Casas de apuestas
O xogo en Galiza, unha aposta perdida?

A preocupación pola proliferación de casas de apostas nas vilas e cidades galegas vai en aumento. Cada vez máis sectores sociais entenden este tipo de xogo como unha ameaza real para a mocidade e a clase traballadora. A Xunta presentou un anteproxecto de lei en xuño de 2019.

Casas de apostas Galiza
Un momento da mobilización do 6 de outubro de 2019 contra as casas de apostas en Compostela. Pablo Santiago

Cada vez máis noticias alertan do aumento da afición ao xogo online e ás apostas entre a mocidade. Para amplos sectores da xente nova, as apostas deportivas e o xogo a través de internet son xa un xeito de lecer. Semella que o perfil do xogador vai rexuvenecendo e nos bares, ao carón das máquinas comecartos, irromperon as de apostas.

Sector del juego
Xogar coas voltas do café?

Analizamos, a partir dun estudo sociolóxico realizado na Universidade da Coruña (UDC), a proliferación dunha cultura do xogo que cada vez medra máis nos barrios populares das cidades, coa complicidade de axencias publicitarias, personaxes públicas e grandes corporacións que alimentan de xeito irresponsable unhas pautas de consumo que acaban en adición e no sometemento da poboación a débedas moi elevadas.

Movementos sociais, psicólogos e organizacións de persoas afectadas pola ludopatía sitúan no centro do debate o cuestionamento dun modelo de diversión baseado no xogo para conseguir diñeiro fácil. Moitas voces piden maior compromiso lexislativo das administracións públicas, unha regulación máis estricta da publicidade deste tipo de actividade e limitación da apertura de novas casas de apostas nos barrios entre outras reivindicacións.

As CONSECUENCIAS DO XOGO

A primeira vez que Jose apostou —nome ficticio xa que prefire non ser identificado— tiña 16 anos. Fíxoo nunha máquina dunha cafetería. Seis anos despois está pluriempregado para poder facer fronte ás debedas que contraeu xogando. “Empezas botando un euro a partidos de fútbol e pensas que vendo deporte podes gañar cartos”, comenta. Tras pasar dous anos xogando en máquinas, ao cumprir a maioría de idade comezou a apostar online: “Tiven que esperar a ter os 18 anos porque tes que pór o teu DNI, está algo máis controlado, aínda que sempre podes usar o de outra persoa”. Unha vez que se afecciona a apostar o seu xeito de ver fútbol muda totalmente e ve os partidos “esperando cartóns amarelos, goles, saques de banda… É unha animalada a de cousas ás que lle podes apostar”, continúa.

Jose chegou a apostar nun día 950 euros e 2000 nunha semana. “Vía as apostas como un ingreso fixo na miña vida e moitas veces fixen plans sociais en base ao que podería gañar nelas”, afirma. Moitas veces o xogo combínase co alcohol xa que os prezos nos casinos e nos bingos son máis baixos, polo que "incita a beber antes alí que nos bares normais". Foi por iso que o inicio de Jose no xogo foi máis por diversión que polos cartos: “Tómaste dous cubatas e gastas dez euros na ruleta. Co alcohol estás deshinibido e non es moi consciente dos gastos que estás a facer”, apunta.

“Estiven mal meses. Xogas 500, pérdelos e pídesllos a un colega pensando que vas gañalos con beneficios”

Segundo Agalure —asociación que dá cobertura a persoas afectadas por ludopatía— o arranque co xogo segue a ser maioritariamente coas máquinas comecartos. Porén desde o ano 2017 detectan unha “mudanza moi significativa” coa irrupción das apostas deportivas. Deste xeito afirman que no xogo online “as apostas deportivas son o principal atractivo dos ludópatas”, seguidas moi de perto polo póker. Conseguir diñeiro para seguir xogando convírtese nunha prioridade e os xogadores tratados por esta asociación “teñen problemas sobre todo con entidades de préstamos rápidos e se extenden tamén ás empresas nas que traballan e á mesma familia, xa que se producen apropiacións de diñeiro”, comentan. Por mor disto son frecuentes denuncias e problemas de tipo legal.

Cando Jose comeza a caer na adición ao xogo os problemas económicos aparecen con forza. Comeza a “a pedir cartos para apostar, contando que cos beneficios das apostas ía a poder devolver eses cartos e incluso gañar máis”. Do mesmo xeito engana tamén á súa propia familia, o que fai que aumenten os nervios e a ansiedade. Aí comeza unha espiral na que chega a arriscar máis cartos dos que ten. Pasa a deber diñeiro a terceiros porque “tras perder este diñeiro, quixen gañar de novo a través do xogo. "Estiven mal meses. Xogas 500, pérdelos e pídesllos a un colega pensando que vas gañalos con beneficios” confesa.

Jose deixou de apostar unha vez que entendeu que o xogo lle estaba a causar custes demasiado elevados tamén na saúde: “Ansiedade, agresividade, bipolaridade, inestabilidade, ves cambios na túa propia personalidade”. Desde Agalure afirman que o “ 85 dos casos tratados saen da ludopatía e consiguen ter unha nova vida sen que o xogo volte interferir nas súas vidas”. Se ben advirten que o “ludópata é unha persoa que cando sufre unha ludopatía convive con ela toda a vida, polo que unha vez rehabilitada ten que seguir unhas pautas de comportamento para evitar as recaídas”.

A FUTURA LEI DA XUNTA

En xaneiro de 2019 eran 136 as casas de apostas abertas en Galiza. A Coruña e Vigo son as cidades galegas con maior número delas con, respectivamente, 24 e 25 establecementos seguidas de Ourense , Compostela, Pontevedra, Lugo e Ferrol. O 3 de xuño do mesmo ano a Xunta presenta ante a Comisión do Xogo de Galicia un borrador do que será a nova normativa do sector que actualizará a regulación vixente, do ano 1985.

Nun comunicado, o goberno galego marcaba como un dos principais obxectivos adaptarse ás novas realidades e regular un xogo responsábel. “Inclúense novedades coma o reforzo dos controis ou as limitacións no número de establecementos”, enfatizaban. Na mesma liña deberanse alonxar 150 metros todas as casas de apostas dos institutos a nivel radial, e deberán ter unha separación de 300 metros como mínimo entre elas. Porén, 2019 remata sen que esta lei iniciara aínda o seu trámite parlamentar.

As apostas online ninguén as controla e non hai nin que saír de casa.

Algo que critican desta proposta lexislativa os colectivos sociais é que non se regulen ás apostas por internet. Entendendo que hai tres vías para apostar —en salóns, bares e online—, os expertos sinalan que o xogo a través da rede ten moito maior potencial adictivo. “Ninguén o controla e non fai falta saír da casa” explica Antonio Rial Boubeta, psicólogo e profesor da USC que realizou un estudo sobre menores e o xogo en Galiza no mes de xullo de 2019. “É moi fácil saltarse os controis. Usando un DNI dun maior de idade é suficiente, ou empregando tarxetas nas que podes cargar diñeiro só cun correo electrónico” engade.

Na lei non se permitirán tampouco a apertura de novos salóns de xogo nin casas de apostas. No que ten que ver coas máquinas, habendo perto de 3.200 no país, os bares galegos poderán introducir 400 máis. Neste caso, establecerase un control para menores similar aos das máquinas de tabaco tendo que activalo cun mando. Deste xeito Galiza será a primeira comunidade autónoma que implante este sistema. “A lei debe ser respaldada con controis periódicos”, subliña Antonio Rial.


Pese o maior risco de adicción que hai nas apostas online, o profesor afirma que “nos bares está o factor de sociabilización e de accesibilidade”. A xuventude acode acotío a apostar nos recreos e nas horas libres do instituto, mudando os seus “rituais sociais” de integración nos grupos. Segundo o estudo do profesor universitario, cerca dun 70% dos que apostan fanno nos bares, e o que é aínda máis preocupante, “só a dous de cada dez se lles pide o DNI ao entrar”, conclúe.


O anteproxecto de lei é disuasorio, pero mellora a situación cuns mínimos

Antonio Rial participou nos grupos de negociación para a futura Lei do xogo autonómica, á que califica como principalmente “disuasoria, mais que mellora a situación cuns mínimos razoábeis”. Explica que as chaves da lei deben ser desnormalizar o xogo, sensibilizar sobre os seus problemas e reducir a accesibilidade ás apostas. No caso dos menores, este experto sinala como de vital importancia que se traballe na prevención ambiental: na escola e na familia. Así, segundo o estudo realizado polo profesor Rial, seis de cada dez pais saben que os seus fillos apostan sen seren “conscientes dos problemas de ansiedade, angustia, pequenos roubos na casa, nerviosismo ou incluso síntomas depresivos aos que pode levar a adicción ao xogo”, enfatiza. “Hai que prever a ludopatía antes de que se diagnostique, debemos ser conscentes de que os nosos fillos poden apostar” subliña Antonio xa que, segundo os datos dos que dispón, dos varóns de entre 16 e 17 anos, o 52% deles xa apostou algunha vez na súa vida.

“O xogo será a adicción da próxima década”

Pese aos avances que pode traer a nova Lei do Xogo, expertos na prevención de riscos falan da necesidade dunha lei marco estatal. Destacan “valeiros legais” como que por exemplo a Xunta de Galiza poida restrinxir a publicidade nos medios públicos galegos, mais non na Liga de Fútbol Profesional. Por outra banda moitos comentaristas de fútbol, coma Juanma Castaño, animan a apostar durante os partidos de fútbol.

A demanda do xogo triplicouse nos últimos catro anos. “As administración estatais non están investindo cartos en estudios rigurosos con mostras amplias para actualizarse” comenta Rial. Neste sentido é salientábel que o último estudo que hai a nivel estatal fose financiado por Codere —empresa adicada ao sector do xogo— e feita a través da Universidade Pública Rey Juan Carlos. Antonio Rial é claro e tamén pensa que “hai que arriscarse e meterse na lama, tamén na ONCE e nos Xogos e Apostas do Estado”.

Antonio Rial sostén que o xogo será a adicción da próxima década. “Diferenciándoo da heroína, é un problema máis difícil de velo chegar” sinala e pregúntase: “Hai dispositivos para tratar as adiccións as drogas con substancias, mais como se trata a ludopatía?”.

ORGANIZACIÓN SOCIAL

Ante o impacto que o xogo pode estar tendo entre sectores vulnerábeis como a mocidade traballadora e a proliferación de casas de apostas nos barrios populares, as organizacións sociais e políticas comezan a mobilizarse. Un dos exemplos diso é a Asemblea Aberta Contra a Impunidade das Casas de Apostas de Compostela.

O 6 de outubro de 2019 houbo concentracións en diferentes cidades de Galiza. En Compostela os manifestantes percorreron as distintas casas de apostas sinalándoas como un problema para a mocidade e a clase traballadora. Alejandro Suárez, un dos activistas da Asemblea de Compostela, ten claro que “o xogo online evidentemente nin é un lecer saudábel nin digno, o que acontece é que tampouco hai moitas máis alternativas”. Para este estudante de 18 anos a “xuventude cada vez ten menos opcións —xa sexa polo prezo ou pola ausencia de lugares— de ir praticar un deporte”. Segundo Suárez o éxito das casas de apostas entre a mocidade é que parece sair máis económico: “Cervexas a un euro, comida barata e non tes que te preocupar de nada nin tes que facer esforzo físico ningún porque chegas ali, sentas e xa está”. Neste sentido pensa que a súa xeración “xa non sae á rúa” e pensa que cada vez o “lecer consiste máis neste tipo de cousas que, ao final, só conducen á dependencia e á miseria”.

“O xogo online evidentemente nin é un lecer saudábel nin digno"

Sobre a nova proposta lexislativa do goberno da Xunta, Suárez considera positivo que exista unha limitación á apertura de máis casas de apostas. Sen embargo pensa que hai que ter en conta que en Galiza hai arredor de 136 casas de apostas co cal “quen queira apostar vai apostar igual” e que “as apostas online son máis perigosas que as apostas físicas porque xa se aposta desde casa, sen necesidade de moverse e hai máis dificultade para evitar o acceso a menores de idade”. Na opinión deste activista sería necesario “abolir a publicidade deste tipo de xogo totalmente”, no mesmo sentido pensa que non ten sentido conscienciar á mocidade con “que hai que apostar con responsabilidade, que é un pouco polo que advoga o Estado”. Polo contrario pensa que a mensaxe ten que ser que non hai “por que apostar porque non é sano e porque vai chegar un momento no que te vas enganchar e só vas perder carros e non vas chegar a ningún lado”.

“As apostas online son máis perigosas que as apostas físicas porque xa se aposta desde casa, sen necesidade de moverse e hai máis dificultade para evitar o acceso a menores de idade”

Mentres estes sectores da mocidade din pular por un “lecer digno”, preocupados polo enorme incremento de casas de apostas nos últimos dez anos nas cidades galegas, outros nutren os salóns e xogan nos bares. Basta con entrar nun coñecido establecemento de Compostela para comprobalo. Son as 18:00 hrs dun día de decembro calquera. No interior do salón conviven dúas áreas claramente delimitadas. Nunha delas, o Bingo, só dúas mesas son ocupadas por menores de 30 anos, o resto son ocupadas por un público maduro e de persoas solitarias que xogan os seus cartóns. A uns poucos metros hai outra estancia. Trátase dun salón organizado como se dunha cafetería se tratase con varias televisións onde se retransmiten distintos partidos de fútbol. Sentados en mesas varios grupos de rapaces, atendidos por un camareiro, consumen refrescos de cola, miran os partidos e conversan. Separadas por un fino panel de cristal están as máquinas de apostas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Adicciones
Opinión Mamá, soy adicto
Móviles, soledad, pobreza y adicción frente a comunidad, cuidados y la redimensión completa de la vida fuera de los muros del capital.
Adicciones
Adicciones Navidad: regalar, celebrar y... consumir
Para las personas con adicciones, la Navidad no es una época fácil: los riesgos de consumo se multiplican por la accesibilidad a sustancias, las situaciones de presión social y la variabilidad emocional.
#45321
1/1/2020 14:07

Grandísimo traballo. 👏 Ese 52%, que dato máis estarrecedor...

2
0
#45152
27/12/2019 20:18

Desde logo que as apostas son unha ferramenta máis de alienación por parte do capital

3
0
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.