Música
O Trap, ese novo estilo musical

En medios e redes sociais fálase acotío sobre trap, un novo estilo de música popular na xuventude. Mais en que se basea o seu éxito? De onde ven?

Trap
TOMMY (Productor), Beauty Pikete e Tekilas (Artistas entrevistados) Royce Rolo

Segundo a revista Darba Culture, o trap é unha interpretación musical do hip-hop dun xeito futurista no sur dos EUA. En 2012, dentro dun novo movemento da música electrónica, os produtores e DJ’s comezaron a incorporar elementos da música trap nas súas obras. Cobra aquí vital importancia o uso do AutoTune, unha harmonización na voz dos artistas, usado con valores extremos nos parámetros voluntariamente con fins creativos. Tamén destaca o uso dos hit-hats e dos 808’s. Estas novas aplicacións musicais foron criticadas no seu momento polos rapeiros tradicionais, coma Snoop Dogg. Malia isto, o trap non deixa de ser rap ou hip-hop dunha forma evolucionada, máis creativa e nunha sociedade diferente. Innovan no sentido de que non se quedan nos clásicos beats de bombo, caixa e instrumental nos que se amparaba o rap, van máis alá. O trap é unha evolución do rap fresco a algo máis melódico, máis ‘bailable’. Ademais, tamén se combina coas artes audiovisuais, sendo xa raros os temas en Youtube sen videoclip ou algún tipo de animación no vídeo.

O nome do trap ten a súa orixe na forma de chamarlles aos lugares nos que se frecuentaban os intercambios de drogas nos barrios norteamericanos, os ‘’trapicheos’’. O mundo dos estupefacientes, as líricas nas que se fala da marxinalidade, conseguir cartos, o nihilismo, o individualismo ou a violencia son unha serie de connotacións que se asocian a este novo estilo de música e ás súas letras.

Precisamente polas connotacións que se asocian ao xénero musical, moitos artistas que se engloban dentro do mundo do trap non se consideran coma ‘trapeiros’. Tivemos a oportunidade de falar con Tekilas e Beauty Pikete, membros de Banana Bahía Music (considerados como pioneiros do trap en Galiza) e creadores de Young Muzik en Vigo. Así, Tekilas explicou que “a moda está dentro de todos nós dunha forma ou doutra e neste caso está sendo ‘trap’ a palabra de moda utilizada para englobar todo aquilo que leve AutoTune, unha lírica chorra, etc.’’; seguiu comentando que ‘’etiquetan co nome de trap a todo, só polo feito de non ser rap clásico. Nós tamén temos algo de reggaeton e de R&B’’ , mais aínda así, concluíu dicindo que penso que a nosa música ten bastante de trap, pero dáme algo de tirria dicilo pola xeneralización que se fai. Eu prefiro dicir que fago música e punto, sen etiquetas’’.

Ao trap acúsano de ter unha mensaxe machista implícita nas súas letras, así coma de reproducir a obxectualización da muller dentro da sociedade. Beauty Pikete indicou que “para nada o trap ten que ir ligado ao machismo, evidentemente haberá xente que introduza o machismo nas súas letras, pero non hai que englobalo’’. Ademais, sobre o seu caso persoal dixo que “eu podo falar de experiencias persoais miñas e poderei
ser groseiro, pero non machista’’.

Sobre este polémico tema hai que facer balance, xa que, no 2002, artistas nacionais coma Amaral tiñan cancións sen crítica feminista, coma “Sin ti no soy nada’’ ou “Te necesito’’. Estas cancións reproducen os mitos do denominado amor romántico, coas características da idealización do amor, magnificación dunha persoa, exclusividade, pensamentos obsesivos sobre a persoa amada, etc. Aquí vemos como se reproducen palabras machistas dunha forma non tan directa. Falabamos do nihilismo dentro do trap, entendido pola forma de crear letras e contidos. Tekilas comentou sobre a polémica que engloba ao xénero que “eu podo ser explícito coas miñas letras, non me gusta ter que censurarme. Se quero dicir que quero comer unha cona vou dicilo tal cal e non que vou bicar os teus beizos doces’’; e manifestou tamén que “claro que hai letras machistas e temos que evitalas, eu non estou a favor do machismo’’. Polo tanto, se as letras son machistas é tamén porque este está presente na sociedade e representarase dunha forma ou doutra.

En canto á situación galega do que engloba este novo estilo de música, os vigueses de Banana Bahía Music (BBM) forman o grupo máis serio e recoñecido en Galiza. Chegaron a producir a artistas de renome coma C.Tangana, Dellafuente ou Recycled J. Beauty Pikete indicounos que á hora de traballar con eles “é o máis serio que hai currando. Desde que se empeza un beat ata que se remata de gravar a voz, todo vai ao detalle, todo vai
milimétrico, todo vai onde debe ir’’. A nivel nacional recoñécenos máis por ser produtores que polas súas cancións; así nolo explicou de novo Beauty Pikete: “recoñecen máis aos produtores porque fixeron máis que a xente que canta’’.

Produtores coma Royce Rolo, o Kongo, Elecesar… están no top nacional’’. Malia o recoñecemento que teñen BBM coma produtores, aínda non teñen tanta sona artisticamente coma outros. Tampouco a escena galega en xeral. En canto a certa ausencia de renome, Beauty Pikete indicounos que realmente non hai ninguén que poña cartos nin que nos leve a outros sitios a que se nos coñeza’’. Aínda que contaron con actuacións de caché, coma a do último O Marisquiño en Vigo, para expandirse a nivel estatal fan falta investimentos: ‘’necesítanse cartos para expandirse. En Galiza non hai apenas eventos nin apoio á música urbana. Como ninguén organiza nada decente aquí, a única solución é marchar fóra; os lugares con máis posibilidades son Madrid e Barcelona’’.

De Barcelona concretamente saíu Bad Gyal, quen ten temas en catalán, coma ‘INDAPANDEN’. De Galiza non saíron apenas cancións coñecidas en galego. Tanto Tekilas coma Beauty Pikete acaban de sacar unha maqueta nova, chamada ‘Academy’, coas cancións en castelán. Preguntámoslle a Beauty Pikete por este conflito lingüístico e contestounos que a min gústame o galego e cando teño que falalo fágoo, pero non é a mesma situación que en Cataluña, onde case todo o mundo fala en catalán; eu no meu día a día falo en castelán’’. En canto á posibilidade dun tema en galego salientou que pode xurdir, pero dubídoo. Aínda así, ollo cun tema en galego-portugués ou galego reintegracionista, iso si que molaba’’.


Archivado en: Culturas Música
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Música
Música Dut, una furia exquisita
El disco ‘Askatu korapiloa’ de Dut cumple 25 años. Exploramos un álbum que sigue impresionando.
Música electrónica
Música Herbert y la banda sonora sin fin de un tiempo revuelto: “Si todo funcionara bien, necesitaríamos menos arte”
El músico británico Matthew Herbert desea cambiar el mundo y una de las herramientas que usa para ello es la música. El 4 de abril presenta en Madrid su nuevo proyecto junto a la vocalista e improvisadora Momoko Gill.
Culturas
Culturas Lorca fue también un visionario que intuyó los vínculos entre la música negra y el flamenco
La 24ª edición del Festival de Flamenco de Nueva York abrió un espacio de debate para analizar el impacto que tuvo el movimiento cultural del Renacimiento de Harlem en la obra del poeta granadino.
#7169
21/1/2018 23:12

Bo artigo!

0
0
#7168
21/1/2018 23:11

Bo artigo! E interesantes comparacións

1
0
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.