoso que se siga haciendo eco a denuncias falsas que aunque estadísticamente son muy pocas, haven mucho daño a las mujeres, a todas las mujeres víctimas y difundir este artículo atenta contra el honor y dignidad de los denunciados, los testigos, y todos los operadores jurídicos.
A pie de articulo se hace mención a que no se admiten comentarios insultantes, amenazantes, etc. Se está publicando una infamia, faltando a la verdad y vulnerando derechos fundamentales de muchas personas.
De verdad , eres patética ... por eso estabas escribindo durante o xuicio, e hasta che chamaron a atención cando estabas co móvil.... atreves-te a mentir nun xuicio e ahora como último recurso tratas de desacreditar os teus propios testigos chamados por ti e a propia xustiza. Faino mirar iria que che fai falta.
Jajajaja A chorar a Cangas! Y la que se te viene encima por mentirosa va a ser de traca. Qué risa
Grazas Iria pola esperanza e a forza que nos contaxias. Aqui estamos para as referentes coma ti, por se nos precisas tamen. Apertas fondas
E unha vergoña. Fixeches moi ben en denunciar, polo menos valeuche para desenmascarar a xentuxa que che ofreceu apoio.
Absolutamente demencial. Ánimo, Iria. E noraboa. E grazas ♡♡♡