Transporte público
A odisea de viaxar en bus na Galiza

Continuos atrasos, servizos moi escasos, que te deixen tirada na estrada ou non poder entrar no autobús por falta de espazo. Estas son algunhas das situacións que teñen que sufrir a diario as persoas que queren desprazarse neste transporte por Galiza.
parada de bus en Ourense
Unha parada de bus da provincia de Ourense. Sara Garchi
31 oct 2023 06:00

Dende o ano 2021 podes viaxar dende Ourense á Madrid en apenas dúas horas e media grazas aos trens de alta velocidade. Un avance que sen dúbida se celebrou por conectar estes territorios dunha das formas máis sostibles, rápidas e económicas que existen. Así e todo, a cidadanía galega aínda se pregunta como pode ser que a nivel interno, a rede de transporte público de Galiza siga sufrindo graves carencias no servizo que levan á frustración e desesperación diaria das persoas usuarias e a situacións de gran estrés para o persoal.

Exemplo diso é que esta mesma cidade, Ourense, apenas ten conexións con outros núcleos urbanos importantes da propia Galiza. Como é no caso de Pontevedra: poucas viaxes en tren a altos prezos e unha única liña de autobús as fins de semana. Isto provoca atoparse moitas veces con aglomeracións e empurróns ás portas do vehículo por medo a non poder subir cando se supera o aforo. A única forma na que podes garantir a praza é mercar o billete previamente online ou no despacho de entradas e perder, polo tanto, o prezo reducido ao que ata agora accedían as persoas usuarias da tarxeta de Mobilidade de Galicia.

O illamento das aldeas

No rural o servizo só empeora. Menor frecuencia, con reducións as fins de semana e horarios que non se adaptan ás necesidades reais das persoas usuarias. Sen ter en conta as horas punta ou as xornadas laborais das que traballan ata tarde (profesionais da hostalería, supermercados, etc) e que non poden volver ás súas casas neste medio. “O servizo non está preparado para que o autobús sexa unha alternativa real ao transporte privado”, critica Matías, de 32 anos, quen habita unha aldea do Ribeiro e gustaríalle non ter que depender do coche para ir á cidade: “Nos tempos actuais, non dispoñer dun servizo funcional de transporte colectivo conleva o estancamento da economía e agrava a problemática da crise climática".


Medio rural
MOBILIDADE Os efectos dun sistema de mobilidade deficiente
As persoas maiores son as máis afectadas por un sistema de transporte que non as toma en conta, as reclúe e quítalles autonomía.

A estas queixas dende o rural, súmanse os cambios de horario sen previo aviso por parte das empresas, estudantes sen transporte escolar, paradas que os condutores directamente saltan, horarios mal marcados que dan lugar a erros e a propia incerteza de non saber cando vai pasar pola falta regular de puntualidade. Agardar máis dunha hora na parada só para tomar o autobús é o normal, especialmente nas vilas e aldeas, onde perdelo pode significar chegar tarde ao traballo, ter que mudar os plans ou directamente cancelalos.

Algunhas das solucións que poderían levarse a cabo dende as institucións, ademais de aumentar a frecuencia e adaptala á actividade real das persoas que habitan eses lugares, sería a instalación de pantallas ou códigos QR nas paradas. Con eles, a xente podería coñecer de xeito actualizado o tempo real de espera e achegarse á parada no momento de collelo. Autobuses de moitas empresas xa contan con estes localizadores para controlar as rutas e as pantallas e aplicacións úsanse dende xa hai anos en moitas cidades, polo que empregalas neste contexto non debería ser moi difícil, sempre que exista o interese de facelo.

Agardar máis dunha hora na parada só para tomar o autobús é o normal, especialmente nas vilas e aldeas, onde perdelo pode significar chegar tarde ao traballo ou ter que cancelar plans

Fronte ao monopolio

A Asociación Empresarial de Transportes de Viaxeiros de Galicia (Galibus), plataforma na que participan 30 pequenas e medianas empresas do sector, xa denunciou en marzo de 2023 prácticas perversas e anticompetitivas nas licitacións de transporte escolares e de viaxeiros. Mediante o sistema de UTEs (Unión Temporal de Empresas) e co apoio da Xunta, Alsa e Monbus foron beneficiadas coa adxudicación da maior parte dos servizos distribuídos pola Consellería de Infraestruturas. O 43% das 128 concesións que se fixeron do transporte regular foron para o mesmo operador, principalmente composto por empresas do grupo Monbus.

Daquela, o Tribunal Superior de Galicia (TSXG) sentenciou que era a Comisión de Competencia da Xunta quen debía multar a Monbus e Alsa, e abriu dilixencias por prevaricación nas concesións de transporte contra o director de Mobilidade da Xunta, Ignacio Maestro Saavedra. Estas empresas recorreron xunto ao Goberno galego, mais agora o Supremo reafirmou a súa decisión sen admitir a trámite estes recursos, ratificando “a incoación dun procedemento sancionador” contra as empresas Monbus e Alsa por repartirse ilegalmente o mercado. O que Monbus considera como unha decisión inxusta e asegura que recorrerá ao Tribunal Constitucional para defender a súa “inocencia”.

Pola súa banda, o persoal profesional que conduce estes autobuses leva anos denunciando o deterioro das súas condicións. Ademais da falta de información e os cambios nas liñas sen preaviso, critican ser chamados para facer outros servizos externos como excursións escolares ou viaxes privadas. Tamén ter que cumprir cuns tempos que só poden ser alcanzábeis cando se fai a liña en baleiro, é dicir, sen contemplar as subidas e baixadas de pasaxeiros/as, ou os atascos nas grandes cidades…  Na súa xornada teñen que lidar con ansiedade e estrés constante, a maiores das queixas e cabreos das persoas usuarias que soben ao bus coa necesidade de desafogarse.

Ademais da falta de información e os cambios nas liñas sen preaviso, o persoal profesional dos autobuses denuncia que son chamados para facer outros servizos externos como excursións escolares ou viaxes privadas

Cara a un futuro verde

Segundo Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA), o transporte foi o responsable dunha cuarta parte das emisións de CO2 na UE en 2019, das cales o 71,7% procedeu do transporte por estrada. Os coches son o principal contaminante, representando o 60,6% das emisións totais do transporte por estrada en Europa, o que supón aproximadamente unha quinta parte das emisións da UE. Ante a grave crise climática á que nos enfrontamos, cunhas consecuencias cada vez máis evidentes e catastróficas como estamos a observar en todo o planeta, a necesidade de adoptar medidas eficaces é cada vez máis urxente e determinante para a supervivencia da vida na Terra.


Ecologismo
Seis razóns para non celebrar a chegada do AVE
Malia o aplauso unánime da clase política galega, existen bos motivos para lamentarmos a chegada da alta velocidade a Ourense.

Países como Austria, Alemaña ou Hungría xa están a implantar un modelo de billete único que permite viaxar a prezo razoable en calquera dos medios de transporte públicos urbanos e interurbanos dun territorio, ou incluso transfronteirizos. Hai unhas semanas que Greenpeace España lanzou unha campaña para recoller sinaturas e esixir á administración que implante este mesmo modelo de billete único, co obxectivo ambiental e social de conectar todas as redes de transporte e facelas accesibles, para reducir as emisións do transporte e satisfacer as necesidades de mobilidade de tódalas persoas.

Un soño que, por desgraza, para territorios como Galiza semella aínda moi afastado, pois  antes habería que garantir unha rede de transporte eficiente que conecte, ademais das cidades, as aldeas e vilas do rural, cun servizo de calidade nos que a xente poida confiar e que favoreza a repoboación do rural baleirado que tanto estamos a precisar.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Crisis climática
Inversiones 'marrones' España gastó más de 23.000 millones de dinero público en actividades nocivas para el medio ambiente en 2024
Un estudio analiza el impacto climático de las subvenciones otorgadas por el Gobierno español. Solo el 14% del monto total de las ayudas se destinó a actividades o proyectos que fomentan la transición ecológica.
Congreso de los Diputados
Ley ómnibus El Congreso aplasta el ‘escudo social’ del Gobierno
La moratoria de desahucios y de cortes de suministros para familias vulnerables del ‘escudo social‘, así como los descuentos en el transporte y en el bono social eléctrico quedan suspendidos tras la derrota del Gobierno en el Congreso.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición La derecha parlamentaria tumba el decreto que subía pensiones e Ingreso Mínimo Vital
El Congreso ha tumbado el decreto que establecía una subida de las pensiones y el ingreso mínimo vital. El PSOE no ha sido capaz de convencer a Junts para que apoye el texto.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.