Personas refugiadas
O xogo a superar para entrar na Unión Europea

En Šid, un pequeno pobo serbio fronteirizo con Croacia, viven centos de migrantes que proban sorte cada día para entrar na zona Schengen, pero son poucos os que o conseguen.

Serbia 1 o xogo fronteirizo
Pés feridos dun migrante logo de ter intentado, sen éxito, superar “o xogo” Sofía Caamaño
21 feb 2019 10:02

Decenas de lombos cargan con pequenas mochilas e sacos de durmir na escuridade da noite, intentando esquivar os charcos de lama que entorpecen o camiño. Caras borrosas, pés doridos e cabezas esgotadas diríxense ás aforas da cidade con esperanza e incerteza. “A este percorrido chamámoslle ‘o xogo’, porque funciona igual que nunha consola: nós, os xogadores, temos que chegar ao noso destino e se non nos deixan voltamos comezar desde o principio”, explica Manzoor, un mozo afgán de vinte anos que, a pesar de ter perdido “o xogo” varias veces, non se rende e segue tentando chegar á súa meta: a Unión Europea.

En Šid, unha pequena vila serbia fronteirizo con Croacia, viven centos de migrantes que proban sorte cada día para entrar na zona Schengen, pero son poucos os que o conseguen. “É moi frustrante ver como marchan cada noite e volven na mañá seguinte por teren sido deportados”, conta Marie, voluntaria da ONG No Name Kitchen, que traballa proporcionando axuda humanitaria ás persoas que viven nunha antiga fábrica abandonada ás aforas da cidade.

Desde No Name Kitchen, ademáis de distribuir comida, roupa, auga e electricidade, tamén elaboran informes da violencia cometida pola policía contra os migrantes. “É moi frecuente ver feridas e contusions cada vez que voltan do xogo”, asegura Marie. Manzoor conta que a policía croata golpeounos, rouboulles os cartos e rompeulles o teléfono cando os descubriu escondidos nun tren intentando cruzar a fronteira.

As persoas migrantes non só empregan o tren como método de entrada á Unión Europea, o “xogo” ten moitas modalidades. “Durante o inverno marchan sobre as nove da noite, camiñan ao redor de tres horas e cólanse nos camións que se dirixen a Croacia. Polo verán, o bo tempo permite que se podan cruzar a pé”, conta Marie. Os prezos a pagar para realizar esta viaxe destino Europa poden chegar a custar, tan só desde Serbia, até 3.000 euros. Manzoor describe a perigosidade destas travesías: “andamos pola xungla —así chaman eles ao terreo cheo de herbas altas polo que camiñan— durante moito tempo e facémonos dano, porque todo está cheo de espiñas e ramas que nos arrincan a pel, e na escuridade non vemos nada”.

A policía croata golpeounos, rouboulles os cartos e rompeulles o teléfono cando os descubriu escondidos nun tren intentando cruzar a fronteira

Anna é doutora e voluntaria de No Name Kitchen e dende hai uns meses encárgase, dentro das súas posibilidades, de supervisar a saúde de arredor de oitenta persoas que viven nesta antiga fábrica abandonada ás aforas de Šid, á que eles chaman squad. Anna asegura que os intentos de cruzar a fronteira son moi perigosos e que cada vez que alguén é deportado volve con feridas e contusións: “unha vez un rapaz caeu dun camión, outro cortou un dedo cunha parte metálica do automóbil, etc.”. O problema, segundo ela, é que non hai lugares limpos para curar as feridas e que as súas posibilidades de actuación vense moi reducidas porque non ten permiso de traballo en Serbia e só pode ofrecer primeiros auxilios. “O squad está cheo de lama e unha ferida, por pequena que for, pódese infectar e converterse nalgo grave”, asegura.

Serbia 2 O xogo fronteirizo
Vías do tren en Šid (Serbia) Sofía Caamaño

Ademais, o aceso ao servizo de saúde serbio para os migrantes é moi precario. “Nos hospitais non os atenden a non ser que se trate dunha emerxencia, como por exemplo se alguén está a desangrarse”, explica Anna. Martina, outra voluntaria da organización, asegura que algunhas das experiencias que viviu no ambulatorio de Šid foron bastante desagradables: “Ás veces non din que non queren atender a esta xente —os migrantes— porque son sucios. Teño gravada na memoria unha ocasión na que fun acompañar a un dos rapaces a porse unha vacina e vin como o doutor lla inxectaba con violencia e me berraba para que lle dixera á persoa que non se movese”. Anna recalca que é importante ter en conta as consecuencias psicolóxicas que tanto “o xogo” como toda a viaxe até Europa causan nos migrantes. “Cando voltan do xogo, logo de teren sido deportados, dinme que lles doe todo o corpo e nalgúns podo percibir a falta de esperanza”, narra Anna.

A pesar de que a lexislación internacional establece que é ilegal deportar a unha persoa solicitante de asilo, estas prácticas son comúns entre a policía europea nas fronteiras

Namdar é de Afganistán, leva oito meses no squad e intentou cruzar á Unión Europea quince veces, aínda que en todas elas foi deportado. “Lembro unha vez que estabamos un grupo de persoas intentando o xogo desde Bosnia e cando a policía croata nos viu, pegounos cun pau”, conta Namdar mentres sinala as secuelas da ferida que aínda ten na cabeza. Agora asegura estar desesperado: “Non teño cartos, non durmo e levo un ano sen poder comunicarme coa miña familia”. Esta situación está a provocar que pense en voltar a Afganistán. “Funme de alí porque a zona na que vivía era moi perigosa e había ataques dos talibáns e do DAESH constantemente. Estando alí secuestráronme os talibáns e, cando logrei escapar, decidín buscar unha vida mellor en Europa”, conta.

A pesar de que a lexislación internacional establece que é ilegal deportar a unha persoa solicitante de asilo, estas prácticas son comúns entre a policía europea nas fronteiras. Enrico, outro voluntario da No Name Kitchen, conta que, ademais, a policía humilla aos migrantes: “Nunha ocasión un mozo contoume que en Croacia espírano completamente o deixárano así durante horas”.

Un informe realizado pola ONG Médicos sen Fronteiras establece que entre 8.000 e 10.000 migrantes viven en campos e asentamentos informais nos Balcáns, máis da metade son menores de idade

As vulneracións dos dereitos humanos nas fronteiras da Unión Europea son constantes. Dende esta ONG rexistraron casos de persoas que foron encarceladas durante horas sen auga nin comida polo feito de estaren tentando cruzar a fronteira a outro país. “Unha vez un rapaz contounos que o retiveron en prisión moito tempo e cando preguntou se lle podían dar algo para comer, a resposta foi que ese lugar non era un restaurante. Ademáis, case nunca lles dan ningún papel que afirme que estiveron encarcelados, polo que é algo moi difícil de probar”, conta Marie.

Segundo os informes de violencia fronteiriza desta organización, ao principio a policía croata era das máis activas en canto a devolucións en quente se refire. Non obstante, nos últimos meses as forzas serbias tamén comezaron a mobilizarse. “Antes a policía deixábaos pasar sen problema, pero agora páranos cando están camiñando pola rúa, incluso antes de chegar á fronteira”, asegura Marie.

Desde No Name Kitchen comezaron hai varias semanas a realizar unha quenda de vixiancia desde as seis até as nove da mañá porque, segundo os voluntarios, ás veces a policía serbia ía ao squad de madrugada, para tentar botar de alí aos migrantes. “Nalgunha ocasión teñen queimado as tendas de campaña, péganlles etc,”, relata Marie.
Serbia 3 o xogo fronteirizo
Namdar ensinando as fotografías da súa familia, coa que leva sen poder comunicarse un ano. Sofía Caamaño
Un informe realizado pola ONG Médicos sen Fronteiras establece que entre 8.000 e 10.000 migrantes viven en campos e asentamentos informais nos Balcáns, dos cales máis da metade —dos que están rexistrados nos campos— son menores de idade. Esta organización asegura que un 76% das crianzas que levan atendidas nalgunha ruta dos Balcáns culpa ás forzas de seguridade europeas como as perpetradoras da violencia sufrida.

Cando o sol se esconde en Šid, o frío intensifícase e as estradas comezan a se encher de persoas que foxen da guerra e que agora escapan das malas condicións de vida que teñen que soportar durante meses para conseguir un futuro mellor. Cos seus pasos, o ruído das voces que se queixan da inmigración irregular en Europa intensifícase, pero as vías legais e seguras de entrada seguen sen aparecer.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Ceuta
Fronteras El Tribunal Superior de Justicia de Andalucía confirma que las devoluciones en caliente son ilegales
La resolución del TSJA reconoce que la devoluciones que está realizando la Delegación del Gobierno de Ceuta sobre personas que entran nadando o en embarcaciones a la ciudad no tienen amparo legal
Ceuta
Fronteras Ceuta: de El Tarajal a las alambradas administrativas
Once años después de la masacre de El Tarajal (Ceuta) los obstáculos administrativos y la falta de vías seguras para migrar, siguen produciendo cientos de muertes en la frontera cada año.
Control de fronteras
Fronteras Las muertes del Tarajal se han convertido en el símbolo de la lucha contra las políticas fronterizas
Se cumplen 11 años de la muerte de 14 personas en la frontera con Ceuta, y nuevamente colectivos y familiares realizaron una manifestación en conmemoración y para exigir se declare el 6 de febrero como Día de las Víctimas de las Fronteras.
Líbano
Líbano Cinco décadas sin paz ni justicia en Líbano
El país mediterráneo conmemora el 50 aniversario desde el inicio de la guerra civil, un conflicto cuyos crímenes no se han juzgado y cuyos desaparecidos no se han encontrado
València
València “‘El vol de Guillem’ ha supuesto la liberación de todos estos años de lucha”
Ricard Tàpera, autor del cuento, y Betlem Agulló, hermana de Guillem Agulló, que ha puesto voz a la historia, nos explican cómo ha sido el proceso de creación de esta obra coral, ilustrada por Helga Ambak.
La vida y ya
La vida y ya Días de vacaciones
No somos conscientes de que la lluvia depende, en un porcentaje altísimo, de ellas. Sin plantas hay menos lluvia. Sin lluvia las semillas no germinan. Así funciona.
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Más noticias
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.

Recomendadas

Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andreu Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.