Minería
Contra a megaminería, a veciñanza iluminada

Tacharannos de iluminados, ‘ecoloxetas’ ou alborotadores mais ese desprestixio non é suficiente. Eses grupos sociais traballan arreo para protexer as súas propias vidas ante a ameaza da minería destrutiva, e demostrarán ter máis folgos que a empresa.

14 ene 2019 08:30

A ameaza da minería nun pobo non xorde dun día para outro, é un mal que vai xerminando aos poucos, silenciosamente. Moito antes de que o boletín oficial anuncie o inicio da fase de  información pública dun proxecto de explotación, as empresas promotoras xa levan moito andado. Normalmente todo comeza cunha pequena empresa local, que se fai coa concesión dos dereitos mineiros e, con iso, tamén coa complicidade e favores dos gobernos local e autonómico. En moitos casos, podería dicirse que o goberno municipal chega a converterse nunha corporatocracia, na que quen ostenta o poder, o alcalde e concelleiros, toman decisións favorables a determinadas corporacións en detrimento do pobo. Estes gobernos, normalmente rexidos por alcaldes con pouca formación e aínda menos escrúpulos, van sucumbindo aos encantos da mineira, que lles vende fume a prezo de ouro, ou o metal que se prece segundo o xacemento obxecto de explotación. E, a medida que estas empresas aumentan o seu control sobre a toma de decisións nos municipios nos que pretenden instalarse, as administracións serán menos capaces de resistilas e defender aos seus propios cidadáns. 

Minería
Actuacións do lobby mineiro en Galiza
A administración e lobbies como a COMG facilitan a actividade das multinacionais extractivas baixo unha lóxica clara: a maximización de beneficios.

Cando a pequena empresa xa está asentada é cando empeza a traballar no novo proxecto de explotación, para o que se aliará cunha multinacional con máis experiencia no sector e, sobre todo, con máis solvencia financeira. Xuntas crearán unha nova empresa, que non fará moito ruído ata que o proxecto sexa público, normalmente cando a maioría da xente estea de vacacións, con “agostosidade”.

O primeiro que tentan estas compañías en canto sae á luz o proxecto de explotación mineira é buscar a licenza social, a aprobación da comunidade local, e para iso empregarán todo tipo de estratexias, nas que non escatimarán recursos económicos. Exemplo son as charlas informativas nas que tratan de vender o proxecto como a única e gran oportunidade de crecemento da contorna, que xerará centos de empregos directos e seguramente miles indirectos, non sen antes convencer á veciñanza de que o seu é un concello en declive, e eles están aquí para vir salvalos da máis absoluta miseria.

Minería
Os perigos da minería: do Congo a Arinteiro
Denuncian condicións “comparables ás de Guantánamo” nunha mina posta en marcha polo CEO de Atalaya, impulsora do proxecto para a mina de Touro.

Primeiro ofrecen emprego local na empresa concesionaria ou noutras afíns, e así van achandando o terreo, engaiolando a unha parte da poboación, á que ademais ameazarán con posibles despedimentos por unha suposta falta de traballo se a mina non consegue a autorización para operar.

Pero as empresas deste tipo, aínda que o tenten, non poden compralo todo. Non poden comprar as vontades das veciñas e veciños afectados polos seus proxectos extractivos, que se verán no deber de organizarse para defender o seu, as terras, o medio, o auga, os seus modos de vida, totalmente incompatibles coa minería especulativa e tóxica, en todos os sentidos da palabra. Así xorden estas plataformas veciñais, que nos seguintes meses, ou anos no peor dos casos, teranse que enfrontar ineludiblemente aos enganos da mineira para saírse coa súa.

Hai dous pesos na balanza: dun lado a mineira e do outro o resto da veciñanza organizada para tratar de impedir que a empresa consiga explotar a mina. Pero hai un elemento máis, a administración que decide sobre o proxecto, en que lado se sitúa?

Agora xa non hai volta atrás, xa hai dous pesos na balanza: dun lado a mineira, xunto coa corporación municipal á que domina e os empregados da mesma que xa non teñen elección, e do outro o resto da veciñanza organizada para tratar de impedir que a empresa consiga explotar a mina. Pero hai un elemento máis, a administración que decide sobre o proxecto, en que lado se sitúa? A quen debe defender primeiramente? A resposta pode parecer tan sinxela como dicir que a administración debe seguir a lei, mais a realidade parece ser moi distinta na maior parte dos casos.

Non é estraño que os departamentos de Minas ou Medio Ambiente miren para outro lado cando reciben queixas sobre as sospeitosas actividades destas empresas, ou que poñan mil e unha trabas administrativas aos afectados pola posible futura explotación á hora de acceder a determinada información sobre o expediente.

Lei de depredación
Tecidos pola defensa da terra

Plataformas veciñais galegas traballan por un rural vivo. Nacen a partir do rexeitamento a proxectos extractivistas, de grande impacto no medio natural e escaso na economía local. En rede, loitan contra o crecemento económico a calquera prezo.

Canto maior sexa a forza social que consigan as organizacións cidadás, máis agresiva será a campaña de lavado de imaxe da promotora. Primeiro tentarán desacreditar aos seus opositores,  tratando de vincular en todo momento a súa postura contraria á mina a cuestións ideolóxicas e  partidistas. Tacharannos de iluminados, axitadores profesionais, ‘ecoloxetas’, alborotadores e todo o  que se lles ocorra. Pero normalmente esa campaña de desprestixio non lles é suficiente,  pois eses grupos sociais, aínda sen ser expertos no ámbito da minería ou do medio ambiente, non  teñen máis remedio que traballar arreo para protexer as súas propias vidas ante a ameaza da minería destrutiva, e demostrarán unha e outra vez ter máis folgos que a empresa. É por iso que a compañía tentará venderse como unha industria sustentable, respectuosa co medio e co resto de actividades económicas para o que precisan da complicidade de grandes medios de comunicación, aos que non dubidarán en pagarlles caras publirreportaxes a dobre páxina nos que contar as bondades dos seus plans para a comunidade.

A compañía tentará venderse como unha industria sustentable, respectuosa co medio e co resto de actividades económicas para o que precisan da complicidade de grandes medios de comunicación.

Algo habitual nestas campañas das mineiras é a contratación de persoas estratéxicas, conseguidores de vontades e da tan ansiada licenza social. Así, non é raro que formen parte do seu persoal  concelleiros dun partido favorable ao proxecto ou presidentes dalgunha asociación influínte na contorna.

A empresa nunca tratará de mellorar o proxecto presentado ante a administración, pois ten moi  calculado cal é a forma máis barata de conseguir os maiores beneficios posibles, e calquera  adaptación á legalidade ou ao menor dano ás persoas e ao medio ambiente supoñeralle perder ganancia, que é o único que busca. Os investimentos que fará antes de conseguir o sí da administración serán soamente para facerse co máximo apoio popular posible. Como moito presentarán informes asinados por técnicos con certo renome, seguramente do ámbito universitario, que sempre parece dar certo ‘caché' a calquera estudo técnico. 

Minería
Crónica dunha ecoloxista na xunta dunha multinacional mineira
Activistas contra a megaminería entraron na xunta de accionistas de Atalaya Mining e se viron obrigados a escoitar as reivindicacións sobre a mina de Touro.

Pero as multinacionais mineiras teñen a billeteira grande e a conciencia pequena, e todo lles parece pouco no seu afán por conseguir o vil metal, polo que non escatimarán en gastos e organizarán  visitas guiadas de todo tipo ao xacemento, sobre todo de escolares, a quen poidan facer ver que todo o labor que realizan é exemplar e respectuoso co medio. E se na zona hai algún club deportivo con certa categoría non han tardar en tentar patrocinalo, ofrecéndolle unha suculenta cifra de diñeiro que doutro xeito lles sería moi difícil de conseguir, e cada vez que ese equipo salga ao terreo de xogo lucirá o flamante nome da empresa na camiseta, e así se venderá como unha gran entidade que apoia e fomenta a vida saudable e os valores deportivos. Calquera cousa serve para comprar sociedade. 

Ata onde están dispostas a chegar estas empresas coa especulación mineira? Teñen límite os seus intentos de manipulación? Por que os gobernos permiten que estas entidades os manexen ó seu antollo? A cambio de que? Sen dúbida, unha vez que unha mineira pon o pé no teu municipio, xa non hai volta atrás, ou estás con eles ou estás contra eles, o que vén sendo contra a destrución, contra a contaminación, contra a explotación dos teus recursos e do teu modo de vida, contra o dano á saúde. Se ves a mineira chegar prepárate, porque che vai tocar loitar.



Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.
Sevilla
Medio ambiente Diez Ayuntamientos, agricultores y colectivos sociales exigen el cese de los vertidos mineros al Guadalquivir
Ayuntamientos y colectivos han enviado una carta al presidente de la Junta exigiendo que haya una moratoria a las minas de Aznalcóllar y la Mina Las Cruces y a los vertidos que pretender realizar al Guadalquivir
Líbano
Líbano Cinco décadas sin paz ni justicia en Líbano
El país mediterráneo conmemora el 50 aniversario desde el inicio de la guerra civil, un conflicto cuyos crímenes no se han juzgado y cuyos desaparecidos no se han encontrado
València
València “‘El vol de Guillem’ ha supuesto la liberación de todos estos años de lucha”
Ricard Tàpera, autor del cuento, y Betlem Agulló, hermana de Guillem Agulló, que ha puesto voz a la historia, nos explican cómo ha sido el proceso de creación de esta obra coral, ilustrada por Helga Ambak.
La vida y ya
La vida y ya Días de vacaciones
No somos conscientes de que la lluvia depende, en un porcentaje altísimo, de ellas. Sin plantas hay menos lluvia. Sin lluvia las semillas no germinan. Así funciona.
Opinión
Opinión Poliamor de derechas, poliamor de izquierdas
La no-monogamia no puede ser simplemente una etiqueta identitaria o una preferencia personal, sino una práctica material que cuestiona la propiedad privada, la privatización de los cuidados y la reproducción de los roles de género

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Más noticias
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andreu Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.