Transexualidad
Bianka Rodríguez: “Os grupos antidereitos practican unha ideoloxía de odio”

Bianka Gabriela Rodríguez preside Comcavis Trans, organización que traballa polo recoñecemento e cumprimento dos dereitos humanos das persoas LGTBI en El Salvador, onde as mulleres trans teñen unha expectativa de vida de 33 anos.

15 abr 2019 09:00

Nunha escola de San Salvador desfrutaba do seu único espazo de liberdade Bianka, una muller trans que na súa infancia foi encerrada nunha habitación durante oito anos “por ter xestos de nena”. Sendo adolescente fuxiu cara unha zona de conflito entre ‘pandillas’, onde traballou nunha panadería para subsistir, aínda que nunca cobraría o seu salario e tivera que durmir dous anos sobre sacos de fariña. Xa adulta, atentaron dúas veces contra a súa vida e ao preguntarlle se sufriu algún secuestro, responde entre risas: “Si, pero só unha vez”.

Neste contexto é máis sinxelo entender un dato macabro: a expectativa de vida dunha muller trans en El Salvador é de 33 anos. Bianka ten 26, polo que cre que lle quedan sete. Sexan os que sexan, Bianka é xa unha muller empoderada decidida a dedicar a súa vida a defender e reivindicar os dereitos das mulleres trans de El Salvador. Para iso lidera a organización Comcavis Trans, asesora á ONU Mujeres e participa na iniciativa por unha lei de identidade de xénero no seu país.

Como é a infancia dunha persoa LGTBI en El Salvador?
Ser unha nena ou un neno LGTBI en El Salvador é moi difícil. Por exemplo, as mulleres trans son expulsadas dos seus fogares polos seus país debido á súa identidade de xénero. A familia non entende ese concepto e son excluídas, algo que tamén pasa con homes gays. Neste entorno as nenas trans saen á rúa sen protección, aínda que existe unha lei de protección, que non se aplica a persoas LGTBI. Moitas nenas trans de El Salvador son excluídas, explotadas sexualmente e son vítimas de trata. Hai un Estado pasivo que non lles ofrece dereitos básicos. Outro exemplo é o das nenas lesbianas, que sofren violación correctivas nas que familiares ou amigos da familia violan á nena para corrixir a súa orientación sexual baixo o pretexto de que se non probou un pene, non pode ser válida.

Bianka FOTO 1
Comcavis Trans traballa con persoas LGTB desde 2008. Imaxe: Comcavis Trans.
Desde a adolescencia, as mulleres trans sofren violencia e en moitos casos vense na obriga de realizar traballo sexual. Que riscos ten ser unha muller trans no teu país?
As mulleres trans son a cara máis visíbel da discriminación cara o colectivo LGTBI. Vivimos nun círculo de violencia nos fogares, pero tamén social, porque a sociedade non está educada para entender que é a orientación sexual ou a identidade de xénero. É esa mesma sociedade a que marxina e quen acaba exercendo a violencia. As mulleres trans son obrigadas a exercer o comercio sexual como único método de subsistencia, xa que son excluídas do sistema educativo e se ven sumerxidas nunha violencia entre ‘pandillas’. Estas ‘pandillas’ exercen moitos tipos de violencia: física, verbal, sexual, etc. Nas avenidas as mulleres trans gañan o seu sustento, pero teñen que pagar unha cota ao ‘pandillero’ para poder traballar en cada rúa. Ademais teñen que facer outro pago para ‘garantir a súa seguridade’, como din. Se non se lles paga con cartos, agrídenas sexualmente.

Moitas nenas trans de El Salvador son excluídas, explotadas sexualmente e son vítimas de trata. Hai un Estado pasivo que non lles ofrece dereitos básicos.

A túa compañeira Tania Vásquez, muller transxénero e activista da súa organización, foi asasinada en 2013.
Tania foi unha das fundadoras de Comcavis Trans. Segundo o estudo forense foi violada e golpeada durante 11 horas. Estaba atada de pés e mans e as súas partes xenitais foron cortadas e colocadas enriba do seu peito. Tamén tiña un impacto de bala, que foi o que a matou. Meteron o seu corpo nunha bolsa e deixárona nun parque moi transitado de San Salvador. É un caso que nos afectou tamén como organización, porque o Estado, a través da Fiscalía General de la República, criminalizounos como autores intelectuais deste crime por odio. Cambiaron tres veces ao fiscal responsable, pero o asasinato segue impune. Malia que en 2015 houbo reformas no código penal relativo aos homicidios de odio cara colectivos LGTBI, non se están aplicando por quen imparte xustiza. O sistema político é moi inestable, con dous ex-presidentes do país condenados e outro acusado. Hai unha falta de estado de dereito evidente que está xerando unha impunidade e permitindo que os delincuentes e ‘pandilleros’ sigan ameazando e exercendo violencia sen seren xulgados.

Es parte do grupo que asesora á ONU Mujeres en El Salvador e participaches na elaboración do proxecto de lei de igualdade de xénero, que leva parado un ano. Hai outras leis non aplicadas, a maioría de feminicidios quedan impunes… Por que é tan difícil cambiar e cumprir a lei?
A mesa permanente por unha lei de identidade de xénero traballou nun proxecto de lei que recoñeza o cambio de sexo, nome e xénero das persoas trans. Esta iniciativa, na que traballamos desde 2014, foi apoiada por un programa da ONU e en 2018 unha deputada do FMLN apoiouna e presentamos unha proposta, pero agora está parada na Comisión de Género. Non se convocou ás organización que elaboramos este proxecto de lei para falar das necesidades do colectivo, como a importancia do cambio de nome. Eu non me chamo Bianka, ese é o meu nome autoasignado; no meu DNI aparece un nome masculino, aínda que a foto sexa feminina. Sufro de discriminación por isto. Non hai ningún tipo de lei que regule o traballo das persoas trans para facilitar a nosa inclusión, na educación tampouco podemos acceder a unha educación digna, non podemos acceder a vivendas públicas… En España agora hai un contexto diferente ao de El Salvador, pero hai uns anos non era tan diferente. A situación en España pode volver atrás e ten que ser a sociedade civil quen defenda os dereitos gañados. O matrimonio igualitario ou a lei de identidade de xénero poden desaparecer, e incluso a despenalización do aborto. En El Salvador, hai mulleres que pagan con 50 anos de cárcere as súas complicacións obstétricas.

Bianka FOTO 2
Bianka RodrIguez asesora a ONU Mujeres en El Salvador. Imaxe: Comcavis Trans.

A situación en España pode volver atrás e ten que ser a sociedade civil quen defenda os dereitos gañados. O matrimonio igualitario ou a lei de identidade de xénero poden desaparecer, e incluso a despenalización do aborto.

Como cres que sería a túa vida se tiveras nacido nun país con estes dereitos dos que falas?
Se cadra non sería activista ou defensora de dereitos humanos. Se cadra agora sería unha profesional graduada cun título universitario, algo que agora non podo ter en El Salvador. Se cadra estaría casada, cun traballo ben remunerado. Tería sido diferente; non tería sufrido tanta violencia como sufrín.

Se cadra es máis necesaria como activista que como enxeñeira…
(Risas) Si, eu estudei tres anos de enxeñería agroindustrial pero tiven que deixalo e buscar un traballo pola discriminación que sufrín na universidade. No ámbito laboral da empresa privada había resistencias para contratarme pola miña expresión de xénero, só porque non coincidía co meu nome. Por iso me dedico a defender dereitos humanos e lidero esta organización.

Antes de ti, a vosa organización era liderada por Karla Avelar, que tivo que exiliarse por un premio.
Karla é unha lideresa e defensora dos dereitos LGTBI que leva máis de vinte anos cambiando a realidade de mulleres trans. Ela viviu en carne propia a violencia e a discriminación nos cárceres, xa que foi unha muller privada de liberdade, foi violada, torturada… É unha sobrevivinte, recibiu 9 impactos de bala no seu corpo… Por iso fundou Comcavis Trans; para min é un símbolo de loita. Foi nominada ao premio Martin Ennals de dereitos humanos en 2017 e iso xerou máis violencia cara ela e a súa familia. Os ‘pandilleros’, que son unha estrutura perfectamente organizada, ameazárona a ela e á súa familia para que lles entregase o premio sen telo ganado. Karla viviu uns meses agonizantes. Despois tivo que exiliarse porque estaba en risco a vida da súa nai. Karla non aguantaría outro atentado contra a súa vida. Fixo ben en solicitar asilo en Europa, onde segue facendo incidencia política a través de diversos medios para que El Salvador avance en materia de dereitos humanos.

Traballamos en baixar os índices de violencia nos cárceres, onde Karla Avelar foi abusada por máis de 100 homes cando foi privada de liberdade por un delito que non cometera.

Igual que Karla, moitas mulleres trans en El Salvador son privadas de liberdade. Vós traballades con elas; cal é a súa situación e en que consiste o voso traballo?
A situación nos cárceres de El Salvador é moi difícil, especialmente para as persoas LGTBI e aínda máis para as mulleres trans. Os homes e as mulleres van a penais diferentes. Como non temos unha identidade feminina, temos que ir coa nosa expresión a un penal de homes. Este é un eixo de traballo que Karla Avelar desenvolveu en Comcavis. Desde entón traballamos en baixar os índices de violencia nos cárceres, onde ela foi abusada por máis de 100 homes cando foi privada de liberdade por un delito que non cometera, se non que se defendeu ante unha agresión. Sufriu violencia sexual dos internos e dos funcionarios de seguridade. É unha realidade moi habitual. Ademais, non teñen unha dieta adecuada, non hai os medicamentos necesarios, hai un alto índice de VIH… O sistema de saúde non da abasto. Moitas mulleres trans fixeron operación artesanais, como inxectar aceite nos peitos, o que lles provoca problemas. Con toda a violencia que sofren, é fácil que reciban golpes mesa zona e moitas veces acaban morrendo. Tampouco lles perminte acceder aos programas de reinserción social e laboral, o que lles dificulta que poidan abandoar o traballo sexual ao saír. Dentro dos cárceres hai demasiada xente, con milleiros e milleiros de persoas. A violencia é exacerbada e o Estado fai caso omiso das denuncias que estas persoas fan ante os directores e os mandos superiores dos centros penitenciarios.

Quen defende o modelo único de familia tradicional defende tamén a violencia; é o modelo con maiores índices de feminicidios e abusos a nenos e nenas.
Bianka FOTO 3
Bianka Rodríguez visitou varios centros galegos co proxecto O Mundo Que Queremos. Pablo Santiago
Ti tamén sufriches violencia desde a infancia, explotación laboral, atentaron contra a túa vida… Despois de todo, agora es activista. Que reflexión fas desde a túa posición actual?
Foi moi difícil. A miña reflexión dirixiríaa aos país e nais, para que entendan que ser trans ou lesbiana non é algo non natural ou non biolóxico. O único que cambia dun hetero a un gay é a súa orientación. Cando unha nena ou neno trans nace, só difire a súa identidade, pero o neno é o mesmo, só que ten que adoptar os patróns cos que se sinte identificado. Esa mensaxe é primordial. Agora hai líderes e movementos antidereitos abanderados pola protección da vida e a familia, pero modelos de familia hai moitos, tamén en El Salvador. Hai familias de avós, de nais solteiras, de tíos e sobriños… Quen defende o modelo único de familia tradicional defende tamén a violencia; é o modelo con maiores índices de feminicidios e abusos a nenos e nenas. Defenden iso? Creo que teñen unha idea equivocada.
A loita social pode xerar paz, que é o que buscan as nosas sociedades. Alí poderemos convivir todos e ter un mundo onde caibamos todas as persoas.
Hai unha frase habitual nas marchas LGTBI: “Loitan a favor da vida, pero cando nace LGTBI quítanlle os dereitos”. De que falan? Falan de amor, falan de deus… Eu son crente, pero non vou xerar odio para prexudicar a outras persoas. Ante a «ideoloxía de xénero», os grupos antidereitos practican unha ideoloxía do odio que exacerba a violencia e a desinformación. Se vivimos nunha sociedade educada na que diminuír a desigualdade imos construír unha sociedade xusta e equitativa. Grazas ás feministas de hai 50 anos, que hoxe chamarían feminazis, hoxe as mulleres poden ter voz. Que fagan unha reflexión á educación para toda a sociedade. Ser LGTBI non é unha diferencia. A loita social pode xerar paz, que é o que buscan as nosas sociedades. Alí poderemos convivir todos e ter un mundo onde caibamos todas as persoas. 
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

El Salvador
Ivania Cruz “El estado de excepción se está utilizando en El Salvador para gobernar en base al miedo”
A esta defensora de derechos humanos y comunitarios le allanaron su casa mientras se encontraba en un viaje internacional. Desde el exterior, denuncia la persecución del gobierno salvadoreño hacia su organización y hacia las comunidades que defiende.
Bitcoin
Bitcoin El FMI aprieta a El Salvador: el nuevo acuerdo le prohíbe acumular más Bitcoin y emitir Bonos Volcán
El gobierno de Nayim Bukele está en una situación financiera contra las cuerdas y la institución le ha enviado un nuevo acuerdo en el que le exige disminuir riesgos y exposición a la criptomoneda.
América Latina
Extrema derecha Los soldados de Donald Trump en América Latina
Mientras algunos presidentes latinoamericanos, con mayor o menor ímpetu, intentan ponerle freno, otros tantos se arrodillan y le rinden pleitesía sin recibir nada a cambio. ¿Quiénes son los súbditos latinoamericanos de Trump?
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.