Cárceles
Voizes, o encerro en primeira persoa

Giada, Wil e Quiroga puxeron en marcha Voizes en 2015 como un arquivo internacional de entrevistas en vídeo con persoas que deixaron parte da súa vida nun penal. Son conversas sinceras que desmitifican a experiencia da cadea, onde a pregunta ‘que fixeron’ deixa de aplicar, para pasar a ‘que sentiron’.

Cantas veces escoitamos en primeira persoa o que supón un ano, cinco, dez, de encerro? Como é o día a día, como te sentes, como te tratan. Como transforma a túa vida unha condena. E cando saes, a que te enfrontas?

Rachar co silencio que envolve o sistema penitenciario, ter a oportunidade de escoitar a voz das persoas que deixan parte da súa vida nunha cela agochada deliberadamente, convértese nunha ferramenta moi útil para analizar a sociedade na que vivimos, e tamén para pensar colectivamente a sociedade que desexamos construír.

Giada, Wil e Quiroga comezaron co proxecto audiovisual Voizes no marco do 15M coa idea de arrincar unha conversa reflexiva sobre o sistema penitenciario. Incorporan no debate a persoas que pasaron un mínimo de dous meses sen liberdade, co proceso rematado, ou en vías de facelo. Durante permisos, sempre fora do marco da institución. Isto permitiulles falar con máis liberdade da súa experiencia, e mantendo o anonimato.

Giada conta por que decidiron facelo dese xeito: “Voizes expón o que é o cárcere contado pola xente que pasou polo cárcere. Queriamos que fixeran parte do diálogo para o cambio”. Wil contextualiza: “Existen moitos estereotipos do que é a cadea desde fóra, desde a xente que non estamos nin estivemos nunca en prisión, incluso desde a xente que é crítica co sistema penitenciario. Xurdiu a necesidade de preguntarnos que é o cárcere e outros centros de detención vista e contada pola xente que está dentro”.

Preguntamos sen ter estado presas

Empregan un cuestionario base con preguntas comúns a todas as entrevistas, que vai evolucionando. “Decatámonos de que o noso cuestionario, aínda que é moi aberto, non se adapta as diferentes realidades que imos atopando”, lembra Giada. O cuestionario ten que ir mudando. Ímonos adaptando e aprendendo con cada conversa”.

Queremos fuxir da imaxe estereotipada do cárcere que producen os medios de comunicación”, explica Quiroga. “Buscamos unha visión máis global que coloque o protagonismo na persoa que fala”. Tamén queremos abordar outros tipos de encerro, non só as cadeas”.

CASTIGO OU REHABILITACIÓN?
Cando entras nun centro psiquiátrico é moi difícil saír. Machácante coa medicación: 700 de Depakine, 15 de Abilify, 25 de Seroquel. É unha salvaxada de medicación e cando me queixaba dicían que era baixa para o meu trastorno”. Así fala unha muller latinoamericana que despois de dous anos de prisión preventiva á espera de xuízo no Centro Penitenciario de Briáns (Catalunya), foi diagnosticada cun transtorno psicolóxico e condenada a cinco anos máis na UHPP (Unitat Hospitalització Psiquiátrica Penitenciària) de Briáns. “Despois de dous anos sen ningún tipo de brote nin problemas”, comeza unha nova etapa no seu encerro, pero tamén na sua vida: “Etiquetar as persoas é moi delicado, trabúcanse moitas veces. Cometes un acto nun momento concreto e condénante de por vida. Esa historia de que na cadea te reinsertas é mentira, o cárcere reproduce os problemas”. Noutra entrevista, un mozo catalán que cumpriu condena na Modelo explica que “todo está pensado para que a xente se esqueza das persoas presas. Os horarios dos autobuses non coinciden cos das visitas, se non tes coche tes que botar todo o día para ver vinte minutos a unha persoa. Estando encerrado non podes aportar moito ás persoas que veñen, por non dicir nada, e a xente, para coidarte, ten que investir moito tempo en ti. Vese a intención de que a xente se esqueza da xente que está alí. Penso que realmente o castigo é a soidade, que as persoas presas se sintan soas”.

Voizes agora mesmo é un proxecto en expansión composto de dezaoito entrevistas a persoas presas en cadeas de tres países. Teñen un crowdfunding en Chuffed.org, unha plataforma de captación de fondos para proxectos con fins sociais, que conclúe o 19 de novembro. O obxectivo do mecenado é chegar como mínimo a duplicar o número de experiencias do arquivo, e mellorar a web para facer máis práctica a navegación polas entrevistas. Pero sobre todo, o que buscan é convidar a facer parte do proxecto a colectivos e persoas achegadas á realidade das cadeas. “O ideal é que de agora en diante non participemos no proceso das entrevistas”, afirma Quiroga, “se non que poidamos encargalas ás propias comunidades de apoio ou ás persoas máis achegadas. Deste xeito, sairán cuestións nas que nós non caemos, pero de moito interese”.

Voizes_3

EXPLOTACIÓN E LUCRO
Aprovéitanse da túa necesidade. De que chegas e non tes nada”, comenta un mozo brasileiro. “Os prezos do economato son moi altos e teste que buscar a vida como podes. Hai días que traballas por 3 euros. Fante chantaxe, se queres a condicional tes que traballar. Se non queres un traballo, danche outro. E hai xente que a teñen explotada ata a fin, e cando lles quedan catro días para rematar a súa condena, depórtanos ao seu país”. “É un paradoxo que un centro público proporcione man de obra tan barata. Baixo a teoría da rehabilitación e da adquisición do habituamento ao traballo, o que se agocha é unha explotación laboral”, afirma un empresario catalán que entrou voluntariamente a cumprir sete meses. “Isto é un negocio, a finalidade non é rehabilitadora, é puramente económica”. Noutra entrevista, un mozo que pasou un breve período de tempo en prisión comenta que “podías ter televisión ou radio na cela, e se non a tiñas, podías mercala”. Iso si, só hai un modelo que vende en exclusiva El Corte Inglés. O mesmo pasa cos ordenadores aos que teñen dereito os estudantes. “O economato convírtete nun consumidor, rexistra os beneficios dunha mediana superficie. A comida de prisión é deficitaria, e tamén os lotes de hixiene, faste dependente do economato, que é xestionado por empresas privadas”, denuncia un mozo de Barcelona que cumpliu condea no cárcere da Trinidad.
 

Voizes_2

As bases e as voices

Wil, Giada e Quiroga abren con Voizes as vías para o diálogo arredor do sistema penitenciario. “Facemos unha análise crítica das cadeas e pensamos que con este traballo favorecemos o debate. O cuestionario busca repostas a cuestións importantes como quen está principalmente no cárcere, ou se é un sistema de castigo que non busca a rehabilitación”. Fan unha análise das entrevistas: “Suponse que resolve conflitos, pero o que fai é aumentalos e crear máis. Esta é unha resposta unánime. Todas as persoas coinciden en que foi un proceso traumático. Non hai respostas correctas, non buscamos adoutrinar na loita anticarceraria. Pensamos que recollendo todo este material propiciamos a reflexión de que este sistema non funciona, que hai que cambialo profundamente”, engaden. “Non é a nosa intención facer un documento aséptico, o noso obxectivo e contribuír a cambiar o sistema penitenciario tal e como se entende a día de hoxe, cuns niveis de encarceramento que non responden a ningún tipo de alarma social xustificable”.

QUEN HAI DENTRO?
Hai moitas mulas e prostitución ilegal. Tamén moitas por roubos e algúns homicidios. Hai moita xitana, moitísima, coma min”. É o relato dunha rapaza que cumpriu seis anos de condena no cárcere de Wad Ras. “E moitas latinas, tamen romanesas e rusas. Españolas moi poucas”, subliña. Todas as voces que descubrimos no arquivo inciden na mesma idea, o cárcere ten un marcado carácter de clase e racialización. “Se fose español, ao ano e 3 meses podía ter o meu primeiro permiso, pero eu non. Eu tiven que agardar dous anos e medio por non ter a ninguén aquí”, conta un mozo brasileiro. “O 90% da xente que está dentro procede do chanzo socio cultural máis baixo. Moitos son toxicómanos que entraron na cadea por cuestións de drogas ou delitos contra a propiedade e hai unha gran cantidade de inmigrantes”, comenta outro rapaz. “Aí dentro maioritariamente é xente pobre, moitos estranxeiros e moitísimos xitanos. Sobre todo xente pobre e sen recursos”, engade outra das voces do arquivo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Opinión No habrá paz sin las presas
Mantener hoy silencio respecto a la necesaria inclusión de la liberación de los presos y las presas palestinas en las conversaciones del alto al fuego es una postura solamente excusable en un supremacismo blanco más interesado.
El Salto Radio
El Salto Radio Te llamo desde mi muro: recordando a Marcos Ana
Cuando volvamos la vista atrás, que sea siempre para iluminar el presente… Hoy encendemos esa luz a través de la vida de Marcos Ana, y os podemos asegurar que hay motivos.
Euskal Herria
Kortatu El “Sarri, Sarri” suena en la cárcel de Martutene y el Gobierno Vasco no volverá a permitirlo
Tras las críticas de Covite, PNV y PSE-EE apuestan por una postura unitaria que pasa porque el departamento de Justicia y Derechos Humanos endurezca los requisitos para los actos culturales dentro de las penitenciarías.
#3113
14/11/2017 19:41

Que proxecto tan necesario, moitas grazas non o coñecía.

1
0
Palestina
Genocidio Salah al Bardauil, miembro del comité político de Hamás, entre los 23 asesinados por Israel esta madrugada
Israel ha matado a 634 personas desde la ruptura del alto el fuego el pasado martes. Un ataque del Estado sionista hacia suelo libanés este sábado ha dejado siete muertos.
Comunidad de Madrid
Fin a la privatización Un tsunami marcha por Madrid por la gestión totalmente pública de los servicios a la ciudadanía
La plataforma Tsunami por los Servicios Públicos nace este domingo para aglutinar a decenas de organizaciones sociales que quieren hacer frente al “modelo neoliberal de destrucción masiva de los derechos humanos y sociales”.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.
Siria
Siria Siria, de la euforia por el fin del régimen al examen de la transición
Las matanzas en el litoral sirio y las dudas acerca de las nuevas autoridades dejan atrás la alegría por la caída de al Asad y enfrían el aniversario de la revolución, el primero tras la huida del dictador.
Gobierno de coalición
Consejo de Ministros Ángel Víctor Torres anuncia que tiene cáncer, pero seguirá al frente del Ministerio de Política Territorial
Reducirá su agenda como titular de Política Territorial en las semanas previas a una operación a finales de abril. Fuentes ministeriales dicen que la enfermedad “va bien” y “tiene solución”.
Medio ambiente
Oliver Franklin-Wallis “La industria de los residuos deja una cicatriz enorme en nuestro planeta”
El periodista británico Oliver Franklin-Wallis recorre en ‘Vertedero’ (Capitán Swing, 2024) las prácticas ocultas de la industria de residuos, exponiendo el papel de las grandes corporaciones, en connivencia con autoridades e instituciones públicas.
Contigo empezó todo
Contigo empezó todo El comunismo libertario de Hildegart Rodríguez
La joven madrileña, a quien se recuerda por morir a manos de su madre, contribuyó con sus ideas a la política revolucionaria durante la II República.
Opinión
Opinión La berlusconización de Mazón
Es evidente que el presidente de la Generalitat no ha asumido la agenda de la ultraderecha por convicción, sino por supervivencia política y judicial, en una estrategia no muy diferente a la que empleó Silvio Berlusconi.

Últimas

La vida y ya
La vida y ya Para vivir bien
“Para vivir bien hacen falta plantas, profe”, dijo una alumna. Esa frase es una forma de recordar que para vivir bien no es suficiente con levantarte cada mañana y meterte en el metro con los ojos pegados al sueño de estar en otra parte.
Tribuna
Tribuna La celulosa y la mina son el modelo industrial del Partido Popular
Es fundamental que tejamos una red social transversal en la sociedad capaz de unir a sectores diferentes que sean capaces de aglutinarse en un movimiento social alrededor de un denominador común: la defensa de nuestro territorio.
Turquía
Contra Erdogan Turquía en las calles: cae el muro del miedo a las movilizaciones
La detención del principal rival político de Erdogan ha provocado protestas masivas en todo el país que amenazan con convertirse en movilizaciones generales de descontento contra el gobierno.
Más noticias
Finlandia
Reducción de GEI De sumidero de carbono a emisor de gases: los bosques en Finlandia ya no capturan CO2
El 74% de la superficie del país nórdico está cubierto por árboles. Los bosques funcionaban como sumidero de carbono, pero han pasado de capturar 28 millones de toneladas de dióxido de carbono a emitir 1,2 millones de toneladas de este gas.

Recomendadas

México
EZLN Genealogía del “común” zapatista, política de la liberación
El EZLN celebró junto a sus bases de apoyo unas jornadas conmemorando el 31 aniversario del levantamiento en Chiapas, en el que se hizo reflexión sobre los retos que vive el movimiento. En abril, preparan el encuentro (Rebel y revel), de arte.
Galicia
Galicia Galicia vuelve a la calle contra la celulosa de Altri, Greenalia y la Xunta: el desastre natural, en datos
Cientos de barcos y decenas de miles de personas están llamadas a participar este sábado en una manifestación en A Pobra do Caramiñal, uno de los municipios de la ría de Arousa, donde desemboca el río Ulla, el más afectado por la pastera.
Literatura
Millanes rivas “El 25-M nos facilita generar una comunidad y creo que ‘Paisaje nacional’ contribuye a ello”
Un encuentro con el escritor Millanes Rivas a propósito de su novela ‘Paisaje nacional’, con Extremadura, su historia herida y el 25 de marzo de fondo conversado.