Minería
As actuacións do lobby mineiro galego e da administración a prol da megaminería

O obxectivo das empresas mineiras coincide coa máis crúa lóxica do capitalismo: a maximización de beneficios. A isto axudan lobbies galegos como a Cámara Oficial Mineira de Galicia ou a administración pública coas as leis de 2013 e 2017, destinadas a ofrecer facilidades administrativas e económicas ás grandes empresas mentres aumenta o conflito social.

Manifestación mina touro
Resistencia veciñal contra a mina de Touro. Pablo Santiago
Profesor Titular de Economía Aplicada da USC, membro da Asociación Véspera de Nada e da rede ContraMinAcción
20 jun 2018 23:05

O obxectivo das empresas mineiras, en particular das grandes multinacionais, coincide co doutras empresas e coa máis crúa lóxica do capitalismo, a maximización de beneficios a curto prazo. O peculiar deste sector é que para alcanzalo, búscase extraer todo o mineral posíbel no menor tempo, é dicir, utilizar tecnoloxías de extracción que abaraten os custes ao máximo, mentres se aceleran os tempos de extracción e, en consecuencia, os de esgotamento da propia mina. Esta aceleración nos procesos ten varias vantaxes, unha de carácter mercantil, aproveitar a conxuntura dos mercados que levaron a considerar que, en determinadas condicións, a mina é viábel. Outra, a sociopolítica, evitar que as poboacións locais perciban o espolio a que están sometidas e as graves consecuencias ambientais desas tecnoloxías agresivas, tratando de impedir así unha reacción social en contra que limite a actuación da empresa e os seus beneficios.

A OPOSICIÓN SOCIAL, UN PROBLEMA PARA AS EMPRESAS MINEIRAS

Un dos problemas para que estas empresas alcancen os seus obxectivos, é que  se filtre unha información á sociedade que sirva de alerta para pór en acción a poboación civil, sobre todo porque se vai estendendo o coñecemento sobre estes proxectos megamineiros, das súas consecuencias en diversos lugares do mundo e os graves prexuízos de todo tipo para os ecosistemas e poboacións locais. Por este motivo, as empresas mineiras consideran prioritario o control, con todas as armas ao seu alcance, destas manifestacións de oposición social. Deben buscarse fórmulas que permitan conseguir o apoio popular ou que, polo menos, neutralicen a súa oposición. Conseguilo é o que vai permitir que se cumpra o obxectivo principal de maximización de beneficios a curto prazo.

Manifestación mina touro
Resistencia veciñal contra a mina de Touro. Pablo Santiago

E aquí entran en xogo as actuacións do lobby mineiro. Un lobby ten unha forma non sempre ben definida, que se pode manifestar como unha agrupación aparentemente informal no que coinciden organizacións profesionais, asociacións, fundacións, técnicos, investigadores ou medios de comunicación, é dicir, un grupo de persoas físicas e xurídicas con intereses comúns, con influencias e que poden exercer unha presión para tratar de condicionar decisións políticas e lexislativas, e para condicionar a opinión pública para que coincidan cos seus intereses. Normalmente existe un núcleo máis forte, ao redor dunha organización ou dun grupo industrial ou financeiro, en contacto con múltiples axentes que serven como ferramentas nese exercicio de presión.

A Cámara Oficial Mineira de Galicia, o lobby galego

A nivel galego, ese papel cúmpreo fundamentalmente a Cámara Oficial Mineira de Galicia. Obsérvase neste caso unha característica non sempre presente noutros ámbitos económicos, que ten que ver coa orixe e natureza das cámaras mineiras. Estas constituíronse conforme un Real Decreto de 1921, hoxe derrogado, e a normativas que o desenvolven en anos posteriores. Son corporacións de dereito público, é dicir unha entidade autónoma de base privada que representa e defende os intereses das empresas mineiras, representándoos diante dos poderes públicos e mesmo tendo funcións públicas de ordenación do sector. Todas as empresas que pretendan exercer a súa actividade profesional na minaría deben ser socias destas cámaras. Deste modo, a cámara mineira pode estar a realizar funcións públicas que lle asigne a Xunta de Galicia, como por exemplo, levar o Rexistro Mineiro de Galicia ou elaborar estatísticas mineiras, ao tempo que, como recolle o seu regulamento de réxime interior, ten como funcións “Representar, defender e promover os intereses mineiros dos socios, mediante o exercicio de cantas accións sexan necesarias para cumprir o seu cometido” ou “Realizar, todas aquelas accións que contribúan a mellorar o coñecemento e integración social das actividades mineiras incluídas a promoción, organización ou fomento de exposicións e feiras”, etc. Esa relación directa cos poderes públicos e o facto de reunir a todos os intereses privados das empresas mineiras permite exercer perfectamente ese papel central do lobby mineiro.

Unha das prácticas é publicitar unha versión edulcorada dos proxectos mineiros, onde se sobredimensionan os efectos positivos e se fan coincidir os intereses privados cos intereses da sociedade.

Múltiples exemplos nos últimos anos permiten observar esta relación, onde se confunde o público e o privado e onde aparecen outros axentes acompañándoa na defensa dos seus intereses. A dirección destas actuacións é clara: gañar consenso social, darlles forma legal aos seus proxectos e procedementos e eliminar ou neutralizar a oposición.

Para conseguilo, unha das prácticas é publicitar unha versión edulcorada dos proxectos mineiros, onde se sobredimensionan os efectos positivos e se fan coincidir os intereses privados cos intereses da sociedade. Ou máis correctamente, onde se ocultan os verdadeiros beneficios empresariais e se negan os impactos negativos, que se cualifican sempre como alarmistas ou indocumentados. Un exemplo recente témolo coa mina de Touro-O Pino, onde Alberto Lavandeira, conselleiro delegado de Atalaya Mining, di que os vertidos ao Ulla e que poderían chegar á Ría de Arousa forman parte do “alarmismo que se ha creado”. Mais esta voz da empresa, non é suficiente senón ten eco en outras voces doutros ámbitos. Paula Prado, deputada do PP, dirá en intervención parlamentaria que hai que manter a tranquilidade diante de “alarmismos de organizacións e partidos”.

Ás veces tamén se busca ese tipo de declaracións en técnicos ou universitarios. En 2013, Jordi Delgado, Catedrático de Enxeñaría do Terreo da Universidade da Coruña (UDC), un dos autores do informe relativo á afección das augas pagado pola empresa mineira, dicía “de forma gratuíta alármase áa poboación en lugar de presentar feitos obxectivos contrastábeis”. Dun modo semellante se manifestaba hai pouco Ricardo Juncosa, profesor da UDC e membro do Grupo Enxeñaría da Auga e o Medio Ambiente, respecto á mina de Touro-O Pino e os efectos que puidese ter para a Ría de Arousa, “son verdadeiras barbaridades”. Vai máis alá, entrando a desacreditar e mesmo criminalizar aos que se opoñen e manifestan preocupación: “A xente debe informarse e non se deixar manipular. Aquí hai uns profesionais da axitación, e esta si é unha opinión persoal, e esa axitación obedece a cuestións ideolóxicas”. Razóns ideolóxicas ou pecuniarias que se supón non están presentes na declaración de alguén que forma parte do equipo que asesora a Cobre San Rafael no proxecto da mina de cobre de Touro-O Pino. Talvez non por casualidade, nese mesmo grupo de investigación da UDC, está José Manuel Álvarez-Campana Gallo que foi director da Cámara Oficial Mineira de Galicia e anteriormente director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia, entre outros cargos . Este grupo elaborou no 2018 tres informes para Atalaya Mining - Cobre San Rafael, os tres tendo como investigador principal a Ricardo Juncosa e un deles compartindo ese papel con Jordi Delgado. Outros dous informes foran realizados en 2017, ademais doutros nese e outros anos para empresas mineiras.

Calquera disensión sobre a versión oficial que sae do núcleo do lobby mineiro será rapidamente desacreditado, como opinións non contrastadas, sen rigor, propio de “iluminados” que “ameazan sen dar datos concretos”

Esta dependencia, crecente na universidade, dos proxectos ou informes encargados por empresas, dificulta que moitos científicos se decidan a dar un paso para elaborar informes verdadeiramente neutrais. O financiamento público para investigación, sobre todo en Galicia, foise dirixindo case por completo a financiar proxectos liderados por empresas onde as universidades son, como moito, subcontratadas. Sen negar a capacidade profesional desas persoas, as súas declaracións serán sempre utilizadas en favor dos intereses das empresas para as que traballan. Establécense relacións de confianza con certos investigadores e de desconfianza con respecto a outros en función das súas actuacións e declaracións públicas. Isto determina, queirámolo ou non, un papel subordinado da ciencia ao capital e os seus intereses que vai en contra da independencia que os científicos deberían ter para realizar a súa investigación. Calquera disensión sobre a versión oficial que sae do núcleo do lobby mineiro será rapidamente desacreditado, como opinións non contrastadas, sen rigor, propio de “iluminados” que “ameazan sen dar datos concretos”, como dicía Alberto Lavandeira en marzo a La Voz de Galicia.

Cando o descrédito non é suficiente, pódese chegar a denuncias directas contra opositores. É o caso, por exemplo, do xuízo contra o presidente da Asociación Cultural O Iribio por opoñerse as accións de Cementos Cosmos en Triacastela.

O PLAN DE SECTORIAL DE 2013: A SUSTENTABILIDADE GALEGA MINEIRA BAIXO OS CRITERIOS DE MERCADO

Un magnífico exemplo de acción de lobby e de conivencia público-empresarial foi a tramitación en 2013 do Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galiza. É un documento de ordenación do territorio galego de carácter supramunicipal. O documento que serve de base está baixo a dirección técnica da Cámara Oficial Mineira de Galicia. Adiantándose á Lei do solo de 2013, xa anunciaba a posibilidade de permitir ou autorizar actividades mineiras en todo tipo de solos, incluídos os de especial protección independentemente da categoría (agropecuaria, forestal, infraestruturas, augas, costas, espazos naturais, paisaxísticos ou de interese patrimonial, artístico ou histórico), precisamente porque esa porta, que non existía na anterior lei de ordenación, abríase co Plan Sectorial. Deixaba claro tamén o plan cal debía ser a interpretación dun aproveitamento sustentábel dos recursos mineiros, consiste: “Equilibrar a oferta de materias primas e minerais ás necesidades da demanda actual e prevista no horizonte do Plan Sectorial” ou “Identificar as zonas con potencial mineiro (...) e fomentar labores de exploración e investigación de recursos minerais máis demandados actualmente e dos que se prevé un incremento de demanda nos próximos anos, iniciando este proceso, de ser posíbel, nas categorías de solo rústico menos sensíbeis aos efectos xerados polas actividades extractivas”. Ou sexa, a sustentabilidade mineira galega é aplicar criterios de mercado para adaptarse aos cambios metabólicos da economía mundial.

Por se aínda ficaran dúbidas, o Plan Sectorial indicaba o seu alcance “debe comprender todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia xa que aínda existen grandes superficies do territorio susceptíbeis de aproveitamento dos recursos minerais, nas cales non se realizaron as correspondentes labores de exploración e investigación, polo que restrinxir o ámbito do Plan Sectorial podería supoñer reducir as posibilidades futuras de aproveitamento dos recursos minerais”. Como diría o lema que mantivo a Consellería de Economía e Industria durante moito tempo “Galiza é unha mina”.

A LEI DEPREDACIÓN DE 2017: MÁIS FACILIDADES PARA AS EMPRESAS E MENOS CONTROIS

Máis recentemente, a Lei/2017, de 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galiza (coñecida popularmente como Lei de Depredación de Galicia), parece claramente inspirada por diferentes lobbies sectoriais, entre eles o mineiro. Vanse modificar 12 leis e outras normas.

Lei depredación Galiza_2
Cabeza da manifestación contra a Lei de depredación Pablo Santiago

Dentro desas modificacións está a que ten que ver coa declaración de Proxecto Industrial Estratéxico de acordo coa Lei 13/2011 de política industrial de Galiza, figura pola que poden optar os proxectos mineiros, tal e como intentou no seu día o proxecto de Corcoesto: redúcense de 50 a 20 millóns de euros o volume de investimento necesario, e redúcense de 250 a 100 os postos de traballo directos. Esta declaración implica a non -suxeición a licenza urbanística, a declaración de utilidade pública do proxecto, a prevalencia sobre outras utilidades públicas, incidencia supramunicipal, adxudicación directa de solo e subvencións. Ademais, supuxo unha modificación substancial da Lei 3/2008 de minaría de Galicia (eliminado trámites, reducindo prazos, concentrando na Consellaría de Industria a potestade de aprobar proxectos...).

En definitiva máis facilidades administrativas e económicas e menos controis. Mentres tanto, o conflito social segue aberto e ampliándose freando parte dos obxectivos ocultos do lobby mineiro, mais tamén as empresas aprenden dos seus erros e amplían o seu campo de actuacións e mudan estratexias. Os movementos antimineiros tamén van evolucionando e saben que non poden baixar a garda.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Sevilla
Medio ambiente Diez Ayuntamientos, agricultores y colectivos sociales exigen el cese de los vertidos mineros al Guadalquivir
Ayuntamientos y colectivos han enviado una carta al presidente de la Junta exigiendo que haya una moratoria a las minas de Aznalcóllar y la Mina Las Cruces y a los vertidos que pretender realizar al Guadalquivir
León
Accidentes laborales Cuatro mil personas despiden en Villablino a los mineros muertos
Los sindicatos se concentran en Oviedo y exigen al Principado que se persone como acusación particular en el proceso penal. En 2023, un vecino alertó de las condiciones de inseguridad bajo las que operaba la mina.
#26944
1/12/2018 1:49

A camara recibeu nos ultimos anos 460.000 euros de fondos publicos para gastos de funcionamento premios santa barbara...estamos pagandolle p papel,fotocopias,luz auga etc.aos millonarios graniteiros e louseiros

0
0
#19722
3/7/2018 12:37

Gustariame ver un debate serio sobre este tema que considero moi relevante para a sociedade galega

5
0
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.