Criptomonedas
Diñeiro dixital público a prol da estabilidade financeira

Os cambios acelerados no actual sistema monetario abren a posibilidade de superar as formas de diñeiro arriscadas, e as crises recurrentes que crean, para poñer no centro os intereses da poboación.
Criptomonedas bitcoin
El bitcoin se ha revalorizado más que cualquier criptodivisa
18 abr 2022 18:52

Máis do 80% dos bancos centrais do mundo están a estudar as súas propias moedas dixitais ou, directamente, a implementalas. Están creadas polo banco central, coma o efectivo, pero coas funcionalidades do diñeiro que tes na conta bancaria. O que parece un simple cambio de forma entre físico e dixital entraña cambios moi profundos no noso sistema monetario. Pensemos que nestes momentos o único diñeiro dixital que se usa amplamente para facer transferencias, pagar impostos ou pagar con tarxeta é un diñeiro que, para sorpresa de moitas, crean os bancos privados. Son quen regulan realmente a cantidade de cartos en circulación, pero non se lles esixe velar polo interese xeral. Son imprescindibles e, por iso, cando o fan mal realízanse os rescates. Que os cartos dixitais deixen de crearse por este sector e pasen a producirse por un ente público pode poñer fin por sempre ás crises financeiras e aos rescates á banca.

Son varios os motivos polos que o tema colle agora tanta forza. Durante os últimos anos, apareceron moitos novos medios de intercambio, principalmente dixitais e privados, mentres o papel do efectivo se foi reducindo. A irrupción de Bitcoin e outras criptomoedas, que son formas de transferir valor sen intermediarias, puxo de manifesto a desconfianza xeneralizada que existe cara os bancos. A expansión das criptomoedas e outras alternativas ao diñeiro convencional teñen algo que ver co repentino interese polas formas públicas de diñeiro amosado polas altas instancias de poder. Isto débese tanto á competencia que lle fan á moeda oficial como á tecnoloxía que poñen sobre a mesa. A posibilidade de utilizar os avances en xestión de datos que trae consigo a cadea de bloques (blockchain), a tecnoloxía que posibilita o funcionamento das criptos, fan o que ata o de agora parecía impensable: que todas poidamos ter dalgunha maneira unha conta con diñeiro dixital seguro no Banco Central (algo que de momento só poden facer os bancos coas chamadas reservas do Banco Central).

Pero se hai algo que rematou por decantar aos bancos centrais por tomar en serio a posibilidade dun diñeiro público dixital foron os intentos pasados, presentes e futuros dos xigantes tecnolóxicos como Facebook e Google de crear as súas propias moedas estables no modo en que os bancos o fan neste momento. Non foron as moedas sociais nin as criptomoedas as que puxeron nerviosas ás reguladoras, senón esta inusual irrupción na festa privada dos bancos. As moedas estables que propoñen, tanto polo seu número potencial de usuarias como, precisamente, por garantir un valor estable no tempo, teñen o potencial de facer unha intensa competencia a outras formas de diñeiro coas que xa convivimos, como son o diñeiro en efectivo ou o diñeiro bancario.

Que os cartos dixitais deixen de crearse por este sector e pasen a producirse por un ente público pode poñer fin por sempre ás crises financeiras e aos rescates á banca.

A forma que teñen de conseguir un valor estable é moi simple: trátase de manter un fondo en euros, dólares, iens, etc o  suficientemente grande para crear a ilusión de que as súas moedas dixitais son intercambiables en todo momento por estas moedas oficiais. En concreto a de Facebook, chamada Diem (antes Libra), propuña manter depósitos bancarios con suficientes cartos para que quen quixese cambiala por euros, por exemplo, puidera facelo. É dicir, prometían o cambio á moeda oficial sempre que se quixese. Pero esa promesa podía chegar a ser incumprida, o que foi sinalado abertamente polos entes reguladores de moitos países, que ata o de agora botaron abaixo as propostas máis coñecidas deste tipo de moedas. E isto facíano non tanto por consideracións relativas ao abuso de poder e a privacidade das usuarias, senón fundamentalmente porque pretendían manter en dólares, euros e outras moedas oficiais só unha fracción do total que creaban. Se moitas usuarias desexaban retirar en euros a súa moeda á vez as promesas non se cumprirían.

Algo que se negaron a aceptar estas mesmas reguladoras é que o actual sistema de diñeiro bancario adoece do mesmo problema. Os bancos comerciais crean moitos máis depósitos que as reservas que atesouran, sendo estas só unha pequena fracción do total. Basta que unha porcentaxe pequena de clientes faga retiradas de cartos simultaneamente para poñer en quebra técnica a un banco. Imaxinas que lle ocorrería a súa credibilidade se cando queres facer unha transferencia a outro banco che din que non teñen os cartos que supostamente tes depositados nel? O pánico non tardaría en espallarse a outros bancos e o sistema colapsaría, pois só funciona se hai a suficiente confianza no sector bancario como para que as retiradas sexan constantemente compensadas con ingresos.

Este é o fundamento das denominadas crises bancarias que levan repetíndose incesantemente ao longo da historia. Todos os bancos con capacidade de crear diñeiro teñen o incentivo de crear o máximo diñeiro bancario posible, incluso se iso supón facer préstamos máis arriscados. Así poden cobrar intereses por diñeiro que non existe, ademais de inflar os prezos de activos en burbullas especulativas mediante créditos á inversión en vivenda ou en activos financeiros. Mentres as burbullas duran, permiten que se paguen os intereses, producindo enormes beneficios. Pero inevitablemente acaban por levarnos a todos ao colapso e a nosa perda de confianza neles retíralles o poder de seguir creando cartos. Tan prexudicial resultou esta dinámica para os propios bancos privados que por iso foron eles mesmos quen crearon os primeiros bancos centrais, para tratar de asegurarse que ningún deles chegaba á quebra.

Os bancos centrais, agora nacionalizados, son prestamistas de última instancia dos bancos privados e teñen como principal función axudar, subvencionar e chegado o caso rescatar a calquera banco que se meta en problemas. Só mediante esta estreita colaboración puideron manter o enorme poder que dá crear os cartos de nacións enteiras.

Se deixaramos ao libre mercado autorregularse sen intervención estatal, teríamos que ver como desaparecen todos os cartos dixitais que tiñamos depositados nese banco.

No sistema actual, cando a alguén se lle concede un préstamo en calquera banco, os cartos que aparecen na súa conta son creados nese mesmo momento. Non saen dos aforros nin do capital de ninguén. E da mesma forma, cando as débedas se pagan, os cartos desaparecen. O problema é que cando un banco fai demasiados malos préstamos, por exemplo especulando nunha burbulla, e chega á quebra, a súa desaparición supón a desaparición de todos os aforros que tiña a xente depositados nel. Eran puro fume, apuntes contables, promesas incumpridas. Se deixaramos ao libre mercado autorregularse sen intervención estatal, teríamos que ver como desaparecen todos os cartos dixitais que tiñamos depositados nese banco e, inmediatamente despois, en todos os demais, quedando o efectivo como único medio de intercambio.

A idea das moedas estables (as de Google e Facebook) é ben sinxela. Mantendo un fondo mínimo, pero suficiente, para dar a aparencia de que o diñeiro inventado pareza ser sempre intercambiable por diñeiro do Estado, entón o valor da moeda vaise manter estable ao redor do valor do diñeiro oficial. Neste caso as tecnolóxicas estarían engadindo unha nova capa de fraxilidade por riba da actual, pois ían utilizar diñeiro bancario (que xa é fráxil) como reservas do seu. O feito é que calquera axente económico podería dar servizos de pagos ou financeiros sen crear novos cartos, en base ao aforro e a cartos que xa existen, pero isto non ten tanto aliciente lucrativo.

Perante esta fraxilidade de calquera forma de diñeiro privado con reserva fraccionaria (só ter respaldada unha fracción da moeda total) e, para evitar danos maiores, o Estado vese na obriga de garantir a seguridade dos aforros. E ten dúas opcións. Por unha banda, pode aseguralo mediante fondos de garantía de depósitos, extensa regulación, rescates e outras moitas axudas encubertas que conseguen que o emisor non chegue ao punto de desastre. Ou ben, tras comprobar que a aversión á quebra non evita a expansión dunha burbulla de crédito (lóxico, se saben que o Estado non os vai deixar quebrar nunca), podería simplemente nacionalizar o diñeiro e impedir que estes axentes privados movan cartos que non teñen.

Se nos importa a estabilidade financeira e queremos deixar de dilapidar cartos públicos rescatando bancos, o diñeiro debería ser un activo sen risco.

Se opta por esta segunda vía, podería esixir aos bancos e a outros emisores que respalden o 100% da súa moeda. É dicir, que non creen novo diñeiro e que non presten máis do que teñen. Isto suporía unha competencia máis real no sector financeiro entre grandes e pequenos, un maior aliciente a facer as cousas ben e manterse afastados das burbullas especulativas, na medida en que quen o faga mal non sexa rescatado. Ademais suporía un aforro enorme de recursos públicos e un ingreso extra recuperado para toda a sociedade: a creación de novo diñeiro.

As múltiples formas en que un diñeiro dixital público pode chegar a implementarse están atravesadas por consideracións importantes que de seguro afectarán aos dereitos de todas. En todo caso, un ente democrático pode resistir mellor a tentación de poñer en risco todo o sistema por razóns de lucro. Se nos importa a estabilidade financeira e queremos deixar de dilapidar cartos públicos rescatando bancos, o diñeiro debería ser un activo sen risco. Pódese poñer fin ao privilexio dos bancos de prestar o que non teñen e, sobre todo, evitar que outros axentes económicos importen o actual modelo de funcionamento bancario, onde o Estado paga os pratos rotos.

Igual nun futuro “100% respaldado con diñeiro público” deixe de ser a descrición dun sistema bancario en permanente rescate e acabe sendo unha garantía de prudencia que todas as moedas que pretendan garantir o cambio a euros deberan ter.

Na busca do interese xeral, ademais da estabilidade financeira, poden tratar de garantirse dereitos tan importantes como poder aforrar sen risco, que non se usen os datos persoais das transaccións con ánimo de control e de lucro ou o dereito a poder usar as moedas que queiramos entre particulares. De todas formas, que estes cartos públicos, dos que tanto se está a falar nas altas esferas do poder, acaben garantindo todos estes dereitos está por ver.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Economía
Economía A Xunta de Rueda privatiza outra das residencias de maiores financiada por Amancio Ortega
Tanto esta residencia como a de Pontevedra, cuxa xestión tamén está en proceso de licitación, serán as próximas en abrir tras a entrada en funcionamento das de Santiago de Compostela e Lugo, que xa operan baixo o mesmo modelo.
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.
valenastur
19/4/2022 22:02

Hace falta mas analisis como este del funcionamiento real del sistema economico y monetario. Solo asi es posible proponer alternativas bien fundadas. Felicitaciones al autor.

0
0
8 de marzo
Mapa del 8M Mapa | Todas las convocatorias de este 8 de marzo
El Salto publica en adelanto exclusivo el mapa de convocatorias del 8M de IK Press, que se actualizará de forma permanente hasta la víspera del 8 de marzo.
Opinión
Opinión La ultraderecha racista avanza en España gracias al PSOE
El deseo recién cumplido de Junts se basa en dos vertientes: ganar terreno a Alianza Catalana y a Vox, que no olvidemos también acumula votantes en el territorio, y manejar los fondos vinculados a la migración.
Burorrepresión
Guadalajara Los “8 de Caixabank” mantendrán su insumisión judicial tras la condena
El Juzgado de lo Penal de Guadalajara les ha condenado en primera instancia por un delito de resistencia a la autoridad y les impone una multa de 7.200 euros.
Fronteras
Fronteras Huyendo de la violencia para quedar atrapados en las calles de Melilla
Al menos 14 personas se encuentran en la calle desde el 27 de febrero porque el Centro de Estancia Temporal de Inmigrantes (CETI) en Melilla les niega el acceso a pesar de haber obtenido una cita previa de asilo.

Últimas

Argentina
Argentina Las demandas contra Milei por el criptogate se extienden por EEUU, China y España
El presidente argentino intenta desviar la atención de un escándalo de dimensiones internacionales que lo tiene como protagonista.
Green European Journal
Green European Journal ¿Es posible una Inteligencia Artificial verde y justa?
Los líderes mundiales y los inversores privados se pelean por hacerse un hueco en la fiebre del oro de la inteligencia artificial, cuyo planteamiento de base debe cambiar si queremos impulsar una revolución ecológica y socialmente justa.
Almería
Andalucía Almería premia por el 8M a la directora de un colegio privado y cristiano que segrega por sexos
El Ayuntamiento de Almería, gobernado por el PP, ha otorgado el premio 8M a la directora del colegio Altaduna-Saladares, Gabriela Roldán. Un centro educativo vinculado al Opus Dei y con una enseñanza segregada por sexos.
Chile
América Latina El posible regreso de Bachelet sobrevuela el inicio del año electoral en Chile
La expresidenta socialista se dibuja como la única figura política capaz de contener el avance de las derechas. Sin embargo, todavía está lejos de estar claro si se presentará o si su popularidad será suficiente para vencer a la conservadora Matthei.
Formación El Salto
Formación El Salto La Escuela de Periodismo Crítico vuelve con dos nuevas propuestas que van más allá de lo periodístico
Presentamos dos cursos centrados en el posicionamiento cultural crítico, tanto a la hora de escribir como de interpretar los mensajes que llenan cada vez más cabeceras y redes sociales.
Más noticias
China
Pulsos bajo el cielo Xiaowang, un conjuro para repartir el poder
Xiaowang, entre el hardcore y el kawaii, nos invitan desde Beijing a realizar un conjuro con su último album, Kachacha. Con ellas hablamos sobre la cultura del esfuerzo y ser feministas en la escena DIY de la capital
Estados Unidos
Análisis Trump, la naranja mecánica
La rueda de prensa entre el presidente de los Estados Unidos y su homólogo ucraniano fue una muestra de una humillación pública al más alto nivel.
Economía social y solidaria
Economía Social Empresas cooperativas, una forma de economía democrática
FAECTA y la Universidad Pablo de Olavide presentan a los estudiantes universitarios unas jornadas en las que ponen el foco en la economía social y las empresas cooperativas en Andalucía.

Recomendadas

Música
Jaume Sisa “Llegar a ser tú la obra de arte es el ideal más bello que pueda existir”
Asegura que hace mucho tiempo que decidió no celebrar nada, pero el cantautor galáctico Jaume Sisa está de cumpleaños: su disco ‘Qualsevol nit pot sortir el sol’ ha alcanzado el medio siglo.
Madrid
Madrid Inquilinas despliegan decenas de piquetes para ampliar la lucha antirrentista e impulsar huelgas de alquileres
Estos grupos agitativos territoriales, que se mantendrán a lo largo de los próximos meses, se han distribuido por distritos y barrios de Madrid como Villaverde, Lucero, Vallecas o Leganés.
Mozambique
Neocolonialismo La expansión del eucalipto en Mozambique para la papelera europea
VV.AA.
La creciente demanda de celulosa en Europa está dando lugar a nuevos mercados y a la expansión de las plantaciones de eucalipto en Mozambique. Pero algunas comunidades rurales ahora quieren recuperar la tierra que han perdido.
Feminismos
June Fernández “Estoy abierta a reconocer modelos en los que haya personas cuyo rol sea gestar”
La periodista June Fernández publica ‘Sueños y vasijas’, un volumen sobre la gestación subrogada que no quiere sacar a nadie de su posición, pero sí sumar elementos para analizarla con perspectiva feminista.