Inditex
Inditex.org ou o mito de Amancio Ortega

Inditex, máquina sen escrúpulos de xerar grandes beneficios a baixo coste de prestixio, gracias a un enxeñoso traballo de lavado de imaxe. Experta en evadir impostos a cambio de xestos caritativos, o seu modelo é paradigma do selecto grupo de grandes fortunas españolas.

Zara Inditex precariedad laboral subcontratación 3
O imperio de Zara xurdiu do traballo precario de mulleres galegas Arte El Salto
Militante de Anticapitalistas Galiza
25 jul 2020 23:04

Durante a crise da covid – 19, mentres gran parte das clases traballadoras perdiamos os nosos empregos, sufrimos unha merma do noso salario ou tivemos que pechar pequenos negocios que apenas nos dan para subsistir, unha das multinacionais con máis beneficios do mundo anunciaba expedientes de regulación temporal de emprego e pérdidas de ganancia que nos volumes nos que se move resultan insignificantes. Pedíusenos un esforzo, dixéronnos que afectaba a todos por igual, pero uns viamos imposibel chegar a pagar as facturas do alugueiro, a hipoteca, a luz e a auga, mentres outros eran aplaudidos por traer máiscaras que lles negaban aos seus traballadores (os delegados do sindicato CIG denunciaban que os traballadores do centro loxístico de Zara traballaban sen equipas de protección mentres Jevaso, a empresa que se encargou da loxística por orde de Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, era denunciada pola  CUT á inspección de traballo pola mesma causa).

Este é o penúltimo episodio dunha historia con dúas caras: a pública, a publicitaria, a das doazóns e a outra a privada, a que afecta a milleiros de traballadoras en todo o mundo, a da precariedade e a represión, a da enxeñería fiscal de SICAVs (Sociedade de Inversión de Capital Variábel) e paraísos fiscais.

Se algo se lle ten dado ben a este negocio exemplar chamado Inditex é o dobre xogo entre gañar a costa da saúde e a explotación dos traballadores e imaxe de exemplaridade. Cando non invistes en anuncios comerciais a túa publicidade ven por outro lado e iso é algo que sempre coidaron moi ben. Dende que en 2001 deciden saír a bolsa teñen tratado de crear, a partir do seu fundador, unha historia moi ben contada dun home que se fixo a si mesmo a base de traballo duro e xenerosidade, que reparte algo da súa sorte cos seus veciños. Non foi o primeiro nin o último contacontos, de feito, converteuse nun modelo de negocio, pero si foi un dos mellores niso que chamamos filantrocapitalismo.

Coronavirus
Así pretenden salvar o mundo Amancio Ortega e Ana Botín
A enésima crise do capitalismo global acelerou a raíz da pandemia e augura unha insólita forma de goberno: o “filantrocapitalismo”.

Capitalismo predatorio con fachada social

En España, dicir ou facer algo que poida afectar minimamente á multinacional Inditex ou ao multimillonario Amancio Ortega supón que se te bote enriba todo o gran aparato mediático e parte da cidadanía con acusacións tan peregrinas como absurdas. E resulta que a política de marketing adoptada por Inditex é a súa vez intelixente e efectiva.

Todo o que leva o selo da compañía está pensado como ferramenta publicitaria, dende a sede central que conta cun ximnasio, catering de comida ecolóxica a prezo irrisorios para o persoal, transporte gratuíto e amplas zonas verdes, ata o deseño das tendas e a colocación da roupa. Todo está pensado para representar á marca líder dunha industria multimillonaria.

Nunha sociedade baseada na imaxe a as aparencias, a modo conseguiu imporse como un dos bens máis consumidos xuntando a accesibilidade e a obsolescencia. Descrita como “moda rápida”, a fórmula dominante na produción e consumo de roupa converteu a industria en éxito de ventas, pero tamén nunha das máis contaminantes e insalubres.

Obsolescencia programada e precarización criminal

Neste escenario Inditex demostrou a súa mestría como incontestábel líder da Fast Fashion. A empresa conseguiu ser unha das multinacionais máis rentábeis e unha das marcas máis coñecidas a nivel mundial, está en todas partes, vendendo que a chave do seu éxito está nos seus baixos prezos, o acceso ás últimas tendencias e un forte compromiso social. Detrás de todo isto hai unha realidade moi diferente.

Explotación laboral
Estimado Don Amancio

As persoas traballadoras das factorías Rui-Ning y Huabo Times, que tecen roupa de Zara no Sudeste Asiático, envían unha carta ao fundador de Inditex. Denuncian represalias contra os sindicatos baixo o pretexto da pandemia de Covid-19. Esta é a súa misiva.

Mercar, usar e tirar sería unha boa definición para este negocio depredador, contaminante, colonial e patriarcal. O consumismo impertante e o low cost fixeron da súa externalización e os seus altos niveis de produción un grave problema a nivel ambiental, social e laboral. As empresas espallaron a súa cadena de produción por todo o mundo, situando os seus obradoiros en países empobrecidos e en vías de desenvolvemento cunha regulación ambiental e laboral practicamente inexistente onde milleiros de mulleres son explotadas a “baixo custo”, pondo en risco as súas vidas e a súa saúde cunhas condicións lamentábeis.

As traxedias que tiveron lugar nas fábricas de Bangladesh, coñecidas como o caso Spectrum e Rana Plaza, puxéronnos sobre aviso das barbaridades que eran capaces de facer os magnates da industria da moda con tal de gañar diñeiro. Sempre percibimos esa precarización como algo lonxano e abstracto e, se ben é certo que se algo caracteriza o sector é a súa globalización e a explotación de man de obra dos países máis empobrecidos, podemos atopar casos realmente alarmantes a carón de casa.

A precarización chegou a casa

A evolución do sector téxtil en Galiza ten sido notábel e non sempre para ben. Documentais como Fíos Fora móstrannos as testemuñas das costureiras que fixeron posibel que o xigante Inditex estea onde está e ás que deixaron caer no esquecemento e na miseria cando tiveron oportunidade. Poucas se atreven a falar a pesar dos anos transcorridos e parece que nos temos esforzado por esquecer unha realidade que estaba presenta nas nosas cidades e vilas con multitude de obradoiros que daban traballo a miles de galegas.

De aquel tecido industrial apenas quedan unhas poucas empresas auxiliares que sobreviven pola súa cercanía e inmediatez á sede central de Inditex, pero que traballan cunha porcentaxe ínfima de toda a roupa que vende e distribúe a marca española. A diferenza das mulleres que relatan a súa historia en Fíos Fora, non tódolos empresarios que continúan fornecendo a Inditex contan cos mesmos criterios éticos e non dubidan en esmagar aos seus traballadores para aumentar o seu anaco do pastel.

O traballo sindical, como a exitosa folga das traballadoras de Bershka, foi chave na maioría destas empresas, que melloraron substancialmente as súas condicións laborais. En materia de saúde laboral, conseguiron que se deixaran de utilizar gran cantidade de produtos tóxicos que Inditex presumía de non utilizar. Sen embargo, a batalla contra quen non dubida en aproveitar calquera oportunidade para agrandar os beneficios a costa dos traballadores parece interminábel. Nalgunhas destas empresas o traballo sindical é impensábel, as prácticas escravistas dalgúns destes empresarios son propias doutros tempos: berros, ameazas, despedimentos e ausencia de dereitos como as vacacións teñen lugar dende hai anos a carón da sede central da multinacional.

Inditex
Zara no es una marca española

Un entramado de empresas y filiales en países europeos con una fiscalidad más favorable conforman la estructura financiera que enriquece a Amancio Ortega

Caridade a cambio de pagar menos impostos

Pero pouco o nada afecta ás vendas ser a segunda industria máis contaminante e moito menos a escravitude da man de obra que hai detrás a política de Responsabilidade Social Corporativa encárgase diso e aquí entra en xogo a figura de Amancio Ortega. Titulares e publireportaxes semanais nos diarios máis vendidos anunciando donacións á sanidade público ou a súa preocupación polo planeta firmando compromisos irreais de chegar ás cero emisións en 2050.

Con este modelo de negocio non só saen perdendo os traballadores que ven empeoradas as súas condicións laborais co fin de enriquecer a toda costa aos capitalistas, senón toda a clase obreira

Non fan grandes donacións senón inversións publicitarias. Os aparatos médicos, a construción de residencias de maiores e escolas infantís van ligadas á condición de que sexan os poderes públicos que o reciben os encargados de publicitar tal xesta e así deixan intocábel a imaxe de filántropo desinteresado do señor Amancio Ortega.

O obxectivo desta inversión é gañar cartos, aumentar as súas vendas e de paso a das empresas onde son accionistas, a cambio receben grandes descontos tributarios. A Amancio Ortega non lle interesa o público, non lle importa que ti podas levar aos teus fillos a unha escola pública ou que podas recibir o tratamento sanitario que precisas, se lle importara a facturación das vendas online non a faría en Irlanda; mentres ti pagas bastante máis e sofres os recortes en sanidade, ensino e políticas sociais; se lle importara pagaría os seus impostos no seu país, es que utiliza como reclamo publicitario, en lugar de levalo a paraísos fiscais.

O certo é que as grandes fortunas deste país convertéronse nunha minoría perigosa adicada a precarizar á clase traballadora, mentres os seus cartos quedan a bo recaudo do fisco. Unha desigualdade que vai medrando xunto as políticas de recortes e austeridade que non deixaron nunha posición extremadamente vulnerábel.

Un país democrático é aquel que aposta pola igualdade e a xusta e para que isto sexa posíbel é indispensábel redistribuír a riqueza e apostar polo público e o común como punto de partida do programa ecosocialista que precisamos.

Non queremos a súa caridade, queremos que paguen os ricos!

Archivado en: O Salto Galiza Inditex
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medios de comunicación
Medios de comunicación Faro de Vigo despide ao seu traballador número 20 nunha década mentres asina beneficios de 2,5 millóns
O comité de empresa e o Colexio de Xornalistas reprenden a decisión da empresa do grupo catalán Prensa Ibérica e convocan unha protesta semanal nas redaccións do xornal por toda Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
#66552
1/8/2020 12:40

https://www.filantropofagos.com/

0
0
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.