Agricultura
Galiza caníbal, atlántica e olivareira

A oleicultura galega esperta do seu sono. Diversos proxectos empresariais e de investigación científica apostan pola recuperación das variedades autóctonas de oliveira na última década. Se alguén pensaba que eses produtos só pertencían ao arco mediterráneo ou ao centro e sur do Estado, que se esqueza do tópico. Galiza é caníbal e tamén olivareira.

Galiza caníbal e olivareira_1
Detalle da caste recentemente recoñecida polo BGMO e alcumada Brava galega Paco Paz
26 oct 2017 11:39

Nos últimos dous lustros vénse desenvolvendo un interese científico ao redor da oliveira galega. O fito máis destacable acontece no ano 2015, cando Patricia Reboredo Rodríguez realiza unha tese na Universidade de Vigo para o Departamento de Química Analítica e Alimentaria, na Área de Nutrición e Bromatoloxía, chamada “Caracterización aromática y fenólica de aceitunas y aceites de oliva producidos en Galicia”. Os resultados desta tese veñen a confirmar que, das vinte mostras de ADN de oliveiras galegas recollidas nese estudo, existen dúas variedades cuxos xenotipos son distintos ao resto de variedades rexistradas na base de datos do Banco de Germoplasma Mundial del Olivo (BGMO) da Universidade de Córdoba; ou dito doutro xeito, a constatación da existencia das dúas primeiras variedades galegas de oliveira recoñecidas coma tales.

Estas dúas variedades foron denominadas como Brava galega e Mansa galega, mantendo así o nome que popularmente sempre se lles deu nas bisbarras oleícolas galegas. Nesta tese doutoral, única na súa especificidade sobre o oliveiral galego, tamén se indica que un aceite producido unicamente coa variedade Brava galega supera o parámetro marcado pola Comisión Europea para poder outorgarlle propiedades saudábeis. E por se non fose abondo, hai outro dato científico que se engade en dita tese e que afonda un chisco máis no iceberg da oliveira en Galiza: deses vinte exemplares analizados, existen outras dúas mostras de oliveiras do país que aínda non están rexistradas e que tampouco coinciden coas existentes na base de datos da BGMO. Os feitos falan por si mesmos. E se os feitos subliñan que o presente olivareiro galego está moi vivo, o pasado agocha un cultivo que sufriu moitas estocadas, algunhas delas case mortais.

Auxe e supervivencia fronte ao esquecemento

Houbo tempos en Galiza no que as oliveiras tiñan abundante presenza nalgunhas comarcas galegas e supuñan unha notábel fonte de financiamento e traballo. A constancia escrita vén dende Afonso X o Sabio, nas súas Cantigas de Escarnio e Maldizer. Na Idade Media, dende as Médulas no Bierzo, a carón do río Sil e os seus afluentes, a través do Miño e ata chegar ás Rías Baixas, espalladas entre o verdor das carballeiras, castiñeiros e lameiros, protexidas do frío nas concas fluviais do sur galego, as plantacións de vides e oliveiras convivían nesta terra.

Unha análise histórica podería situar a expansión da oliveira en Galiza da man dos conquistadores romanos, uns dos mestres desta planta sacra. O historiador romano Estrabón menciona no volume 3 de Geographika que os indíxenas galegos empregaban graxa animal na súa dieta, o que nos leva a dar verosimilitude á orixe romana do aceite en Galiza; unha planta que, a xulgar polos mapas de Begoña Bas no seu libro “Os muíños de aceite en Galicia: estudio preliminar”, concentra a cultura ancestral olivareira na bisbarra do río Sil na súa entrada a Galiza entre as provincias de Ourense e Lugo, illadamente en Lobios, o Val de Ourense e Monterrei, e xa máis afastado, o concello de Vedra, na Coruña. Esta localización xeográfica das zonas nas que se atopan ou atopaban vellos muíños aceiteiros, permite formular ligazóns entre as explotacións auríferas que os romanos fixeron polo leste da antiga Gallaecia, e os cultivos de gusto romano que trouxeron canda eles, como son o viño e o aceite. Así, os invasores plantaron vides e oliveiras nos lugares máis solleiros e máis preto dos xacementos auríferos nos que traballaban. Aínda hoxe, se os ollos están adestrados, se albisca esta secular parella nalgúns socalcos do pai Miño e o seu irmán Sil.

Galiza caníbal e olivareira_2
Plantación de oliveiras no Concello de Quiroga Paco Paz

Pero a historia da oliveira galega reservaba máis calamidades para o patrimonio botánico do país. En documentos de séculos posteriores, houbo unha nova tentativa de consumalo ecocidio; no século XVII fálase dunha nova norma anti-oliveira por orde do Conde Duque de... Olivares para reforzar os seus latifundios olivareiros sevillanos. Despois de séculos escuros nos que o aceite familiar se levaba ao muíño máis próximo para facer a moenda, ou se facía para algún pazo ou bispado provincial, e máis alá dun pequeno pulo nos comezos do século XX grazas ás recentemente creadas factorías conserveiras de peixe das Rías Baixas, o oliveiral galego esmorece. Tan só se mantén unha produción local nalgunhas zonas olivareiras ata comezos da década dos setenta do século pasado, ficando tan só producións familiares illadas e pensadas para o autoconsumo.

Un presente de pioneiros... e non tanto 

Hai corenta anos a histórica presenza de oliveiras en Galiza acreditábana algúns eidos illados con vellas plantacións nas comarcas olivareiras de Verín e Quiroga. As escasas superviventes que non foron cortadas nos séculos escuros medraban preto de mosteiros, reitorais, camposantos, capelas e igrexas. As oliveiras pertencentes á Igrexa foron respectadas por mor do emprego desta planta nos rituais de defuntos e Pascua.

A finais do século XX, a Xunta do bipartito do PSdeG e BNG impulsa unha serie de plantacións en determinadas zonas de tradición olivareira mais que caen no esquecemento co cambio do goberno galego. De xeito privado, algúns viticultores da zona de Quiroga, como as adegas Mondelo ou Val de Quiroga, comezan a elaborar o aceite que tradicionalmente facían na casa, mais con nova maquinaria e de xeito industrializado e volven recuperar árbores centenarias e ata milenarias, multiplicando ditas castes mediante o tradicional estacado. En 2015 a APAG –Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia– calculou a produción en aproximadamente 7.000 litros de aceite galego virxe extra. Ao tratarse de cantidades pequenas cunha distribución minifundista do cultivo e cunha elaboración de castes case extintas, o resultado comercial é que o valor deste aceite no mercado sexa moito maior ca a meirande parte dos aceites do resto do Estado. Hoxe en día, o prezo medio aproximado do aceite galego virxe extra para o consumidor final é duns 25 euros o litro, podendo chegar aos 30 euros en cultivo ecolóxico.

A Xunta amosou certo interese neste cultivo nestes últimos anos, e vén dotando de axudas e subvencións á gran marca de aceite producido en Galiza, a ourensá Aceites Abril, que leva xa varios anos apostando maioritariamente por variedades coma a Picual e a Arbequina, ambas e dúas foráneas, e plantándoas nun sistema superintensivo de cultivos con marcos de metro, o que acelera a entrada en produción, mais co resultado dun aceite de moito menor valor engadido có procedente de castes autóctonas, dada a grande oferta deses dous aceites por todo o Estado.

Casas produtoras coma Olei, aceites José Galán, Val de Quiroga, Ouro de Quiroga ou aceites Figueiredo veñen traballando na posta en valor do aceite autóctono. En febreiro de 2015 créase a Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia (APAG), que conta entre os socios con algunha das empresas citadas e que nace coa finalidade de crear un tecido produtivo e colaborativo mediante o cal formular iniciativas no sector olivareiro galego, implicando á administración galega nesta posta en valor. Este mesmo ano, a APAG solicitoulle á Xunta unha denominación de orixe (DO) protexida para a produción olivareira galega, a primeira pegada dunha longa mais apaixonante andaina na procura de poñer en valor esta planta, que ademais de mediterránea, tamén pode ser atlántica.

Os avais científicos manifestados na tese de Patricia Reboredo veñen a reforzar o que nalgunhas zonas do país era unha realidade histórica. O pasado 5 de abril de 2017, o CSIC, a través do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia xunto coa Fundación Juana de Vega e a APAG, presentaron o proxecto de investigación “Caracterización e recuperación de variedades de oliveira autóctonas de Galicia” no que, ao longo de 4 anos, farán unha prospección exhaustiva nas catro provincias galegas para recoller, analizar e producir mostras de aceite co fin de obter unha xenealoxía fiábel para estruturar as futuras plantacións e producións de aceites galegos.

As castes acabadas de descubrir e as que aínda fican por descubrir non son máis que a crónica dunha nova vida anunciada, un cultivo que ten todos os requirimentos para volver a ser non só unha maneira de aproveitar os minifundios para o autoconsumo, senón un xeito de profesionalizar o sector a través da súa xestión cooperativa e asociativa, e unha saída laboral de futuro no rural galego, cuns custes económicos e de tempos menores en comparación aos coidados que se lle dan ao tradicional bacelo.

Os produtos da oliveira galega, e o seu máximo expoñente, o aceite virxe extra galego, están chamados a ser unha das referencias na xa sonada gastronomía galega.

Archivado en: Galicia Agricultura
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Agricultura
Agroindustria Por qué la agricultura intensiva aumenta el riesgo de inundaciones
Mientras los peritos de Agroseguro siguen evaluando los daños de una dana que ha dejado una “destrucción histórica” en los campos del sureste peninsular, expertos advierten que las prácticas agrícolas intensivas favorecen las escorrentías.
Tribuna
Fondos Los fondos de inversión nos quitan las casas y la tierra
Igual que los fondos buitre echan a los vecinos de sus casas, estos mismos fondos buitre echan a los agricultores de sus campos y explotaciones.
#41986
25/10/2019 11:33

Estas variedades van asociadas a unha cultura en unha forma de facer as cousas propia de Montefurado e de Quiroga, non vale levar as plantas coma quen leva naranxeiros de valencia a marrakesk....estes olivos levan 2000 anos sendo cuidados por xeneracions de persoas que SABIAN BEN que o seu aceite era unico...non me veñan ahora a levar o que non e levable...a alma.

0
0
Sistemas de depósito
Dos años para el SDDR El fracaso de Ecoembes en el reciclado obliga a instaurar un sistema de depósito y retorno de envases
El Miteco constata que en 2023 solo se recicló un 41,3% de las botellas de plástico de un solo uso puestas en el mercado. La cifra, muy lejos del 70% al que obliga la ley, supone la puesta en marcha de un sistema paralelo al del contenedor amarillo.
Extrema derecha
Rodrigo Nunes “Las redes sociales son máquinas de subjetivación especialmente útiles a la extrema derecha”
El profesor brasileño analiza en su último libro los rasgos de la extrema derecha emergente en diversos contextos, especialmente a partir de los liderazgos de Bolsonaro, Trump y Milei.
Baleares
Crisis climática y urbanismo El Parlament balear aprueba legalizar las construcciones en áreas inundables
Partido Popular y Vox aprueban la norma que permite legalizar las construcciones en áreas de riesgo y el Govern plantea autoenmendarse, más adelante, para prohibir nuevas viviendas.
Venezuela
Terán Mantovani: “Venezuela ha vivido uno de los colapsos societales más profundos de la historia reciente”
Terán Mantovani es investigador de la Universidad Central de Venezuela. Con esta entrega, iniciamos una serie de entrevistas sobre la realidad política y social de este país con una perspectiva crítica desde la izquierda y los movimientos de base.
Opinión
Opinión ¿Espacio seguro o sala de la ira? ¿Bluesky o X?
La nueva derecha radical ha extendido y profundizado su influencia en las redes sociales. La izquierda ha optado por migrar a sus 'safe spaces' y a eludir el debate sobre los medios de comunicación convencionales.

Últimas

Culturas
Servando Rocha “La modernidad de Madrid está edificada con la sangre de la gente”
En su nuevo artefacto, situado entre la literatura y la investigación histórica, Servando Rocha cartografía espacios de Madrid donde se registraron experiencias insólitas que han permanecido en el olvido durante mucho tiempo.
Venezuela
Especial Las derivas de Venezuela: cinco entrevistas sobre el deterioro del proceso bolivariano
Los activistas, escritores y pensadores latinoamericanos Raúl Zibechi y Silvia Adoue presentan en El Salto un dossier sobre la evolución de la Revolución Bolivariana desde el Caracazo de 1989 al Gobierno de Maduro a través de cinco entrevistas.
Opinión
Opinión Contra los premios
El Nobel, el Planeta, los Oscar o los Grammy, por citar una mínima y célebre porción de los galardones que se otorgan en el ámbito cultural, son la expresión brutal de la economía de mercado.
Violencia machista
25 de noviembre Un 25N con las kellys y las empleadas de hogar
El 25N también se denuncian otras violencias que no copan titulares: las que reciben los cuerpos de las mujeres en trabajos esenciales como los cuidados de personas y el trabajo doméstico así como las duras tareas que realizan las camareras de piso
Más noticias
Migración
Migraciones Nuevo reglamento de extranjería: una lectura entre las líneas triunfalistas del gobierno
El nuevo reglamento de la ley de extranjería se anunció como un gran avance para los derechos de las personas migrantes. Son múltiples las voces que apuntan a los límites de una normativa que sigue dejando a miles de personas desprotegidas.
Córdoba
Genocidio en Palestina La UCO invita a un profesor de la Universidad de Tel Aviv, rompiendo los acuerdos de las acampadas
La Coordinadora Andalucía con Palestina denuncia el incumplimiento de los acuerdos de las universidades de Córdoba y Granada al invitar a un profesor sionista de la Universidad de Tel Aviv a un foro sobre radicalización

Recomendadas

Dana
Medio ambiente y violencia machista Luchar contra la violencia de género; un pilar de la responsabilidad ambiental
La violencia de género y la crisis medioambiental atraviesan nuestras estructuras y se refuerzan mutuamente, creando un círculo vicioso que agrava las vulnerabilidades específicas de las mujeres frente a los desastres naturales como el de Valencia.
Italia
Italia Milán, cuando la ciudad de las oportunidades se hace inaccesible
Ya quedan pocos talleres, farmacias, peluquerías o papelerías de barrio en Milán, y el precio de la vivienda aniquila su población originaria.
Argentina
Argentina El Bonaparte: la historia del hospital de salud mental que le torció el brazo a Milei
Es el centro referente en Argentina para tratamientos de salud mental y adicciones. Javier Milei intentó acabar con él, pero los profesionales sanitarios y los pacientes del hospital no lo permitieron. Esta es su historia.
Justicia
Reportaje El imperio de los jueces-soldado
La justicia española ha entrado en un callejón peligroso. Desde hace años, el Poder Judicial se ha mostrado escorado a la derecha y más como un problema para la resolución de cuestiones cruciales para el Estado.