O abandono cans

Maltrato animal
O verdadeiro alcance do abandono animal

Malia contar con lexislación propia en materia de protección e benestar dos animais de compañía dende 2017, os datos de abandono en Galicia revelan fallas estruturais no sistema de xestión de servizos que o proxecto de lei estatal dificilmente vai resolver
21 nov 2022 17:03

José Manuel Tedín, voluntario da Protección Civil de Camariñas, lembra que este ano, a finais do mes de marzo, tiveron que rescatar un cachorro atrapado nunhas ruínas valadas ante a posibilidade dun derrubamento. Foi un veciño da localidade quen chamou a Protección Civil tras escoitar os berros do can. A operación non foi sinxela. Unha vez chegaron ao lugar puxeron en marcha o servizo de recollida de animais que presta neste e noutros concellos cos que ten convenio a empresa especializada Xestión Ética do Abandono (XEA). Malia a incerteza inicial, a historia de Gosby –nome co que foi bautizado o cachorro– tivo un final feliz. Pasados os 10 días establecidos para que os donos puidesen reclamar o animal, este foi entregado en adopción, seguindo o protocolo para garantir o seu benestar.

O caso de Gosby, con todo, é un máis que se suma ás cifras do abandono de animais de compañía. Segundo se destaca no Estudo de Abandono e Adopción 2022 da Fundación Affinity, o ano pasado foron recollidos máis de 285.000 cans e gatos no Estado español. En Galicia, a situación é igual de alarmarte. A asociación animalista Libera estima que en 2021 foron abandonados no territorio uns 27.000 animais, e que esta mala práctica aumentou nun 42% desde 2017. Esta realidade contrasta totalmente coa doutros Estados europeos, como o neerlandés, que se aproxima ao cero absoluto. Se temos en conta que esas cifras só reflicten os casos contabilizados, o problema é aínda máis grave. Óscar Villar, director da empresa XEA, confesa que, tras cinco anos realizando o servizo de lacería en practicamente toda a Costa da Morte, “ninguén nos preguntou nunca cantos animais recollemos ou tivemos neste tempo”, algo que, segundo el, “pon de relevo como se levan a cabo esas estatísticas e a súa fiabilidade”.

O ano pasado, en Galicia foron abandonados uns 27.000 animais, o que representa un aumentado dun 42% desde 2017.

Este caso particular e estas cifras expoñen soamente a parte máis visible do problema, pero non dan constancia da problemática ao non mostrar a outra parte dela: os conflitos relacionados coa xestión. Porque o caso de Gosby é un caso illado, pouco frecuente, tanto pola axilidade da súa tramitación, como pola colaboración que se estableceu entre todos os axentes participantes. Na realidade, o problema do abandono non se termina nese primeiro acto, senón que continúa.

A economía do abandono

Malia estar en proceso de trámite parlamentario unha nova lei estatal de protección, dereitos e benestar dos animais que entrará en vigor en 2023, Galiza contra desde 2017 cunha lei autonómica de protección e benestar dos animais de compañía que xa recolle protocolos de actuación para combater o maltrato e abandono. Este marco legal introduxo hai cinco anos importantes cambios respecto da normativa anterior que supuxeron desafíos en materia de xestión, principalmente para os concellos, que teñen a competencia exclusiva sobre esta materia. Na lei de 2017 xa se consideraba o sacrificio como unha medida excepcional que non se podía aplicar en centros de acollida temporal de animais se non había debida xustificación. Tamén se definían os núcleos zoolóxicos e os requerimentos mínimos para a súa autorización, incluíndo nesta categoría os centros de recollida de animais abandonados e os centros de adopción de animais de compañía. O ámbito de actuación das asociacións de protección e defensa dos animais mudou, e os servizos de lacería e refuxio derivaron nunha maior profesionalización, con empresas privadas especializadas facéndose cargo destes servizos municipais.

Aplicar esta lei supuxo un considerable aumento de custos para os concellos. Os máis pequenos, con baixo orzamento municipal, non ocultan a súa impotencia respecto das dificultades que atravesan para garantir a protección e o benestar destes animais. “A nós, nada nos gustaría máis que poder aplicar a lei na súa totalidade, pero é imposible para un concello como o noso”, afirma Xan Carlos Sar, tenente de alcalde e concelleiro de Obras e Xestión de Servizos Públicos en Fisterra. Segundo os seus cálculos, nos primeiros anos de aplicación da lei, os custos relacionados coa xestión municipal dos animais abandonados ascenderon a 100.000 euros anuais. “E iso sen chegar a aplicar a lei na súa totalidade”, puntualiza.

Tres cans ilustración

Diante desta situación, hai concellos que buscan compartir custos a través da creación de mancomunidades, mais esta fórmula non sempre funciona. “Todos estamos a abaratar custos, en vez de unirnos e afrontar a realidade; non estamos todos a unha”, critica o tenente de alcalde de Fisterra.

Tendo en conta que o abandono de animais supera os límites municipais, desde a administración local reclámase unha maior participación da Xunta de Galicia. “Non pedimos que a Xunta se faga cargo de todos os custos, só dunha parte que nos permita asumir a aplicación da lei de forma íntegra”, sinala Xan Carlos Sar desde Fisterra. “O problema non é imposible de solucionar, realmente o único obstáculo é o económico”, conclúe.

Óscar Villar, que representa a perspectiva das empresas que están prestando estes servizos de lacería e refuxio, móstrase crítico con esta postura municipal e considera que desviar a outras administracións públicas todos os gastos derivados da aplicación da lei de protección e benestar de animais de compañía é un erro. Pon como exemplo a situación de Ourense. “Alí é a Deputación a que xestiona isto, en lugar dos concellos, e non se solucionou o problema, máis ben ao contrario: alí os custos son maiores, xa que os concellos teñen tarifa plana” e non limitan o número de animais que envían ás instalacións porque lles supón o mesmo desembolso. “O resultado son canceiras saturadas”, conclúe Villar.

Os concellos, especialmente os máis pequenos, resístense a licitar contratos públicos para externalizar o servizo de recollida e refuxio de animais abandonadose, e prefiren asinar convenios con empresas para pagar por acción realizada, sen compromisos.

Este profesional radicado en Zas non rexeita o establecemento duns servizos mínimos que estean subvencionados pola Xunta ou a Deputación, mais suxire que se debería aplicar algún método de recarga para aqueles concellos que se excedan co envío de animais, de tal xeito que estes asuman a responsabilidade de tomar medidas para previr os abandonos. Villar observa que non se están realizando suficientes esforzos para concienciar e sensibilizar á poboación sobre este problema. “Dos 28 concellos que xestionamos desde XEA, tan só un ten feito uso das charlas gratuítas que ofrecemos”, comenta.

A relación de colaboración entre concellos e empresas que prestan servizos de recollida e refuxio de animais abandonados tampouco é sempre fluída. Os concellos, especialmente os máis pequenos, resístense a licitar contratos públicos para externalizar este servizo e prefiren asinar convenios con empresas como XEA para pagar por acción realizada, sen compromisos. Para as entidades privadas que prestan os servizos, como denuncia Villar, esta estratexia dos concellos para reducir custos non só lles supón unha gran inestabilidade financieira e frecuentes conflitos sobre as cantidades a pagar, senón que tamén desencadea irregularidades manifestas. “Os servizos que exceden os 15.000 euros anuais deben pasar por concurso público, mais nós levamos anos superando esta cantidade e aínda así nunca tivemos un”, sentencia. “Os contratos non existen por un motivo claro: (os concellos) non queren atarse (cunha empresa)” porque están á espera de que veña outra a facelo máis barato. 

As protectoras, impotentes diante das dificultades

Coa lei de 2017, as asociacións de protección e defensa dos animais que antes realizaban tarefas de recollida e refuxio en concellos veron limitado o seu ámbito de actuación a labores de concienciación sobre o abandono e promoción da adopción, principalmente. Raquel Lijó López, directora da asociación SOS Pelines da Coruña, lembra que antes da reforma lexislativa de hai cinco anos en Galicia realizaban todo tipo de tarefas relacionadas coa protección e o benestar de animais abandonados nun concello da Costa da Morte por medio dun convenio, pero non recibían ningunha axuda para afrontar os gastos derivados do servizo. “Aquilo era vergoñento”, comenta.

Unha das funcións que teñen agora as protectoras é actuar como intermediarias en casos de animais de compañía que quedan sen fogar. “Nós non tramitamos adopcións, senón que somos un lugar de paso”, explica Lijó. Cando os donos non poden seguir coidando dun can ou dun gato, morren ou cambian de domicilio, “contactan con nós, pedímoslles os datos do animal e facémonos cargo del mentres non se lle atopa un novo fogar; somos un propietario intermedio”. O proceso iníciase coa chamada dun particular ou dos servizos sociais comunitarios dun concello. Advírtese da situación, e desde a asociación poñen en marcha un protocolo.

Con todo, as protectoras soen carecer de espazo físico para poder manter estes animais con elas, polo que usan as chamadas “casas de acollida”. Estas son vivendas que proporcionan colaboradores da asociación nas que os animais reciben os coidados desas mesmas persoas voluntarias mentres agardan por unha familia adecuada para eles. Ademais de buscar novos fogares para estes animais, a asociación realiza un seguimento do contrato asinado e fiscaliza que se cumpran compromisos como a esterilización, as visitas ao veterinario ou o control de parasitos e vacinas.

As protectoras, aínda que estean dispostas, non poden prestar servizos de lacería e refuxio aos concellos porque o marco legal establecido en 2017 as deixa fóra da categoría de núcleos zoolóxicos.

Este traballo voluntario de intermediación e prevención do abandono soamente o están realizando as protectoras. “As canceiras non recollen a particulares na maioría dos casos, só o fan cando hai unha xustificación concreta”, explica Lijó. “Nós estamos aí para que o animal non quede abandonado na rúa”. 

Así e todo, a pesar de traballar en ámbitos diferentes, persisten os receos mutuos entre as protectoras de animais e as empresas dedicadas a prestar servizos de lacería e refuxio. Óscar Villar, da empresa XEA, asegura que existen concellos nos que os cans están apiñados en instalacións municipais abandonadas ou mesmo en puntos limpos que non cumpren os requerimentos mínimos. Para el, son os propios concellos os que avalan esta irregularidade, poñendo a protectoras a xestionar estes espazos, nunha situación de precariedade, co único obxectivo de abaratar custos. “Este é un sector no que tes todo legal, montas unha infraestrutura que cumpre a normativa, fas as cousas ben, e aínda así non podes dicir nada cando ves que alguén o está a facer mal”, laméntase. Con todo, as empresas do sector tamén reciben duras críticas das asociacións animalistas. “Hai moitas protectoras que non queren saber nada das canceiras”, comenta Lijó desde SOS Pelines. “Hai canceiras que funcionan moi mal”; a pesar de que a lei prohíbe o sacrificio sen causa xustificada, “aínda quedan algunhas que matan”, sentencia.

As protectoras, aínda que estean dispostas a coidar dos animais abandonados, non poden prestar servizos de lacería e refuxio aos concellos porque o marco legal establecido en 2017 as deixa fóra da categoría de núcleos zoolóxicos, que exixe cumprir unha serie de requerimentos moi custosos. Quedando as asociacións fóra deste ámbito de actuación, debúxase un escenario lóbrego no que hai demasiado traballo para un reducido número de empresas especializadas. A miúdo, vense desbordadas e necesitadas de colaboración, mais esta non chega a materializarse debido ao clima de desconfianza.

Unha lei que non se cumpre non soluciona o problema

En xeral, todos concordan na idea de que ningunha lei vai solucionar o problema do abandono de animais se non se cumpre. Cristina Sánchez, que dirixe a asociación coruñesa “Los peludos de Cris”, apunta a necesidade urxente de controlar a cría e a identificación de animais a través de microchip. Silvia Lijó, de SOS Pelines, relaciona esta falla coa situación dos propios concellos. “A Policía non ten lector de chips, como esperan que se cambie ou se controle isto sen teren o equipamento básico?”, recrimina.

No tocante á nova lexislación estatal que entrará en vigor o próximo ano, unhas e outras mostran escepticismo. Cristina Sánchez avoga por “centrarse en cumprir o que xa existe” antes de abarcar máis elementos. Desde o gremio de lacería e refuxio, Óscar Villar lembra que “a lei de Galicia, cando saíu, era das máis avanzadas de toda España”, mais “se non se cumpre a lei, de nada vale”, sentencia.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Galicia
Galicia Los sindicatos exigen a Trabajo que tome medidas en el “cierre patronal” de Sargadelos
El dueño, Segismundo García, ha permitido la entrada de casi toda la plantilla tras cuatro días de lo que califican de “chantaje”. Desde CCOO y CIG denuncian que este miércoles se ha “ninguneado a 12 trabajadores”.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Más noticias
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.