Represión
As Nais contra a impunidade, absoltas de inxurias á Garda Civil

A condena contra as quince de Arteixo por inxurias ás autoridades do Estado baseábase na vulneración do dereito ao honor da Garda Civil por envorcar acusacións inxuriosas sobre o corpo armado. Porén, o tribunal da Audiencia Provincial da Coruña que as absolveu considerou que berrar “a Garda Civil tortura e asasina” neste caso non constitúe unha inxuria.


Nais contra a impunidade
Acto de protesta das Nais contra a iimpunidade no Xulgado Provincial de A Coruña Galiza Contrainfo
5 ago 2017 15:57

O proceso para a clarificación das circunstancias da morte de Diego non se vai reabrir, pero a sentenza do pasado martes devolve a situación ao punto inicial. “Nin hoxe nin entón sabemos o que pasou realmente”. Para Fran del Buey, avogado do colectivo Nais contra a impunidade, a sentenza absolutiva é “claramente condenatoria” contra o corpo da Garda Civil, pois admite como xustificación a inconsistencia da versión oficial dos feitos.

Cronoloxía do caso de Diego Viña

Denuncia falsa e detención ilegal: na noite do 21 de setembro de 2004 Diego Viña é denunciado ante a Garda Civil por seu pai. Cun parte de lesións na man que non indicaba lesión alguna, pero si acreditaba síntomas de embriaguez, o pai de Diego —ex Garda Civil— acusa a seu fillo de mal trato, e os axentes acordan a súa detención no cuartel da localidade coruñesa de Arteixo. Logo dunha denuncia falsa, con probas inconsistentes, existindo indicadores de que a detención fora pactada entre pai e axentes, Diego ingresa en prisión contra as 2,50h do 22 de setembro e nunca foi posto en liberdade.

Neglixencia e omisión: esa noite, coñecedores da situación psiquiátrica do detido e do seu tratamento farmacolóxico, os axentes non subministran a medicación a Diego, que levaba a receita entre as súas pertenzas. Pola mañá estaba en situación desesperada, só, angustiado e sen medicación, berrando e baixo un estado de excitación que lle impedía o control sobre si mesmo. Despois de escoitar berros e golpes durante horas, cando se fai o silencio, entón e non antes, os axentes baixan a comprobar o estado do detido. Son as 16,50 horas do 22 de setembro e Diego xa non vive.

Desaparecen probas: as cámaras de videovixiancia non gravan e a prenda de vestir para autoproducirse a morte non aparece. Por todo isto, sumado ao anterior, a nai de Diego, Carmen Castro, xunto con familiares, persoas achegadas e simpatizantes esixen responsabilidades penais pola morte baixo custodia do rapaz e nace Nais contra a impunidade, que recolle o testemuño de PreSOS e traballa pola defensa dos dereitos fundamentais das persoas privadas de liberdade. En 2005 comezan as protestas, que non deixan de repetirse cada ano o 12 de outubro, día da patroa da Garda Civil, ata 2013.

E precisamente nun deses actos comeza esta parte da historia. Ao grito de “a Garda Civil tortura e asasina”, o 12 de outubro de 2010 as Nais contra a impunidade protestan na porta da igrexa onde a Garda Civil festexa a súa patroa.

A condena baseábase na vulneración do dereito ao honor da Garda Civil por envorcar acusacións inxuriosas sobre o corpo armado
O corpo armado interpón unha denuncia por inxurias contra a nai e a irmá de Diego, e trece persoas máis que puideron identificar entón. A querela prospera, e en 2016 as quince de Arteixo son condenadas por vulnerar o honor dunha institución armada. O equipo legal de Nais contra a impunidade recorre a sentenza, que finalmente rematou o pasado martes na absolución de todas as persoas condenadas hai un ano.

Segundo o auto da absolución, “non toda lesión do dereito ao honor, por si soa, é constitutiva de delito”. A condena contra as quince de Arteixo por inxurias ás autoridades do Estado baseábase na vulneración do dereito ao honor da Garda Civil por envorcar acusacións inxuriosas sobre o corpo armado.

Porén, o tribunal que as absolveu considerou que berrar “a Garda Civil tortura e asasina” neste caso non constitúe unha inxuria. Fran del Buey destaca que “a Garda Civil quixo dar escarmento á xente que os chamaba asasinos e nós aquela mañá estabamos facendo algo lícito. Esta absolución lexitímanos para volver berrar o mesmo outro doce de outubro”.

“Esta sentenza será citada de agora en diante”

Para o avogado de Nais contra a impunidade, a sentenza absolutoria é “claramente condenatoria” contra o corpo da Garda Civil, pois admite como xustificación a inconsistencia da versión oficial dos feitos. A absolución lexitima o significado das expresións “non foi suicidado, foi asasinado” e “a Garda Civil tortura e asasina”.

Segundo o auto, “a consigna que os acusados berraron non pode xulgarse sen ter en conta a situación na que se atopaban familiares, amigos e veciños do rapaz”. O tribunal considerou relevante o contexto no que se dixeron esas consignas, no marco dunha protesta pola clarificación das causas da morte de Diego, e outras circunstancias que xustificaban a actitude das persoas manifestantes, como a demora na resolución, o ocultamento de probas ou a desconexión das cámaras de seguridade do calabozo.

Sancións contra as vítimas

A denuncia que rematara en condena en 2016 non era a primeira que enfrontaban. Entre os anos 2005 e 2013, o colectivo manifestouse todos os 12 de outubro, día da patroa da Garda Civil, nun acto de loito e de reivindicación contra a impunidade coa que actúan as institucións policiais e penitenciarias.

“En 2005 concentrámonos na rotonda de entrada a Arteixo, e xa nos abriron un procedemento sancionador por ‘alarma social’ e constituír un perigo contra a estabilidade dunha estrutura viaria”. Despois pasaron a concentrarse diante da parroquia local, e “en 2008 tamén abriran dilixencias contra nós por un suposto delito contra a liberdade de culto”, lembra Fran.

Tortuoso proceso legal

As Nais contra a impunidade levan doce anos na procura dunha explicación das circunstancias da morte de Diego baixo custodia. “Non todas as asociación de familiares de persoas presas teñen a oportunidade de contar cunha estrutura legal”, reflexiona o avogado.

No caso de Diego Viña, Nais contra a impunidade apelou todos os estamentos xudiciais, desde Xulgados de Instrución, Penal, Contencioso Administrativo, Audiencia Provincial, Tribunal Supremo, Tribunal Constitucional e Tribunal Europeo de Dereitos Humanos chamando ao clarificación das circunstancias desta morte baixo custodia.

Nais contra a impunidade pretendeu elevar o umbral de demanda ao que pode aspirar unha asociación sinxela, e chegaron ao Alto Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo. Segundo Fran del Buey, chegar ata alí “é inasumible para outras organizacións ou particulares, no plano humano e no económico. O sumario de todo o caso pesa 45 quilos, e percorremos 7,000 quilómetros polo estado español na loita pola liberdade e contra a impunidade e a represión”.

“Tiñamos dereito ao enfado”

Segundo o comunicado emitido polo colectivo Nais contra a impunidade, o recoñecemento deslexitima a hipótese oficial sobre o falecemento de Diego, restitúe o honor do falecido, pon fin á criminalización que por máis de dez anos sufriron a familia e os movementos sociais que a apoiaron, e significa por fin a exoneración de responsabilidades penais graves polos feitos de 2010.

Archivado en: Represión
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Represión
Represión Una marcha reclama la liberación de los seis de Zaragoza tras un año en prisión
Organizaciones como Amnistía Internacional han expresado su preocupación por este caso, apuntando a posibles vulneraciones de derechos y al aumento de la represión de la protesta social.
Catalunya
Represión El 65% de los casos de violencia institucional en Catalunya se archivan sin que se complete la investigación
El informe sobre violencia institucional de Irídia, expone que en 32 de 49 casos de violencia institucional la causa se archivó sin que se realizarán al completo las diligencias de investigación que el Tribunal Constitucional considera correctas
Libertades civiles
Represión La cifra de ejecuciones por pena de muerte en el mundo superó las 1.500 en 2024
Amnistía Internacional denuncia que es la cifra más alta desde 2015 y que hay Estados que están utilizando la pena de muerte como arma contra manifestantes y grupos étnicos.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.