Derechos Humanos
O alcance da organización cidadá: ACAMPA pola paz e o dereito ao refuxio

Os colectivos organizados para defender os dereitos humanos enfróntanse contra o abandono e descoñecemento xeral da situación migratoria en Galiza e procuran espazos de encontro para promover á acción social.
instalación de campo no centro da Coruña
Simulación de campo de refuxiadas no centro da Coruña. Arquivo ACAMPA
14 jun 2020 15:24

Unha cousa é a teoría e outra a práctica. Na teoría, o Estado español atende as solicitudes de asilo e brinda aloxamento e axudas económicas ás solicitantes. Na práctica, as persoas refuxiadas esperan até cinco anos a resolución do trámite sen dereito a traballar e, segundo Eurostat, só o 5% dos refuxiados recibiron axuda do Estado no 2019

Na teoría, segundo a páxina oficial da sanidade do Estado español, toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como a súa familia, saúde e benestar e, en especial, alimentación, vestido, vivenda, asistencia médica e os servizos sociais necesarios. Na realidade, centos de persoas en condición irregular non tiveron acceso á atención medica nesta crise sanitaria por medo e descoñecemento do funcionamento da sanidade, mais tamén porque non tiñan ningún médico de referencia que puidera atendelas por teléfono.

Na teoría, o Estado español defende e procura os dereitos humanos. Mentres que na práctica, atenta contra eles cando imposibilita o acceso á vida digna ás persoas estranxeiras a través de enredos burocráticos que impoñen condicións imposíbeis de cumprir. 

A política inmigratoria galega, a gran ausente

Aínda que en Galiza non haxa un tránsito migratorio das dimensións do sur da península ou nas súas cidades máis importantes, na comunidade autónoma hai aproximadamente 100 000 persoas estranxeiras, o que corresponde ao 3,4% da súa poboación total. Desas 100 000, cerca de oito mil atópanse en condición irregular, aínda que é un dato difícil de corroborar. 

Na teoría, o Estado español defende e procura os dereitos humanos. Mentres que na práctica, atenta contra eles cando imposibilita o acceso á vida digna ás persoas estranxeiras a través de enredos burocráticos que impoñen condicións imposíbeis de cumprir

Nun estudo realizado por Antía Pérez-Caramés sobre o contexto sociodemográfico da inmigración en Galiza, dáse conta de como os movementos migratorios axudaron a retardar o ritmo de envellecemento da poboación galega a principio deste século. Mais desde o 2010, tempo no que as políticas migratorias comezaron a endurecerse, se reduciron as entradas de persoas estranxeiras á comunidade e aumentou a emigración. Até hoxe, o saldo vexetativo é negativo e o crecemento do territorio galego está estancado. 

Para enfrontar esta situación, a Xunta de Galicia ten lanzado campañas de axudas sociais como Estratexia Retorna 2020 para atraer ás emigrantes galegas de volta á comunidade. No entanto, e de xeito contraditorio, o goberno autonómico non conta con ningún programa específico en materia de inmigración. En palabras do portavoz do Foro Galego de Inmigración, Miguel Fernández, en Galiza non se fai política de inmigración.  

Neste estado de abandono de parte das autoridades estatais e autonómicas, as narrativas que deslexitiman e estigmatizan ás persoas inmigrantes acrecéntanse e susténtanse en datos falsos como que o goberno lles brinda axudas económicas específicas que, na realidade, son inexistentes.

Nais refuxiadas en Europa
Nais refuxiadas en Europa. Foto: Santi Palacios

Enlazar a loita, encanar a forza

Para frear esta ola de desinformación que o único que xera é xenofobia e racismo, xurde ACAMPA pola paz e o dereito ao refuxio, unha organización cidadá e sen ánimo de lucro que integra máis de 60 organizacións non gobernamentais. 

No 2016, a raíz da guerra en Siria, apareceu a plataforma “Coruña contra a guerra” na que se concentraban moitas ONG’s e sindicatos para organizar as súas accións e manifestacións contra a guerra. Mais o poder de convocatoria da iniciativa non tardou en languidecer. Foi entón cando o fotógrafo Xose Abad, membro da plataforma, propuxo repensar os obxectivos e alcances da organización e enfocalos en difundir a importancia e urxencia de defensa dos dereitos humanos.

“Unha vez que a proposta é aceptada polo colectivo, pónse en marcha ACAMPA pola paz e o dereito ao refuxio. A idea era traballar non tanto sobre a militancia, senón en priorizar achegar información á poboación da cidade, así como sensibilizar a unha capa da sociedade facendo unha serie de actividades informativas, de encontros e de participación cidadá capaces de chamar a atención e de ir integrando a xente que oficialmente non estaban nunha militancia activa”. Comenta o propio Xosé Abad. 

Hoxe ACAMPA traballa sobre a unidade de acción de máis de sesenta organizacións non gobernamentais galegas que defenden dun ou outro xeito os dereitos humanos, desde ONGD’s até organizacións de veciños. A través do programa “Rede ACAMPA”, a organización cumpre o papel de nexo entre as organizacións, o que termina por encanar e recoñecer distintas loitas e obxectivos, iguais en esencia, na medida que se procura a vida digna para todas. Isto ten un impacto positivo no momento de facer presión ás autoridades para esixir a garantía e o cumprimento dos dereitos humanos. 

A idea era traballar non tanto sobre a militancia, senón en priorizar achegar información á poboación da cidade, así como sensibilizar a unha capa da sociedade facendo unha serie de actividades informativas, de encontros e de participación cidadá capaces de chamar a atención e de ir integrando a xente que oficialmente non estaban nunha militancia activa

Tan só tres anos despois do nacemento desta iniciativa cidadá, ACAMPA ten logrado transcender a cidade da Coruña e mesmo transcender Galiza e as fronteiras do Estado español. “Temos vontade de que o proxecto poida reproducirse en todas as cidades que coincidan coa nosa filosofía de traballo e que teñan interese en levalo para diante. E así foi como xurdiu en Madrid un grupo capaz de mover nesa cidade esta iniciativa que leva tanto traballo. En Brasil tamén, na cidade Piracicaba hai unha sede. En Lisboa tamén xa hai un grupo traballando para unirse ao movemento. E o ultimo punto interesado do que recibimos noticia foi desde África, o que me parece importante. Digamos que a idea vai calando a medida que se coñece, xurde interese e crea certo entusiasmo”. Comenta Xosé Abad, actual presidente da plataforma. 

Concentración na Coruña contra o golpe en Bolivia
Concentración na Coruña contra o golpe en Bolivia. Arquivo ACAMPA

Apelar pola sensibilidade

A equipa de ACAMPA pola paz e o dereito ao refuxio está conformada en súa totalidade por voluntarias que desenvolven actividades todo o ano na medida das súas posibilidades. Entre estas actividades da sede da Coruña destacan o encontro con Marco Martínez, un dos capitáns do barco Aita Mari que se encarga de rescatar ás persoas migrantes que se atopan á deriva no mar Mediterráneo; os certames de poesía sobre os refuxiados climáticos e as concentracións e accións nas rúas da cidade coruñesa. 

Mais unha vez ao ano organízase un encontro internacional de tres días de duración que pretende achegar información verídica e crítica á poboación a través das actividades nas que participan fontes primarias. Nese sentido, os encontros de ACAMPA pola paz e o dereito ao refuxio son espazos nos que a sensibilización e a formación teñen unha incidencia política directa.

“O obxectivo do encontro é chegar á xente e brindarlles información de primeira man que provén das persoas invitadas que son vítimas, expertos, xornalistas, fotógrafas... de todo tipo. Todas as fontes de información que están ao noso alcance as concentramos alí. Ademais, no centro da cidade instalamos unha simulación dun campo de persoas refuxiadas. Cada ano se reproduce un campo diferente. Pode ser un campo de refuxio polo cambio climático, pola guerra, polo espolio... A idea é que toda a xente poida percibir as implicacións materiais e psicolóxicas de ter que estar nun campo deste tipo. Forma parte dese traballo de información, de sensibilización.”, apunta Abad. 

Unha vez ao ano organízase un encontro internacional de tres días de duración que pretende achegar información verídica e crítica á poboación a través das actividades nas que participan fontes primarias. Nese sentido, os encontros de ACAMPA pola paz e o dereito ao refuxio son espazos nos que a sensibilización e a formación teñen unha incidencia política directa

Despois de tres edicións de encontros, ACAMPA conseguiu situar na axenda da Coruña o tema do dereito ao refuxio e dos dereitos humanos en xeral. Porén, as persoas que integran o equipo de traballo desta organización cidadá non poñen o corpo nos escenarios de conflito. Son as ONG’s que conforman a rede quen leva asistencia a persoas en estado de vulnerabilidade e quen se encargan de extraer datos para os análises sociais que nos permiten coñecer as problemáticas e as súas dimensións. ACAMPA encárgase de facer o mapeo destas ONG’s, visibilizar o seu traballo e coordinar a as reivindicacións para ter unha maior incidencia. 

Segundo a percepción de Lorena Boga García, graduada en Educación Social pola UDC e Técnica Superior en Integración Social, a relevancia dos encontros que organiza ACAMPA é que non só alertan sobre as diferentes problemáticas relacionadas coa pobreza, a racialización ou o xénero, e das ferramentas para recoñecer as estruturas sociais e políticas que as perpetúan, senón que procuran espazos de encontro físico entre as persoas coa intención de propiciar unha identificación afectiva capaz de incitar á acción social.

Encontro anual de ACAMPA
Encontro ACAMPA 2019. Arquivo ACAMPA

Combater a desinformación

A falta de acción por parte da Xunta de Galicia con respecto á comunidade migrante de seu territorio imposibilita unha integración social xeitosa. Ao contrario, gran parte da poboación da comunidade descoñece a situación migratoria. O estudo que Lorena Boga realizou sobre o segundo encontro de ACAMPA, no 2018, revelou que moita xente que participou nos eventos afirmou que na Coruña non viven persoas refuxiadas.

O descoñecemento xeral do estado e as implicacións da migración fomenta a creación e reafirmación de estereotipos sobre as persoas estranxeiras. Para facerlle fronte a isto, “(ás persoas migrantes) hai que singularizalas para que deixen a pel do suxeito colectivo e homoxéneo, cargado de atribucións e calidades puramente supostas, acríticas e certamente banais”, escribe Susana Rodríguez Barcia, doutora en estudios lingüísticos pola Universidade de Vigo, no prólogo do libro Muller inmigrante, lingua e sociedade editado por Galaxia no 2017.

Dese xeito, tomando a responsabilidade que lle pertencera ao Estado, organizacións cidadás como ACAMPA priorizan o labor de sensibilización. “Traballamos sobre a idea de fortalecer a ferramenta de unidade para espallar e transmitir á sociedade a necesidade da defensa dos dereitos humanos da xente que está sufrindo agresións fortes pero tamén dos nosos. É dicir, cando defendemos os dereitos humanos e o dereito ao refuxio de outras persoas, tamén estamos coidando que os nosos dereitos non retrocedan”, engade Xosé Abad.

Finalmente, o presidente de ACAMPA pola paz e o dereito ao refuxio, expresa a súa preocupación polo perigo que actualmente corren os dereitos humanos das poboacións máis vulnerábeis, pero tamén da propia sociedade da península. 

“O traballo que facemos tamén vai de facer ver á xente como os dereitos da sociedade de benestar, están retrocedendo dun xeito preocupante. Hai un ascenso de opcións de ultra dereita que están atentando contra os dereitos. É un avance silencioso e nós tratamos de darlle cara a ese asunto porque é moi importante. Porque os dereitos tardan moitísimos anos en conquistarse, ninguén os regala e todos os que temos son froito de loitas duras de moitos anos de xeracións anteriores a nós. Estamos perdendo moitos deses dereitos por diferentes métodos que non sempre son represivos. Hai outros métodos como pode ser o control da información. Eu creo que hai interese sobre este asunto e cada ano notamos máis participación de xente da cidade da Coruña no noso encontro. Agora xa se fala do impacto que deixa ACAMPA na cidade e iso é o importante, o que queda da presenza da xente que traemos aquí a dar información de primeira man sobre conflitos serios e sobre o retroceso deses dereitos a nivel mundial, é que nos damos conta de que non se perden só noutros países, senón tamén aquí”, conclúe Abad.

Campaña de difusión de ACAMPA
Daesung Lee
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cuidados
En primera persona Relato de una furgoneta robada y un embarazo que perdimos
Para tener la libertad de sentir sin morir sepultadas en el propio silencio es necesario que sean habilitadas, consideradas y acompañadas todas las maneras, todos los dolores, todas las dudas y todos los lamentos en todos los ámbitos de la vida.
Galicia
Galicia La justicia anula el despido de una trabajadora de Mercadona por “discriminación por enfermedad”
El sindicato CIG, apoyado en la sentencia, relata cómo Mercadona utiliza formularios dirigidos a encargados y responsables de tienda para recopilar datos sobre los trabajadores que se encuentran en situación de baja médica prolongada.
Galicia
Galicia La TVG, condenada a rectificar por difundir una información falsa sobre el BNG
La justicia también condena al director del ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, por la noticia en la que se afirmaba erróneamente que el BNG no había enviado representantes a un evento organizado por la Xunta para dar inicio al Año Castelao.
8 de marzo
Mapa del 8M Mapa | Todas las convocatorias de este 8 de marzo
El Salto publica en adelanto exclusivo el mapa de convocatorias del 8M de IK Press, que se actualizará de forma permanente hasta la víspera del 8 de marzo.
Opinión
Opinión La ultraderecha racista avanza en España gracias al PSOE
El deseo recién cumplido de Junts se basa en dos vertientes: ganar terreno a Alianza Catalana y a Vox, que no olvidemos también acumula votantes en el territorio, y manejar los fondos vinculados a la migración.
Burorrepresión
Guadalajara Los “8 de Caixabank” mantendrán su insumisión judicial tras la condena
El Juzgado de lo Penal de Guadalajara les ha condenado en primera instancia por un delito de resistencia a la autoridad y les impone una multa de 7.200 euros.
Fronteras
Fronteras Huyendo de la violencia para quedar atrapados en las calles de Melilla
Al menos 14 personas se encuentran en la calle desde el 27 de febrero porque el Centro de Estancia Temporal de Inmigrantes (CETI) en Melilla les niega el acceso a pesar de haber obtenido una cita previa de asilo.

Últimas

Argentina
Argentina Las demandas contra Milei por el criptogate se extienden por EEUU, China y España
El presidente argentino intenta desviar la atención de un escándalo de dimensiones internacionales que lo tiene como protagonista.
Green European Journal
Green European Journal ¿Es posible una Inteligencia Artificial verde y justa?
Los líderes mundiales y los inversores privados se pelean por hacerse un hueco en la fiebre del oro de la inteligencia artificial, cuyo planteamiento de base debe cambiar si queremos impulsar una revolución ecológica y socialmente justa.
Almería
Andalucía Almería premia por el 8M a la directora de un colegio privado y cristiano que segrega por sexos
El Ayuntamiento de Almería, gobernado por el PP, ha otorgado el premio 8M a la directora del colegio Altaduna-Saladares, Gabriela Roldán. Un centro educativo vinculado al Opus Dei y con una enseñanza segregada por sexos.
Chile
América Latina El posible regreso de Bachelet sobrevuela el inicio del año electoral en Chile
La expresidenta socialista se dibuja como la única figura política capaz de contener el avance de las derechas. Sin embargo, todavía está lejos de estar claro si se presentará o si su popularidad será suficiente para vencer a la conservadora Matthei.
Formación El Salto
Formación El Salto La Escuela de Periodismo Crítico vuelve con dos nuevas propuestas que van más allá de lo periodístico
Presentamos dos cursos centrados en el posicionamiento cultural crítico, tanto a la hora de escribir como de interpretar los mensajes que llenan cada vez más cabeceras y redes sociales.
Más noticias
China
Pulsos bajo el cielo Xiaowang, un conjuro para repartir el poder
Xiaowang, entre el hardcore y el kawaii, nos invitan desde Beijing a realizar un conjuro con su último album, Kachacha. Con ellas hablamos sobre la cultura del esfuerzo y ser feministas en la escena DIY de la capital
Estados Unidos
Análisis Trump, la naranja mecánica
La rueda de prensa entre el presidente de los Estados Unidos y su homólogo ucraniano fue una muestra de una humillación pública al más alto nivel.
Economía social y solidaria
Economía Social Empresas cooperativas, una forma de economía democrática
FAECTA y la Universidad Pablo de Olavide presentan a los estudiantes universitarios unas jornadas en las que ponen el foco en la economía social y las empresas cooperativas en Andalucía.

Recomendadas

Música
Jaume Sisa “Llegar a ser tú la obra de arte es el ideal más bello que pueda existir”
Asegura que hace mucho tiempo que decidió no celebrar nada, pero el cantautor galáctico Jaume Sisa está de cumpleaños: su disco ‘Qualsevol nit pot sortir el sol’ ha alcanzado el medio siglo.
Madrid
Madrid Inquilinas despliegan decenas de piquetes para ampliar la lucha antirrentista e impulsar huelgas de alquileres
Estos grupos agitativos territoriales, que se mantendrán a lo largo de los próximos meses, se han distribuido por distritos y barrios de Madrid como Villaverde, Lucero, Vallecas o Leganés.
Mozambique
Neocolonialismo La expansión del eucalipto en Mozambique para la papelera europea
VV.AA.
La creciente demanda de celulosa en Europa está dando lugar a nuevos mercados y a la expansión de las plantaciones de eucalipto en Mozambique. Pero algunas comunidades rurales ahora quieren recuperar la tierra que han perdido.
Feminismos
June Fernández “Estoy abierta a reconocer modelos en los que haya personas cuyo rol sea gestar”
La periodista June Fernández publica ‘Sueños y vasijas’, un volumen sobre la gestación subrogada que no quiere sacar a nadie de su posición, pero sí sumar elementos para analizarla con perspectiva feminista.