Libertades
Compostela amordazada

As multas a 115 manifestantes en Compostela é a maior aplicación na Galiza da Lei Mordaza. Pensada para afogar economicamente aos movementos sociais, incorpora un tipo de multas que, sen supervisión xudicial, favorecen a impunidade policial.

Eskarnio_Lei Mordaza_1
Antidisturbios lanzando botes de fume e pelotas de goma no interior do colexio ocupado. Zélia García
18 ene 2018 04:20

Cos votos a favor da gobernante Compostela Aberta, o Bloque Nacionalista Galego e o PSdeG-PSOE, no Pleno do 7 de setembro do ano 2015 do Concello de Santiago, é aprobada unha moción, presentada polo grupo socialista, que reclama a retirada da chamada Lei Mordaza. Deste xeito, a capital de Galiza é unha das cidades libres de mordaza segundo a páxina web nosomosdelito.net. Mais como a administración local non ten competencias nesa materia, en xuño de 2017 e na mesma cidade, unhas 115 persoas foron identificadas pola policía durante unha manifestación e posteriormente multadas en aplicación da Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá de 2015, máis coñecida como Lei Mordaza.

No serán do 10 de xuño de 2017, durante unha manifestación multitudinaria e festiva un grupo de persoas ocupa o patio do antigo Colexio Peleteiro, neses momentos —e aínda agora— un edificio propiedade da SAREB (o Banco Malo). A euforia das manifestantes é total e un grupo moi numeroso de persoas decide sumarse á ocupación. Ás portas do edificio, o resto das persoas manifestantes permanecen en actitude festiva e, ante o avance das forzas policiais de antidisturbios, algunhas deciden iniciar unha sentada. Pasados uns minutos comezan as cargas policiais que rematan horas máis tarde co desaloxo das persoas que permanecían no patio do antigo colexio. “Entran moi violentamente, lanzando pelotas de goma e tirando botes de fume. Un destes caeu entre nós, menos mal que unha persoa foi quen de darlle unha patada.” Comenta Iago, actualmente activista da asemblea de multadas que, neses momentos, se achaba no patio. “Con todo ese fume créase unha situación un pouco de pánico, porque ficas completamente rodeado polo fume, non ves nada e non sabes que vai pasar”, continúa. “Unha vez que se vai o fume vémonos completamente rodeados de policía, fechan a porta do patio deixando unha pequena abertura e dinnos que saiamos de un en un para sermos identificadas ou que nos desaloxan á forza. Nós en todo momento lles transmitimos que a nosa actitude en ningún caso ía ser de resistencia activa, mais que queriamos saír todas xuntas. Finalmente bótannos a porrazos e incluso a puñazos”. O resultado final é que todas as persoas que están dentro son identificadas e dúas son detidas e posteriormente postas en liberdade con cargos —finalmente as causas contra as únicas dúas persoas detidas ese día serán arquivadas—.

Eskarnio_Lei Mordaza_2
A policía prepárase para o desaloxo despois dunha carga no exterior do edificio. Samuel Cid

Identificacións

Marta e Alicia son dúas traballadoras da sanidade que foron identificadas na tarde do 10 de xuño unha hora antes do comezo da manifestación. “Paráronnos como doce policías de paisano. Pedíronnos a identificación porque levabamos bandeiras”, comenta Marta. “A verdade é que, a raíz dos incidentes despois da primeira manifestación polo desaloxo de Escarnio e Maldizer, decidimos levar material de primeiros auxilios, sobre todo por se había contusións, policontusións ou brechas na cabeza por causa dos porrazos”, apunta Alicia. “Pedíronnos que lles ensinásemos o interior das mochilas e viron o material de primeiros auxilios”, di Marta. “Todo o material que levabamos podíase conseguir nunha farmacia, era todo material legal e non levabamos medicamentos, só gasas, esparadrapos e cousas así”, continúa Alicia.

As imaxes da detención dun manifestante en estado de inconsciencia após ter recibido un porrazo —probabelmente na cabeza— na praza de Cervantes, rexistradas na altura por Galiza Contrainfo, axudaron a tomar este tipo de decisións. “Somos persoal sanitario e temos obriga de asistencia”, afirma Marta. A xente ferida en manifestacións moitas veces ten medo a asistir ao hospital por temor a ser identificada e posteriormente ser denunciada pola policía, práctica bastante habitual. “É tremendo que a xente teña medo á súa asistencia médica por medo ás represalias. A policía en cambio sempre usa os seus partes de lesións no seu beneficio propagandístico”, continúa. Finalmente “leváronnos as mochilas e todo o material sanitario e non nos deron nada, ningún resgardo”, di contundente Alicia. “Iso si, fixeron fotos a todo”, puntualiza Marta. “Tampouco se identificaron como policías cando nos pararon”, conclúe Alicia.

A Marta e Alicia páranas e identifícanas na praza Feixoo, en pleno centro da zona vella de Santiago, unha hora antes do comezo da manifestación.  Porén, na multa que lles chega “pon unha hora totalmente distinta, di que proferíamos cánticos contra a policía, que berrábamos 10, 100, 1000 centros sociais e que levábamos material perigoso, é a multa standard dos 200 euros”, rise Marta. O lugar no que aparece que son identificadas é o real, mais por alí non pasou ningunha manifestación ese día. “No relato policial que vén na miña denuncia pon que estaba dentro do colexio e nunca estiven”, continúa. “Hai tantos erros e incoherencias nas nosas multas que, aínda que sexa difícil gañar, recorremos”.

A lei e as multas

Todas as multas que chegaron son de dous tipos: as mais numerosas baséanse na resistencia e desobediencia á autoridade (artigo 36.6 da Lei de Seguridade Cidadá) van acompañadas de tres actas de denuncia baseadas nese artigo e noutros dous, e son todas exactamente iguais; as menos numerosas, menos dunha decena, baseanse no artigo 37.2 que implica portar obxectos con ánimo intimidatorio.

Eskarnio_Lei Mordaza_3
Imaxe da manifestación en resposta ao desaloxo do CSOA Escarnio e Maldizer do 10 de xuño. Zélia García

Outro dos puntos polémicos da Lei de Seguridade Cidadá aprobada no 2015, é a posibilidade de poder pagar a metade da sanción de se realizar o pagamento nos primeiros quince días despois de recibir a notificación, ao estilo do que vén sucedendo nas multas por infraccións de tráfico. “A posibilidade de pronto pago nace co obxectivo da recadación automática de diñeiro sen máis historias... Non hai máis probas que unha acta de denuncia, sen testemuñas, sen mais nada. Lembra que apenas se pode acceder ao pronto pago nos primeiros días tras a chegada da sanción”, afirma a avogada. “Se ben permite que algunhas poidamos aboar a metade da multa, entendo que moitas veces contribúe a que as inxustizas se perpetúen: pouca xente se ve con ánimos de recorrer se pensa que o máis provábel é que, ao final do procedemento administrativo, vai ter que pagar a sanción completa”, conclúe.

Existen enormes dificultades á hora de recorrer este tipo de sancions, mais para Susú “a maior dificultade é o enfrontamento á Administración, pois ela mesma é xuíza e parte. Nas outras vías —como por exemplo a penal— a parte denunciada ou demandada é a parte que contesta, a que fala en último lugar, a que ten o dereito á última palabra, o que supón unha grande vantaxe procesual. Na vía administrativa, a denunciada é a que recorre, a que ten que falar en primeiro lugar… E isto muda moito o conto”.

A asemblea de multadas

Moitas das persoas que foron recibindo as multas decidiron organizarse en asemblea. “Convocamos unha reunión no Centro Social A Gentalha do Pichel e éramos tantas persoas, e tan diversas que decidimos crear unha asemblea autónoma de multadas”. Iago é agora un activista desa asemblea e ten claro que “a idea fundamental da asemblea foi conseguir fondos para que as multas non supuxesen un prexuízo para a xente con dificultades económicas, o Estado pretende que só poidan protestar os ricos”. Entre as persoas multadas hai xente de todo tipo, “de distintos centros sociais, partidos políticos, veciñas e xente doutras partes do País”. “Até o de agora organizáronse concertos e actividades en moitos lugares da Galiza para sacar cartos, a idea é tentar recuperar todo o diñeiro que se tivo que adiantar para que o activismo non teña demasiadas consecuencias nas nosas vidas”, afirma, “por iso imos continuar existindo”.

a morosidade da caixa galicia
O antigo Colexio Peleteiro está situado en pleno centro de Santiago de Compostela, ocupa unha parcela de 5.000 metros cadrados, e a comezos de 2007 o xornal El Correo Gallego anunciaba a súa compra por parte de Caixa Galicia. Segundo afirmaba este xornal na mesma nova, o compromiso da caixa de aforros era derrubar o edificio en dous anos. Dez anos despois o edificio segue estando en pé, durante uns anos as súas instalacións foron ocupadas temporalmente pola Policía Nacional –mentres se acometían melloras na comisaría de Rodrigo de Padrón– e xa non é propiedade de Caixa Galicia –que xa non existe– senón da SAREB (o popularmente coñecido como banco malo). Ademais de todo isto, O Salto Galiza puido confirmar que a familia Peleteiro –antigos propietarios da parcela– está aínda en preitos co que agora é Abanca, xa que a antiga corporación Caixa Galicia non chegou a pagar nunca a totalidade do prezo acordado pola venda destes terreos.

Archivado en: Libertades
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Libertades
Manifiesto de la Plataforma de Abogacía en Defensa de la Acción Sindical Manifiesto de la Plataforma de Abogacía en Defensa de la Acción Sindical
El Derecho Laboral tiene y debe mantener un carácter tuitivo, es decir, protector de los trabajadores, principio que ha sido atacado en esta sentencia, debilitando la defensa de los derechos laborales.
Libertades
Derechos y libertades La justicia rechaza por tercera vez investigar posibles abusos sexuales en un caso de infiltración policial
La Audiencia Provincial de Barcelona descarta que una operación de infiltración en los movimientos sociales de Barcelona durante tres años, en la que el agente tuvo relaciones sexoafectivas con cinco mujeres, suponga un delito.
Libertades
Derechos y libertades Oleada de suicidios y revueltas en las cárceles italianas
En la cárcel de Trieste, 257 personas se hacinan en un espacio previsto para 150. Allí se desencadenaba la revuelta carcelaria más intensa de una oleada que se inició hace pocas semanas.
#7036
19/1/2018 20:07

bó artigo. dúas cuestións me chamaron a atención: a idea de que o estado pretende que só protesten os ricos. É desacertada porque os ricos non teñen porque protestar e groso modo son o estado. a outra é a idea de ser activista sen consecuencias na túa vida. aquí é imposible. outra cousa é que colectivamente tratemos de minimizalas, pero en españa "el que la hace la paga" (nunca mellor dito).e non me refiro a nada ilegal.

1
0
Fenda77
19/1/2018 2:26

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2015-3442
https://www.boe.es/legislacion/documentos/ConstitucionCASTELLANO.pdf

Nestes enlaces sale a información ao alcance de toda persoa habitante na peninsula en materia de dereitos e liberdades que pagamos cos nosos cartos referente a Lei de seguridade cidadá e a constitución,pra que quen queira poida cotexar,e compre dicir que vivimos nun estado democrático de dereito onde non se escoita a cidadanía rexeitar estas creacións e gastos por parte da ferramenta politica,tamén pagada por nos,que esta ahí para suponse,xestionar esta ´´democracia`` que non aparece por ningun lado,mais si que e mais parecido a un estado de fascismo ou rexime autoritario .Entón en que quedamos,seguro que en algo estamos todas moi de acordo,en non pagar leis que nos criminalizan e acaban con toda posibilidade de protesta,asociación autonoma,revindicación ou controversia ao sistema tratado de impoñer nestes tempos a vez que e evidente o obsoleto e caducado do maquillaxe de este estado democrático fascista,faltamos nos,a cidadanía en solidariedade e apoios mutuos fronte a esta BARBARIE da cloaca do estado por adaptarse aos tempos do capital agresivo corporativista

0
0
Blackat
18/1/2018 19:57

Que época cando foi a base de operacións da policia nacional durante o desaloxo da Sala Yago no 2011..os baños daban medo...

0
0
Galicia
Galicia La Xunta entorpece el acceso a más de 8.500 contratos que suman 57 millones de gasto
La Axencia de Doazón de Órganos e Sangue indexa miles de pagos sin concepto e imposibilita su fiscalización. La Xunta de Alfonso Rueda aduce que la opacidad es causada por “un fallo de codificación”. Sin embargo, esa práctica se repite desde 2018.
Islamofobia
Religión El aumento de vetos al hiyab en escuelas reaviva el debate sobre la islamofobia en España
Cada vez son más los centros educativos que están vetando estas prendas propias de la cultura musulmana a través de disposiciones en sus protocolos internos.
Opinión
Opinión Vox y la paradoja del soberanismo subordinado
Mientras denuncian el 'globalismo' abrazan sin fisuras el patrocinio del mayor supermillonario planetario, que no parece tener más patria que el aumento de los dividendos de sus empresas
Grecia
Grecia La tragedia griega de Tempi: dos años de dolor y lucha por la rendición de cuentas
El 28 de febrero de 2023, un tren de pasajeros colisionó frontalmente con un convoy de mercancías cerca de Tempi. El impacto dejó 57 muertos, en su mayoría jóvenes estudiantes que regresaban del carnaval.
Fronteras
Fronteras Sombras en el acuerdo de cesión de competencias pactado por el PSOE y Junts
El acuerdo sobre transferencia de las competencias en materia de migración entre PSOE y Junts encuentra el 'no' de Podemos y de organizaciones de migrantes y el 'sí' con matices de la izquierda independentista y de Sumar.
Análisis
Análisis De geografías viables o de cómo habitar el territorio
La destrucción que trajo la barrancada es directamente proporcional a la ocupación del territorio y a los metros cuadrados de asfalto que nos dejaron los sucesivos booms inmobiliarios.
Caribe
Opinión Granada: ecos de una revolución abortada
Granada fue durante algunos años símbolo de una América alternativa. Esta isla caribeña sirve de recuerdo fehaciente de las lecciones de Fanon, Malcom X y todos aquellos que se han atrevido y se atreven a cuestionar la estructura imperial

Últimas

Comunidad de Madrid
Sanidad privada Denuncian ante Inspección a un hospital de Quirón por poner en riesgo a una trabajadora embarazada
El sindicato CCOO ha denunciado al Hospital La Luz por forzar a enfermeras embarazadas a trabajar sin una adaptación a sus puestos, realizando tareas asociadas a riesgos como la exposición a químicos o radiaciones.
Análisis
Análisis ReArm Europe, el triunfo del capitalismo verde militar
El plan que acaba de presentar la presidenta de la Comisión Europea vuelve a utilizar la mágica cifra de los 800.000 millones, ahora con el objetivo declarado de transformar el modelo de defensa europeo.
La vida y ya
La vida y ya Reparadoras de grietas
Piensa, sobre todo, en quién se fijará en los vínculos que rompieron las bombas. Quién se dará cuenta de todo lo que se quebró.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid La Guardia Civil desaloja a los bomberos forestales encerrados en Las Rozas en protesta por un nuevo convenio
La plantilla de prevención y extinción de incendios reclama un convenio actualizado, recuperar el poder adquisitivo perdido en una década y contratos estables en un contexto de catástrofes climáticas de cada vez mayor impacto y frecuencia.
Más noticias
Argentina
La calle contra Milei Pensionistas argentinos salen a las calles para hacer frente al ajuste y la represión de Milei
Cada miércoles, jubilados y jubiladas se movilizan alrededor del Congreso en Buenos Aires exigiendo el aumento de sus haberes, la continuidad de la moratoria jubilatoria y el acceso a medicamentos esenciales.
Reducción de jornada
Seguidismo de la patronal Junts traslada a Yolanda Díaz su “no” a la reducción de jornada y peligra su posible aprobación
La negativa de Junts a apoyar la reducción de jornada (al menos por el momento), junto con el no del PP, suman suficientes votos en contra como para tumbar la ley de bajada de horas una vez llegue al Congreso.

Recomendadas

República del Sudán
Belkis Wille “En Sudán hay milicias practicando violaciones a gran escala contra mujeres y niñas”
Belkis Wille, investigadora de Human Rights Watch, denuncia los abusos de grupos armados como las Fuerzas de Apoyo Rápido en el conflicto sudanés, donde se registran crímenes tanto de esclavitud sexual como de sometimiento mediante violaciones.
Sevilla
Komando G “Sin las mujeres, el barrio se pararía”
El Komando G es una red feminista ubicada en el Polígono Sur de Sevilla en la que participan vecinas y mujeres representantes de entidades sociales que busca ser un espacio de cuidados y reivindicación para todas las mujeres del barrio.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Trump y Netanyahu imponen a Hamás un rediseño de la tregua en Gaza
La vigencia del alto el fuego iniciado en enero pende de un hilo mientras Tel Aviv mantiene el bloqueo de ayuda humanitaria a las puertas del enclave palestino y la Casa Blanca negocia directamente con Hamás.