Balea Cultural
Benjamin Clementine: Cando a música é máis que un produto

O concerto do músico parisiense no Auditorio Mar de Vigo foi toda unha lección de como entender a música dunha maneira diferente, na que o prioritario é a comunicación e o sentimento colectivo.

Benjamin Clementine
Benjamin Clementine no Auditorio Mar de Vigo. Foto: Super Bock Under Fest
BALEACULTURAL.NET
31 mar 2018 12:00

Quizais hoxe en día, máis que nunca, a maneira na que se entende o que é a música, e en xeral calquera tipo de arte, vén marcada por unha perspectiva de mercado. A arte rematada percíbese como un produto que se compra, se consome e por último é tirado ao lixo. Certas actitudes cada vez máis recorrentes en concertos, coma os públicos quedos, calados, ás veces pensando máis en conseguir unha fotografía ou un vídeo da interpretación para subila ás redes socias que en gozar da música, non veñen tan marcadas pola existencia destas tecnoloxías, senón que son máis un reflexo desta maneira de entender a arte.

Ante o carácter intanxible da música, estas imaxes semellan ser en moitas ocasións o produto adquirido polos consumidores. Aquilo co que poden volver á casa. Porén, a arte en si non deixa de ser máis que unha forma de comunicación abstracta, que en lugar de expresar conceptos ou ideas como o fan as palabras, busca transmitir emocións de maneira directa ou pura.

Durante a súa adolescencia, Benjamin Clementine viviu coma un sen teito en París, gañando os poucos cartos que podía actuando na rúa. A música da rúa é entendida pola xente dunha maneira radicalmente diferente a como se podería entender un gran concerto nun festival. As razóns polas que se lles dan cartos aos músicos que teñen que interpretar na rúa teñen moito máis que ver coa idea da caridade.
Actuar na rúa resulta moito máis complexo para un músico, xa que o público que asiste aos grandes concertos adoita ter unha actitude cómplice cos intérpretes, mentres que na rúa esta complicidade esvaécese. Dende unha perspectiva de mercado, o público non ten nada que levar dunha actuación musical na rúa máis que unha sensación de autosatisfacción por deixarlle unhas moedas a unha persoa que se atopa nunha situación económica peor.

Benjamin Clementine_2
Concerto Benjamin Clementine no Auditorio Mar de Vigo. Foto: Super Bock Under Fest
Non obstante, a música, aínda que responde a intereses de mercado ao estar supeditada ao capital, e por iso vese como un produto, trátase en realidade dunha forma de comunicación. Benjamin Clementine entendía isto cando cantaba nas rúas parisienses, onde grazas á súa enorme capacidade de conectar coa xente foi gañando un certo nome propio, converténdose nunha especie de figura de culto da escena underground da cidade. Foi desta maneira na que Clementine logrou un contrato discográfico que lle permitiu lanzar o seu primeiro disco de estudo, At Least For Now (2015) e máis recentemente I Tell A Fly (2017).

O músico británico Benjamin Clementine actuou o pasado sábado 24 de marzo no Auditorio Mar de Vigo, un concerto enmarcado dentro dun novo festival, o Super Bock Under Fest. O concerto foi toda unha experiencia. Dende o comezo, Benjamin Clementine reclamaba a interacción do público nas súas cancións. Un público que non se daba soltado. A reacción de Clementine a isto era relativamente hostil, parando o concerto nos momentos nos que a xente non cantaba de maneira correcta as letras ou non respondía ás súas interpelacións. Dende o público, sentíase unha certa sensación de desconcerto.

O set que se estaba a dar non era un concerto cómodo ou seguro, e a xente non tiña claro ata que punto o músico estaba enfadado co público ou ben xogando con eles

Os esquemas do concerto estándar no que os músicos interpretan os seus temas de maneira correcta mentres a audiencia está de pé diante deles escoitando, aplaude ao remate e despois marcha para a súa casa atopábanse rotos por completo. O set que se estaba a dar non era un concerto cómodo ou seguro, e a xente non tiña claro ata que punto o músico estaba enfadado co público ou ben xogando con eles. A medida que as cancións ían pasando, algunhas persoas comezaban a sentirse algo molestas, mentres que outras comezaban a soltarse cada vez máis.

A forma na que transcorreu este concerto lembrou en certa maneira ao filme Whiplash (2014), dirixido por Damien Chazelle. Nesta película, narrábase a historia dun batería de jazz que se atopaba cun director de banda, interpretado por J. K. Simmons, cunha actitude agresiva, por momentos violenta, que buscaba levar ao músico ata ao extremo coa escusa de tratar de sacar o mellor de si. Aínda que é certo que este filme tiña certos aspectos esaxerados e fantasiosos propios das producións de Hollywood, tamén o é que formulaba unha idea moi interesante.

O clímax da película chega cando, á metade dunha actuación, o profesor lles manda aos músicos comezar unha peza da que non lle avisara ao batería que se ía interpretar, tendo que intentar seguir a música como podía, quedando en certo ridículo. Este podería ser o momento no que o batería se afundise por completo de maneira definitiva, mais a súa resposta foi ofensiva. Interrompendo as desculpas do director ao público, comeza a tocar a introdución de batería doutra canción, facendo que o resto dos músicos o sigan. Neste momento tamén cabería esperar o enfado do director, que porén séntese satisfeito, xa que era precisamente esa reacción a que levaba buscando todo ese tempo, todo isto resultando nunha escena longa e impecablemente realizada que daba peche ao filme dunha maneira brillante.

Toda a súa actitude ofensiva cara ao público buscaba que este se soltase, reaccionase e interactuase con el

Benjamin Clementine semellaba estar a facer a parte de J. K. Simmons no seu concerto. Toda a súa actitude ofensiva cara ao público buscaba que este se soltase, reaccionase e interactuase con el. O equivalente á escena final de Whiplash no concerto foi a canción Adiós, interpretada unicamente por Benjamin Clementine ao piano e que puxo peche ao concerto. Foi nesta canción cando quedou xa claro que o músico británico acadara o seu obxectivo. Pouco tivo que ver a versión de estudo da canción de catro minutos coa interpretación que se viviu no Auditorio Mar de Vigo, que se achegou a unha duración dun cuarto de hora. Clementine xogou coa propia canción cambiando os ritmos de maneira constante, uns ritmos que agora ían acompañados polas palmas do público, unhas palmas que non foran pedidas polo músico.

Benjamin Clementine_3
Imaxe do concerto de Benjamin Clementine no Auditorio Mar de Vigo. Foto: Super Bock Under Fest
Pero a cousa non quedou aquí. Con esas palmas, o público en certa maneira tamén estaba a dirixir a velocidade e a interpretación do propio Clementine, chegando por momentos a resultar un xogo rítmico de pregunta e resposta entre músico e público que non sería imaxinable ao comezo do concerto. O que estaba a acontecer era todo un proceso comunicativo colectivo e recíproco. O mesmo público que ao comezo se sentía confuso e en certa medida atacado, estaba agora iniciando as interaccións co músico. As caras da xente estaban cheas de sorrisos e respirábase unha certa sensación de satisfacción e liberación en todo o auditorio. A maneira na que Benjamin Clementine enfocou o concerto foi sen lugar ás dúbida moi arriscada, xa que consistía en dicirlle ao público dunha maneira bastante directa que non estaban a entender ben o que é a interpretación de música en directo, así como todo o que pode chegar a comunicar e transmitir.

Aquel concerto de Clementine rematou coas últimas palabras da letra da canción Adiós, incluída no primeiro disco do británico, que din Let the lesson be mine, caus the vision is mine (Deixa que a lección sexa miña, porque a visión é miña). Unhas palabras que poderían entenderse tamén en relación ao propio concerto, xa que o que o parisiense logrou no Auditorio Mar de Vigo foi toda unha lección de como entender a música dunha maneira diferente, na que o prioritario é a comunicación e o sentimento colectivo en lugar da perspectiva de mercado.

Archivado en: Música Balea Cultural
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Eléctricas
Sistémica eléctrico Del lobby nuclear a la burbuja de las renovables: comienza la pugna por encontrar al culpable del apagón
Un crecimiento desmedido de las renovables guiado por intereses corporativos y una red eléctrica que no ha sido actualizada a la nueva realidad energética son algunas de las causas señaladas del apagón del 28 de abril.
Electricidad
Apagón Pedro Sánchez: los protocolos de emergencia siguen activos y se abrirá una investigación
El presidente del Gobierno ha comparecido ante los medios de comunicación tras presidir la reunión del Consejo de Ministros para explicar las cuestiones abordadas en relación con la crisis eléctrica.
Energía
Energía El gran apagón de abril | El suministro de energía se recupera al 99%
Pedro Sánchez explica que se produjo una “pérdida” del 60% de la electricidad a las 12:33h: “15 gigavatios se han perdido súbitamente del sistema en apenas 5 segundos. Aproximadamente el 60% del sistema eléctrico”.
Pobreza energética
Energía Apagón crónico: lugares donde no volverá la luz, a pesar de la restauración del sistema eléctrico
Miles de personas en el Estado español viven día a día apagones y falta de suministro en lugares como Cañada Real (Madrid), la Zona Norte de la ciudad de Granada o los asentamientos de jornaleras y jornaleros migrantes en Huelva y Almería
Energía
Energía La ley marca permisos retribuidos para situaciones como el apagón eléctrico
El Estatuto de los Trabajadores, en su artículo 37.3, protege a la plantilla cuando no es posible llegar a su puesto de trabajo o desarrollar con normalidad su tarea en situaciones como no tener electricidad durante horas.
Electricidad
Apagón ¿Qué le puedo reclamar a la empresa eléctrica y al seguro tras el apagón?
Tras el incidente con la electricidad de este lunes 28 de abril, los consumidores deben conocer qué pueden reclamar a las compañías de la luz o a sus seguros.
València
València La jueza de la dana acorrala al relato político de Mazón
El president viaja a Estados Unidos la semana en la que el PP europeo celebra su congreso en València y no acudirá a la multitudinaria romería de Santa Faz.
Crisis climática
Informe Las diez empresas más contaminantes del país son responsables de un quinto de las emisiones españolas
Repsol mantiene el podio gris de empresa más contaminante que le arrebató a Endesa en 2020. Completan el top 10 de compañías más emisoras energéticas, cementeras y siderúrgicas, que copan entre ellas el 56% de las emisiones del mercado de carbono.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
El Salto Radio
El Salto Radio Desmantelando E2 I El racismo institucional y sus grietas
Las redes de apoyo mutuo y la actitud de compartir privilegios son herramientas imprescindibles para combatir los impactos del racismo estructural.
Comunidad de Madrid
Energía El apagón en Madrid, en imágenes
En Madrid, la gran urbe ha permanecido incrédula al pasar de las horas, entre rescates en el Metro, en el Cercanías y en ascensores, donde han quedado atrapadas algunas personas.
Opinión
Opinión La luz de lo público durante el gran apagón
El fundido del sistema eléctrico ahonda en las grandes preocupaciones del siglo XXI. También en el diagnóstico fundamental de necesidad de refuerzo de los servicios públicos.
Economía
Inflación El IPC baja al 2,2% en abril y el PIB crece un 0,6% en el primer trimestre
La economía crece una décima menos que el último trimestre de 2024 y la inflación subyacente sube cuatro décimas hasta el 2,4%.
Opinión
Opinión La hostilidad del fin del mundo
Me da por pensar qué tal vez estoy haciendo algo mal, que tal vez tuve que aprovechar las cuatro horas atrapado en un coche para grabar un documental o un reel sobre la necesidad de parar.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Arranca el segundo día de huelga en la educación madrileña
Hoy están llamados a la jornada de protesta en los ciclos de Infantil, Primaria, Secundaria, FP y Educación Especial. Se planea una nueva fecha para la manifestación conjunta con universidad que no pudo celebrarse ayer por el apagón.
Palestina
Genocidio Israel asesina a cien personas en Gaza durante las últimas 48 horas
Esta semana comienza una vista oral en la Corte Internacional de Justicia que examina la ilegalidad de la decisión israelí de cortar la cooperación con la agencia de derechos palestinos de la ONU, UNRWA.
Laboral
Laboral Trabajar para vivir, morir por trabajar
El 28 de abril se conmemora el Día Mundial de la Seguridad y la Salud en el Trabajo con la necesidad de la implementación de medidas ante la siniestralidad laboral, que dejó en el país en 2024 la muerte de 796 personas.

Recomendadas

Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.
Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.