Literatura
Nee Barros: “Escribín 'Identidade' para darme a min mesme un referente que eu non tivera”

Ten dezaoito anos e dous libros nos que reflexiona sobre as opresións ligadas ao xénero. Falamos co escritore e youtubeire Nee Barros aproveitando o lanzamento da súa última obra, na que agasalla ao público con personaxes e realidades ás veces esquecidas na literatura a través da historia dun adolescente que sae do armario como persoa trans.
Nee Barros 1
Nee Barros, escritore e youtubeire
17 may 2021 11:45

Conversamos con Nee Barros (Ourense, 2002) en Compostela, onde estuda Filoloxía Galega. Durante o confinamento clamou contra as clasificacións que nos oprimen en 19 poemas para um VÍRUS-19 (Arte Calavera, 2020). Agora, vén de publicar a obra de teatro Identidade (Galaxia, 2021).  Escribiuno con catorce anos e é un achegamento á realidade trans a través da historia de Zée, un adolescente que decide saír do molde que a sociedade lle asignou ao nacer.

Nee ten dezaoito anos, foxe dos compartimentos estancos e “non vai polo rego”. Emprega as palabras para combater os prexuízos e rachar cos lindes establecidos. As súas ferramentas son os libros e a divulgación. Falamos con elu sobre a construción das identidades, a representación das disidencias na literatura e a educación en diversidade.

Publicas este libro con 18 anos, mais escribíchelo con 14. Que che impulsou con esa idade a expresarte a través dunha peza de teatro?
Eu viña escribindo relatos desde hai moito tempo e ese ano asistín a un club de lectura de textos teatrais con Zée Paredes, director de teatro e dramaturgo, a quen vai dedicado o libro. Propúxome escribir unha peza teatral sobre o que el chama “o universo persoal”, é dicir, escribir desde a experiencia propia. Coincidiu que ese verán, o de 2017, saín do armario como persoa trans e foi un proceso difícil nalgún puntos. Escribín esta obra para liberar un peso e para darme a min mesme un referente que non tivera. 

E como chegou a oportunidade de publicalo?
Foi grazas a un obradoiro de escrita ao que asistín, quedei co contacto da persoa que o impartía e mandeille un correo co texto de Identidade para que me dera a súa opinión. A sorpresa chegou meses despois, chamáronme para dicirme que lles gustara e que, con algunhas modificacións, podería publicarse.

Como definirías o termo “identidade” que dá título ao libro?
Para min a identidade vai moi ligada ao xénero, neste libro do que falo é da identidade de xénero dunha persoa trans e de como a identidade é algo social, o que nos define respecto ao resto. Mais a identidade para cada persoa está composta por moitos factores. Para min, ten moita relevancia o xénero porque foi algo que me marcou na miña vida e polo sufrín unha opresión. Para outra persoa, como una persoa racializada, na súa identidade pode ter máis peso ser racializada, ou para unha muller ser unha muller. Pero a min gustoume darlle visibilidade esa parte da miña identidade e da identidade do protagonista.

“A diversidade molesta porque cuestiona os piares opresivos da sociedade: o xénero, a clase ou a raza.”

Un simple acto, o de nacer, é o que marca a nosa vida. Uns xenitais marcarán como toda a xente nos ve, unha letra ao final da palabra significa máis que a palabra en si. Son frases da primeira escena de Identidade. Que atrancos sofre un adolescente como Zée que loita por construír a súa identidade?
Sempre que imos en contra da sociedade, que estamos nas marxes, a sociedade intenta meternos no rego e aplacar o que nos fai diferentes. As persoas que non nos adaptamos ao que o sistema de xénero presupón de nós sempre sufrimos certas opresións que se repiten. O outro día unha rapaza que non é trans escribiume para dicirme que se sentira moi identificada coa obra e isto, que pode parecer unha anécdota, fíxome pensar como os mecanismos de opresión sempre son os mesmos, e aí e onde se demostra que o que de verdade lle molesta á sociedade é esta diversidade que pon en cuestión os seus piares opresivos: o xénero, a clase ou a raza.

As vendas negras tapan os ollos das amizades e da familia de Zée. Que representan?
Para min as vendas negras son un elemento central da obra, todas as personaxes as levan ata que se decatan da realidade de Zée. Son a representación dun odio e dun descoñecemento que a persoa non identifica. Existe un odio visceral como o da ultradereita ou o da xente que nega que as persoas trans existen. Porén, moitas veces, ese odio non é directo, é descoñecemento e tamén fai dano. Malia que non é xustificábel, temos que ser conscientes de que, desde a infancia, nos ensinan a asumir todo o que ten pene como un home, todo o que ten vaxina como unha muller e a non aceptar realidades que estean fóra dese paradigma.

O pasado mes de abril houbo concentracións por todo o país reivindicando o que reivindica o teu libro, o dereito a ser e, concretamente, en apoio de Gael, un neno que tentou quitarse a vida logo de recibir insultos, vexacións e agresións tránsfobas. Cal é o antídoto contra a cegueira dunha parte da sociedade e a transfobia doutra parte dela?
Non hai unha solución máxica. Non é produtivo poñernos a pensar en utopías, temos que ser conscientes do odio que está escalando no presente. Unha das liñas principais de acción é a educación: construirmos referentes para que as persoas trans se poidan sentir identificadas e achegármonos a nosa realidade ao resto da sociedade para desbotar prexuízos. Se coñeces unha realidade, se coñeces a unha persoa trans, verás que moitos dos argumentos que se empregan contra a lei trans, contra as persoas trans, caen polo seu propio peso. Reivindicar os dereitos das persoas trans é reivindicar os dereitos humanos.

“O teatro é o xénero que mellor conecta coa mocidade porque é directo e dinámico, como as series”

As temáticas que se tratan en Identidade conectan de cheo coa mocidade. Mais porque decidiches facelo a través do teatro?
As veces cando digo isto mírome con cara de estrañeza pero creo que o teatro é o xénero que mellor conecta coa mocidade porque é o xénero máis directo. Podes empatizar e reflexionar sobre a realidade sen estar dentro, e como non hai ningunha personaxe narradora podes sentirte identificado con quen queiras. Dentro desta obra, hai personaxes con posturas tránsfobas e agardo que máis dunha persoa que lea o libro se sinta identificada con elas. Se te identificas co personaxe da nai podes entender o proceso que segue para entender ao seu fillo. Ademais, o teatro é moi dinámico, como as series e o cinema que está acostumada a consumir a mocidade, pode ser un paso para achegarse á literatura.

Aínda que estea pensada para un público xuvenil, a quen máis lle recomendarías esta obra de teatro que fala de liberdade e da necesidade de ser?
A case calquera persoa, é unha obra que se adapta moi ben para persoas que non coñecen absolutamente nada do tema e que, incluso, teñen prexuízos, sexan adolescentes ou adultas. Tamén pode ser unha ferramenta útil para as familias. Xa falamos da necesidade de referentes para as persoas trans, eu non coñecín a ninguén trans ata despois de recoñecerme publicamente como persoa trans, mais tamén pasa o mesmo coas familias de persoas trans. Non hai que caer en vitimizalas, porque ter unhe fille trans non é unha desgraza. Mais é duro, porque atopas cunha situación de fronte que non sabes como afrontar e non sabes como axudar. 
nee barros 2
'Identidade', o segundo libro de Nee Barros.

Identidade non é a única obra que tes publicado. O pasado ano autoeditaches o teu primeiro libro. De que te queixas en 19 poemas para um virus-19?
19 poemas para un virus 19 é unha escolma dos pensamentos que me xurdiron durante a pandemia e nos que me queixo das clasificacións que nos oprimen, como a de xénero, que é ficticia e non acolle a todo o mundo. Aínda que o publiquei antes que Identidade é un libro que veu despois. Están bastante relacionados porque nesta peza tamén reflexiono ao redor do xénero e, ademais, falo de identidades non binarias e de como eu me identifico como persoa non binaria.

 “A linguaxe non binaria serve para que todas as persoas lectoras se sintan incluídas”

O feminino inclusivo comeza a ser visíbel nalgúns sectores da literatura. Non sucede o mesmo coa linguaxe non binaria que empregas en 19 poemas.
Eu pasei de empregar o feminino xenérico a usar a linguaxe non binaria porque inclúe as persoas que non se senten cómodas co masculino nin co feminino, e que prefiren un pronome neutro. Tamén é unha linguaxe útil para falarmos de grupos de xente de varios xéneros, as identidades que non son binarias non se ven representadas cando recorremos aos desdobramentos como “rapaces e rapazas”. Empregarmos a linguaxe non binaria é un bo xeito de romper con esta clasificación de xénero e de facer que todas as persoas lectoras se sintan incluídas. Con todo, é moi difícil expoñerte ao público empregando as formas neutras, sempre vai haber xente que, como é algo diferente, no canto de aprender, péchase.

Cales son as diferentes fórmulas para empregar pronome neutro?
En galego é “elu”, no canto de “ela” ou “el”, “elus” en plural.  É común para o galego normativo e a norma reintegrada. Non se fai con “ele” porque na Galiza hai moitas variedades dialectais nas que “ele” xa é o pronome para o masculino, tamén sucede en reintengrado. Se falamos da flexión de xénero, para dicir, por exemplo, cómodos ou cómodas, no canto de empregar a vogal “a” ou “o”, emprégase a vogal “e” para neutralizar: “elus están comodes”. Nas palabras que se fai o plural masculino coa vogal “e”, como “señores”, propúxose a terminación -ies. 

En 19 poemas empregas a linguaxe non binaria, porén, en Identidade o pronome neutro só aparece nunha escena.
Se escribise hoxe Identidade seguramente mudaría moitas cousas, mais non quixen facelo porque é bonito que sexa ese libro que escribiu o Née de catorce anos. Naquel momento pensar en publicar un libro en linguaxe non binaria era unha cousa que nin concibía. Tamén hai diferenza en publicar cunha editorial e autopublicar. Agora atrévome a facer máis cousas porque o meu xeito de pensar evolucionou. Así e todo, se Identidade ten máis edicións gustaríame que tivese unha linguaxe máis inclusiva.

“Na literatura galega hai máis cabida para as disidencias porque se escribe desde as marxes”

Máis alá da linguaxe, hai representación das disidencias que foxen da heteronormatividade e do binarismo na literatura galega?
A diglosia que se produce na Galiza e o feito de que o galego é unha lingua historicamente minorizada, provoca que a literatura galega se escriba desde as marxes, por iso creo que hai máis cabida para a disidencia. Eu gosto moito das voces, na súa maioría mulleres, que están incluíndo disidencias na súa literatura. Cobiza, o último libro de María Reimóndez, inclúe personaxes que podemos chegar a clasificar como non binarias porque se saen desa clasificación do xénero e din que non o entenden, personaxes intersexuais que é algo que case non viramos representado na nosa literatura, personaxes trans ou personaxes racializadas, que tamén hai moito que facer polas personaxes racializadas na nosa literatura. Cada vez estamos avanzando máis, pero resta moito por facer.

Ademais de escribir, tamén tes unha canle de Youtube onde explicas o temario de literatura para o alumnado de bacharelato ou recomendas lecturas. Tes unha vocación docente?
A educación é unha ferramenta para o cambio, mais eu non me vexo como docente. A min o que me chama é a divulgación. Así como hai divulgadories de ciencia, tamén hai xente que achega ao público temas relacionados coas humanidades. Por iso gosto de facer os vídeos ou de falar de libros na miña canle.

Un dos escenarios centrais onde se desenvolve Identidade é un instituto. Como se debe abordar a educación en igualdade e diversidade nas aulas?

Precisamente, estou facendo unha actividade dentro dos centros en relación con Identidade, é un achegamento á diversidade partindo da participación da rapazada. Basease en falar co alumnado desde o respecto, sen criminalizar as súas opinións, porque alguén que non coñece referentes ou non lle ensinaron a nomear as cousas pode ter esa venda negra diante dos ollos, e debemos desmontar os prexuízos para que sexa a venda que caia polo seu propio peso. A educación sempre ten que ir con reforzos positivos, senón é máis destrutiva que construtiva.

E como podemos loitar contra os prexuízos desde a literatura? 

O principal son os referentes. Desde que somos pequenes estamos construíndo a nosa identidade, mais a adolescencia é un punto clave. Eu, como persoa que consumía moita literatura, sempre botaba en falta identificarme máis coa personaxe protagonista ou calquera outra. A literatura danos personaxes coas que sentirnos identificades e axúdanos a construír a nosa propia identidade.

Corpos Incómodos
Quen ten medo do transfeminismo?

As persoas trans xa somos suxeito do (trans)feminismo. E non por capricho, senón por necesidade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.