Sida
Mulleres con VIH: indetectables, intransmisibles e invisibles

As mulleres que viven co VIH enfrontan a falta de representación e o rol de coidadora que lles veu socialmente imposto. Isto complica o seu proceso de aceptación ás que non chegan aos programas da sanidade galega.

As mulleres non pensan que poidan contraer o VIH. “Elas pensan ‘isto a min non me toca. Isto é para outras persoas’. Para homes que teñen sexo con homes, mulleres que traballan a través do sexo por cartos ou persoas migrantes”, describe Fátima Jachán, do Comité Antisida de Valencia. Di que esa é a reacción inicial das mulleres tras recibir a súa diagnose. Supón un shock total para elas e unha maior carga imposta do estigma. Pero por que acontece isto?

A feminización dos coidados é un fenómeno definido e empregado con frecuencia dende os feminismos. Nomea a sobrerrepresentación das mulleres nas tarefas que teñen como fin suplir as necesidades físicas e fisiolóxicas das persoas. Esta situación corresponde a un rol de xénero interiorizado de coidadoras que moitas veces ocasiona faltas de coidado para elas mesmas. No caso do VIH tradúcese en taxas de diagnósticos tardíos e de abandono dos tratamentos estatisticamente máis elevadas que as dos homes. Crecen aínda máis nas mulleres atravesadas por outras opresións en intersección co xénero: nacionalidade e estado de regularidade, identidade de xénero, orientación sexual ou discapacidade.

Salud
Contra el estigma Las mujeres con VIH que preparan la revolución
Seis mujeres seropositivas comparten sus historias, marcadas por el diagnóstico tardío, el estigma y la violencia. Contra la serofobia y el machismo se hacen visibles con un “aquí estoy yo” para deconstruir mitos y sembrar empatía.

As mulleres con VIH son un obxectivo minoritario nas campañas de prevención e case inexistentes nos estudos académicos. Pilar Devesa, responsable de prensa do Comité Antisida de Valencia, sinala a importancia que o tratamento informativo e a representación identitaria das persoas con VIH teñen polas “grandes consecuencias a nivel persoal e social entre as afectadas”. As mulleres tamén precisan desta representación. A fundadora da Asociación Galega para Afectados do VIH (AGAVIH), Cándida Álvarez, destaca que hoxe as mulleres xa reciben polo menos unha mensaxe moi potente e desestigmatizante a nivel persoal que é que "indetectable é igual a intransmisible”.

Na maior parte de casos en que as mulleres non se achegan ós comités e asociacións de VIH para facer uso dos seus servizos ou participar de talleres é porque simplemente non se lles ofreceron e non coñecen a súa existencia. É un consenso entre os colectivos que traballan no día a día coas persoas afectadas. De feito, son as propias persoas en situación de vulnerabilidade as que fan o labor de divulgación mediante o boca a boca ou as persoas que dominan internet e poden facer as pescudas atinadas. Dende a Asociación Galega para Afectados do VIH ven claras as deficiencias que as fan chegar aquí: fai falta divulgar máis, pero para facelo fan falta cartos. Critica no caso de moitas cidades que si están adheridas, por exemplo, ao acordo de París e ao programa Cidades Saudables, pero logo non teñen a actividade necesaria para chegar a elas e todo queda en grandes anuncios, fotos institucionais e roldas de prensa.

Hai proxectos de divulgación nacidos dende a sociedade civil que suplen as carencias nas que incorren as administracións: a información é tan importante como os fármacos

Hai proxectos de divulgación nacidos dende a sociedade civil que suplen as carencias nas que incorren as administracións. Daniel Portela está detrás dun deles que se chama Tamén Contamos. O seu testemuño vai na liña das outras compañeiras, relata que lle custa integrar as mulleres no seu traballo de divulgación pola falta de información. As asociacións adoitan ser o sitio ao que van parar as dúbidas porque a Atención Primaria adoita non percibirse polas usuarias como un lugar cómodo debido ao estigma. Portela describe un fenómeno: as mulleres non adoitan ser informadas sobre saúde sexual, especialmente as lesbianas e bisexuais, mais nos homes que se deitan con homes calquera doenza leva automaticamente a unha proba de detección de ITS. A falta de representación e a feminización dos coidados informais, é dicir, non remunerados, ten consecuencias tanxibles coma esta.

Arte
Arte y VIH El arte que rompió el silencio sobre el sida
La epidemia de VIH durante los años 80 y 90 manifestó los peores síntomas de un tiempo y una sociedad que ya estaban enfermos. Numerosas propuestas entre el arte y el activismo político denunciaron desde la primera persona y en colectivo las respuestas ofrecidas por las autoridades. Lo hicieron mientras sus autores trataban de sobrevivir.

É difícil, apunta a responsable de prensa do Comité Antisida de Valencia, xeneralizar un perfil, pois atenden a mulleres moi diversas. Porén, existen puntos comúns. O primeiro é que normalmente as persoas con VIH que comezan a buscar axuda levan xa un itinerario complexo xa na súa vida: de aceptación, de verbalizalo, de visibilizarse diante da súa familia. Por iso, no caso de Valencia teñen programas que facilitan a inserción da familia. O obxectivo é sempre o mesmo: incluír e normalizar a vivencia co VIH.

A familia é un dos puntos clave que afectan á vivencia co VIH en maior medida. Dende o seu traballo no Comité Antisida de Valencia, Fátima Jachán detecta que, nas familias tradicionais, os homes adoitan participar nas actividades do tempo de lecer mentres elas son quen xestionan crises e complicacións. Máis da metade das familias que se acollen ao programa para familias que ela coordina están formadas por mulleres soas con filles ao seu cargo. Dende a Asociación Galega para Afectados do VIH sinalan tamén es filles como un dos eixos máis relevantes da vivencia con VIH das mulleres: manifestan máis sufrimento. Moitas das veces, non comparten o seu diagnóstico por medo ao rexeitamento tamén por ter tardado tempo en contalo.

A sexualidade é unha das áreas da vida nas que máis complicacións poden xurdir a nivel psicolóxico tras un diagnóstico e, no caso das mulleres, na que máis estigma pervive

A sexualidade é unha das áreas da vida nas que máis complicacións poden xurdir a nivel psicolóxico tras un diagnóstico e, de acordo coas fontes consultadas, no caso das mulleres, na que máis estigma pervive. Nos homes é o estigma por aproximación: teñen medo de verbalizar e compartir o estado serolóxico. O estigma por aproximación é o medo a ser identificado co virus por cercanía con persoas, asociacións ou calquera asunto relacionado co VIH.

A idade é outra das diferenzas identificadas. Nun dos obradoiros focalizado nas familias, as mulleres que participan son metade mulleres con diagnóstico de longo percorrido e metade mulleres de diagnóstico recente. Dende Valencia explican que a experiencia fai notar os lugares comúns e tamén as diferenzas. Porén, as dúbidas, as inquedanzas e as emocións seguen a ser as mesmas. No caso de AGAVIH en Galiza perciben máis diferenzas: as mulleres novas preguntan máis e teñen menos tabús sobre a sexualidade e máis coñecemento, mentres que as mulleres maiores só visitan a asociación no caso de ter un diagnóstico. Tentouse contactar con traballadoras do servizo público Quérote+, que ofrece servizos relacionados coa saúde sexual, pero a Xunta esixe unha autorización e non se obtivo resposta tras contactar dúas veces, a pesar da boa vontade das traballadoras, que realizan unha tarefa que cómpre poñer en valor. Entre as actividades que levan a cabo están os test rápidos, fundamentais na diagnose. É un denominador común nos testemuños das fontes consultadas para esta reportaxe: “O noso maior desexo é que tódalas mulleres do Estado fagan a proba”.

As persoas migrantes multiplican o seu estigma

Outro dos grandes problemas é o tratamento das persoas migradas en situación irregular. Aínda así, AGAVIH tamén axuda na realización das xestións para empadroar a xente todos os días. Explican que se ben ten outros problemas estruturais, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) é “excelente” en canto a programas para VIH e ITS, aos que se poden adherir todas as persoas. Quizais non tanto na divulgación.

O VIH sería xa unha enfermidade crónica coma calquera outra grazas ós fármacos, de non ser polo estigma que lle vén asociado. En algo coinciden todos os textos e todas as asociacións: a solución ó estigma pasa polo acompañamento. Coñecer experiencias similares e xente coas mesmas vivencias, que pasou polo que está a pasar e pode agora axudar. É beneficioso e axuda a eliminar o autoestigma. Ámbalas dúas asociacións mencionadas e case a totalidade que leva a cabo estes labores conta cun programa de pares. Esta estratexia de apadriñamento é a clave e baséase nas estratexias de Narcóticos anónimos e nunha formación profesional constante. Como todo, esta tarefa tamén se ve afectada polo estigma. As persoas que saen da asociación rara vez queren formar parte do programa porque o estigma por aproximación é demoledor.

Dicía a escritora Xulia Alonso na súa novela Futuro Imperfecto sobre o tema que esta enfermidade ten un grande poder estigmatizador, moitos políticos e moralistas souberon sacarlle bo partido a ese poder. É momento de desactivalo. Débese repetir ata a saciedade que indetectable é igual que intransmisible e facer campañas de prevención que non sinalen nin explícita nin implicitamente a colectivos desfavorecidos, poñendo a diana do estigma neles e aumentando o risco de infección de quen non se vexa representado. Como eran as mulleres, como son as lesbianas e bisexuais. Debe deixarse nas súas mans o altofalante que precisan para contarse VIHsibles, empoderadas e diversas. Toca escoitar, cambiar e seguir a loitar contra o estigma sen esquecer a ninguén. Facer memoria, pero sobre todo toca crear unha memoria futura da que nos podamos sentir orgulloses.

Archivado en: Sanidad Salud Sida
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Salud mental
Sesgos en medicina Mujeres y consumo de psicofármacos: la medicalización de sus vidas
Las mujeres consumen el doble de psicofármacos que los hombres. Además de una mayor prevalencia de depresión o ansiedad, las especialistas avisan de sesgos de género en los diagnósticos.
Laboral
Lucha por un futuro mejor Trabajadores de Correos: “Antes te daba tiempo a hablar con la gente y hacer bien tu trabajo”
Tres personas trabajadoras de Correos hablan de mala salud laboral, bajas que no se cubren y 'amazonización' de la empresa para ponerla al servicio de las multinacionales.
Plástico
Medio ambiente Un estudio de nanoplásticos en cerebros humanos detecta un aumento pronunciado en ocho años
El análisis de 52 córtex frontales publicado en ‘Nature’ apunta a que la acumulación exponencial de plásticos en el ambiente estaría incrementando su abundancia en nuestros organismos.
Infancia
Infancia Reforma de la ley de infancia: cinco claves para proteger a las madres protectoras
El Ministerio de Infancia y Juventud ha iniciado un proceso para ampliar esta norma aprobada en 2021. Varias organizaciones dan las claves para evitar el castigo a las madres protectoras.
Israel
Israel Israel lleva de nuevo a Gaza al borde de la hambruna con su bloqueo de suministros más prolongado
“Hay días que no puedo permitirme comer”, comenta Muhammad, residente en la ciudad de Gaza, donde regresó con su mujer y su hijo después de la tregua del 19 de enero, tras más de un año desplazados.
Granada
Urbanismo 146.574 m² de solares vacíos en Granada por disfrutar
“¿Y si estos espacios no estuvieran esperando al próximo gran inversor? ¿Y si ya fueran nuestros?” esta y otras reflexiones sobre la especulación inmobiliaria en un proyecto artístico exhibido en el Centro José Guerrero
Música
Kiliki Frexko “No me interesa el arte político que te dice qué pensar o cómo deben ser las cosas”
Tras años de trabajo colectivo, Kiliki Frexko presenta su primer proyecto en solitario. ‘Iltze 1’ es un paso adelante en su trayectoria, donde mezcla referencias, explora nuevos sonidos y habla desde un lugar más personal, sin perder el filo.
Galicia
Galicia Un municipio gallego demanda a la Xunta por la contaminación del embalse de As Conchas
Los vecinos de la comarca de A Limia llevan a la Xunta ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por la contaminación provocada debido a la cría intensiva de ganado porcino y avícola en esta zona de Ourense.
Opinión
Opinión Es el militarismo, amigo, el militarismo
¿Puede que si el militarismo es la solución para todo, realmente no solucione nada, sino que realmente sea el problema?

Últimas

Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar intentan llegar a un acuerdo para no perjudicar con el IRPF a los trabajadores con el SMI
La ministra de Hacienda ha confirmado que sería “algún tipo de medida que permita compensar a aquellos pocos trabajadores” en la situación de tener que tributar con el salario mínimo.
Guerra en Ucrania
Conflicto bélico Rusia y Ucrania acuerdan un principio de alto el fuego marítimo a instancias de Estados Unidos
La Casa Blanca emite dos comunicados que coinciden en señalar una tregua en el Mar Negro y en prometer trabajo para el final de los ataques energéticos por ambas partes.
Israel
Genocidio Mercadona vende tampones y patatas procedentes de Israel
En 2024 se produjo una reducción de las importaciones de tampones y patatas israelíes. Mercadona es una de las plataformas que trabajan con estos productos.
LGTBIfobia
Manifestación Plataforma Trans planta cara a la transfobia con una manifestación contra el odio
La convocatoria el 29 de marzo denuncia un contexto internacional antiderechos. La organización pide a partidos y sindicatos que se sumen a la marcha porque la transfobia es un problema social, y por lo tanto también político, explican.
Madrid
Madrid La Sareb amenaza con el desahucio a dos jóvenes activistas en Carabanchel
Cadete 7, el bloque en lucha del que el ‘banco malo’ prevé desalojarles de forma inminente este jueves 27, fue el primero recuperado por el movimiento de vivienda de Madrid en 2013 tras haber permanecido deshabitado desde 2008.
Opinión
Opinión Bretón no es un monstruo, ni Martín el nuevo Capote
Frente a la libertad sin peros que defienden unos, la responsabilidad de muchos: la de ciudadanos y librerías que se niegan a comprar o vender, respectivamente, el libro que Anagrama ha tenido a bien materializar.
Gasto militar
Gasto militar “No nos resignamos a la guerra”: 70 organizaciones rechazan la deriva militarista de la UE y el Gobierno
Más de 70 organizaciones y personalidades de la cultura y el activismo firman un manifiesto que rechaza la escalada belicista y el rearme frente a una posible agresión rusa.

Recomendadas

Residencias de mayores
Residencias Fondos de inversión y residencias: la mano invisible que retuerce los cuidados
Mientras DomusVi, en manos del fondo de inversión ICG, ya es la empresa con más residencias privadas del Estado, residentes, familiares y trabajadoras explican lo que supone que las prácticas especulativas acunen la vejez de las personas.
Feminismos
Irene García Galán “La memoria feminista hay que construirla desde abajo, desde nuestras casas”
‘Hilaria’ (Errata Naturae, 2025) es un libro dedicado a la tatarabuela de Irene García Galán, pero también un ensayo político que navega a través de la memoria feminista, el antipunitivismo y el anarquismo.
Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Colegios underground en Járkov después de tres años de guerra
La ciudad ucraniana construye escuelas subterráneas, preparadas para aguantar ataques balísticos y nucleares.