Economía
Contra o liberalismo verde

‘La batalla por las ideas tras la pandemia’ é unha potente guía para nos defendermos do suicida pensamento político hexemónico

Coordinador do Instituto Resiliencia

17 mar 2021 06:03

O xove filósofo Asier Arias Domínguez estase a converter nunha nas novas voces españolas que máis están a achegar á análise das ideoloxías que nos están a conducir ao desastre socioecolóxico. Ademais dos seus artigos en medios como ElDiario.es, Público, Rebelión ou Píkara, son salientables os seus dous libros publicados por Catarata: La economía política del desastre (2018) e a súa continuación, La batalla por las ideas tras la pandemia: crítica del liberalismo verde (2020). Neste novo libro, o profesor da Complutense actualiza as ideas que xa adiantara no seu anterior título poñéndoas en contexto do que está a supor a actual pandemia da COVID-19 e centrando a crítica nun concepto en auxe desde a década de 1990: a resposta do status quo ante a crise ecolóxica, un liberalismo verde que lonxe de ser tan só “unha nova teoría política” para discusión de filósofos e académicos, constitúe “o tema do noso tempo” (p. 35).

Mais, que é concretamente este liberalismo verde? O autor descríbeo como “a enganosa colección de verdades de sentido común que impide ás nosas sociedades reaccionaren de forma axeitada a unha crise ecosocial que é xa unha crise civilizatoria” (p. 36). Esta corrente ideolóxica que parte da asimilación selectiva de conceptos do “radicalismo verde” ao tempo que desbota o seu ideario (pp. 44 e 46) sitúase dun bando na batalla da que nos fala Arias nesta obra, o bando da “extralimitación”, fronte ao que se sitúa o da “moderación material” que defende o autor, extralimitación que é descrita no capítulo titulado Os tres síntomas da nosa patoloxía global (biodiversidade, clima, recursos), tras disecar con afiado bisturí o fundamentalismo vixente no capítulo Os tres dogmas do liberalismo verde.

A batalla tras a pandemia vai ser entre o bando da extralimitación e o da moderación material.

Dentro desta análise crítica das propostas green coas que agora se nos disfrazan os neoliberais, é rechamante a escandalosa contradición que saca á luz o autor coa ideoloxía liberal orixinal (a de Adam Smith ou Wilhelm von Humboldt; p. 95 e ss.), achegando uns argumentos de peso para rexeitar que os (neo)liberais verdes sexan realmente liberais. No campo desta “batalla polas ideas” o inimigo aparece non só disfrazado de verde, logo, senón a ondear unha bandeira, a do liberalismo, que tamén resulta falsa, e que agacha en realidade un “totalitarismo invertido” (p. 105). Este desenmascaramento fornécenos cunha baza crítica nestes momentos en que “a crise sanitaria global promete conceder un novo protagonismo aos Estados” (p. 103).

Outra das ideas máis interesantes que van atopar as persoas lectoras no libro consiste no concepto do “comisario cultural”, cuxo espectro se nos aparece repetidamente ao longo das súas páxinas identificado como unha das principais barreiras sociais para poñer en marcha a necesaria viraxe de temón, esa nova cultura da Terra da que fala Jorge Riechmann no prólogo do libro, “hoxe por desgraza marxinal, que precisamos vire hexemónica para facer fronte ao carácter exterminista do capitalismo” (pp. 11 e 17). Si, exterminio, porque como xa nos adianta Arias nas primeiras páxinas do seu texto, “o noso sistema socioeconómico rebordou os límites biofísicos do planeta e ambos os dous colapsan ao unísono” (p. 21). Así, o autor ofrécenos abondosas mostras do incansable e omnipresente labor deste comisariado cultural, gardiáns da ortodoxia, primeira liña de defensa do suicida business-as-usual, en libros e artigos desta Brunette mediática pseudoverde que denuncia e desmonta un tras doutro. O “credo” dunha “pseudociencia” (p. 24) que domina a nosa vida económica en sociedades supostamente laicas e racionais. Outros termos como “mesianismo tecnolóxico”, “teoloxía”, “fantasía”, “ensoñacións” ou “delirio” son recorrentes ao longo do ensaio para cualificar as asuncións propias do liberalismo verde. Os “fundamentalistas” máis perigosos non hai que buscalos, xa que logo, nas mesquitas, senón nos “sacerdotes laicos” estratexicamente situados nos lobbies e think tanks capitalistas, na prensa económica ou nos Ministerios de Economía.

Os comisarios culturais do liberalismo verde defenden o fundamentalismo do pensamento económico e cultural hexemónico

Resulta estimulante que o autor non soamente recompile unha bibliografía numerosísima desa ortodoxia cultural (coñece o teu inimigo!) senón que ofreza unha cantidade notable de fontes que, mesmo a maioría sen saír do Estado español, configuran unha resistencia cultural dunha gran potencialidade. Así, fainos ver Asier Arias que non estamos sós nesta pelexa, que as e os heterodoxos cada día somos máis e que a razón científica (clima, recursos, enerxía) e a ética están do noso lado. Que fronte ao dominio do liberalismo verde sobre a cultura popular acadado mediante o márketing e as relacións públicas, non carecemos totalmente de ferramentas para realizar o difícil labor de “ortopedia cultural”, un labor estratéxico, pois non hai “nada máis ameazante paras as elites socioeconómicas que unha xenuína cultura popular” (pp. 36-37). E é por isto que amosa saudades da clase obreira ilustrada do século XIX, que tanto precisamos recuperar agora, cunha actualización de tipo ecosocial, cando un dos principais aliados para o mantemento suicida da extralimitación é, traxicamente, boa parte do mundo sindical.

A lectura do libro faise amena e intensa ao longo das súas case 200 páxinas sen perder un ápice de rigor, malia tropezar aquí e alá con algunha terminoloxía que nos fai botar man do dicionario, se cadra un perdoable tic do gremio da Filosofía. As páxinas nas que nos vai revelando a hipocrisía do discurso liberal resultan das partes máis atractivas do ensaio, como na que nos explica que un goberno supostamente paradigmático do neoliberalismo, como foi o de Ronald Reagan nos EUA, foi en realidade o que máis incrementara a débeda pública do seu país en tempos de paz, e o que deu o maior xiro proteccionista desde a década de 1930 (pp. 69-70).

Os liberais verdes en realidade non son nin verdes nin auténticos liberais no sentido clásico

Se cadra onde pode resultarnos algo menos firme a análise de Arias é na súa posición aparentemente ambivalente fronte ás propostas do Green New Deal, pois amosa nunhas páxinas unha clara crítica deste tipo de fórmulas de “capitalismo con rostro humano” (p.ex., p. 35 e en boa parte do epílogo) moi achegada ao decrecentismo, e que a pesar de diferencialo —cando menos en certas variantes de GND— do campo do liberalismo verde, recoñece que non pode ser unha vía para chegar á solución máis racional (o Decrecemento). Aínda así, inclúeo nas iniciativas que merecen o seu apoio, malia recoñecer que propón “parches” para “salvar un sistema económico que debería desmantelarse tan rápido como for posible para evitar o colapso catastrófico das nosas sociedades” (pp. 168 e 169). Se o GND é un balón de osíxeno para ese sistema que toca desmontar, parece difícil xustificar que haxa que “apoialo”, aínda que só sexa “no contexto electoral”, como propón o profesor berciano. Na mesma liña, mesmo sinalando o escaso coñecemento da problemática biofísica de Yanis Varoufakis, coida que apoiar a súa Internacional Progresista é unha “decisión estratexicamente acertada”, malia estar o seu discurso no terreo ecolóxico “centrado no GND”. Así, ao afirmar que de entre as opcións electorais existentes as mellores son as que apostan polo GND, semella esquecer os pasos firmes de formacións cunha notable presenza parlamentaria e municipal como EH Bildu ou as CUP cara a propostas ecosocialistas de corte decrecentista, e que ben podían figurar nun libro coma este coma contrapunto político ás formacións defensoras dos diversos tipos de Green New Deal. No epílogo podemos atopar este tipo de avaliacións conciliadoras convivindo con outras que identifican o risco de que as solucións máis verdes dentro da socialdemocracia poidan rematar por “consolidar o desastre” a base de parchealo (p. 173). Con todo, este epílogo resulta unha das achegas máis enriquecedoras do autor ao actual debate en curso entre greennewdealers e decrecentistas.

O libro inclúe unha valiosa achega ao debate entre partidarios do Green New Deal e do Decrecemento

Tamén se pode achar en falta máis consistencia na súa argumentación contra un dos argumentos utilizados polo liberalismo verde en soporte dun dos seus “dogmas cardinais”, concretamente o que afirma que “o capitalismo non ten nada que ver coa crise ecolóxica en curso”. Aínda que o resto da súa crítica abonda para demostrar o falaz que é ese dogma, cando Arias pretende desmontar o “argumento malthusiano” de que “a superpoboación se acha na base da crise ecolóxica” (p. 61) as súas argumentacións resultan un tanto contraditorias, pois algunhas expresións parecen restar relevancia á dimensión poboacional na “relación entre poboación e medio ambiente”. Sen dúbida o nivel de consumo é un factor de primeira relevancia, pero o volume de cápitas que multiplicarmos polo consumo per cápita é aritmeticamente sustanciable. Fora desexable un maior afondamento neste asunto da máxima relevancia que despexase toda dúbida sobre a posición do autor ao respecto, que semella pouco desenvolta en comparación con outros aspectos abordados no libro.

En definitiva, afrontamos a pospandemia cunha descomunal canseira como sociedades e moi tocados psicoloxicamente, cunha desesperación que se espalla coma un virus mesmo máis perigoso sobre todo entre a xente máis nova. E nesas condicións teremos que encarar ese “despois da pandemia”, que “vai ser o momento de afrontarmos un conglomerado de crises incomparablemente maior: o ocasionado polo choque da economía capitalista cos límites biofísicos do planeta” (p. 34). Repetindo as palabras do prologuista Riechmann, é agora cando máis precisamos libros coma este, que troquen a “filosofía de butaca” pola “filosofía de asemblea e a filosofía de horta”, que sexan “ferramentas intelectuais para abrir fendas nas paredes do noso manicomio”, armas conceptuais poderosas coas que defendernos nesta decisiva “batalla polas ideas” que nos espera tras a pandemia, na longa guerra xa do Capitalismo contra a Vida.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Análisis
Análisis Neoconservadurismo, multipolaridad y la decadencia de las democracias occidentales
Occidente, en su obsesión por dominar, ha fracasado en su intento de moldear el mundo a su imagen, dejando tras de sí Estados fallidos, migraciones masivas y un Sur Global cada vez más resentido.
Bitcoin
Bitcoin El FMI aprieta a El Salvador: el nuevo acuerdo le prohíbe acumular más Bitcoin y emitir Bonos Volcán
El gobierno de Nayim Bukele está en una situación financiera contra las cuerdas y la institución le ha enviado un nuevo acuerdo en el que le exige disminuir riesgos y exposición a la criptomoneda.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Gasto militar
Industria militar Europa y su alternativa a Trump: aumentar el gasto militar
La Comisión Europea anuncia el aumento del gasto militar en 800.000 millones de euros. "Estamos en una era de rearme”, dice la presidenta de la Comisión Europa, Ursula von der Leyen.
Granada
8 de marzo Diez mujeres que dan la cara por Granada
Marta, Roxana, Margarita, Olalla, Silvia, Lola, Saskia, Laura, Loli y Bethlehem son las voces visibles de algunas de las muchas luchas sociales, medioambientales y en defensa de los derechos humanos que se libran en Granada
8 de marzo
Mapa del 8M Mapa | El 8M se acerca a las mil convocatorias
La jornada del miércoles cerró con un total de 935 convocatorias. Las autoras del mapa detectan cómo algunos colectivos se disuelven y las instituciones absorben parte de los actos.
Arte
Arte La reivindicación de María Magdalena como acto político, poético y social de la artista Marina Vargas
‘Revelaciones’ es la exposición más grande de la artista granadina Marina Vargas, una de las representantes más relevantes del arte español, que combate la invisibilidad de las mujeres.

Últimas

República Democrática del Congo
África Claves para entender la guerra en la República Democrática del Congo, más allá de sus recursos
El análisis de este conflicto se ha centrado en la avaricia de estos actores armados ante las riquezas congolesas, obviando e invisibilizando el resto de cuestiones en la génesis de este complejo conflicto.
Opinión
Opinión La liberación según Margaret Thatcher
El debate sobre el velo no es un debate sobre el velo sino un ejercicio de poder, un abuso del mismo, una demostración de quién manda aquí, de quién tiene derecho a opinar sobre todo y quién no tiene derecho a hablar.
Opinión
Defensa del territorio La indefensión ante el caos de un territorio en lucha
Araba enfrenta la tormenta perfecta de las renovables con un modelo que prioriza el beneficio económico sobre la sostenibilidad y el bienestar de sus habitantes.
Más noticias
Gasto militar
Gasto militar Trump no reconoce el esfuerzo en gasto militar que sí han hecho Europa y Canadá
Los socios europeos de la OTAN y Canadá no han dejado de elevar su gasto militar, gastando ahora un 70% más que hace una década.
Fronteras
Fronteras PSOE y Junts no tienen los números para su acuerdo de gestión policial de la migración en Catalunya
Junts pretende asociar la concesión de permisos al conocimiento del catalán, algo que no aparece explícitamente en el acuerdo. El entendimiento para la cesión de competencias en materia de fronteras tiene por delante un tortuoso recorrido.
Carlos Mazón
València Nubarrones a la vista en el horizonte de Carlos Mazón
La instrucción judicial de la jueza de Catarroja, la presión popular en la calle y el ruido interno hostigan al president de la Generalitat.

Recomendadas

Culturas
Sandra Cendal “No miramos lo que hacen las grandes editoriales porque no jugamos en esa liga”
La editora de Continta me tienes habla de los diez años de la colección ‘(h)amor’, de consolidarse como editorial desde los márgenes y del “tsunami” que viene de la mano del fascismo.
Música
Jaume Sisa “Llegar a ser tú la obra de arte es el ideal más bello que pueda existir”
Asegura que hace mucho tiempo que decidió no celebrar nada, pero el cantautor galáctico Jaume Sisa está de cumpleaños: su disco ‘Qualsevol nit pot sortir el sol’ ha alcanzado el medio siglo.
Madrid
Madrid Inquilinas despliegan decenas de piquetes para ampliar la lucha antirrentista e impulsar huelgas de alquileres
Estos grupos agitativos territoriales, que se mantendrán a lo largo de los próximos meses, se han distribuido por distritos y barrios de Madrid como Villaverde, Lucero, Vallecas o Leganés.