Ecologismo
'Algas verdes', unha banda deseñada de denuncia ecosocial

Reseña do cómic-reportaxe de Léraud e Van Hove publicado por Astiberri.
Portada Algas Verdes cómic
Colaborador do Instituto Resiliencia https://www.saberes.eu/css/tag/instituto-resiliencia/
26 abr 2023 09:30

Algas verdes. La historia prohibida (2022) é un cómic de non ficción, parte reportaxe, parte ensaio, pero que trata temáticas que conteñen todos os ingredientes necesarios para un bo argumento de ficción do xénero de intriga ou de serie negra: un asasino silandeiro e invisible asexa todo aquel que se achegue á beiramar en Bretaña. O criminal leva actuando desde polo menos a década dos 1970 e reaparece todos os anos coas temperaturas mornas, malia os enormes recursos postos polas autoridades para erradicalo. O peor do caso é que o asasino conta ao seu favor coa lei do silencio que parece imperar na clase política e empresarial e, en xeral, na sociedade civil bretoa. Un pequeno grupo de xornalistas, científicos e activistas medioambientais tentan deter definitivamente o criminal, desvelar os seus cómplices e encubridores e sacar á luz a verdade...

Xa desde as contundentes cinco primeiras páxinas, os autores, os franceses Inès Léraud (guion) e Pierre Van Hove (debuxo) van partir desta intriga, pero van revelarnos quen é o asasino, xa que o seu principal interese é informarnos sobre este grave problema medioambiental e de saúde pública que afecta especialmente Bretaña e que é aínda pouco coñecido para a opinión pública xeral: as mareas verdes.

Durante os meses máis cálidos (antes, primavera e verán; actualmente, a meirande parte do ano), en praias e esteiros dos ríos se depositan enormes cantidades de algas verdes, molestas, pero inocuas mentres están frescas. Ao apodreceren, xeran sulfuro de hidróxeno (H2S), un gas a temperatura ambiente, que se acumula en burbullas e non se libera ata que as algas son movidas. O H2S ten un cheiro moi desagradable, a ovos podres, pero en concentracións moi altas bloquea o olfacto e, o que é peor, é moi tóxico por simple inhalación, podendo causar a morte dunha persoa en segundos.

Esta banda deseñada, parte reportaxe e parte ensaio, aborda con ingredientes de intriga e xénero negro, un grave problema medioambiental e de saúde pública na Bretaña

Poderemos considerar mellor os contidos da obra se vemos as partes das que está composta, fundamentalmente dúas: unha primeira que abrangue o prólogo, os primeiros capítulos e os dous capítulos finais e onde se reconstrúen os incidentes máis graves, acontecidos entre 1989 e 2016 (en total, tres persoas falecidas e unha corentena de animais mortos, tanto salvaxes coma domésticos) e as reaccións que estes producen nas sociedades bretoa e francesa. Neste punto, o cómic representa con total acerto o choque entre aqueles que investigan, tratan de coñecer as causas, poñerlles remedio e advertir a opinión pública para que os incidentes non se volvan repetir (e que resultan ser unha minoría: achegados das vítimas, un médico, uns poucos xornalistas e activistas medioambientais...) e aqueles que obstaculizan as investigacións, ocultan a verdade, encobren posibles responsables ou, simplemente, non fan nada. Entre eles: políticos nos varios niveis da administración (local, rexional, estatal), membros da administración xudicial, científicos que traballan para corporacións ou lobbies empresariais, parte dos xornalistas e directivos de medios de comunicación e mesmo agricultores e gandeiros (individualmente ou nas súas organizacións representativas).

algas verdes 2

Así, como exemplo disto, en toda a área costeira bretoa afectada polas mareas, unha soa alcaldesa, logo dun dos incidentes, fixo instalar inmediatamente letreiros nas praias advertindo do perigo das algas verdes; os outros alcaldes preferiron non facelo ante o temor de que puidesen “espantar os turistas”, sen dúbida seguindo a máxima ultra-capitalista de xamais permitir que unha mala nova, un dilema moral, unha desgraza persoal, nin por suposto unha desfeita medioambiental, che arruíne un negocio... Esta parte da obra conecta directamente coa empatía e co sentido ético do lector e consegue comunicar auténtico desacougo.

A maioría dos alcaldes seguiu a máxima ultracapitalista de xamais permitir que unha mala nova ambiental che arruine o negocio

A segunda parte, constituída polos capítulos centrais, é a que explica como se chegou a esa situación. Porque, ademais de seren un grave problema de saúde pública, as mareas verdes son un síntoma dunha patoloxía medioambiental máis fonda. A hipertrofia das algas verdes está vencellada directamente co exceso de nutrientes no medio (principalmente nitratos, disoltos na auga), os cales son achegados en forma de residuos de actividades humanas (principalmente gandería e agricultura, tamén a actividade urbana), residuos que chegan facer tóxicas (tamén para os humanos) e inhabitables para a flora e a fauna propias as augas dalgúns ríos, pero que paradoxalmente son un fertilizante potentísimo para as algas verdes da zona intermareal.

Este desequilibrio total do ecosistema ten as súas raíces na introdución da agro-industria moderna en Bretaña a partir dos anos 1950 e 1960, co seu uso sistemático de agroquímicos. A agrogandería bretoa pasou en poucos anos dun sistema extensivo e de subsistencia a outro intensivo e altamente industrializado, algo análogo, aínda que anterior no tempo, ao acontecido en Galicia. Así como o consumo de agroquímicos e a emisión de puríns non deixa de aumentar ano a ano, tamén aumenta a concentración de nitratos e o tamaño e duración das mareas verdes.

A agrogandería bretoa pasou a un sistema intensivo altamente industrializado, un proceso análogo ao acontecido en Galicia

O cómic amosa en detalle como, sendo Bretaña unha das principais rexións produtoras de alimentos da UE, cun sector agroalimentario moi industrializado, ademais dun crecente sector turístico, e inserida no actual sistema capitalista do crecemento infinito, son exercidas múltiples presións, desde todos os recantos do sistema, contra calquera que pretenda actuar contra as mareas verdes e contra as súas causas directas. Malia todo, nos últimos anos, a tendencia esta revirando e as administracións comezan recoñecer a desfeita medioambiental e actuar (insuficientemente) contra mareas e excesos de contaminantes.

Por outra banda, nesta segunda parte se explica tamén certa trampa económico-legal na que se ven metidos os agrogandeiros bretóns actuais, para os cales case a única opción de supervivencia é traballaren para as poderosas corporacións alimentarias da rexión, favorecidas polos gobernos rexional e estatal e fornecidas con fondos da UE e, dese xeito, perderen toda iniciativa á hora de escoller o que cultivan/crían, como o cultivan/crían e como o comercializan. Sen dúbida, esta é a sección informativamente máis densa e a que require un maior esforzo por parte dos lectores.

En definitiva, Algas verdes. La historia prohibida é un ensaio-reportaxe exhaustivo, con continuos apuntamentos á marxe e cun extenso apéndice documental (textos e fotografías) que apoia o contido gráfico. Unha obra que cumpre fundamentalmente unha función informativa, didáctica e de denuncia ecolóxica e social, pero que non descoida en absoluto o entretemento do lector, área onde destaca, ocasionalmente, unha afiada sátira política. Na humilde opinión deste comentarista, é de obrigatoria adquisición por parte de bibliotecas que teñan unha sección medioambiental.

Esta obra, editada no Estado con calidade e prezo asequible por Astiberri, merece un lugar na sección sobre medioambiente das bibliotecas públicas.

A guionista Inès Léraud (Saumur, 1981), xornalista con formación superior en cinema e filosofía, leva colaborando con diversas radios francesas desde a década de 2000, producindo programas e audio-documentais centrados en temas sociais e ecolóxicos. En 2015 trasládase a Bretaña e inicia unha investigación sobre a situación do agro, da agroindustria e do medio ambiente nesta rexión, que dá como froito, entre outros, unha serie de audio-reportaxes. Xa centrada no problema das mareas verdes, Léraud crea unha primeira versión de Algas verdes, tamén debuxada por Van Hove, en forma de reportaxe de BD de 43 páxinas e que, co título “Sur la plage empoisonnée” (Na praia envelenada), foi publicada en setembro de 2017 en La Revue Dessinée nº 17 (unha revista trimestral francesa de investigación xornalística e reportaxes integramente en BD). Dous anos despois, logo dunha reelaboración e ampliación de contidos, Delcourt saca do prelo, en edición conxunta con La Revue Dessinée, este que é o primeiro álbum de Léraud como guionista.

Para o debuxante Pierre Van Hove (Angoulême, 1974) este é o seu segundo álbum completo nese labor. Van Hove é un autodidacta que pasou previamente polos eidos da animación audiovisual, a ilustración infantil e para a prensa, antes de centrarse na BD. Nesta obra usa un estilo semi-realista moi sobrio mais expresivo, que lle dá a moitas secuencias certa cualidade de longametraxe documental en soporte papel (por exemplo, cando sostén un mesmo encadre ao longo de varias viñetas ou imita encadres típicos da reportaxe audiovisual) e que lle permite compoñer con claridade cadriños e páxinas con grande cantidade de información gráfica. Non obstante, Van Hove racha o estilo con ocasionais escapadas cara á sátira gráfica e á caricatura, achegando variedade á obra (como nas dúas duplas páxinas (92-95) nas que fai saltar unha diminuta caricatura do presidente do consello rexional de Bretaña por todas as oficinas e xuntanzas das organizacións empresariais do chamado lobby bretón).

Para rematar, a colorista Mathilda, colaboradora habitual de Van Hove, consegue combinar claridade con expresividade e engadir algunhas notas expresionistas aos debuxos deste, usando sempre cores desaturadas, nunha paleta notablemente limitada, na que predominan verdes, azuis e amarelos.

A edición en castelán a cargo de Astiberri (Colección Sillón Orejero, 2022, con tradución de Rubén Lardín, 130 páxinas + apéndice documental de 25) compaxina a estupenda calidade que é marca da casa, cun prezo ben asequible.

E se diciamos ao comezo que a temática de Algas verdes daría un bo argumento para unha ficción de intriga, resulta que esa vai ser precisamente a súa próxima vida: para xullo de 2023 está prevista en Francia a estrea de Algues vertes, l’histoire interdite, unha adaptación en forma de longametraxe de ficción de produción franco-belga, dirixida por Pierre Jolivet, guionizada por Jolivet e Inès Léraud e protagonizada por Céline Sallette e Nina Meurisse.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cómic
Cómic Viajando por ‘Bone’, de Jeff Smith, la fantasía de aventuras definitiva
En 1991 Jeff Smith dio comienzo a ‘Bone’, un hito del cómic de aventuras, muchas veces recordado por ser una alternativa de alma ‘cartoon’ a ‘El señor de los anillos’.
Cómic
Cómic Un gran poder conlleva una gran responsabilidad: ¿los superhéroes de cómic son de derechas o de izquierdas?
¿Encarna Superman a la socialdemocracia liberal, es Batman un militante anarcocapitalista y el Capitán América la bandera del nacionalismo? La respuesta no es tan sencilla si se repasa la historia del género.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.