Deportes
Unha meta difícil: non acabar co planeta

O estado do medio ambiente do planeta avanza cara a un punto de non retorno. As políticas ambientais, as grandes empresas e a falta de concienciación social están sendo os maiores freos para solucionar un problema no que as culpas semellan estar repartidas. Kilian Jornet, Núria Picas, Pau Capell, Eneko e Iker Pou, destacados deportistas de montaña, comparten as ganas de mudar a situación medioambiental do planeta.

Deportistas Montaña
Kilian Jornet, Pau Capell, Eneko e Iker Pou. Composición a partir de fotografías cedidas por Killian Jornet (Matti Bernitz), Nuria Picas, Pau Capell (Roger Salanova), Eneko e Iker Pou (Alexander Estrada)

Procrastinar é unha das palabras que pode definir as accións que se están levando a cabo para procurar un mundo sostible. O medio ambiente está atacado por un conxunto de cambios ambientais afectados pola actividade humana. Isto ocasiona que a estrutura natural do planeta se estea degradando como nunca antes o fixera. Segundo o estudo Dynamic ice loss from the Greenland Ice Sheet driven by sustained glacier retreat publicado na Revista Communications Earth and Environment, Groenlandia derrétese a un ritmo non rexistrado en milenios. A información exposta neste estudo sintetízase expoñendo que alteramos tanto a Terra e aceleramos tanto o cambio climático que neste século estamos a vivir a maior variabilidade natural dos últimos 12.000 anos.

Crisis climática
El juicio contra Shell que podría suponer un antes y un después en la lucha climática

El 1 de diciembre comienzan las audiencias del proceso judicial contra Royal Dutch Shell por el que Amigos de la Tierra Países Bajos ha demandando a la petrolera holandesa por inacción contra el cambio climático.

A pesar de estar ante unha situación preocupante que necesita ser o gran reto ao que nos deberiamos enfrontar, a súa abordaxe parece quedar relegada a un segundo lugar. Sempre hai cousas máis importantes que facer que salvar o noso entorno. En todas os cumios do clima que se realizan case de maneira obrigada, cada vez se nota un menor compromiso entre países. Claro exemplo é o Protocolo de Kioto, realizado no 1997, froito da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, polo cal se chegou a un acordo internacional no que todos os países membros reducirían un 7% as emisións de gases de efecto invernadoiro na próxima década. Os resultados non só non foron os esperados senón que os países industrializados aumentaron as súas emisións ata un 10%, entre eles EE.UU que sobrepasou os límites chegando ao 20%.


Do deporte á Fundación Kilian Jornet

Kilian vive en Noruega. É unha persoa caracterizada por moitas cousas, entre elas a polivalencia e a versatilidade para os deportes. Competiu por todo o mundo, conseguindo diversos récords polos que alcanzou un gran recoñecemento mundial tanto en esquí de montaña e extremo, coma en trail running. Levou a cabo o proxecto Summits of my life —Cumios da miña vida— polo cal ao longo de catro anos desde o 2012 estableceu marcas de tempos nalgúns dos cumios máis emblemáticos do planeta. Para moitos deportistas é unha persoa fóra do común, para nós unha persoa que leva anos rodeado de montañas e contornos naturais de todo o mundo; tal e como el mesmo comenta: “A miña vida sempre estivo ligada á montaña e á natureza”.

Durante este ano 2020, este deportista de elite comezou ou camiño cara a un dos seus cumios máis difíciles: a Fundación Kilian Jornet, un proxecto presentado hai aproximadamente un mes. A súa misión principal céntrase na preservación da montaña e a súa contorna. A pesar de aparecer no medio dunha pandemia mundial, onde a ecoloxía e os problemas medio ambientais pasan desapercibidos, Kilian anúnciao como “algo que levaba moito tempo querendo facer” poñendo a montaña como “algo que debemos protexer haxa ou non unha pandemia”.

A miña vida sempre estivo ligada á montaña e á natureza (Kilian Jornet)

Ademais de deportista e amante da montaña é unha persoa á que lle ensinaron coidala e querela. Neste sentido, Kilian amosa unha crecente preocupación: “Quizais desde hai un par de anos son máis consciente do importante que é protexela e conservala para que non se degrade máis aínda”. Os datos publicados no último Informe Síntese de Alto Nivel realizado pola Organización Mundial de Meteoroloxía baixo a dirección das Nacións Unidas corroboran o agravamento da situación, e o aceleramento do cambio climático. Ao respecto, Jornet afirma que “o cambio climático é algo que está aquí, pero entre todos podemos facer cousas para non empeoralo”. Para iso, o corredor ve necesario “un cambio de actitudes” no que todos “podemos facer cousas desde grandes a pequenas para protexer a natureza”.

Informe Organización Mundial de Metereoloxía
As oito lacras para o medio ambiente. Fonte: Informe da Organización Mundial de Metereoloxía.

Natureza e deporte

Núria Picas medrou a carón do macizo de Montserrat. A súa vida, estivo sempre vinculada á natureza e ao deporte. Unha lesión no ano 2000 afastouna durante máis de 10 anos da competición. Aínda así, en outubro de 2012 foi proclamada Campioa da Copa do Mundo de Ultratrails, e nos anos 2014 e 2015 foi gañadora do Ultratrail World Tour. Núria Picas é unha deportista profesional de montaña preocupada polo “desgaste natural froito da actividade humana e a falta de respecto polo entorno natural”. A pegada da globalización neste século está contribuíndo a acelerar un proceso que está a destruír ecosistemas enteiros. Cada vez máis estamos xerando un planeta que, comparado co mesmo hai 100 anos, será irrecoñecible.

Núria Picas relátanos que un dos recordos máis tristes que ten desde moi pequena son os incendios forestais que sacudiron a parte central de Cataluña a mediados dos anos 80, na que montaña de Montserrat sufriu graves consecuencias dun incendio devastador por mor da actividade humana. Ademais, a corredora catalá comenta que de pequena podía esquiar na estación de Rasos de Peguera, na comarca do Berguedà. Sen embargo, actualmente está pechada por falta de neve durante inverno. Esta é outra das moitas mostras de que a temperatura do globo está aumentando, e de que o cambio climático continúa avanzando.

Estamos deixando un legado moi triste para os nosos sucesores (Núria Picas)

“É unha vergoña a falta brutal de compromiso co medio ambiente” denuncia Núria Picas, e así mesmo salienta a necesidade de “conscienciar a toda a poboación dos peligros que se nos veñen enriba e de que cada persoa intente aportar o seu grao de area para paliar a situación”. Do mesmo xeito, organismos internacionais como a ONU levan anos alertando sobre o malestar da situación. Nesta cuestión, Núria manifesta que “fai falta man dura para que todo o mundo e tamén as empresas e grandes corporacións deixen de emitir produtos nocivos sobre o medio ambiente e para que se adecúen ás normas de sostibilidade”.


Run for the artic

Pau Capell é un dos deportistas de ultratrail españois máis laureados e con maior proxección. Aos seus ombros ten dúas medallas de ouro en campionatos do mundo de ultratrail. Ao seu palmarés non deixan de chegar récords mundiais e novas marcas persoais. Para el a montaña e a entorna natural non son só un medio para gañar medallas e posicionarse a nivel mundial, tamén son unha forma de vida desde cando era pequeno. A Pau hai moitas cousas que lle son difíciles de entender como é a contaminación nos montes “porque se prexudica non soamente a natureza en si, senón tamén todos os animais que viven nela, que son moitos, e ao final atópanse son algo que non debería suceder”.

Algo que destaca na montaña e a súa experiencia no proxecto Run for the artic que realizou en novembro do ano pasado. Nesta ocasión Pau Capell viaxou ao punto máis extremo ao Norte de Europa, onde comezou un percorrido de máis de 250km. A súa misión era “simular a distancia que están facendo hoxe en día os osos polares para salvar as súas vidas do desxeo, para amosar o sacrificio e esforzo ao que estes animais se someten”. Pero esta non é a única lección. Conforme Pau avanzaba no camiño notaba que comezara na zona máis Sur con menos frío e que chegara á parte Norte con máis calor. En palabras do deportista catalán “alí puiden percibir en primeira persoa o que é o cambio climático e como se está comportando hoxe en día no mundo”.

Creo nun planeta sostible pero fai falta consciencia (Pau Capell)

Este expoñente do ultratrail, cre nun planeta sostible pero non por este camiño que estamos seguindo. Hai moita xente que non fai nada ao respecto, existe unha gran inoperancia política, tanto nacional como internacional. A toda esa xente que non fai nada por poñer o seu grao de area para cambiar o mundo Pau dilles “que son moi egoístas” e “que ao final non estamos aquí de paso, que á parte de estar durante un momento moi breve da historia do planeta, hai xente atrás que vai chegando”. As solucións para Pau parten dun cambio cultural e dun traballo moi amplo que facer; pero tamén están na política: “Eu creo que é necesario que os países tomen medidas ao respecto xa que, se hai unhas medidas e unha cooperación común, a poboación ao final pode seguir unhas normas en canto ao tema do cambio climático e a ecoloxía”.

Unha dobre perspectiva desde a escalada (Irmáns Pou)

A crise sanitaria actual, ao igual que a anterior crise no 2008, sacou a moita xente fóra das súas casas a facer deporte ao aire libre. A montaña converteuse nun sitio con moita afluencia. Isto xerou un impacto medio ambiental moi amplo. Xente que leva toda a vida na montaña, coma Eneko e Iker Pou manteñen unha posición clara ao respecto: “Parece que quen está en contacto con ela é o que a desfai, pero nada máis lonxe da realidade, somos as persoas que a levamos protexendo moitos anos e agora que a xente está volvendo á natureza [durante la pandemia] os malos somos nós”.

Eneko Pou: “Vimos tamén dun país no que todo o que dá medo, todo o que non se pode controlar, prohíbese; pero é moito máis difícil regular que prohibir, non? Isto dá unha idea da cultura medio ambiental do país no que vivimos”.

Ese conxunto de coñecementos e ideas en torno ao medio ambiente forma parte dunha busca da necesidade de protexer a natureza, que segundo aclara Eneko Pou “aínda que o que vou dicir é controvertido , en moitos casos o ecoloxismo é profesional, como outras moitas cousas en España, que ao ser deste tipo, moita xente o que está defendendo é o seu posto de traballo”. Para combater esta degradación da natureza cómpre facelo de xeito transversal. Para isto, Eneko destaca a necesidade de protexer desde a intelixencia e ver esta problemática desde unha perspectiva máis racional: “O que temos que facer é autocontrolarnos desde a razón e a lóxica, non desde a prohibición; esta nunca nos vai levar a nada bó”.

A sociedade móvese moi lenta. Eneko compara esta situación con outro tema que sufriu avances e polo que se está loitando a día de hoxe, o feminismo e a igualdade. A concienciación co feminismo para o deportista “é un tema que hai 20 anos non se trataba nos medios de comunicación, e agora mesmo están falando disto, e probablemente entre as seguintes grandes batallas deste século poida estar o ecoloxismo”. Estas cousas van lentas, pero vanse dando pasos. Unha das mensaxes que os irmáns Pou transmiten é que “cada persoa leva a capacidade de cambiar as cousas a través de pequenos xestos, e estes hai que transmitilos día a día”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Pensamiento
Fabian Scheidler “El progreso tecnológico se utiliza para aumentar la riqueza de unos pocos. No sirve a nadie más”
El autor de ‘El fin de la megamáquina. Historia de una civilización en vías de colapso’ ha desarrollado la metáfora del capitalismo como una máquina destructora y reivindica que hay oportunidades para el cambio.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Ayuntamiento de Madrid
Residuos La “motosierra de Almeida” no frena la oposición social al cantón de la limpieza en Montecarmelo
Los vecinos no entienden por qué el Ayuntamiento madrileño no accede a construir el cantón en una parcela técnicamente viable y que no afectaría a miles de niños y la única zona verde del barrio.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andre Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.
Más noticias
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.

Recomendadas

Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.
Almería
Artes escénicas Almería reclama su (dancístico) lugar
A menudo relegada al olvido en los mapas culturales, esta provincia oriental sigue siendo una gran desconocida, a pesar de su riqueza histórica, su diversidad paisajística y su potencia creativa.