Migración
A Soneira alén dos Alpes

Galiza é un país migrante, mais as mulleres galegas sempre foron esquecidas. Suíza foi o destino de moitas migrantes da Terra de Soneira ás que por fin se lles deu voz. Carmen V. Valiña homenaxéaas no seu novo libro: Elas, as emigrantes. Mulheres de Terra de Soneira na Suíça.

Carmen V. Valiña soneira
Carmen V. Valiña e o seu libro sobre as mulleres migradas da Terra de Soneira a Suíza. Pablo Santiago

Non se pode falar de Vimianzo, Zas e Camariñas sen falar de Suíza. Por que? Esta é a mesma pregunta que se fixo Carmen V. Valiña desde que de cativa escoitaba a persoas falar alemán e francés na tenda da súa nai cando non querían que as entendesen. Esta nativa de Baio, investigadora e directora da escola de feminismos alternativos Periféricas, ven de publicar o libro Elas, as emigrantes. Mulheres da Terra de Soneira na Suíça, un estudo que fala non só da conexión destes dous recunchos do mundo que poderían parecer case opostos, senón que ademais dá resposta a outra pregunta que semella case un segredo: “E logo, as mulleres tamén emigran?”.

Carmen V. Valiña explica que ata finais do século XX os estudos de migración tomaban ao home como modelo, obviando á muller ou dándolle status de mero accesorio: “O propio concepto ‘migrante’ só facía referencia ao home e cando aparecían as mulleres era en calidade de esposas ou ‘fillas de’”. No prólogo explícase a importancia da perspectiva de xénero no estudo: “A leitura de género é imprescindível para começar a perceber aquelas decisões tomadas no individual e que afetam no coletivo: quais sao as motivações que tem mulheres e homens, que condicionantes empurram a migrar, o peso dos papéis atribuídos ao género”. Non atender a esta perspectiva, segundo Carmen Valiña, significa “deixar de lado como convive a metade da população com este fenómeno tao quotidiano no contexto galego”.

ESTUDO DAS VAGAS MIGRATORIAS DO FRANQUISMO E POST 2008

O libro recolle experiencias específicas de oito mulleres emigradas desde Terra de Soneira a Suíza nos últimos 15 anos de ditadura franquista e a partir da vaga migratoria de 2008, por mor da crise económica. Algunhas diferencias: nos anos 60 e 70, as mulleres emigradas carecían de formación e a súa motivación era ‘facer cartos’. En 2008, Skype e os voos low cost reduciron a distancia entre Suíza e a Terra de Soneira.

Valiña: “Nas dúas vagas migratorias as mulleres traballan en sectores feminizados, como a hostelería ou os coidados. Aínda que hai unha diferencia de formación moi grande, ao chegar alí acaban traballando nos mesmos sectores.”

Por outra banda, nesta vaga migratoria as mulleres marchaban despois de rematar os seus estudos superiores e o aforro non era a única finalidade da migración. Malia este contexto, evidentemente máis amable en comparación co franquismo, aparecen varias cuestións rechamantes: “Nas dúas vagas migratorias as mulleres traballan en sectores feminizados, como a hostelería ou os coidados. Aínda que hai unha diferencia de formación moi grande, ao chegar alí acaban traballando nos mesmos sectores”, destaca a autora.

Outra das conclusións inesperadas é, que ao ter hoxe a muller unha maior liberdade, as migrantes emprenderían proxectos migratorios persoais, mais nada máis lonxe: “Case todas as mulleres entrevistadas marcharon cos seus homes e se instalaron nas cidades onde eles ían traballar e xeralmente seguíronos”. Preguntadas as propias entrevistadas polas outras mulleres que migraban soas, a maioría delas “crían que eran moi valentes por facelo. Unha delas apuntaba á presión social que se segue exercendo en orixe con respecto a que unha muller viaxase soa”. Para Carmen Valiña, esta realidade fai interesante a comparación con outras zonas de Galiza.

O ‘Mito do retorno’

Cando pensamos na figura do migrante galego retornado, sempre se nos vén a cabeza un home. Pero non un home calquera: un home feito a si mesmo, traballador, que foi quen de deixar a morriña atrás e que se partiu o lombo para voltar a Galiza e proporcionarlle unha vida mellor á súa familia. Aínda que hai parte de verdade, tamén hai moito de mito e de novo, esquecemento cara as mulleres.

“Varias delas arrepíntense de volver porque a situación que atopan en Galiza é moito máis complexa da que tiñan en Suíza e que alí tiñan unhas oportunidades que aquí non teñen. Hai unha delas que di que de telo sabido non tería volto.”

En moitos casos, a vida alá non foi tan horrible nin a volta tan perfecta, sobre todo para moitas mulleres como as da Terra de Soneira, que atoparon en Suíza un espazo de liberdade e certa independencia, algo do que carecían na Galiza do franquismo: “Varias delas arrepíntense de volver porque a situación que atopan en Galiza é moito máis complexa da que tiñan en Suíza e que alí tiñan unhas oportunidades que aquí non teñen. Hai unha delas que di que de telo sabido non tería volto”, explica Carmen Valiña. Outro caso desmitificador é o de Fina, emigrada na súa infancia e criada en Suíza, que tras volver a Galiza crendo que xa podía garantirlles unha vida mellor ás súas fillas —mesmo construír unha casa— tivo que volver migrar pola crise de 2008. A autora cóntanos que “con esa migración conseguiu pagar a universidade das fillas pero unha delas tivo que marchar a Alemaña. Malia que ela non quería reemigrar e quería evitar que as fillas migrasen, isto acabou sucedendo”.

“Para os suízos nunca chegaron a ser suízos pero aquí sempre as chamábamos as suízas. Cando retornan, non son xa de ningunha parte.”

No caso das mulleres que voltaban con máis de 50 anos, o retorno era aínda máis difícil pola dificultade de atopar un traballo. A isto sumábaselle a volta a unha terra diferente á que deixaran, xa que en moitos casos a súa estancia duraba décadas: “Para os suízos nunca chegaron a ser suízos pero aquí sempre as chamábamos as suízas. Cando retornan, non son xa de ningunha parte”.

Non hai mal que mil anos dure. Cousas do karma ou como recompensa á boa vontade, as investigacións feitas con cariño —e tamén rigor— poden servir de homenaxe a persoas que poucas veces foron escoitadas. Carmen Valiña explica que “en moitos casos era como unha terapia porque eran historias que non tiveran a oportunidade de compartir con moita xente” e que a migración lles aportou “unha conciencia de xénero bastante clara”.

“Os melhores anos da nossa vida”

Como explica Carmen no libro, a migración para estas mulleres foi “um parêntese “consentido” pelos pares e as famílias porque ía em favor da acumulação monetária que justificava a própria emigração”. Pero por sorte non todo foi facer cartos. Estas mulleres, hoxe xa maiores, terán sempre un recordo ao que volver cun sorriso; de cando fixeron vida en Suíza e foron persoas libres cun traballo, ocio e unha vida lonxe dun réxime que as oprimía. Ben de seguro recomendarán ás súas netas ou sobriñas que viaxen, sabedoras de que ser muller non debe impedirlles facer o que lles pete. Para elas foi Suíza pero podería ser calquera parte do mundo, pero tocoulles nacer na Terra de Soneira e sexa polo que sexa, o destino estaba escrito. Cousas curiosas que ten a vida nas que tampouco cómpre afondar máis. 

Entrevista
Nesta ligazón podes ver o programa Retrincos que as compañeiras de Nós Televisión lle adicaron a Carmen V. Valiña.

 


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Rescate
In memoriam Adiós a Vicent Aleixandre
Vicent Aleixandre no tenía, el día de su muerte, más que unos discos y esa mirada de tener calado a todo el mundo. Ha pasado a ser ancestro, como pasa con los mejores, demasiado pronto.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.