Economía social y solidaria
ReciproKa: ante a crise, rede

Ante a crise económica provocada pola pandemia e as dificultades que esta conleva para cooperativas, empresas e entidades da economía social, nace a rede de profesionais ReciproKa. 

montaje economia conectada
18 dic 2020 10:05

Cando a pandemia chegou, supuxo un golpe duro tamén para pequenas entidades, cooperativas e empresas da economía social que, de súpeto, se viron camiñando sobre unha corda frouxa fronte ao baleiro. Neste contexto nace ReciproKa, unha rede formada por un “grupo de profesionais con experiencia en diferentes áreas da xestión de empresas, a promoción do cooperativismo e a economía social” que decidiron proporcionar de balde “apoio e coñecemento especializado para iniciativas empresariais en crise”.  

Que é ReciproKa?

“A agrupación xorde no momento do confinamento para tratar de dar unha resposta de emerxencia ante a perda de postos de traballo e dificultades especiais provocadas pola crise sanitaria para moitos ámbitos”, conta Miguel Fernández, economista e membro de ReciproKa desde o seu nacemento.  “Deste xeito, tratamos de dar saída a esta situación difícil, buscando, por unha banda, contribuír a crear e manter postos de traballo e, por outra, aportar solucións para determinados proxectos ou iniciativas —que é a forma como chamamos ás empresas que axudamos— que non teñen recursos nin coñecementos nas áreas nas que traballamos”, explica Fernández. 

Áreas diversas, xa que o equipo de ReciproKa conta con persoas especialistas en moitos ámbitos. “É certo que hai bastantes persoas que proveñen do mundo empresarial e económico, que son expertas en cooperativas, como forma de empresa que sen esquecer a viabilidade económica e financeira, busca un posicionamiento protagonista das persoas. E tamén expertas en educación ambiental, en tecnoloxías e en psicoloxía. Eu por exemplo veño da función pública e teño formación xurídica”, continúa Mónica González, outra membro da agrupación. “Pódese dicir que somos un grupo moi heteroxéneo”.

“Tratamos de dar saída a esta situación difícil, buscando, por unha banda, contribuír a crear e manter postos de traballo e, por outra, aportar solucións para determinados proxectos ou iniciativas que non teñen recursos”

Un grupo diverso que se xuntou cun mesmo obxectivo en mente. “Cando comezou o tema da pandemia vimos que a xente empezaba a colaborar facendo máscaras, respiradores, montando redes de axuda mutua para persoas que non podían saír da casa...”, di González. “Deste xeito pensamos que nós non podíamos facer nada disto, pero si podiamos aportar desde o ámbito no que normalmente traballamos e temos experiencia. E pareceunos que esa podía ser unha labor especialmente útil no sentido de que xa é a nosa profesión, algo no que sabemos movernos”.

Para o equipo de ReciproKa, o proxecto persegue a necesidade de compartir coñecemento, de dar apoio e de amosar as posibilidades que se poden abrir a partir de aquí para o mundo laboral en chaves non xerárquicas nin lucrativas”.

“Estamos habituadas a traballar cunha perspectiva de lucro e xerarquizada polo sistema no que vivimos”, explica Mónica González. “Mais aquí ábrense outras formas de traballar, e isto é moi positivo e pode ser paradigma para outras experiencias que veñan despois”.

En canto a posibilidade de compartir coñecementos, desde ReciproKa teñen claro que isto vai en dúas direccións. “O proxecto o que persigue eu creo que é a necesidade de compartir coñecementos, pero nas dúas direccións. Porque nós crecemos como grupo e medramos intercambiando coñecementos entre as persoas que o conformamos”, di González. “Mais tamén crecemos como grupo cando traballamos coas iniciativas, porque nos achegamos dunha forma moi directa, profunda, a coñecementos empresariais aos que doutra forma non teríamos acceso”, prosegue a profesional. “Poñemos as nosas caras e as empresas ou iniciativas tamén. Entón é como humanizar a economía”, remata. 

“Estamos habituadas a traballar cunha perspectiva de lucro e xerarquizada polo sistema no que vivimos. Mais aquí ábrense outras formas de traballar”

O acompañamento é outra das pezas que fai que ReciproKa funcione de xeito diferente a outro tipo de axudas: “É certo que ás veces a nosa forma de apoiar é un traballo de acompañamento que fraccionamos en fases cunha metodoloxía moi consolidada”, conta González. “Ese acompañamento moitas veces revela aspectos das propias iniciativas das que elas mesmas non eran conscientes, e pon foco de atención en diferentes puntos que si que estaban aí, pero nos que non se pararan a mirar”, engade. “É dicir, a nosa forma de axudar non é marcar unhas cotas estrictas, senón facer un acompañamento desde un punto de vista empresarial, económico, financeiro, xurídico, baseado en principios éticos e con perspectiva de xénero", afirma. Segundo Mónica González isto tentan “facelo como podemos, organizado de determinada forma e cunha participación moi activa, moi recíproca  precisamente, das persoas que están ao outro lado do proxecto”. 

Selección das iniciativas

Desde ReciproKa escollen as iniciativas a axudar seguindo uns principios moi concretos. “Na selección de cada proxecto temos en conta os comportamentos con relación ao medio ambiente, as condicións laborais e a xustiza social”, comenta Fernández. Mónica González engade que dentro dos filtros que as empresas teñen que pasar está tamén “ter uns máximos de persoal e de facturación”. Isto implica que, “se nun primeiro cribado vemos que a iniciativa non ten unha actividade ética ou non trata ben as súas traballadoras, non damos o noso apoio”, asegura.

Mais, se a iniciativa pasa ese primeiro filtro inicial, entón aplican as fases desa metodoloxía pensada, todas elas online. “Primeiro falamos as que formamos parte da rede e realizamos unha primeira diagnose, por bloques, para ver que dúbidas hai. Entón, a continuación pedímoslle determinada documentación á iniciativa en cuestión”, explica Miguel Fernández. “Estes documentos poden ser tipo contas anuais, carteira de produtos... todo o que se nos veña á cabeza, que poida ser útil”, engade o economista.

“Na selección de cada proxecto temos en conta os comportamentos con relación ao medio ambiente, as condicións laborais e a xustiza social”

A continuación, cando xa teñen a documentación e as notas necesarias feitas a partir da información recadada, chega unha terceira sesión —a segunda coa iniciativa— e é nesta terceira xuntanza onde se lle fai o que desde ReciproKa chaman “Plan de acción”.

“Neste plan”, explica Fernández, “recollemos toda a información e as propostas que poñemos en común que nos parecen prioritarias, e facemos un diálogo coa iniciativa propoñéndolles e vendo como lles encaixan”, continúa Fernández. “Deste xeito, nós facemos unha proposta xenérica de dicir: vemos que isto non ten saída, que aquí tedes que crecer moito...  e partindo desa premisa inicial sinalamos dez obxectivos ou accións a realizar nun período de tempo non moi longo, ao mellor menos dun ano”.

Reunión reciproka
Reunión do equipo de ReciproKa coa cooperativa Rexenerando.

Todo isto o envían despois á iniciativa, “nunha única páxina e de xeito moi visual”, continúa Fernández. “Utilizando incluso as palabras coas que máis se sinte identificada a persoa á que atendemos. A nós impórtanos sobre todo a consciencia que poden ter durante a sesión, as notas que poden tomar e as cousas poden ver importantes. O documento é un recordatorio ou algo que pode axudar”.

Por último, a derradeira fase consiste en quedar meses despois e “tratar de avaliar que cousas se levaron a cabo, se iniciaron, e cales non e por que causa.  Trátase de acompañar un pouco o que xa é a execución dese plan de acción que propuxemos na segunda fase”, conclúe o economista.

Unha resposta para algunhas cooperativas e empresas

A cooperativa sen ánimo de lucro Rexenerando (adicada a favorecer a participación social desde unha perspectiva feminista e cultural) é unha das iniciativas que xa recibiron asesoramento. “ReciproKa apareceu un pouco para dar resposta a todo o que estabamos vivindo durante o confinamento, e dalgún xeito puxo un pouco de luz e aire ao que nos rodeaba”, conta Andrea Rico, pedagoga e membro de Rexenerando. “Todo o asunto do confinamento supuxo un golpe para a nosa cooperativa, e desde as nosas casas pois intentabamos analizar as perspectivas que tiñamos nesa situación. Así foi como atopamos ReciproKa, escribímoslles e foi un pouco como unha xanela a través do Jitsi a moitas caras, persoas e saberes”, conta Rico.

Para a escola de educación activa Magea de Burgos —outra das entidades que recibiu asesoramento—, o máis importante foi o acompañamento. “A nós Recíproka axudounos sobre todo a establecer orde, ver que cuestións tiñamos que plantexar para afrontar a nova situación da escola ante o coronavirus, conta Arantxa Arroyo, profesora e xefa de estudos en Magea. “Iso fíxonos por unha parte ser críticas con nós mesmas e ver cales eran os nosos obxectivos —digamos en que estabamos errando e onde queriamos chegar—. Ademais, as preguntas que nos plantexaban facíannos reter toda a información, e iso axudounos a coñecer tamén máis o noso proxecto. A telo moito máis centrado”, engade Arroyo.

Miguel Fernández: “Houbo nalgún ámbito certa desconfianza sobre se podía haber algún tipo de interese detrás”

“Para min unha das cousas nas que máis nos aportaron foi a escoita”, engade Andrea Rico. “O feito de preguntar «como estades e que precisades». E logo que nos devolvesen a súa visión experta e que nos acollesen nun momento súper difícil como este”, comenta a socióloga. Por outra banda, Rico engade que o feito de lles dar a documentación propia “foi un pouco como se entraran nas tripas do proxecto, como algo case íntimo, como se lles déramos as chaves da nosa casa e dos nosos sentimentos” coa esperanza de que lles devolvesen algo “ao que se puidesen aferrar ou apoiar”. 

“A experiencia foi súper beneficiosa para o proxecto”, conclúe Arroyo. “E ademais que o fagan de xeito desinteresado paréceme algo incrible para o momento no que estamos, e algo moi importante a nivel social incluso”, opina.

Confiar e apoiarse ante a crise que é e será

A pesar das vantaxes que prometen, Reciproka está atopando problemas para atopar iniciativas porque, como di Andrea Rico, “ás veces nin nos enteramos de que existen estes proxectos, ou dubidamos dun grupo ao que lle temos que abrir as nosas tripas e que non piden nada a cambio. É como se custase confiar e pedir axuda porque é o que nos ensina o sistema, e precisamente por iso este tipo de iniciativas, mais centradas nos coidados, son tan importantes”, engade a socióloga.

“Si que houbo nalgún ámbito certa desconfianza sobre se podía haber algún tipo de interese detrás”, comenta Miguel Fernández. “Digamos que había dúbidas de se a rede puidera están intentando captar clientes ou ben ter calquera outro tipo de obxectivo do estilo. É por suposto non é así. E a rede precisamente vive da confianza e de coñecernos”, engade.

Sobre o futuro, desde ReciproKa saben que o groso da súa labor só acaba de comezar. “Fixemos un traballo no verán de fortalecer a propia estrutura de Reciproka, buscando persoas afins ao proxecto para que se sumasen e poder ter mais músculo de cara ao que está por vir. Porque si que é certo que houbo algún momento onde estabamos, senón saturadas, con medo a saturarnos”, comenta Mónica González. “E isto funcionou, e reafirmounos de cara ao que facemos. Queremos insistir na forma de facer outras economías e outro xeito de estar no mercado laboral. Non queremos que a crise destrúa moito máis do que por desgraza xa destruíu. Non queremos renunciar ao conseguido e por iso queremos insistir na nosa intención de axudar, de buscar redes comúns de apoio e de tamén axudarnos a nós mesmas, porque a crise tamén nos vai chegar a nós”, conclúe González.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
#78065
25/12/2020 14:46

WEstou seguro de que podería axudar. O como aínda non o sei.

0
0
#77454
18/12/2020 11:46

O que máis se precisa, redes con lóxica de colaboración

4
0
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 42 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.
Fronteras
Fronteras El Gobierno de Mauritania alerta de que ya son más de cien cadáveres hallados en sus costas en 2025
Desde 2023 Mauritania es el principal punto de salida de embarcaciones hacia las Islas Canarias. El Gobierno reconoce el hallazgo de cuerpos. Mali reclama un trato humanitario a las personas que permanecen varadas en el país vecino.
Cómic
Cómic Viajando por ‘Bone’, de Jeff Smith, la fantasía de aventuras definitiva
En 1991 Jeff Smith dio comienzo a ‘Bone’, un hito del cómic de aventuras, muchas veces recordado por ser una alternativa de alma ‘cartoon’ a ‘El señor de los anillos’.
Más noticias
Asturias
Educación Asturies impulsa la gratuidad del primer curso universitario
La medida, aprobada por el Gobierno de PSOE-IU Convocatoria por Asturies, llega en plena polémica por los proyectos de apertura de centros privados en la comunidad.
Rusia
Opinión ¿Es Rusia una amenaza para Europa? Lo que nos muestra la historia
¿Cuál es el motivo para tanto rearme y actitud belicista? Pues, según muchos en la UE, la causa es Rusia, que supuestamente está lista para invadir y anexionarse Europa en cuanto termine de derrotar a Ucrania. ¿Tiene base real esta amenaza?
Memoria histórica
Memoria republicana El capitán Sediles, un extremeño en la insurrección republicana de Jaca de 1930
Semblanza del cacereño Salvador Sediles, capitán republicano, intelectual, escritor y figura olvidada de la sublevación de Jaca del 12 de diciembre de 1930 contra la monarquía de Alfonso XIII.

Recomendadas

Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.