Música
Diego Salgado: “Facer este disco en solitario era unha asignatura pendente, unha débeda que tiña conmigo mesmo”

Após trece anos facendo música en diversas agrupacións, Diego Salgado acaba de editar ‘Growing Strong’, o seu primeiro álbum en solitario.
Diego Salgado
30 ago 2021 08:00

Icarus é o título do recente videoclip de Diego Salgado, canción que está dentro do seu último disco Growing Strong. O primeiro álbum en solitario do músico de Betanzos que mistura soul, funk e hip hop entre outros estilos é unha obra atravesada polas inquedanzas e pensamentos do autor. Actor de formación, debuxante por vocación, leva trece anos facendo música en diversas agrupacións. O seu eclecticismo levouno por diversos rexistros artísticos e foi durante este ano pandémico cando atopou a oportunidade de sacar o máis íntimo ata agora da súa carreira. “É unha débeda que tiña conmigo mesmo” coméntame mentres falamos do seu último traballo, de música, do mundo no que vivimos, e da necesidade de facerse forte ante as adversidades e de rírse dun mesmo tamén.

Growing strong, boa mensaxe para enfrentarnos a un momento no que o mundo se detivo pola actual pandemia e todo deu un xiro inesperado.
O disco sae nun momento no que a que a vida mudou completamente. Antes de todo isto o meu día a día era dar bolos. E, de súpeto, non houbo nada. Neste sentido creo que o apoio das institucións foi moi limitado. Hai moitos anos que me adico á música e Growing strong sae nun momento persoal moi especial no que trato de asentar a idea de que isto é unha carreira de longa distancia, e de aceptalo. Todo isto fíxome pensar que era o momento oportuno para facer algo propio, e había esa necesidade de facerse forte.

Como se atopa a inspiración dentro deste contexto?
Se ben o disco é unha recompilación de composicións que fixen ao longo de moitos anos, non deixan de ser froito dos meus pensamentos, de todo o que me ocorre na vida diaria. Tamén é certo que hai cancións novas pero, sobre todo, facer este disco en solitario era unha asignatura pendente, unha débeda que eu tiña conmigo mesmo. Esta situación permitiume centrarme neste proxecto. Nese sentido o disco é moi introspectivo e, ao mesmo tempo, moi guerrilleiro e divertido tamén.

“Antes de todo isto o meu día a día era dar bolos. E, de súpeto, non houbo nada. Neste sentido creo que o apoio das institucións foi moi limitado”

Si, de feito tocas unha chea de paus: soul, funk, hip hop… Como foi o proceso desde que tomaches a decisión de dicir, “veña vou facer isto eu só”, a chegar a ter o disco nas túas mans?
Pois a verdade é que o proceso me deu moito. En primeiro lugar porque foi un xeito de estar entretido dentro da casa durante o tempo do confinamento e das sucesivas restricións. Ao final, ao ter que eu grabar todo e producir os temas, pois foi divertidísimo. Aí estás a tope, a nivel creativo estás brillando. Por outra banda, eu tentei tamén facer a mistura e o máster, mais bon, claro, non tiña todos os coñecementos e decidín contar coa axuda da discográfica Onme.

Moi só non estiveches. Contas cun tremendo elenco de colaboradoras.
Si, é certo. Nas colaboracións quería contar con xente á que quero moito: Sheila Patricia, Pau Castiñeira ou Pablo, Ruan e Sergio de Eucaria… Teño moita sorte de estar rodeado de tremendas musicazas e artistas. Tamén é unha especie de agradecemento a elas.

É que, ademáis, non é soamente xente á que queres, senón é que tamén estamos a falar de profesionais.
Sen dúbida algunha. Todas elas son xente á que respecto moito. Como o caso de High Paw, tamén. A ela coñecíaa como artista pero non como persoa e xoguei a carta de falarlle e de pasarlle cousas. Cando lle preguntei dixo que sí e para min foi unha honra que tremenda artista colaborase comigo. Por outra banda, en canto ao video de Icarus, puiden contar con Fran Figueiral na dirección co quen formo parte do colectivo audiovisual Son Rural e coa bailarina Irma López de Gamarra, coa que xa levaba tempo querendo traballar.

“Baixo certas lupas percíbese moi nítida a violencia que o sistema exerce sobre os seres humanos”

Agora que falas de Icarus, tanto na letra como no videoclip segue a estar moi presente esa mensaxe de facerse forte, de aprender a voar, de lidiar coa adversidade…
A verdade é que Icarus ten a súa particularidade. Trátase dun tema que, nun principio, eu compuxera para outra persoa á que non lle acabou de cadrar. Eu soamente fixera a parte musical e quedei súper orgulloso da canción e pensei: “Que carallo, vouna usar eu”. Icarus é un azor, un ave rapaz. Cando fixen a letra eu estaba moi metido no monte. Non buscaba unha metáfora, senón que simplemente estaba personalizando un azor. Despóis, a posteriori, decateime das implicacións filosóficas que podía chegar a ter. Eu procuraba meterme na psicoloxia do azor, que é unha cousa que eu fago moitísimo. Refírome a escreber en primeira persoa desde outros puntos de vista porque iso axúdame a comprender. Neste caso, o dos azores, aí no monte ao lado da miña casa, ver os comportamentos deles foi e segue a ser unha ledicia. Mimeticeime co entorno. Moito tempo alí metido ao final abres os ollos e comezas a ver outras cousas. Non é o mesmo ir ao monte de paseo que estar alí moito tempo. As percepcións son outras.

As cancións de Growing Strong, en certo sentido, son un xeito de darlle a pause ao noso modo de vida tan do inmediato e do urxente…
Si. Growing Strong ven falar un pouco tamén diso. Estamos a vivir un momento que é un pouco un stop. No persoal eu utilizo moito iso de deterse como unha ferramenta persoal para acadar consciencia de min mesmo. Recluirme e mirar. Iso aprendín a facelo e venme moi ben. O asunto é como saír. Porque cando te posicionas fóra acabas alterizando ao resto, enton aí hai que procurar un equilibrio. En certo sentido, tamén hai moita crítica social de como aceptamos cousas inaceptábeis, de como nos deixamos arrastrar cara a certas cousas. En Growing Strong fago fincapé na insconsciencia coa que ás veces vivimos. Creo que hai que facer consciente o como nos comportamos en sociedade.

Que é o que máis medo che da do comportamento acrítico?
A anulación da vontade, a cegueira voluntaria…

Ser músico sempre é unha actividade de risco, máis se fas unha crítica aos modos de vida nun momento como no actual no que tamén están moi presentes os discursos de odio.
A análise do social que eu fago non é miña. É un préstamo de xente que sabe máis ca min. Eu creo que baixo certas lupas se percibe moi nítida a violencia que o sistema exerce sobre os seres humanos. Bozo, unha das cancións do disco, é unha ironía sobre o odio que expulsamos polos dedos tódolos puñeteiros días a través das redes sociais. É unha canción que, ao final, intenta quitar ferro e rirse diso tamén. Bozo é un insulto pero tamén hai lugar a dicir, iso podemos ser todas. Nesa canción trato o tema desde a figura do bufón, que eu creo que é unha das figuras sociais máis importantes da historia. Penso que hoxe en día, esa figura, hai que reivindicala en certo modo para evitar caer na literalidade social. Porque a risa e o humor son ferramentas para poder xestionar o que nos ocorre. Dache distancia de todo e quítaslle importancia.

“O liberalismo está cada vez máis explícito nas dinámicas da industria musical”

Ti es un artista con moita presencia dentro do underground compostelano e tamén en Galiza. Como ves o sector da música actualmente?
Eu creo que agora mesmo hai que entender que a cousa está como está. Máis aló diso creo tamén que as empresas da industria musical non sempre atenden á cultura. Senón que, ás veces, os criterios van máis dirixidos á repercusión que unha proposta poda chegar a ter máis que ao carácter cultural da mesma. Hoxe en día a apariencia volveuse moitísimo máis importante que outros aspectos. O liberalismo está cada vez máis explícito nas dinámicas da industria. Por experiencia propia sei que enfadarse non sirve de moito se non tes poder para cambialo. Hai que intentar miralo todo desde un prisma que non seña o teu, tamén. Sobre todo para poder comprender como vai funcionando o chollo.

Cantante, compositor, actor, debuxante… a que sentes que ainda non lle deches e tes ganas?
Á tatuaxe. Gustaríame aprender a tatuar. É unha cousa á que levo moito tempo dándolle voltas. A min e que ME ferve o cú. É unha cousa que non podo controlar. Por iso tiven sempre grupos moi distintos. Mojo Experience é un grupo de blues-rock, Udra está máis preto do neosoul, Eucaria ten o seu punto experimental... A min gustame facer cousas bonitas, como me saen, non penso: “Ah, vou ser ecléctico”. Pinto e debuxo desde pequeno e creo que iso tamén nalgún momento tiña que volverse algo máis serio. Mentres lle guste á xente, eu feliz.

Que proxectos a futuro tes entre mans?
Agora mesmo estou facendo unhas composicións con Ilmarto, productor de Hip Hop, batera de Narci Rodríguez, de Andrés Cebreiro (Kumo)… e son uns temazos. Había moito tempo que non me picaba o rollo do rap e do hip hop e este ano foi volver un pouquiño a iso, e pasar do blues. Por outra banda, e o máis importante, é que estamos preparando o repertorio de Growing Strong para o directo. Estarei acompañado dos meus compis de Eucaria e de Kumo á guitarra. Estou moi feliz porque soa moi ben. O formato está adaptado ao vivo, para os escenarios, onde pronto poderemos presentalo.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Música
Kiliki Frexko “No me interesa el arte político que te dice qué pensar o cómo deben ser las cosas”
Tras años de trabajo colectivo, Kiliki Frexko presenta su primer proyecto en solitario. ‘Iltze 1’ es un paso adelante en su trayectoria, donde mezcla referencias, explora nuevos sonidos y habla desde un lugar más personal, sin perder el filo.
A Catapulta
A Catapulta Silvia Penas, a creatividade na procura
A poeta, performer e creadora repasa na Catapulta a súa carreira e o súa visión sobre a poesía
Sevilla
Proyectos estratégicos Ilegalidades pasadas y peligros futuros de la mina que la Unión Europea quiere revivir en Sevilla
Las Cruces tiene un historial de más de 6,5 millones de euros en sanciones e indemnizaciones por extracciones ilegales de agua. El espaldarazo de la UE y del Gobierno al proyecto podría empeorar los vertidos que ya realiza la mina en el Guadalquivir.
Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar llegan a un acuerdo para que el SMI no tribute el IRPF
Pese a adelantar la ministra de Trabajo que se habían roto las negociaciones, finalmente las personas que cobren el salario mínimo no tendrán que declarar en 2025.
Comunidad de Madrid
Comunidad de madrid El taxi advierte de que las nuevas licencias a Cabify van a “reventar el mercado”
El Tribunal Superior de Justicia de Madrid da la razón a las plataformas de VTC y obliga a la Comunidad de Madrid a concederles más de 2500 nuevas licencias en la comunidad.
Comunidad de Madrid
Sanidad Universal Sociedades sanitarias critican el SMS amenazante que el Gobierno de Ayuso está enviando a personas migrantes
Cuatro sociedades científicas denuncian un texto amenazante en el que se indica al destinatario que dispone de 30 días para seguir de alta en la Tarjeta Sanitaria, lo que está generando “incertidumbre” y “desprotección”.
Notas a pie de página
Notas a pie de página Mansiones encantadas y casas sin cocina
La casa encantada como símbolo de la opresión del espacio doméstico recorre la literatura de muchas escritoras. Pero hubo un tiempo en el que algunas feministas trataron de imaginar otro hogar posible, en el que se liberase el trabajo doméstico.

Últimas

Economía
IPC La inflación interanual cae hasta el 2,3% en marzo gracias a las lluvias
Las precipitaciones han reducido el precio de la electricidad.La subyacente también se reduce dos décimas hasta situarse en el 2%.
Opinión
Opinión Sobre la cancelación de Georgina Orellano en el Foro ESPAL 2025
La cancelación de Georgina redunda en esta incapacidad para escuchar a las trabajadoras sexuales y en el pánico que tienen de que se las escuche. Denota inmadurez política, cerrazón dialéctica y pacatería moral.
Economía
Análisis Europa, ¿última defensora del liberalismo o cómplice de un orden fracasado?
El peligro no proviene únicamente de líderes externos “autoritarios”, sino de la erosión interna de la democracia bajo un sistema que pone al mercado por encima de la gente.
València
València La jueza de Catarroja pide a la Guardia Civil que documente cuántas cámaras hay en el Cecopi
La instructora del caso de la dana ha encargado la elaboración de un informe sobre las instalaciones del Centro de Coordinación de Emergencia (Cecopi).
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Consumo abre expediente a Alquiler Seguro por prácticas abusivas contra los inquilinos
La decisión del Ministerio de Pablo Bustinduy, según el Sindicato de Inquilinas, “abre la puerta a la devolución de millones de euros a las inquilinas que reclamen sus derechos”.

Recomendadas

América del Sur
América del Sur La batalla por el litio: pueblos originarios resisten un “genocidio medioambiental y cultural”
Sudamérica se ha convertido en la proveedora mundial de materias primas para la transición energética. Las comunidades afectadas se rebelan ante una actividad que genera desposesión de tierras, contaminación, sequía y conflictos internos.
El Salvador
Ivania Cruz “El estado de excepción se está utilizando en El Salvador para gobernar en base al miedo”
A esta defensora de derechos humanos y comunitarios le allanaron su casa mientras se encontraba en un viaje internacional. Desde el exterior, denuncia la persecución del gobierno salvadoreño hacia su organización y hacia las comunidades que defiende.
Yemayá Revista
México Sobrevivir en la frontera: el cuerpo como moneda de cambio
En Tapachula, punto clave de la frontera sur de México, miles de mujeres migrantes permanecen atrapadas sin poder seguir su camino hacia Estados Unidos.