Gentrificación
‘Fóra’: Historias de xentrificación

Persoas afectadas explican como viven un proceso de transformación no que foron ignoradas.

Fóra é unha serie de vídeos que pretende poñer o foco nas consecuencias da turistificación e dunha lóxica curtopracista pensada para satisfacer os dividendos económicos duns poucos que esquece a vida cotiá das persoas do común.

As cidades, vilas e barrios que sempre foron espazos de vida e comunidade convértense agora en contedores de obxectos de mercado: vivendas de familias como pisos turísticos, ultramarinos que venden souvenirs ou mercerías onde elixir entre cen smothies diferentes. Baixo esta capa de progreso, é posible facer vida real? Ir ao pan, cortar o pelo, mercar a comida para a cea?

Hoxe, quen paga manda e decide a oferta e a demanda. Tanto é así que as pequenas empresas cada vez teñen máis difícil facer fronte ao alugueiro, nun contexto no que os grandes centros comerciais e a venda online gozan de privilexios imposibles para os pequenos empresarios e empresarias de toda vida. Un exemplo disto é Anxos, da Mercería Algui.

Por outra banda, estudantes e familias son expulsadas dos centros das cidades cara barrios periféricos nos que tamén alí o custo de alugueres se multiplica. A xentrificación non afecta só a uns poucos, se non que agudiza a precariedade e perpetúa as necesidades dos que menos teñen, cebándose coa clase traballadora, viva onde viva.


Tamén estivemos en Porto vendo ata onde chega a especulación inmobiliaria, ou en Sanxenxo, onde un clube privado construiu un pantalán para iates de 12 metros nun espazo público que condenaba dous areais.


Porque os procesos de turistificación danse en contextos diversos. Tamén na ribeira de San Fiz, unha parroquia de Chantada tradicionalmente traballada por pequenos produtores de viño. Hoxe, o despoboamento da zona e a intención de explotar a marca turística Ribeira Sacra aumentou a especulación: as antigas bodegas deixan paso a novas construccións feitas para o desfrute de persoas cun alto poder adquisitivo.

Non moi lonxe de Chantada, no concello de Esgos, podemos atopar un dos maiores reclamos turísticos da provincia de Ourense: o mosteiro de San Pedro de Rocas. Nos seus accesos, a Deputación de Ourense xa comezou coa tala de 135 árbores e cunha obra que afectará ben patrimoniais, tres deles Bens de Interese Cultural. A obra consiste nunha nova estrada que facilite a chegada de autobuses ao mosteiro. Asociacións ecoloxistas e na defensa do patrimonio denuncian que a obra é innecesaria e está chea de irregularidades, como falsidade nos documentos do proxecto e mentiras no plan viario para poder executala: o punto quilométrico onde se ía desenvolver a obra do proxecto non estaba en zona protexida, e o tramo onde xa comezaron as obras, si.

>Tamén estivemos nas Percebeiras, en Labañou, onde a veciñanza pretende parar un novo proxecto que parece doutra época. A promotora, Metrovacesa, quere construír doce bloques con case 400 vivendas que ocuparía a única zona non urbanizada da bahía da Coruña. Nin as case 20.000 vivendas baleiras, nin a burbulla dos prezos do alugueiro nin a escaseza de zonas verdes semellan motivos suficientes para paralo. Falamos con Pablo Leira, do movemento veciñal de Labañou.


Facemos Fóra: Historias de xentrificación para coñecer estes efectos máis alá das cifras, máis alá das normativas municipais, máis alá da dialéctica. Preguntando a quen o vive.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio ambiente
Medio ambiente Milleiros de persoas enchen A Pobra do Caramiñal para berrar contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
Unha grande multitude por terra e centos de embarcacións por mar esíxenlle ao Goberno de Alfonso Rueda que “recúe” ante o potencial desastre ambiental que sobrevoa Galiza.
Tribuna
Tribuna A celulosa e a mina son o modelo industrial do Partido Popular
É fundamental que tezamos unha rede social transversal na sociedade, capaz de unir a sectores diferentes que sexan quen de aglutinárense nun movemento social arredor dun denominador común: a defensa do noso territorio.
maiteminera94
11/4/2022 7:21

Espero que á xente empece a pensar con mais autonomía, mais ética...nosos abos o facian.

0
0
#42074
28/10/2019 3:18

Moi bo traballo. Seguide así!

11
4
Palestina
Genocidio Salah al Bardauil, miembro del comité político de Hamás, entre los 23 asesinados por Israel esta madrugada
Israel ha matado a 634 personas desde la ruptura del alto el fuego el pasado martes. Un ataque del Estado sionista hacia suelo libanés este sábado ha dejado siete muertos.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.
Medio ambiente
Oliver Franklin-Wallis “La industria de los residuos deja una cicatriz enorme en nuestro planeta”
El periodista británico Oliver Franklin-Wallis recorre en ‘Vertedero’ (Capitán Swing, 2024) las prácticas ocultas de la industria de residuos, exponiendo el papel de las grandes corporaciones, en connivencia con autoridades e instituciones públicas.
Contigo empezó todo
Contigo empezó todo El comunismo libertario de Hildegart Rodríguez
La joven madrileña, a quien se recuerda por morir a manos de su madre, contribuyó con sus ideas a la política revolucionaria durante la II República.
Siria
Siria Siria, de la euforia por el fin del régimen al examen de la transición
Las matanzas en el litoral sirio y las dudas acerca de las nuevas autoridades dejan atrás la alegría por la caída de al Asad y enfrían el aniversario de la revolución, el primero tras la huída del dictador.
Opinión
Opinión La berlusconización de Mazón
Es evidente que el presidente de la Generalitat no ha asumido la agenda de la ultraderecha por convicción, sino por supervivencia política y judicial, en una estrategia no muy diferente a la que empleó Silvio Berlusconi.
México
EZLN Genealogía del ”común” zapatista, política de la liberación
El EZLN celebró junto a sus bases de apoyo unas jornadas conmemorando el 31 aniversario del levantamiento en Chiapas, en el que se hizo reflexión sobre los retos que vive el movimiento. En abril, preparan el encuentro (Rebel y revel), de arte.

Últimas

La vida y ya
La vida y ya Para vivir bien
“Para vivir bien hacen falta plantas, profe”, dijo una alumna. Esa frase es una forma de recordar que para vivir bien no es suficiente con levantarte cada mañana y meterte en el metro con los ojos pegados al sueño de estar en otra parte.
Tribuna
Tribuna La celulosa y la mina son el modelo industrial del Partido Popular
Es fundamental que tejamos una red social transversal en la sociedad capaz de unir a sectores diferentes que sean capaces de aglutinarse en un movimiento social alrededor de un denominador común: la defensa de nuestro territorio.
Turquía
Contra Erdogan Turquía en las calles: cae el muro del miedo a las movilizaciones
La detención del principal rival político de Erdogan ha provocado protestas masivas en todo el país que amenazan con convertirse en movilizaciones generales de descontento contra el gobierno.
Finlandia
Reducción de GEI De sumidero de carbono a emisor de gases: los bosques en Finlandia ya no capturan CO2
El 74% de la superficie del país nórdico está cubierto por árboles. Los bosques funcionaban como sumidero de carbono, pero han pasado de capturar 28 millones de toneladas de dióxido de carbono a emitir 1,2 millones de toneladas de este gas.
Más noticias
Perfiles con tiempo
Perfiles con Tiempo Miguel Tadeo, pintor: “Cuanto más conocimiento tienes, más sabes lo poco original que eres”
Conocimiento, técnica e intimidad: esa es la triada a la que Miguel Tadeo (Logroño, 1986) alude para referirse a los pilares de su obra pictórica.

Recomendadas

Galicia
Galicia Galicia vuelve a la calle contra la celulosa de Altri, Greenalia y la Xunta: el desastre natural, en datos
Cientos de barcos y decenas de miles de personas están llamadas a participar este sábado en una manifestación en A Pobra do Caramiñal, uno de los municipios de la ría de Arousa, donde desemboca el río Ulla, el más afectado por la pastera.
Literatura
Millanes rivas “El 25-M nos facilita generar una comunidad y creo que ‘Paisaje nacional’ contribuye a ello”
Un encuentro con el escritor Millanes Rivas a propósito de su novela ‘Paisaje nacional’, con Extremadura, su historia herida y el 25 de marzo de fondo conversado.