Coronavirus
Avances na investigación e carencias na sanidade: dúas caras da segunda vaga da covid-19 en Galicia

A opinión pública culpabilizou sectores concretos da poboación sen ter en conta a necesidade de coñecer datos empíricos. En termos sanitarios apareceron solucións e tamén carencias nun contexto no que moitos sectores denuncian falta de información.

Cribado Logroño 4
Realización de test de antíxenos durante un cribado masivo. Gobierno de La Rioja

A apertura que se produciu no verán aplanou o terreo para que Galicia e moitas outras partes do territorio estatal volveran sofrer un gromo da covid-19. A partir do sábado 7 de novembro entraron en vigor novas restricións co obxectivo de evitar a expansión do virus: para os 60 concellos máis afectados tomáronse medidas especiais —peches perimetrais, peche de hostalería, e demais— e para o resto da Comunidade medidas menos restritivas —aforos reducidos, reunións de máximo 6 persoas, etc.—. A pesar disto, o segundo gromo desta pandemia continúa.

Cada vez hai máis información sobre o virus, desde como se producen os contaxios pola covid-19, até modelos que prognostican a súa severidade. Pero, nesta nova onda de contaxios hai uns causantes nada máis? Cales son os criterios utilizados para a adopción de medidas? Hai moitas reflexións que plantear, mais o importante para combater a situación é evitar opinións non fundamentadas, e sobre todo traballar con datos. Neste sentido, á cidadanía amósaselle cantos contaxios e cantas mortes se producen día tras día, deixando a un lado, entre outras, información sobre os rastrexos que se están a realizar. A cidadanía sabe que existe un Comité Clínico, mais por que non é Epidemiolóxico? Realmente é unha situación difícil de combater na que hai matices que facer e moitas cousas que aprender.

ACLARAR OS CONTAXIOS

Galicia está nun punto que supera os 9.000 contaxios. Das persoas contaxiadas por covid-19 non todas o foron do mesmo xeito. Anteriormente considerábase que o virus se esparexía como explica o factor R, mais xa non é así. Segundo explica Alberto Ruano Raviña, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública, e investigador na área de Epidemioloxía e Saúde Pública da USC, “do que nos fala o factor R non é outra cousa de como se reproduce a epidemia a nivel promedio: en función do número de casos novos que se xeran a partir do número de casos previos é como se calcula este factor R”. Aínda que pareza correcto, o virus non se multiplica deste xeito xa que non todas as persoas contaxian na mesma medida.

Dito isto agora o importante é entender o factor K, que é aquel que explica por que nesta pandemia pode haber supercontaxiadores que orixinan amplos grupos de persoas contaxiadas, e persoas infectadas que non contaxien a ninguén. En función da carga viral, da situación e do número de contactos sociais, unha persoa pode contaxiar a máis xente que outra. Mais hai máis problemas ca este. Alberto Ruano estima que en torno a un 30% ou 35% dos positivos son asintomáticos —pacientes que non manifestan ningún síntoma estando contaxiados—. Complicándoo aínda máis, existe unha dificultade engadida: a mobilidade das persoas ou o respecto do tempo de corentena domiciliaria. Ruano Raviña explica que “non toda a xente está facendo caso ás restricións marcadas polas autoridades sanitarias cando houbo contacto cun positivo”.

A xente nova ocupou o centro da culpabilidade desde un primeiro momento: os botellóns, as festas en pisos e todo aquilo que entrou nas axendas mediáticas de medios de comunicación e forma parte dunha mala práctica nun contexto epidémico. Aínda así, Ruano comenta que “non temos a evidencia suficiente como para saber que esta parte da poboación sexa a causante do que está ocorrendo”. Ademais, enuncia que “unha evidencia indirecta, sobre a que non temos tantos datos como para culpar a unha parte desta poboación, son os cribados realizados a nivel universitario, cun número de positivos máis baixo do que se puidera esperar”.

Alberto Ruano: “O importante é non poñer foco nun grupo poboacional concreto, posto que existen outros segmentos entre os 30 e os 55 anos de idade con cifras de contaxios bastante elevadas”.

AVALIAR A REACCIÓN CONTRA A COVID

As medidas contra esta segunda onda da pandemia están enfocadas a romper a cadea de contaxios. Como comenta Manuel González Moreira, médico de Atención Primaria, delegado sindical de CIG e portavoz da Xunta do Persoal da Área Sanitaria de Vigo, “o virus non se move pero movémonos as persoas, polo tanto aquelas que están infectadas están a mover o virus”. A reacción tanto do Goberno central como autonómico foron os peches, quer territoriais, quer de determinados sectores. A peor parte levouna o sector servizos, máis concretamente a hostalería e a restauración. A pesar disto, as medidas poden considerse correctas debido ao rápido incremento de contaxios, pero aínda así sempre queda marxe para o erro; como aporta Alberto Ruano: “A efectividade das medidas está ligada ao momento no que se aplican”.

Pola contra, Miguel Hernán profesor de Bioestadística e Epidemioloxía da Universidade de Harvard, comentou nunha entrevista realizada por El País, que os sistemas de rastrexo son as mellores armas para localizar as fontes de transmisión do virus e desta maneira cortar as cadeas de contaxios. Se se analizan as medidas tomadas tras a primeira onda de contaxios é necesario preguntarse se as decisións políticas estiveron orientadas ao benestar da saúde pública ou ao da economía. Os criterios utilizados céntranse de maneira aparente no número de contaxios por cada cen mil habitantes. Intentamos establecer contacto coa Dirección Xeral de Saúde Pública e coa Dirección de Asistencia Sanitaria para obter máis información a cerca da posición adoptada, pero non obtivemos resposta.

Manuel González Moreira: “Estase actuando con criterios políticos para contentar á opinión pública máis que con criterios científicos

A falta de datos e de información non permiten avaliar o xeito de actuar das autoridades sanitarias galegas. Pola contra, Manuel González Moreira afirma que a sensación que se percibe é a de “que se está actuando con criterios políticos para contentar a opinión pública máis que con criterios científicos”. A explicación que dá este médico de Atención Primaria é que “nalgúns casos quedan curtas e van por detrás da realidade da infección e noutros tiran a eito, pechando sen moito sentido e sen xustificalo epidemiolóxicamente”. Existe un baleiro informativo sobre como se distribúen os casos novos ou mesmo o número de casos por concellos. De novo, o delegado sindical denuncia esta carencia posto que “non permite facer un seguimento da situación e avaliar as medidas tomadas”.

ESCASEZA DE RECURSOS

Unha pregunta que a xente tende a se facer é se os recursos sanitarios destinados a combater esta crise pandémica foron suficientes. Ao respecto hai que diferenciar entre aqueles destinados á Atención Primaria e outros destinados á adopción de medidas e á investigación sobre o propio virus. En primeiro lugar, Manuel González a partir do contacto continuo que ten co persoal médico afirma rotundamente que os medios sanitarios na Atención Primaria son escasos, apoiándose en que xa eran limitados antes da pandemia, pero o que fixo o coronavirus foi agudizar e desenmascarar esta situación.
Sanidad pública
Colapso na sanidade pública galega
O colapso na atención primaria e nas urxencias son o resultado dunha privatización implacábel que favorece o lucro de xigantes empresariais como Medtronic.
A atención telefónica foi un dos instrumentos que a Xunta de Galicia utilizou para paliar a necesidade das consultas médicas para así evitar o máximo posible que a xente se desprace aos centros de saúde, excepto en situacións que o requiran. Este tipo de consultas telefónicas funcionan, de cara á covid-19, a través dun cuestionario que lle daría 6 minutos de duración á consulta no lugar de 40, como sinalou Moreira. Ante a imposibilidade de actuar desta maneira en moitos casos, “puxo de manifesto a falta absoluta de infraestrutura en Atención Primaria”. Finalmente, Manuel González Moreira insiste en que “esa visión de saúde pública que busca a promoción da saúde e a prevención da enfermidade non triunfou no deseño das medidas, e o feito de que o comité de expertos se chame Comité Clínico e non Comité Epidemiolóxico, xa define a actitude que teñen ao respecto”.

En canto a resultados de investigación, Francisco Gude Sampedro, investigador do Departamento de Epidemioloxía Clínica no Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago, desenvolveu un modelo que prognostica a severidade da enfermidade nunha persoa contaxiada por coronavirus. Segundo detalla no estudo que está a piques de publicarse no International Journal of Epidemiology de Oxford, Development and validation of a prognostic model based on comorbidities to predict Covid-19 severity. A population-based study, en función das características e posibles comorbilidades dunha persoa, este modelo multivariable pode predicir o acuse que vai ter a covid sobre unha persoa contaxiada.

O estudo e desenvolvemento deste modelo de prognóstico permite saber cal é a probabilidade de que unha persoa con determinadas características teña complicacións. Nel tamén entraría a xente asintomática, tanto a que vaia ter complicacións como a que non vaia ter ningunha. Isto pode facilitar a toma de decisións. “Se ti coñeces as características das persoas, cantas están infectadas e coñeces os tempos de duración do período de incubación, de aparición de sintomatoloxía, de complicacións... xunto a outras medicións, podes actuar con tempo e podes adiantarte”, comenta Francisco Gude.

Francisco Gude: “España non destaca por ser un país que destine moitos recursos a investigación. É certo que tiñamos moi boa xente, ben formada, que se tivo que marchar a outros países”

Igualmente a covid-19 é algo relativamente novo para a sociedade ocasionando que sempre nos esteamos movendo na incertidume. “Nisto non hai nada categórico, non hai aseveracións totais xa que igual se trata dun modelo que funciona aquí pero non ten por que ser exportable e xeneralizable”, continúa Gude. Este estudo aporta moitos resultados de investigación que axudan a enfrontarse a este tipo de situacións extraordinarias. O investigador de Epidemioloxía Clínica afirma que isto é un pequeno grao de area sobre o todo o que rodea o virus debido a que despois está “todo canto se descubre sobre mecanismos biolóxicos, moleculares, métodos de diagnóstico,tratamentos…”.

Segundo informa, xérase moita información ao respecto, e non sabe se a xente fará unha boa xestión dela. Neste aspecto, Gude Sampedro fai fincapé na importancia de estar ben preparado e informado de cara axestión de recursos, pero sobre todo alude á “necesidade dunha maior confianza, maior inversión e maior esforzo en todo o que sexa ciencia”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Más de 760.000 personas no tienen médico de familia o pediatra en la Comunidad de Madrid
En los 267 centros de salud existentes en la región faltan 3.812 médicos y médicas y 983 pediatras. Hay 43 centros de salud caídos, esto es, con menos del 20% de la plantilla, mientras que el año pasado había 21 centros en esta situación.
Sanidad
Sanidad La Atención Primaria, uno de los escalones de la Sanidad más abandonados
Este 12 de abril se celebra el Día Internacional del primer peldaño de acceso a los servicios sanitarios. Falta de inversión, largas listas de espera y falta de tiempo para atender son algunas de las denuncias más repetidas.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Ayuntamiento de Madrid
Residuos La “motosierra de Almeida” no frena la oposición social al cantón de la limpieza en Montecarmelo
Los vecinos no entienden por qué el Ayuntamiento madrileño no accede a construir el cantón en una parcela técnicamente viable y que no afectaría a miles de niños y la única zona verde del barrio.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andre Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.
Más noticias
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.

Recomendadas

Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.
Almería
Artes escénicas Almería reclama su (dancístico) lugar
A menudo relegada al olvido en los mapas culturales, esta provincia oriental sigue siendo una gran desconocida, a pesar de su riqueza histórica, su diversidad paisajística y su potencia creativa.