We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
A Catapulta
O poeta Samuel Merino visita A Catapulta no seu episodio 11
O programa sobre poesía do Salto Galiza en Twitch e Youtube, A Catapulta, contou no seu undécimo episodio coa visita do poeta mosense Samuel Merino, tamén coñecido como Pompa e Boato.
Ao longo deste episodio conversouse relaxadamente sobre a súa formación artística e literaria, os seus procesos creativos, a súa visión sobre o tecido cultural galego e, tamén, sobre as súas vindeiras intervencións en eventos poéticos, como o Alguén que Respira, o festival que terá lugar en Santiago de Compostela os días 21, 22 e 23 de marzo.
Como sempre, á fronte da Catapulta está Samuel L. París. O programa xa contou coa presenza de Nuria Vil; Lúa Mosquetera; X.M. Xespi; Bratzantifa; Branca Trigo e Alfredo Vázquez, de Edicións Malafera; Lupe Blanco; Diego Horschovski; Daniel Landesa; Fran Alonso e Helena Salgueiro. Ademais de en directo e en vídeo, A Catapulta pódese escoitar en formato podcast. Escoita máis aquí.
O luns 15 de abril ás 19.30h poderá seguirse un novo episodio da Catapulta en directo, no que se contará coa visita do poeta e presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias.