Coche eléctrico_2
Imaxe de Mabel Amber en Pixabay.

Energía
Transición Enerxética: un cisne negro á vista de todos

Os datos amosan que as propostas de Transición Enerxética son unha quimera.

Coordinador do Instituto Resiliencia

23 sep 2020 06:03

Tense dito que a pandemia da COVID-19 é un cisne negro, a coñecida denominación dos eventos inesperados de alto impacto que trastornan todas as predicións. Mais se cadra outro cisne negro, de maiores proporcións, está diante dos nosos fociños, e aínda non é recoñecido como tal. Para o xeólogo Simon Michaux, profesor adxunto do Servizo Xeolóxico Finés (GTK), a imposibilidade dunha Transición Enerxética tal como se está a formular na actualidade, sería ese “cisne negro coñecido”, ese grave evento que o trastornaría todo. Esta é unha das súas avaliacións incluída nunha recente presentación baseada no informe do GTK 'O petróleo visto desde unha perspectiva de materias primas críticas', e outros aínda en elaboración, baixo os títulos 'Avaliación da capacidade adicional requirida para os sistemas de xeración eléctrica alternativos substituíren por completo os combustibles fósiles' e 'Cantidades de minerais tecnolóxicos precisos para a construción dun sistema sustentable do tamaño suficiente como para substituír completamente os combustibles fósiles'.

As conclusións destes informes son devastadoras para as pretensións de manter un sistema de dimensións e características similares ao actual pero sostido por enerxías renovables. O profesor Michaux presta especial atención aos diversos sistemas de transporte mundial de persoas e mercadorías e realiza os cálculos — ao alcance de calquera, sinala — do que implicaría a substitución da flota actual de vehículos particulares, camións, trens e barcos, deixando fóra os avións, para os que, explica, non hai enerxía viable alternativa ao petróleo. O experto en xeometalurxia e asesor tanto do goberno finés coma da UE, resume os seus achados coas seguintes palabras, que el recoñece serán controvertidas: “Cremos que imos substituír un complexo ecosistema industrial que levou máis dun século construír co apoio de cantidades abundantes e baratas da fonte de enerxía máis calorificamente densa que nunca coñeceu o mundo (o petróleo), por crédito doadamente dispoñible e recursos minerais ilimitados. E pensamos facelo nun momento histórico no que temos unha enerxía moi cara, un fráxil sistema financeiro saturado de débeda, sen minerais suficientes, e unha poboación humana dun tamaño sen precedentes, inserta nun medio ambiente que se deteriora. E o máis gracioso de todo é que pensamos que o imos lograr nun par de décadas!”. E centrándose no caso europeo, sobre o que ofrece detalladas cifras ao longo da súa presentación, advirte: “A Unión Europea non será quen de dispor dos recursos para alimentar a Revolución dos Vehículos Eléctricos, ou o European Green Deal tal como os ten planeado (nin os EUA nin China), e tampouco está a comprender a verdadeira natureza do reto fundamental que temos todos nós por diante”.

A Unión Europea non será quen de dispor dos recursos para alimentar a Revolución dos Vehículos Eléctricos, ou o European Green Deal

Entre as súas advertencias, predí que o petróleo probablemente está a piques de deixar de ser fiable como fonte de enerxía industrial, e que polo tanto “é preciso un plan pospetróleo”, lembrando a famosa advertencia de Fatih Birol, alto responsable da Axencia Internacional da Enerxía: “Abandonemos o petróleo antes de que el nos abandone a nós”. A capacidade extra de xeración que precisa o sistema eléctrico mundial para alimentar as baterías, se pretendemos substituír todos os vehículos de combustión por eléctricos, excede con moito o que normalmente se pensa, e tampouco existe litio, níquel ou cobalto no mundo para fabricar esas baterías, nin hai tempo para buscar máis. O cal o leva a recomendar a procura dalgunha “tecnoloxía nova soportada en diferentes materias primas”. Ademais sinala que fertilizantes e outros derivados da industria química a partir do petróleo, gas natural e carbón non teñen tampouco substitutos á vista, e esta é unha parte da Transición Enerxética da que apenas se fala, centrándose todo o debate público unicamente na cuestión da electrificación do transporte.

Michaux explica que 2005 (o momento aproximado en que o petróleo cru chegou ao seu teito) supuxo o inicio dun cambio radical para a sociedade industrial a todos os niveis, a partir dun “estoupido” que tivo a súa orixe precisamente na industria do petróleo e que se foi propagando como unha “reacción en cadea”, e que co intento de “corrección” que implicou a Crise Financeira Mundial de 2008 e as conseguintes fabricacións de diñeiro a partir do aire (as famosas quantitative easings) non se resolveu nada. As gráficas que presenta amosan que os prezos das materias primas minerais tolearon a partir daquel momento, tras máis de catro décadas de estabilidade, algo que os modelos económicos convencionais son incapaces de explicar, afirma.

O ano 2005 supuxo o inicio dun cambio radical para a sociedade industrial a partir dunha reacción en cadea que tivo a súa orixe na industria do petróleo

Pero vexamos algúns números dos máis rechamantes que nos presenta o membro do Servizo Xeolóxico Finés. Para aumentar a capacidade de xeración eléctrica mundial, de tal xeito que puidese alimentar unhas flotas de transporte como as actuais e deixar de queimar petróleo para nos transportar nós e as nosas mercadorías (mesmo número de vehículos, mesmo número de quilómetros cada ano), e sen ter en conta outras necesidades eléctricas adicionais que puidese ter unha sociedade posfósil, precisariamos pasar de 8.936 TWh actuais (2018) a uns 37.840 TWh. Iso implicaría, se mantivésemos a mesma proporción actual dos diferentes tipos de xeración non-fósil: 893 novas centrais nucleares, máis 13.394 encoros hidroeléctricos, 67.960 instalacións eólicas, 74.221 fotovoltaicas, 303 solares térmicas, 653 xeotérmicas e 7.347 plantas de conversión de residuos orgánicos a electricidade. Pero non soamente precisariamos esta descomunal capacidade nova de xeración, senón que dado que parte das fontes de enerxía renovable son intermitentes, precisariamos tamén unha xigantesca capacidade de almacenaxe.

Se tomamos como referencia a planta de almacenaxe eléctrico máis grande do mundo (2020), a de Hornsdale,no sur de Australia, capaz de gardar 129 MWh, farían falta máis de 6 millóns desas plantas, cunhas baterías que sumarían máis de 2.600 millóns de toneladas (unha batería de ion-litio garda uns 230 Wh por quilogramo), onde acumular 615 TWh. E para os propios vehículos farían falta 868,3 millóns de toneladas de baterías de ion-litio, para cuxa construción se requirirían: a produción completa mundial de cobre durante 7 anos, algo máis dun ano de produción mundial de aluminio, e máis de 2 séculos da produción anual de grafito (se esta puidera ser ilimitada, claro está). Pero o peor é que faría falta máis litio (case 19 millóns de toneladas), níquel (132 millóns) e cobalto (máis de 24 millóns) cás reservas totais mundiais existentes destes tres minerais.

É dicir: non hai minerais no mundo para substituír todos os coches, camións e barcos por outros eléctricos... E iso que o profesor Michaux só contemplou na súa análise os requirimentos das baterías, deixando a un lado os das materias primas precisas para a construción da carrozaría e outros elementos dos vehículos, e o feito de que as baterías teñen un tempo de vida tras o cal se precisan repoñer por outras novas e a reciclaxe nunca pode ser do 100%.

A Transición Enerxética require unha redución drástica do consumo enerxético mundial e un número moitísimo menor de coches, camións, barcos e avións

Estas cifras piden a berros o recoñecemento de que a Transición Enerxética require unha redución drástica do consumo enerxético mundial. Que o “100% renovable” non pode ser en termos absolutos senón un número moitísimo menor de coches, camións, barcos e avións, a percorreren tan só unha pequena fracción dos quilómetros que percorren hoxe. Que a fin do petróleo é tamén a fin da hipermobilidade de persoas e mercadorías a través do mundo. Que non hai Transición Enerxética se antes non planificamos unha nova economía que esixa moito menos transporte. Hoxe en día a flota total de motocicletas, coches e camións suma 1.416 millóns de vehículos facendo un total de 28,4 billóns de quilómetros cada ano (2018). Pensar en alimentar algo desas dimensións con electricidade é unha quimera, e planificar políticas públicas partindo desa quimera, unha grave irresponsabilidade que vai ter consecuencias nefastas, un cisne negro que temos diante dos ollos pero non queremos ver, mentres todo o que facemos contribúe a alimentalo e a facelo máis grande.

E para empeorar as cousas, teimar en implantar o coche eléctrico sen ter en conta que non pode ser para todos, á vista da realidade destas cifras, só pode rematar nun trasvase de riqueza e de recursos para beneficio duns poucos e en conflitos polas materias escasas. Máis ca transitar cara a un futuro renovable semella que estamos a transitar cara a un futuro de desigualdade e competencia desesperada.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Inteligencia artificial
Inteligencia artificial La demanda energética de los centros de datos de IA se cuadruplicará para 2030, según un informe
Un estudio de la Agencia Internacional de la Energía predice que los centros de datos aumentarán la demanda de electricidad en un 20% de aquí a 2030 en el Norte global.
Crisis climática
Inversiones 'marrones' España gastó más de 23.000 millones de dinero público en actividades nocivas para el medio ambiente en 2024
Un estudio analiza el impacto climático de las subvenciones otorgadas por el Gobierno español. Solo el 14% del monto total de las ayudas se destinó a actividades o proyectos que fomentan la transición ecológica.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andreu Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Más noticias
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.

Recomendadas

Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.