Deportes
O ‘skate’, entre a autoxestión e o mercado

O skateboarding adoita ser noticia nos medios só cando hai conflitos entre os patinadores e o resto da cidadanía ou cando se vai construír un skatepark. Mais como é este mundo por dentro?

Skate cacheiras
Iago Goyanes facendo un ‘aéreo’ no pavillon de Cacheiras. Raúl Novoa González

Como skater un acostúmase a ter feridas e talladuras; cambia a súa percepción sobre o mobiliario urbano; o calzado reduce a dous meses a súa vida útil —polo que mudan os destinos dos aforros—; modifica a linguaxe e incorpora termos como ‘engorilar’, ‘vou ao barro’, ‘pillar china’ ou ‘planchar’ e cría uns vínculos sociais que só se entenden cando un se mergulla nesta cultura urbana.

Hoxe en día hai millonarios vivindo dos ingresos que xera este deporte urbano. Por outra banda, algúns patinadores conseguen pequenos ingresos grazas aos sponsors ou logran simplemente abaratar os custes do material, reducindo a presión persoal por partir a táboa ao facer determinado truco e ter que mercar outra.

A imaxe dos skater adoita estar infantilizada pola sociedade. Vándalos, delincuentes ou ruidosos, “só hai que ver os spots publicitarios” asegura Javier Saavedra, un dos precursores do skateboard en Galiza. Pedro Morales, alias Murcia —dependente de All The Fat e profesor de skate— afirma que “aínda hai nais e pais nas prazas que cren que queremos facerlles dano aos seus fillos” cando realmente “somos nós, os patinadores, os principais interesados en que non ocorra ningún percance”.

skate_3
Pablo Vázquez facendo un Over Crooked Grind na praza da Estrela en Vigo. Foto: www.aaronsiophoto.com

Punto de encontro

Pese a imaxe xeralizada que se ten sobre os patinadores, estes son capaces de crear lazos e unha identidade local ou escena común. Óscar Rois, outro precursor do skate en Galiza —dono da tenda xa pechada Other Sb n’A Coruña— argumenta que “por medio da tenda pódense conseguir sponsors para os compoñentes da equipa desta, facer eventos, reclamar que se fagan máis instalacións ou mellorar as que xa están” e conclúe que “unha tenda 100% skateboarding, ademais de tenda, é un punto de encontro dos usuarios do skate, onde se senten identificados e integrados”.

O colectivo de skaters asegura que a existencia destas tendas é vital para crear a escena. “Apoian aos patinadores locais, xa sexa con concursos, premieres de vídeos, campionatos ou concursos” afirma Javier Saavedra. De feito, All The Fat, en Compostela, comezou a coller forma coa creación dunha equipa de skate, impulsada por Rubén Cajaraville e o dono da tenda, Amós.

En Vigo, o mozo Pablo Vázquez estivo ao cargo da Sacred Skate Store —herdeira da Spot Skate Shop—. Durou tan só uns meses. Pablo, a diferencia das opinións anteriores, sostén que a escena dun punto concreto non depende tanto da tenda, senón que é “a tenda a que depende da escena dese lugar”. Así, aínda que chegou a ter unha chea de persoas sponsorizadas pola tenda, isto non serviu para impulsar a escena viguesa.

A situación das tendas locais de skateboarding puro está de capa caída: algunhas pecharon e All The Fat atende só baixo cita previa. O peche das tendas está tamén motivado pola irrupción das grandes empresas multinacionais como Nike, Converse, Adidas… Aínda que ás veces apoien as escenas locais, o material destas marcas ten unha calidade e un prezo co que, en moitas ocasións, as de skateboarding non poden competir. Isto tradúcese en que quen apoia só a marcas de skate ve diminuír as súas vendas.

Pese a que as tendas 100% skateboarding estean pechando, sobreviven iniciativas clásicas como as de Plaza Skateboards ou Blurs Bearings. Con sete anos de antigüidade e cos seus altos e baixos, Felipe Carpintero continúa co proxecto que naceu coa tenda 7 Láminas (RIP) en Vigo. A idea naceu como homenaxe á viguesa Praza da Estrela, que foi primeiro deseño da táboa. Así unha marca local “pode usar os beneficios que lle proporciona a propia escena e reinvestilo nesta mediante eventos para os locais”, asegura Felipe. Un exemplo é o campionato Nozilla Jam en Vigo, autoxestionado totalmente polos skaters locais e que concentra a patinadores de todo o país.

Pablo montou a tenda Sacred motivado pola cantidade de xente que patinaba uns anos atrás en Vigo “desde a Praza da Estrela ata o Berbés”, asegura. Agora, co paso do tempo, afirma que iso foi desaparecendo xa que “o que eran decenas de persoas todas as findes, petando ese espazo tan grande, pasou a ser só uns poucos patinando a praza”.

Óscar Rois pensa que os principais motivos que causan a baixada de skaters son a diminución da xente nova —que ten que marchar en busca de traballo–—que as novas xeracións se decantan por disciplinas máis sinxelas como o scooter xa que “saltar co scooter leva 10 minutos” e, como non, o clima tan chuvioso que existe en Galiza.

Polo que se refire ao tema económico todos coinciden: hai táboas de calidade a un prezo mínimo máis accesible que nunca: uns 35-40 euros. A pesar do momento actual, Felipe sostén que “a popularidade do skate sobe e baixa por épocas”. Ademais, calidade no skate galego haina: están os exemplos de Rubén Cajaraville, Marco Rey, David Lougedo ou o propio Pablo entre outros.

skate_2
Ollie de Pablo Álvarez nas "sete" do náutico de Vigo Raúl Novoa González

Comercialización non sempre negativa

O skateboarding será deporte olímpico a partir dos Xogos de Tokio 2020. Este nomeamento é algo que causa certo rexeitamento en parte do colectivo skater. Moitos sinalan que “perde a súa esencia” xa que o skateboarding non é, en si mesmo, un deporte competitivo e non hai unas regras establecidas. Outros sinalan que lle dá unha maior visibilidade e profesionalización, de xeito que se conseguirán beneficios para a comunidade skater. O mesmo debate dase coa mercantilización do skateboard a través de festivais como O Marisquiño de Vigo, que naceu orixinalmente como unha competición para locais no skatepark do Castro e mudou totalmente desde esas orixes para conseguir máis apoios económicos.

Debates fóra, como indica Pedro Morales, “dalgún xeito todo isto axuda a que a xente se anime a probar estas disciplinas”. Así, visibilízase o deporte e se están a crear escolas de skate, a modo de actividade extraescolar.

No IES Cacheiras, no concello de Teo —perto de Santiago—, desde hai nove anos e grazas a un proxecto de iniciación ao skate, permitíuselles aos patinadores usar o pavillón cuberto dúas horas á semana. Os skaters crearon os seus propios módulos e simplemente tiñan que facer fronte aos gastos da luz. Estes gastos paliáronse coa creación dun mercado solidario, onde cada un doaba o que podía para ser vendido. Grazas a esta iniciativa de autoxestión, o IES Cacheiras incorporou a actividade extraescolar do skate. O seu profesor é Pedro Morales quen asegura que isto “vai crear afección”.

Skate_1
Aron Fernández facendo un Backside Smith Grind no Conxo DIY en Compostela Raúl Novoa González

Autoxestión para sair adiante

Moitos patinadores bótanlle a culpa á falta de infraestruturas que hai en Galiza da baixada de practicantes. Skateparks vellos e descoidados, arquitectos ‘amigos’ dos concelleiros e, en ocasións, multas por patinar na rúa. A tensión entre o colectivo skater e as institucións é real.

O maior problema orixínase cando un concello fai un desembolso nun skatepark novo sen atender ás necesidades que os patinadores demandan. Tómanse unhas medidas case ao chou e empréganse uns materiais inadecuados. O resultado disto vémolo en skateparks como o do parque do Parlamento en Santiago de Compostela, que se usa porque é o que hai. O chan, case de asfalto, é moi perigoso para os patinadores. Outros exemplos son a multitude de bowls, ramplas e skateparks de formigón, todos eles abandonados ou en grave deterioro, que hai por Galiza adiante.

Na cidade de Vigo, os patinadores locais levan pedindo un skatepark de calidade moitos anos. O alcalde prometeu un skatepark para o inverno de 2010; a última vez que se pronunciou sobre o tema asegurou que as obras comezarían a finais de 2017. En 2018 Vigo segue sen ningún sinal de obras por un skatepark. Ante a indiferencia institucional cara as súas demandas, os skaters toparon unha solución: asociarse. Iago Lastra, fundador da Asociación de Skaters de Pontevedra explica que “Pontevedra é unha cidade onde ser skater era moi duro e desde sempre existiu a necesidade de ter unha zona habilitada para patinar”. Os patinadores da xeración anterior loitaron polo skatepark, pero non o conseguiron. “A miña xeración propúxose cambiar o plantexamento e tentar facer as cousas ben. Isto esixiunos asociarnos e formar un colectivo legalmente recoñecido”, asegura. O resultado? A creación de módulos de calidade para patinar na pista de Mollabao.

Ningunha instalación foi doada de conseguir. Grazas á Asociación de Skaters da Coruña (ASC) construíuse o skatepark dos Rosais: “Estívose loitando moitos anos para que desde a política se nos fixese caso”, asegura Óscar —tamén colaborador da ASC—, quen engade que “unha vez que nos fixeron caso, presentouse o proxecto do skatepark totalmente gratuíto. Despois tivemos que loitar para que o executasen”.

As asociacións vense con outros ollos desde arriba, asegura Javier Saavedra, fundador da Asociación de Skaters de Santiago (ASS). O problema sobre todo está en que presten atención ás necesidades dos skaters. No caso da praza do Parlamento, a ASS propuxo remodelala e convertela nunha skatepraza reformándoa e se chegou a un acordo entre as dúas partes. Finalmente, o Concello presentou un skatepark, pero noutro sitio diferente. Aínda que Javi asegura que o skatepark que propuxeron “ten boa pinta”, valora negativamente o detalle do concello: “Estamos esperando unha resposta aos mails pedindo unha explicación de por que se cambiou a proposta que apalabraramos entre as dúas partes”. Así e todo, as obras deberían comezar en setembro deste mesmo ano.

As asociacións funcionan de xeito local, pero Pablo Vázquez cre que “todas deberían estar en contacto entre elas e non só preocuparse do seu territorio, senón botar unha man a todas as zonas próximas”. Óscar Rois, grazas á experiencia da ASC, pensa que no que se refire á construción de skateparks “o feito de ter unha asociación non garante que teñan que facer instalacións, iso xa é unha loita do propio colectivo en cada lugar”.

Cando as asociacións non son escoitadas, os patinadores da zona deciden facelo pola súa man. Así xorden os DIY’s (Do It Yoursef). En Galiza existen o de Mondariz, chamado ‘Mondaka’, que é cuberto, e o de Conxo, nunha explanada abandonada do barrio compostelán. “A min é no que máis me mola patinar: son diferentes, feitos por xente coma ti, imperfectos, pero máis divertidos”, asegura Javi quen, coa axuda de All The Fat, tamén se puxo a construír. O ConxoDIY é totalmente autoxestionado por skaters e na tenda hai un bote común onde quen vaia pode deixar algo para a construción de módulos. Agora mesmo non medra máis porque na construción do ‘kiker’ apareceu a policía e detivo o proceso: malia todo “non deixa de ser ilegal”, recoñece o propulsor da iniciativa. De todas as formas, Pedro Morales asegura que estes exemplos de autoxestión “deberían estar premiados polo sistema” xa que “sempre se elaboran orzamentos desorbitados para a construción de skateparks, cando se poden aproveitar espazos xa existentes e rehabilitalos sen gastar tantos cartos”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Justicia
Por agresión sexual Jenni Hermoso declara en el juicio a Rubiales: “No pude reaccionar en ningún momento”
La Fiscalía ha preguntado si Rubiales le cogió la cabeza con fuerza, a lo que Hermoso ha respondido que sí: “No busqué el acto ni mucho menos me lo esperé, a mi persona se le faltó el respeto”.
Israel
Sionismo Maccabi - Baskonia: no colaboremos con la banalización del mal
El partido de basket en Gasteiz es una oportunidad de oro para mostrar nuestra determinación a no contribuir al blanqueamiento del Estado genocida de Israel, oponiéndonos decididamente.
Deportes
Liga F Nuevo convenio para las futbolistas: escuelas infantiles, ayudas al estudio o subida salarial
Hace firme los aumentos salariales del acuerdo de salida de huelga de 2023 e incluye todos los puntos que quedaron pendientes entonces. Dos de los sindicatos del banco social se descuelgan de la firma por considerar insuficiente el convenio.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.