Balea Cultural
O ‘freestyle’: das regueifas ás batallas de galos

Hai certo fenómeno que nos últimos anos está a invadir os patios dos institutos pola mañá, ou os parques das cidades polas tardes. Hoxe en día é máis ou menos habitual oír de cando en vez unha base musical, cos graves altos, mentres dúas persoas se insultan unha a outra rimando frase tras frase. Pero isto non é algo que veña de novo.

Balea Cultural Freestyle
Arkano vs Aczino, na semifinal da Red Bull Batalla de los Gallos Internacional 2017

As batallas de galos ano tras ano están a incrementar a súa dimensión coma espectáculo nas comunidades hispanofalantes de maneira exponencial, con competicións que enchen estadios coma o WiZink Center e con vídeos que chegan aos millóns de reproducións na Youtube. Mais a disciplina como tal ven de moi lonxe. A pesar de ter unha orixe certa no rap e no hip-hop americano dos 80, xa fai séculos se facían loitas de puro inxenio, sobre unha base musical. Falamos das regueifas.

Balea Cultural
C. Tangana molaba máis cando era Crema?

É interesante preguntarse canto daquel rapaz do underground madrileño hai ainda nos temas alternativos á súa carreira con Universal, ou nos seus actos fóra da música.

Podemos definir as regueifas coma batallas de galos arcaicas, que nos levan a Alta Idade Media, aos tempos dos trobadores, segreis e xograis. Era un pequeno espectáculo medieval onde dúas persoas entraban nunha disputa oral improvisada, feita en verso, onde se metían un co outro de forma satírica e irónica cunha base musical lírica de fondo, á maneira do recite dunha cantiga. Como vemos, o troncal non difire moito do que podemos entender dunha batalla de galos actual, máis aló da diferencia musical.

As batallas de galos —ao igual que o rap nas súas orixes, practicadas por persoas das clases sociais máis baixas— consistían nun entretemento de rúa e de carácter xuvenil. É curioso coma no caso das regueifas, estas tamén eran familiares nas clases máis baixas: famosas nas vilas, aldeas, tabernas e verbenas ás que ían labregos fundamentalmente. Hai que resaltar o carácter popular da regueifa, que difire das "tenzóns" e das "cantigas de escarnio e maldicir", que tiñan un valor social e literario maior, e nas que a improvisación e o carácter teatral do feito tiña moita menos importancia.

Hai que resaltar o carácter popular da regueifa, que difire das “tenzóns” e das “cantigas de escarnio e maldicir

As regueifas relaciónanse cunha antiga tradición das vodas, de onde toma o seu nome. A “regueifa” era un molete de pan que se agasallaba aos noivos. Nese momento dúas persoas —homes polo xeral—, un de fóra da parroquia e outro de dentro, comezaban coas chanzas. O declarado gañador tiña a honra de partir o molete. O gañador establecíase cando se vía que un deles era dialécticamente superior ao outro. A característica importante para prender o ánimo do publico proviña do inxenio máis puro, da capacidade de resposta e da retranca que amosaran os regueifeiros.

Actualmente as regueifas teñen unha popularidade moi limitada, aínda que seguen a facerse: acostuman a ser un divertimento pasaxeiro máis do que unha loita diálectica real, mais as maneiras son as tradicionais. Úsanse especialmente nos ámbitos educativos polo seu atractivo para ensinar e transmitir a lingua galega a través da improvisación, da música e da tradición oral. A parella formada por Pinto d’Herbón e Luis “O Caruncho” é unha das que destaca.


As batallas de galos non teñen tanto ritual enriba, pero a dose que amosan de espectáculo —sobre todo coa viralización audiovisual a través das redes sociais— é moito maior, até chegar a popularidade que teñen hoxe en día, como unha proposta de lecer máis, e non só entre público xuvenil. A nivel castelanfalante, as batallas de galos pódense dividir en dúas épocas diferenciadas, a través do eixo da marca Red Bull (o patrocinador máis popular desta disciplina, que organiza campionatos eliminatorios nacionais e internacionais en países de fala castelá desde 2005).

A primeira etapa vai de 2005 a 2009, nun período onde o insulto e a ridiculización do rival era o central e habitual, e na que se poden recoñecer varias caras moi famosas a nivel do hip-hop nacional de hoxe en día: galos por aquela época coma Zatu (SDFK), Rayden (campión internacional da disciplina) ou Piezas (recoñecido coma o mellor galo desta primeira etapa). No 2009, Red Bull pararía a súa maquinaria até 2013, onde volveu, máis forte que nunca, con maneiras novas de afrontar unha batalla: máis variedade e máis referentes. Pero sobre todo voltou con Internet e Youtube xa a pleno rendemento.

O fenómeno das batallas de galos é aínda máis viral en Latinoamérica, especialmente en Arxentina

As cifras son descomunais. A batalla máis vista da canle de Youtube son os cuartos de final do campionato internacional de 2015, que enfronta o arxentino Dtoke contra o recentemente omnipresente Arkano (que sería campión ese mesmo día, un ano despois acadaría o Récord Guinnes, pasando 24 horas a improvisar), que conta con 35 millóns de visualizacións. O fenómeno é aínda máis viral en Latinoamérica, especialmente en Arxentina, onde ao longo do 2016, unha competición de calle, o Quinto Escalón, xuntaba a milleiros de persoas nun parque porteño, e cuxa batalla máis famosa tamén chega aos 30 millóns de reproduccións. De aquí saiu o trapeiro arxentino Duki, por exemplo, que ten temas que superan os 300 millóns de reproduccións e colabora con artistas do talle de Bad Bunny.


Nos últimos tempos destaca a estandarización e profesionalización das batallas, a través do selo FMS, impulsado pola empresa Urban Roosters, que creou unha liga profesional de batallas, á maneira das competicións deportivas, con puntos, ascensos e descensos, onde dez galos se enfrontan entre eles durante nove xornadas en distintas cidades do país. Comezou en España, que xa vai pola terceira temporada, pero expandiuse o torneo até haber hoxe en día unha liga tamén en Arxentina, Chile e México.

O mundo das batallas non chega a estar aínda ben visto polo pleno da poboación, tendo en conta que a disciplina é, até certo punto, bastante endogámica. Para entender e desfrutar dunha batalla, de maneira habitual, tense que estar bastante metido no "mundiño". Entrar no ton do espectáculo (hai rimas verdadeiramente fortes, que fóra do contexto chegaron a causar moita polémica) e coñecer as referencias e o background sobre as que se adoita improvisar (o habitual é molestarse uns cos outros sobre cousas que aconteceron en batallas anteriores). Coñecer o contexto axuda moito ao desfrute.

O freestyle conta cunha importante rede de “influencers”, a maioría en forma de youtubeiros, onde destacan uns cantos galegos

As batallas forman unha especie de ecosistema autoconsciente que está en auxe desde hai varios anos, de xeito que xa nos atopamos con xeracións nas que as batallas son un hobby moi habitual. Este ecosistema ten varios axentes sociais moi activos: esencialmente as competicións e os propios galos, cuxos máximos expoñentes son, de maneira bastante unánime, o español Sergio Castro (Chuty) e o mexicano Mauricio Hernández (Aczino). É coma se fosen os Messi e Cristiano dos últimos anos e, aínda que moi lonxe dos números estratosféricos dos futbolistas, teñen fortes patrocinios, con Nike e Puma, respectivamente.

Mais aló, o freestyle conta cunha importante rede de influencers, a maioría en forma de youtubeiros, onde curiosamente destacan uns cantos galegos. En Galicia, as batallas non teñen unha forza grandísima, aínda que a FMS contou cunha das súas xornadas no país, celebrada en Nigrán tras unhas desavinzas da organización co Concello de Vigo. Isto é grazas a Force, galo da Coruña e o expoñente galego máis importante, que chegou a ser subcampión da Red Bull Batalla dos Galos nos dous últimos anos. Ademais, é o youtubeiro relacionado coas batallas máis importante, contando con máis de 800.000 subscriptores. Dentro dos influencers destacan nomes coma Kapo 013, antigo galo, xornalista e locutor deportivo e xuíz profesional de batallas; ou o mexicano Tess La, que funcionan como analistas e críticos do movemento. Incluso hai medios e webs especializadas neste contido coma El Estilo Libre. En Galicia destacan algúns perfís como o ourensán ABD Batallas e o compostelán Verso.
Contextualizado o fenómeno, a base mantense semellante á das regueifas: gañarlle ao outro amosando máis capacidade de improvisación, de inxenio. Nas batallas hai unha compoñente teatral realmente importante, onde cada competidor forxa un personaxe a través non só das súas rimas, senón da súa actitude corporal. Nada teñen que ver os últimos gañadores da Red Bull Batalla dos Galos. En 2015 gañou Arkano, unha especie de showman; 2016 é para Skone, experto en humillacións humorísticas; 2017 foi para a potencia de Chuty e o 2018 foi para a tranquilidade personificada de Bnet.

Máis aló do contido, a musicalidade e a estrutura das rimas son cada vez máis aplaudidas, os xogos de palabras, manter rimas multisilábicas, e así como os recursos estilísticos sonoros propios da poesía coma a aliteración arriquecen o fluir da batalla, onde tamén gañan enteiros aqueles galos que saben rapear ben, até o punto de que minutos enteiros parezan cancións escritas.

O espectáculo arredor da improvisación, do inxenio puro, está a medrar e unha das suas orixes máis improbables atopámola na vella tradición oral galega das regueifas. Outro exemplo máis de como as respostas sobre como vincular o idioma e a cultura galega a xuventude están máis preto de nós do que parece, e de que o enfoque a utilizar é buscar a través do noso e non do que vemos fóra.

Rap
“Ahora en el rap impera más la imagen que el corazón”

El rapero malagueño e integrante de Hablando en Plata Squad, Capaz Fernández, presenta su tercer disco en solitario, de nombre 20 golpes.

Libertad de expresión
La Inquisición del rap

Mientras la música banal campa a sus anchas sin control en los reproductores de los más jóvenes, el rap combativo es perseguido por la justicia española. ¿Y en qué se diferencian estos géneros? En el contenido, en el mensaje. Hoy el rap combativo es el punk de antaño, es el militante político antisistema más activo y efectivo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Rap
Poetas Puestos “Tanto los medios como la política quieren que seas un tonto feliz”
Charly Efe y Teko, acompañados de una banda, publican el disco ‘Tontos felices’ donde mezlcan su carrera en el rap con ritmos rock para crear lo que han bautizado como rap‘n’roll.
Redes sociales
Opinión Mark Zuckerberg, Elon Musk o Fernando Savater: ser mala persona es cada vez más rentable
El ejemplo del dueño de Twitter y el cambio de rumbo del CEO de Facebook e Instagram muestran una tendencia a buscar el beneficio apoyando y representando lo peor de nuestra sociedad.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.