O prelo
Palabras no exilio

Hai case 10 anos, editorial Barbantesa publicou unha escolma coa tradución de 48 poemas de Mahmud Darwix. Agora convén pensar as palabras do autor palestino.
25 jun 2022 16:25

Mahmud Darwix volveu á súa terra cando era un mozo. Chegou ao distrito de Acre, apenas anexionado por Israel, e alí experimentaría as primeiras formas de persguimento. Fuxiu coa súa familia do inmenso aparello de vixilancia, que animaba o medo e castigaba o retorno. O mozo Mahmud sería testemuña da pantasma do desprazamento incensante. Inaugura con ese evento temperán, un éxodo persoal que se converte nun espazo invertebrado, preparado para se atrever a dar unha volta sobre o espazo fráxil do cidadán.     

O tránsito infinito de Darwix suxire unha condición que comparte con migrantes e exiliados. Trátase dese espazo onde se experimenta o non-territorio e se convocan as preguntas sobre a cidadanía. Hai uns célebres versos do poeta palestino recollidos para esta escolma que axudan a iniciar esta conversa:  

Para que vale un home
sen patria,
sen bandeira
e sen enderezo
Para que vale un home?

É unha forma de pensar a condición do exilio, pero tamén unha maneira de nos lembrar que a cidadanía é un xeito de asociarse ao territorio, á xeografía e ao mundo da administración política. Noutras palabras, unha forma de dármonos sentido no mundo. A voz de Darwix mestúrase con esa tradición de exiliados que atopan no seu lugar unha forma de desafío contra as peores formas dos proxectos nacionais. Verbo deste problema, Edward Said, amigo de Darwix,  suxire esa condición polémica que vincula nacionalismo e exilio como formas irmáns, manifestacións que comparten unha orixe e ofrecen respostas diferentes ao problema da cidadanía.

Darwix recoñece que o espazo da cidadanía é tamén un réxime laxo. Noutras palabras, un espazo en que as experiencias e as persoas adoptan un nome, un número, un código inintelixible por mor de ser rexistradas e xestionadas polos inmensos aparellos do Estado. Nese movemento, as identidades descritas nos documentos da administración parecen perder a rixidez que proporciona a experiencia vivida e a historia dos pobos que alimentan a nosa memoria. A idea do pasaporte é así tamén unha forma de esquecemento propio. A pregunta do poeta interésase por aquilo que queda dentro dos documentos de identidade, da xestión administrativa que se encarga do tránsito humano:

Todos os paxaros que perseguiron
a palma da miña man ata a porta do apartado aeroporto
todas as sereas
todas as prisións (...)
estaban comigo, pero
deixáronos fóra do pasaporte

A reflexión sobre a cidadanía que ocupa a atención de homes e mulleres migrantes de todo o mundo é tamén unha forma afrontar os problemas da idea de nación. Darwix, nun poema de impoñentes versos de arte maior, repara no proxecto nacional propio. Ese poema é unha invocación ao futuro. Non hai un programa político, senón unha forma de imaxinar en colectivo, con eses outros que non son nomeados, pero que comparten un mundo con Mahmud. Nese exercicio imaxinativo, a nación constrúese como un canto á alegría e non como unha celebración á tradicional condición monolítica de certos proxectos nacionais. Nas súas palabras hai un reclamo ao ánimo que mitifica a experiencia colectiva das nacións, que sacraliza eventos e personaxes propios. Do mesmo xeito, nun diálogo cun combatente, Mahmud describe a súa memoria nacional non como un relato de acontecemento célebres e impoñentes, senón como un soño que apenas se pode definir e que descansa no mundo das sensacións e o gozo íntimo:

Entende-díxome-que a patria
é beber o café de mamá
            volver a casa pola noite
Pregunteille: E a terra?
Dixo: Non a coñezo

Se o tema da cidadanía e o proxecto nacional son importantes na obra de Mahmud Darwix, a experiencia no exilio resulta ser un correlato necesario nese universo. Hai nas palabras do poeta, unha especie de poética do retorno. A súa obra responde constantemente ao desexo de volver. O espazo orixinal é, ante todo, un lugar que constrúe o seu propio sentido naqueles que o imaxinan e o atopan no seu retorno. Nese sentido, non son espazos que gozan dunha singularidade esencial, senón que posúen esa inestabilidade que proporciona a memoria e o desexo. Contrario a certas poéticas patrióticas para as que a orixe é un espazo perpetuo e correspondente con mitos e relatos fundacionais.

Nese mesmo sentido, a fala do exiliado non se constrúe desde a certeza, nin vaticina ningún futuro patriótico para o seu pobo. A experiencia no exilio, en Darwix, é, ante todo, incerteza e dúbida. Esa condición é unha fortaleza singular: permite abrir o espazo a un tipo de esperanza na que se recolle o medo persoal e a potencia da compañía. Na inseguridade de certos versos hai tamén unha vontade por animar un tipo de compañeirismo entre o lector e a experiencia do exiliado. Trátase dun tipo de tenrura que vincula o lector co individuo perdido. Xa que logo, a poética do Darwix novo é dubitativa e, con esa dimensión, organiza un universo afectivo que se impón ante a figura do exiliado inquebrantable e íntegro. Esa figura intelectual que, en certos escenarios, desfigurou a experiencia de desenraizamento persoal que habitan migrantes e exiliados. 

Esta edición de Barbantesa presenta unha selección poética heteroxénea: aproveita os temas máis importantes do autor palestino. Para os lectores do árabe, a edición bilingüe permite achegarse á obra orixinal e tamén observar a distribución orixinal dos versos. Con todo, esta edición tamén deixa algunhas débedas para o lector: un índice xeral, o título da obra orixinal da que forma parte cada poema ou o ano de publicación de cada peza. Sería moi afortunada unha re-edición que conservase a boa selección, a tradución tan coidada e estes aspectos ausentes.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Literatura
50 aniversario Aresti vive en la memoria de un pueblo vasco en disputa
Hoy comienzan en Bilbao los actos del 50 aniversario de la muerte de Gabriel Aresti, referencia ineludible e incómoda de la literatura vasca moderna.
Culturas
Culturas Lorca fue también un visionario que intuyó los vínculos entre la música negra y el flamenco
La 24ª edición del Festival de Flamenco de Nueva York abrió un espacio de debate para analizar el impacto que tuvo el movimiento cultural del Renacimiento de Harlem en la obra del poeta granadino.
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andre Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Más noticias
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.

Recomendadas

Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.