Música
MJ Pérez: “Escribir unha canción en portugués era un anhelo para min”

Conversamos con MJ Pérez sobre a importancia de compartir as creacións co público e do seu novo single Vai Embora!

MJ Perez
A cantante MJ Pérez Elena Martín
17 jun 2019 10:59

MJ Pérez transmite un chorro de enerxía tanto cando toca como cando fala. Ven de sacar o seu primeiro tema en portugués, Vai embora!. Di ter medo de saturar aos seus seguidores con promoción, mais nós só esperamos que siga incrementando a súa visibilidade. Falamos con ela sobre a importancia da música e de compartir as creacións co público. 

Nas túas cancións falas moito de fuxir do que fai dano, e do empoderamento. A que se debe?
Cando falo con compañeiras músicas sobre que é o que dá inspiración, sempre sae o tema de que cando estás feliz, rara vez che sae unha canción. As cancións nacen de sensacións potentes, que non teñen que ser negativas, pero si intensas. Cando estás contento estás como adurmiñado. Eu teño cancións que parecen ser de desamor, pero en verdade falan doutras cousas. “Canción de guerra” escribina nun momento da carreira no que estaba moi frustrada co mundo universitario, de aí ese “uns veñen, outros van, e nós seguimos aquí dando guerra”. Agora sinto que esa canción me fala doutras cousas. As cancións nunca teñen un significado pechado.

En “Vai embora!”, cantas en portugués. Foron as túas raíces as que te levaron a dar este salto?

Este é un ‘single’ que vai estar no novo disco, pero non quere dicir que todo vaia ser en portugués, pregúntanmo moito (risas). Non sei se escribirei máis temas en portugués, mais ogallá se así o quere a inspiración. No futuro encantaríame crear algo meu, pero versionando cancións do folclore deste país. O novo disco vai ser en galego, excepto por ese tema. O portugués venme da miña nai, pero vai máis aló de que ela sexa portuguesa. Eu sinto estas raíces como propias. Non podo escoller, son tan galega coma lusa. E por iso escribir unha canción nesta lingua para min era un anhelo. Sinto este tema como unha débeda que tiña que cumprir, como unha homenaxe, tanto ás miñas raíces como á miña nai.

“As cancións nacen de sensacións potentes, que non teñen que ser negativas, pero si intensas”
O teu novo disco é diferente aos anteriores?
O tema adianto bebe do fado, pero o disco novo en si é unha mestura doutros moitos estilos. Está un pouco máis lonxe do pop-rock do que eu adoitaba facer, pero foi o que me pediu o corpo esta vez. Ten temas con toques latinos, chiscadelas ao folclore galego... Creo que o mellor que ten é que é un equilibrio entre facer música acústica e con banda.

Como ves a situación da música na Galiza, e concretamente a situación da muller?
Eu nunca presenciei cousas desagradables. Mais, teño compañeiras que me teñen contado as súas experiencias e asusta escoitar as cousas que sufriron. Si teño vivido comentarios como “claro, é que a ti métente neste cartel porque es muller”. Por iso penso que aínda hai moito que loitar neste sentido.

No seu momento tivemos espazos como o Xabarín Club, que normalizaron a situación do galego e da música galega, pero eses espazos xa non existen. Temos que conseguir chegar á xente nova.

Sobre a situación da música galega, penso que estamos nun momento moi efervescente. Hai moita xente nova con ganas de crear en estilos diversos. Cal é o problema? Que temos moi pouca visibilidade, estamos en internet pero traballándoo moito. Hai medios online, feitos por amor á música que fan moito, pero os convencionais non cumpren coa súa responsabilidade. No seu momento tivemos espazos como o Xabarín Club, que normalizaron a situación do galego e da música galega, pero eses espazos xa non existen. Temos que conseguir chegar á xente nova. Hai que lles agradecer ás mestras, que fan unha labor impresionante para incluír a música en galego nos programas para adolescentes. Temos que estar máis orgullosas do noso, e potencialo.

Archivado en: O Salto Galiza Música
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 42 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Censura
Extremadura El Partido Popular censura “flores republicanas” en el cementerio de Santa Marta de los Barros (Badajoz)
Izquierda Unida denuncia que la alcaldesa popular ha ordenado que “durante su mandato únicamente se colocarán flores de color blanco”. Han convocado a la ciudadanía a una nueva entrega floral este lunes 14 de abril a las 17 horas.
Fronteras
Fronteras El Gobierno de Mauritania alerta de que ya son más de cien cadáveres hallados en sus costas en 2025
Desde 2023 Mauritania es el principal punto de salida de embarcaciones hacia las Islas Canarias. El Gobierno reconoce el hallazgo de cuerpos. Mali reclama un trato humanitario a las personas que permanecen varadas en el país vecino.
Cómic
Cómic Viajando por ‘Bone’, de Jeff Smith, la fantasía de aventuras definitiva
En 1991 Jeff Smith dio comienzo a ‘Bone’, un hito del cómic de aventuras, muchas veces recordado por ser una alternativa de alma ‘cartoon’ a ‘El señor de los anillos’.
Asturias
Educación Asturies impulsa la gratuidad del primer curso universitario
La medida, aprobada por el Gobierno de PSOE-IU Convocatoria por Asturies, llega en plena polémica por los proyectos de apertura de centros privados en la comunidad.
Más noticias
Rusia
Opinión ¿Es Rusia una amenaza para Europa? Lo que nos muestra la historia
¿Cuál es el motivo para tanto rearme y actitud belicista? Pues, según muchos en la UE, la causa es Rusia, que supuestamente está lista para invadir y anexionarse Europa en cuanto termine de derrotar a Ucrania. ¿Tiene base real esta amenaza?
Memoria histórica
Memoria republicana El capitán Sediles, un extremeño en la insurrección republicana de Jaca de 1930
Semblanza del cacereño Salvador Sediles, capitán republicano, intelectual, escritor y figura olvidada de la sublevación de Jaca del 12 de diciembre de 1930 contra la monarquía de Alfonso XIII.

Recomendadas

Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.
Salud mental
Cambio de paradigma De la deprescripción de psicofármacos al refuerzo de plantillas: claves del Plan Nacional de Salud Mental
El Ministerio de Sanidad ha logrado un consenso para aprobar una nueva estrategia en salud mental, poniendo de acuerdo de un lado a todas las comunidades autónomas y del otro a todas las asociaciones.
Lobo
Especies protegidas Organizaciones tratan de evitar la caza del lobo: “Volver a la receta de la gestión letal no funciona”
El lobo está desprotegido desde la entrada en vigor de la ley de desperdicio alimentario el pasado 2 de abril. Organizaciones ecologistas y Podemos están llevando a cabo denuncias, recursos y otras acciones para revertir la desprotección del cánido.