We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Fotogalería
Máscaras ancestrais e entroidos tradicionais no encontro senlleiro da Mascarada Ibérica
Esta pasada fin de semana vén de celebrarse a novena edición do festival ViBo Mask nas localidades ourensás de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
Este evento, que constitúe un punto de encontro de entroidos estatais e internacionais, como o Carnevale di Sappada este ano, leva celebrándose dende 2015 e é xa un verdadeiro referente na preservación e difusión dos distintos entroidos peninsulares, nos cales Galiza e máis concretamente Ourense gozan dun maior protagonismo.
Esta edición contou por primeira vez con entroidos invitados como as Señoritas e Labardeiros de Mugares, os Farranquís e Brancos de Budián, tras permanecer case 60 anos esquecido, as Jarramplas de Cáceres e os Zamarrones e Campaneros, do Antruido de Paré de Piasca.
As orixes desta festividade podemos atopalas en tempos precristiáns, vinculadas a ritos pagáns, ás que se lle foron sumando elementos novos durante os séculos até chegar aos nosos días.
Os distintos entroidos serviron tradicionalmente como ritos coa función de entablar e preservar lazos nas distintas comunidades agrarias.
As mascaradas perviviron na península, máis concretamente na área do noroeste, en Galiza, País Llionés e a área de Trás-Os-Montes. Os elementos fundamentais, as máscaras, adoitan ser pezas de artesanía feitas de madeira, papeis ou cartóns ou peles de animais.
Tras a persecución que este tipo de manifestacións sufriron durante a ditadura franquista e a posterior situación próxima á desaparición que viviron na Transición, a día de hoxe atópanse nunha situación radicalmente distinta.
Con todo, a interese nos entroidos está a coñecer un repunte nos últimos anos, até o punto que na actualidade algunhas delas atópanse en perigo pola turistificación e a masificación.