O prelo
Mosaico de estrelas

Tradúcese ao galego “A cor púrpura”, o clásico feminista e antirracista de Alice Walker.
Prelo Alice Walker
Portada do libro "A cor púrpura" editado por Rinoceronte Editora. Branca Trigo Cabaleiro
12 nov 2023 07:00

Aviso de contido sensible: violencia sexual, incesto, violencia de xénero, racismo.

“Querido Deus: Sofía e eu traballamos na colcha. Témola no soportal montada no bastidor. Shug Avery deunos o seu vello vestido amarelo para facer retallos, e cada vez que teño ocasión engado un retallo amarelo. É un padrón moi bonito que se chama mosaico de estrelas. Se a colcha queda perfecta igual lla regalo. Se non queda perfecta igual a deixo para min”.

A cor púrpura, de Alice Walker, chéganos traducida ao galego da man de Rinoceronte Editora. Esta novela, publicada en 1982, mereceu á autora o premio Pullitzer e o Premio nacional do Libro, e foi levada ao cinema por Steven Spielberg. Igual que nunha colcha de retallos, o libro componse de fragmentos de toda unha vida, reflictidos nas cartas que a protogonista, Celie, escribe a Deus a modo de diario, e nas que intercambia coa súa irmá Nettie.

A historia de Celie desenvólvese a comezos do século XX no sur dos Estados Unidos e comeza da forma máis traumática posible. Sendo aínda unha adolescente, é violada regularmente polo seu pai, agresión que fai que quede embarazada dúas veces e que ambos fillos lle sexan arrebatados. Ten que deixar a escola. A súa nai morre dunha longa enfermidade. Sae da súa casa cando a fan contraer matrimonio con Mr ____, quen lle pega a diario. Celie reflicte na idea que ten de si mesma todo o que lle van dicindo estas figuras de autoridade: é fea, é negra, é pobre, é parva, non serve para estudar… Ten que sufrir ademais o golpe da desaparición, e posible morte, da súa irmá.

“E ti que fas cando te enfadas?, pregunta.

Pénsoo. Nin sequera lembro a última vez que me enfadei, digo. Enfadábame coa miña nai porque me facía traballar moito. Pero entón vin o enferma que estaba e non puiden enfadarme. Tampouco podía enfadarme co meu pai, porque era o meu pai. [...] Pronto empecei a non sentir nada de nada. [...] Ás veces Mr ____ faimo pasar moi mal, e teño que falar co Creador. Pero é o meu marido. [...].

Deberías fenderlle a cabeza a Mr ____, di.[...]”.

En A cor púrpura, vemos a supervivencia, a curación e a reparación do trauma

Con estes pequenos toques de humor, a lectura vaise facendo máis amable ao longo da narración, igual que se vai facendo máis amable a vida de Celie. En A cor púrpura, vemos a supervivencia, a curación e a reparación do trauma. Acompañada por distintes personaxes, Celie vai sendo consciente das inxustizas ás que foi sometida por ser muller. Son en especial as personaxes femininas as que van demostrando que hai outras maneiras de vivir loitando contra os estereotipos de xénero e fóra do círculo de violencia que sofre a protagonista.

Unha destas personaxes é Sofía, a muller do fillastro de Celie. Grande e forte, semella unha amazona e responde a calquera intento de sometemento por parte do seu home cunha labazada (“Toda a miña vida tiven que loitar”). Pero a influencia máis importante para Celie é Shug Avery, unha cantante de blues, o grande amor de Mr. ____. Na historia convértese na peza clave para que a protagonista descubra a súa sexualidade e a súa valía, e convértese tamén no grande amor de Celie.

“Di: A que vou cantar agora chámase A canción de Miss Celie. Porque ma sacou ela da cabeza cando eu estaba enferma.
[...] É a primeira vez que alguén lle pon o meu nome a algo que fixo”:

Mentres Celie vive todo isto nos EEUU, Nettie está nunha aldea de África como misioneira, sufrindo xunto cos habitantes da vila a deforestación das terras para o cultivo de caucho. Na súa viaxe experimenta o abraio de coñecer o mundo, e tamén o estrañamento de volver a unha terra que foi súa, pero que xa non o é.

“Os africanos nin sequera nos ven. Nin sequera nos recoñecen como os irmáns e irmás que venderon”.

 En África experimenta o abraio de coñecer o mundo, e tamén o estrañamento de volver a unha terra que foi súa, pero que xa non o é

Ao descubrir que Nettie está viva, que era Mr. ____ o que lle agochaba as cartas recibidas, Celie cambia a destinataria das súas cartas. Xa non lle escribe a Deus, escríbelle á súa irmá. A relación epistolar, moitas veces unidireccional, funciona ao longo da novela coma un ritual, unha confesión, unha pregaria. Reivindícase así o poder da escrita non só cunha finalidade comunicativa, senón coma unha ferramenta íntima de reflexión.

“De que serve que escriba se Albert non che vai dar as miñas cartas? Iso era o que pensaba cando as rompín e chas mandei coas ondas. Pero agora penso doutro xeito. Lembro que unha vez dixeches que a túa vida che daba tanta vergoña que non podías falar dela nin con Deus, que tiñas que escribila, a pesar do mal que crías escribir. Pois agora sei a que te referías. E tanto se Deus le as cartas coma se non, sei que ti seguirás escribíndoas; e iso abóndame. De todos os xeitos, cando non che escribo síntome tan mal como cando non rezo, encerrada en min mesma e afogando cos meus sentimentos. Que soa me sinto, Celie”.

A cor púrpura é un libro de lectura sinxela, que aproveita unha trama con xiros e unhes personaxes ben perfilades para tocar temas coma a misoxinia, o racismo, o imperialismo e a relixión.

“É imposible ler a Biblia sen pensar que Deus é branco”.

O mosaico que tece Alice Walker non é perfecto, pero si é perfecto para as que, como Celie, sentimos algunhas veces non merecer nada, e precisamos ler unha historia de retallos que, despois de todo, constrúen algo fermoso.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Literatura
Millanes rivas “El 25-M nos facilita generar una comunidad y creo que ‘Paisaje nacional’ contribuye a ello”
Un encuentro con el escritor Millanes Rivas a propósito de su novela ‘Paisaje nacional’, con Extremadura, su historia herida y el 25 de marzo de fondo conversado.
Literatura
McKenzie Wark “Mi transición fue como un montón de pequeñas ediciones”
‘Amor, dinero, sexo y muerte’ (Caja Negra, 2025) se presenta como un libro de “memorias”, pero no es exactamente eso. La obra recoge una docena de cartas en las que Warck se aproxima a los temas de sus obras anteriores de una forma íntima.
Opinión socias
Literatura Orwell y el nuevo mundo
Ahora que se han normalizado brutales situaciones de desigualdad, de injusticia, de violencia, guerra y muerte, haríamos bien en recuperar a Orwell.
Infancia
Infancia Reforma de la LOPIVI: cinco claves para proteger a las madres protectoras
El Ministerio de Infancia y Juventud ha iniciado un proceso para ampliar esta norma aprobada en 2021. Varias organizaciones dan las claves para evitar el castigo a las madres protectoras.
Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar intentan llegar a un acuerdo para no perjudicar con el IRPF a los trabajadores con el SMI
La ministra de Hacienda ha confirmado que sería “algún tipo de medida que permita compensar a aquellos pocos trabajadores” en la situación de tener que tributar con el salario mínimo.
Guerra en Ucrania
Conflicto bélico Rusia y Ucrania acuerdan un principio de alto el fuego marítimo a instancias de Estados Unidos
La Casa Blanca emite dos comunicados que coinciden en señalar una tregua en el Mar Negro y en prometer trabajo para el final de los ataques energéticos por ambas partes.
Opinión
Opinión Bretón no es un monstruo, ni Martín el nuevo Capote
Frente a la libertad sin peros que defienden unos, la responsabilidad de muchos: la de ciudadanos y librerías que se niegan a comprar o vender, respectivamente, el libro que Anagrama ha tenido a bien materializar.
LGTBIfobia
Manifestación Plataforma Trans planta cara a la transfobia con una manifestación contra el odio
La convocatoria el 29 de marzo denuncia un contexto internacional antiderechos. La organización pide a partidos y sindicatos que se sumen a la marcha porque la transfobia es un problema social, y por lo tanto también político, explican.
Galicia
Galicia Un municipio gallego demanda a la Xunta por la contaminación del embalse de As Conchas
Los vecinos de la comarca de A Limia llevan a la Xunta ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por la contaminación provocada debido a la cría intensiva de ganado porcino y avícola en esta zona de Ourense.
Feminismos
Irene García Galán “La memoria feminista hay que construirla desde abajo, desde nuestras casas”
‘Hilaria’ (Errata Nature, 2025) es un libro dedicado a la tatarabuela de Irene García Galán, pero también un ensayo político que navega a través de la memoria feminista, el antipunitivismo y el anarquismo.

Últimas

Madrid
Madrid La Sareb amenaza con el desahucio a dos jóvenes activistas en Carabanchel
Cadete 7, el bloque en lucha del que el ‘banco malo’ prevé desalojarles de forma inminente este jueves 27, fue el primero recuperado por el movimiento de vivienda de Madrid en 2013 tras haber permanecido deshabitado desde 2008.
Gasto militar
Gasto militar “No nos resignamos a la guerra”: 70 organizaciones rechazan la deriva militarista de la UE y el Gobierno
Más de 70 organizaciones y personalidades de la cultura y el activismo firman un manifiesto que rechaza la escalada belicista y el rearme frente a una posible agresión rusa.
Música
Música Pervertidos y puritanos, a los pies de Ethel Cain
Proyectos musicales como ‘Perverts’ de Ethel Cain son capaces de imponer silencio en medio de tanto ruido para pensar en un momento en que las redes sociales son herramientas tendenciosas para la difusión de propaganda de ultraderecha.
Minería
Minería estratégica en Extremadura La Comisión Europea declara “estratégicos” tres proyectos mineros en Extremadura
Las Navas (Cañaveral), Aguablanca (Monesterio) y La Parrilla (Almoharín) obtendrán financiación, verán facilitados sus procesos de tramitación y se beneficiarán de plazos más reducidos. La mina de Valdeflores no es considerada estratégica.
Más noticias
Israel
Genocidio Mercadona vende tampones y patatas procedentes de Israel
En 2024 se produjo una reducción de las importaciones de tampones y patatas israelíes. Mercadona es una de las plataformas que trabajan con estos productos.

Recomendadas

Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Colegios underground en Járkov después de tres años de guerra
La ciudad ucraniana construye escuelas subterráneas, preparadas para aguantar ataques balísticos y nucleares.
Argentina
Estela de Carlotto “Faltan todavía muchos nietos por encontrar”
Al cumplirse 49 años del golpe cívico-militar, la presidenta de Abuelas de Plaza de Mayo dialogó con El Salto y apuntó contra el Gobierno de Milei y su ministra de Seguridad, Patricia Bullrich, que encabeza la represión de la protesta social.
México
Hallazgo en Teuchitlán Crisis de desaparecidos en México: los buscadores, entre el narco y las omisiones del Estado
El hallazgo del cementerio clandestino en Teuchitlán, Jalisco, ha conmocionado a todo México. El país que vive una crisis por la desaparición de más de 120 mil personas, que en 18 años solo han aumentado frente a una pasmosa impunidad.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.