Balea Cultural
C. Tangana molaba máis cando era Crema?

É interesante preguntarse canto daquel rapaz do underground madrileño hai ainda nos temas alternativos á súa carreira con Universal, ou nos seus actos fóra da música.

C. Tangana_2
Portada Mixtape Avida Dollars, Sony Music
BALEACULTURAL.NET
9 dic 2018 09:12

Antón é un rapaz fillo de galegos que fixeron vida nun barrio obreiro de Madrid, que creceu co principio do 2000 e alcanzou a adolescencia cando o rap español estaba en plena expansión, coas explosións de Nach, SFDK ou Toteking e mentres Kase O se convertía en lenda sacando Pura Droga Sin Cortar. O neno quería ser coma os seus superheroes e baleiraba a súa rabia adolescente en follas de papel, para despois rapear de forma clásica e nostálxica, á moda da época.

Chamábase Crema e dicía cousas como “Vocación suicida y un alma que teme / horas de sueño en vela por la frase que me llene / por la suela que pise, el trago que envenene / el verso que haga que el mundo se frene y todo acabe” en cancións como En Ruinas como Roma, Cada uno en su lugar ou o exercicio de autoexpresión máis puro que ten, Ego, onde semellaba ver o seu futuro rapeando con: “Voy a escribir hasta dejar de conocerme / y que mañana no volváis a verme / que el futuro es volver a nacer / porque mañana será lo que guardaste de ayer” . E é que ese rapaz acabou sendo o omnipresente C. Tangana.

Co seu colectivo Agorazein, foi cambiando o seu estilo, acercándose a ritmos máis pop, afastándose do rap, estoupando a súa fama con Alligators, tema patrocinado por Lacoste, onde se lles adxudicou a etiqueta de “vendidos” e “pijos”, un tema no que rapeaba á antiga usanza e contiña un sample de Notorius BIG. De aquí saltou á fama, e coa fama veu o mixtape 10/15, no que sacaba cancións baixo beats utilizados por Drake, deixando clara cal era a referencia que quería alcanzar: dentro do rap, pero fóra do son cru e clásico, próximo ao R’n’B. Quizais a cima da mestura de Crema detrás da letra e dos ritmos de C.Tangana, con cancións coma Bolsas, Drama ou Persiguiéndonos, nas que se xira ao redor do amor, desde a nostalxia, lonxe do trato máis reggaetoneiro que leva nos seus temas actuais.

C. Tangana reforza a dualidade da súa persoa e do seu álter ego, non lle importa crear un personaxe pola fama e polas portadas.

Desta época tamén saíu o seu xa mítico beef cos Chikos del Maíz. O grupo formado por Nega e Toni el Sucio, no videoclip de Tu al Gulag y yo a California, facían unha mención visual ironizando sobre C. Tangana e o seu Alligators. Ante isto, C. Tangana reaccionou cunha agresión física, feita pública a través do seu tema Nada. Meses máis tarde o beef recruábase cun amplo tramo de Los Pollos Hermanos (o seu vídeo con máis reproducións en Youtube de lonxe) no que Nega ataca con berros como: “Soy el Nega hago hip-hop, no anuncios de ropa / Soy el Nega, no el pagafantas de Carlotta”. Baixan á lama, dicíndolle que non ten os cartos que aparenta, que é un vendido de dereitas, un cocainómano e que só busca publicidade en ambientes de moderniños (incluso mencionando a relación del coa vocalista das Hinds, Carlotta Cosials).

É dicir, nada do que a C. Tangana lle interese defenderse ou negar, polo que contesta no mesmo día co tema Los Chikos del Madriz, que tiña preparado para este momento, no que sae comendo flocos de millo e parece que é Crema quen di: “No quiero hablar de mi vida / Aprendí bien de chico, no vale nada si es todo mentira / No quiero lucir cara / No quiero lucir nada / Sé follarme a la fama pero nunca duerme en mi cama / Yo solo quería la portada / Yo estuve allí / Rechazando el contrato que ahora está firmado por ti”.

C.Tangana reforza a dualidade da súa persoa (Crema) e do seu álter ego (C.Tangana), a el non lle importa crear un personaxe pola fama e polas portadas. Non vale nada se é todo mentira, el sabe que o é, e con iso válelle. Actualmente, Los Chikos del Maíz están retirados, tras unha xira con Habéas Corpus, mentres que agora C. Tangana parece ter os cartos que Nega lle dicía que non tiña hai anos.

Coas augas calmadas, o seguinte paso foi cara ao pop e ao trap, que eran os ritmos máis actuais, ese tipo de música urbana máis bailable, e aí foi onde se encontrou con Rosalía. A catalá, agora estrela mundial, daquela era menos coñecida, e cabe dicir que unha parte do público español que a segue actualmente coñeceuna e interesouse por ela con Antes de Morirme e Llámame más tarde, as cancións que fixo con C. Tangana cando, presumiblemente, eran parella. É curioso como algúns dos temas do recoñecido El Mal Querer teñen ritmos similares (salvando as distancias e a profundidade da produción) a aqueles temas que fixera co rapeiro. Agora ela é a estrela dos dous, e moitos rinse de C. Tangana, pero a verdade é que é significante que saia coma coautor en máis da metade dos temas do disco de Rosalía.

C. Tangana

O resto da historia xa é ben coñecida, a fichaxe con Universal, o éxito de Mala mujer, as xiras e o salto á fama. As entrevistas polémicas, as parellas famosas e as colaboracións internacionais, o reggaetón, o trap e o fachendear de cartos.

C. Tangana, de cando en cando, parece recuperar algo daquel espírito co que creceu, fóra do mainstream absoluto no que se move actualmente. Spanish Jigga Freestyle, que se pode oír e ver fóra das súas canles habituais —e que non está nin en Spotify— móvese entre unha certa nostalxia e o personaxe soberbio que mantén na actualidade, mentres rapea baixo unha base máis semellante ás do rap de toda a vida, demostrando que segue gardando o flow de sempre aí dentro: “Si lloraste por mi no merezco la pena / Si hoy me muero, dime ¿llorarías por mí? /A estas alturas no hace falta mentir, morena /Voy a pudrirme de todas maneras / Si pienso en ti solo pienso en las cosas buenas / Haz caso a tus amigas y olvídame / Entiérrame como a un piti en la arena”.

O nome de Crema volveu saír á luz a raíz do beef que tivo con Yung Beef. Esta loita tiña un simbolismo interesante tras dela, levando a típica pelexa de “ser calle” vs “ser un vendido” máis aló, cunha confrontación case ideolóxica. Cos primeiros temas, todo parecía ser un beef pactado entre os dous artistas, que había pouco coincidiran cordialmente no Primavera Sound. A cousa cambiou con Forfri, tema que C. Tangaba sobe baixo o nome de Crema, con palabras duras, mostrando o seu punto de vista de forma agresiva e cun discurso final no que lle di que “el sistema está enamorado de ti, el sistema se nutre de gente como tú, los que se creen que está fuera, pero en realidad están abajo”. Non se esconde, el é parte do sistema, non reivindica nada desde el, só se dá o mérito de ser o primeiro en chegar a el, Crema é o que se embarra, o que creceu na rúa, pero C. Tangana é quen gaña os cartos.

Música
O Trap, ese novo estilo musical
En medios e redes sociais fálase acotío sobre trap, un novo estilo de música popular na xuventude. Mais en que se basea o seu éxito? De onde ven?

Estes dous temas de beef subíronse na canle de Youtube AgzTv, cando el xa adoitaba usar a canle C. Tangana que é onde saca os temas con Universal. De novo ese xiro ao redor de dous mundos, o máis persoal, no que quedan físgoas de Crema, no que hai algo de Antón, e o mundo industrial do márketing no que C. Tangana fala do rico que é e do moito que fode.

“Molaba máis cando era Crema”, rezan habitualmente as caixas de comentarios de Youtube. Pero é discutible que C. Tangana non siga sendo Crema, xa que ás veces sae a relucir o rapaz do underground madrileño, o que di que a fama é “un veleno” mentres parece rebozarse nela.

A última andaina de C. Tangana (refírome ás interesantes, el segue gañando cartos con trapalladas coma o tema Booty que fai con Becky G), foi a presentación do seu tema Veneno na Gala 10 do programa Operación Triunfo. Evidentemente, el é a antítese do formato, pero unha vez aprovéitase do sistema para subir e deixarse ver, só que esta vez, cunhas formas que recordan máis ao Crema que se divirte. Veneno é un bolero con ritmos latinos, no que di “que sin cantar ni afinar” escóitao “toda España”, afirmando tal cousa no programa no que toda España ve a mozas e mozos lacerándose unha semana para afinar todas as notas dunha canción de dous minutos. Na actuación o público semellaba tan sorprendido que non sabía nin como actuar. O seu último single, o menos urbano, agora coñéceo unha gran parte de España que non o coñecería de non saír aí C. Tangana (ou Crema) subiría un par de stories ríndose despois da actuación.

“Molaba máis cando era Crema”, rezan habitualmente as caixas de comentarios de Youtube. Pero é discutible que C. Tangana non siga sendo Crema, xa que ás veces, xa sexa nos temas alternativos á súa carreira con Universal, ou nos seus actos fóra da música, sae a relucir o rapaz do underground madrileño, o que di que a fama é “un veleno” mentres parece rebozarse nela; o rapaz que comezou a estudar filosofía e que fai referencia a André Breton e a Salvador Dalí nos títulos dos seus discos. C. Tangana non se esqueceu de Crema, porque sempre que saca tema hai un C que reloce no medio da “tangana”.

Música
Kaixo: “Quero conscienciar co que digo”
Kaixo e Abelo Valis reuníronse de novo con Dellafuente para dar un concerto en Vigo. Os integrantes de BBM están a piques de sacar novo material musical.
Música
Dellafuente: “No quiero llevar la bandera de defender nada político en mi música”

Dellafuente se ha convertido en uno de los máximos exponentes de la música urbana en España y empieza a sonar cada vez con más fuerza en Latinoamérica. Pese a todo, sigue manteniendo su estilo único y propio que le caracteriza.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
#28078
17/12/2018 18:46

¿A como se vende el Kilo de chuparle la polla a un liberal hipereaccionario? Posicionarse desde el elitismo cultural en una pretendida equidistancia para opinar sobre estos futuros juguetes rotos, es triste, muy triste.

2
4
#27975
16/12/2018 11:24

Tangana ou crema..díría que é o mesmo gelipollas, né?

1
3
#27408
9/12/2018 15:58

E a quen lle importa?

6
7
Energía
Energía La ley marca permisos retributivos para situaciones como el apagón eléctrico
El Estatuto de los Trabajadores, en su artículo 37.3, protege a la plantilla cuando no es posible llegar a su puesto de trabajo o desarrollar con normalidad su tarea en situaciones como no tener electricidad durante horas.
Comunidad de Madrid
Energía El apagón en Madrid, en imágenes
En Madrid, la gran urbe ha permanecido incrédula al pasar de las horas, entre rescates en el Metro, en el Cercanías y en ascensores, donde han quedado atrapadas algunas personas.
Opinión
Opinión La luz de lo público durante el gran apagón
El colapso del sistema energético ahonda en las grandes preocupaciones del siglo XXI. También en el diagnóstico fundamental de necesidad de refuerzo de los servicios públicos.
Comunidad de Madrid
Paros 28 y 29 de abril Huelga total en la educación pública madrileña
Infantil, Primaria, Secundaria, FP, Educación Especial, Universidad. Las plantillas de todos los niveles de la educación madrileña pararán este lunes 28 de abril por la “infrafinanciación” que Ayuso mantiene en la enseñanza.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Facultades cerradas en Madrid para denunciar la precarización y la infrafinanciación
Los piquetes están informando de la huelga en universidades como la Complutense y la Autónoma, en la que ha habido algunos incidentes con personal de seguridad y con la extrema derecha.
Palestina
Genocidio Israel asesina a cien personas en Gaza durante las últimas 48 horas
Esta semana comienza una vista oral en la Corte Internacional de Justicia que examina la ilegalidad de la decisión israelí de cortar la cooperación con la agencia de derechos palestinos de la ONU, UNRWA.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Laboral
Laboral Trabajar para vivir, morir por trabajar
El 28 de abril se conmemora el Día Mundial de la Seguridad y la Salud en el Trabajo con la necesidad de la implementación de medidas ante la siniestralidad laboral, que dejó en el país en 2024 la muerte de 796 personas.
Genocidio
Genocidio Activistas crean la embajada de Palestina en Bruselas mientras Israel prosigue con su asedio en Gaza
Mientras los ataques de Israel sobre la Franja de Gaza ya han dejado más de 51.490 muertos, activistas han rociado de sangre un edificio que simula ser la embajada de Palestina, dejando un rastro de pintura roja hasta la embajada del Estado sionista.
Sevilla
Sanidad Pública Profesionales de Atención Temprana advierten del colapso del servicio en Andalucía
El servicio que atiende a más de 32.000 niñas y niños de entre 0 y seis años se encuentra en una situación crítica, con profesionales precarizados y listas de espera que incumplen la Ley de Atención Temprana aprobada en 2023
Análisis
Análisis La izquierda donde rompe la ola
El crecimiento electoral de un amplio abanico de fuerzas de extrema derecha desde hace unos años complica la consecución de decisiones a nivel de la UE.
Más noticias
Ayuntamiento de Madrid
Paros en Madrid Fin de la huelga de basuras en Madrid
La plantilla ha votado a favor de la última propuesta, en un paro que comenzaba el pasado 21 de abril y con el que se demandaba la actualización de un convenio que se ha quedado obsoleto.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Comunidad de Madrid
LGTBifobia Femen protesta contra las terapias de conversión en un acto de la familia de psiquiatras Rojas Estapé
El movimiento Femen ha querido denunciar públicamente la relación de esta familia con sectores ultraconservadores de la Iglesia y su postura abiertamente contraria a los derechos del colectivo LGTBIQ+

Recomendadas

Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.
Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.