Instituciones culturales
O peche do MAC da Coruña, ou como desmembrar a aposta pola cultura

A Fundación Naturgy (antes Gas Natural Fenosa) anuncia o peche do Museo de Arte Contemporánea da Coruña, tras máis de vinte anos de andaina e cunha das coleccións de arte máis valiosas de España.

Trabajos en una residencia de jóvenes artistas del MAC de A Coruña
Trabajos en una residencia de jóvenes artistas del MAC de A Coruña. Foto cortesía de Jorge Couceiro.

O que o ano pasado co traspaso do Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Coruña á Fundación Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa) se viviu con intranquilidade, hai unhas semanas confirmábase. Se en agosto se desfacían do Museo do Gas que tiñan en Sabadell, agora queren facer o mesmo co complexo coruñés que leva desde 1995 atesourando unha das mellores coleccións de arte en España. De feito calcúlase que o valor das súas máis de 600 pezas poida ascender a 5 millóns de euros. Igual de importante, aínda que non cuantificable monetariamente, é o impacto deste recinto cultural na cidade da Coruña e na súa área metropolitana. A pesar desta marca, o museo pechará as súas portas o próximo 30 de decembro e ninguén poderá visitar máis este museo.

Aínda que a fundación asegura en comunicados que xa están a falar coa Xunta para que se faga cargo da súa colección, a incerteza é total: a propia dirección do centro non sabe que pasará cos seus traballadores, os artistas bolseiros no estranxeiro non saben que pasará coa exposición comprometida e a fundación non manifestou os seus plans para os traballadores ou para o resto da instalación.

Co peche do MAC, Galiza perde un dos alicerces da arte contemporánea.

“Queren desmantelar un traballo de 20 anos en que se foi construíndo unha comunidade á volta da arte, con gran diversidade de tecido social”, comenta Jorge Couceiro, voceiro da asociación de artistas galegos A Colectiva. Eles xa reclamaron unha reunión coa Xunta de Galicia, coa Deputación da Coruña e co Concello, posto que rexeitan custe o que custe o desmembramento dos fondos.

“É unha colección viva, que continúa crecendo e que se logrou grazas a un criterio e a moito esforzo”, comentan desde A Colectiva, que lembran que o MAC estaba comprometido coa adquisición de obra en grandes feiras coma ARCO, pero tamén cos novos artistas a quen lles ofrecía bolsas e premiaba. De feito, desde esta asociación, cuantifican en máis de cen os artistas que puideron continuar coa súa obra grazas ao apoio do museo só entre 2011 e 2018 entre bolsas de residencia, bolsas para traballar no estranxeiro, premios, axudas á mobilidade e compra de obra.

“O MAC é un dos espazos culturais de referencia, non só da comunidade galega, senón do estado español. Co peche do MAC, non só quedámonos orfas moitísimas persoas do mundo da arte, así como cada un e unha das súas traballadoras, senón toda esa cidadanía”, comenta Ruth Montiel Arias, quen gozou dunha bolsa de creación no estranxeiro do MAC.

Arte contemporáneo
MARCO á deriva
Reavívase o debate sobre o papel das institucións culturais e as súas relacións co poder político.

Desde Nova York, Jacobo Bugarin coméntanos a incerteza que vive neste momento, xa que el está a realizar unha das bolsas no estranxeiro que outorga o MAC, cuxo acto final é nunha exposición no museo. “As bolsas do MAC eran para artistas galegos, o que nos daba oportunidades no ámbito estatal e internacional. Sen ela, non temos outras oportunidades”, comenta Bugarin en referencia á imposibilidade de competir en igualdade de oportunidades con artistas doutras cidades como Madrid ou Barcelona.

El decatouse do peche do MAC ás catro da mañá e polas mensaxes de compañeiros e amigos. “Chamei ao museo e eles tampouco sabían o que ía pasar”. Para este artista bolseiro que xunto a outros tres ven perigar a parte da bolsa que supón expor nun centro de recoñecemento internacional e ter un catálogo, o máis importante agora é “cumprir” coa súa parte do contrato e terminar a estancia. Preguntado por unha solución, responde “non o sei”. “Se Naturgy non recua, non vexo viable ningunha saída”. A súa compañeira de bolsa opina igual: “Co peche do MAC, Galicia perde un dos alicerces da arte contemporánea”.

Ademais do gran impacto que tivo este museo para os artistas novos, o impacto na sociedade é innegable. En números, o MAC desenvolveu no últimos sete anos 275 cursos e talleres relacionados coa arte, outros 175 concertos e eventos como promoción da música, 131 actividades en relación ao cinema (incluídas proxeccións, festivais, rodaxes, presentacións…), 77 conferencias de todo tipo, ademais doutros proxectos relacionados coa cidadanía. Desde cederlles espazo ás asociacións de artistas (como a propia A Colectiva) a ciclos para fomentar a creatividade por institutos e FP de toda Galicia (máis de 160 en só dous anos), acción social específica (desde residencias de maiores a discapacitados, unhas 37.000 persoas beneficiadas) a visitas escolares. Calcúlase que máis de 100.000 nenas e nenos en máis de 4000 grupos visitaron o museo. “É imposible atopar un cativo na bisbarra que non coñeza o museo”, resalta Jorge Couceiro, que resalta tamén o pouso de valor da arte que queda niso. A isto únese o gran fondo documental que xerou o MAC nestes anos, que se cifra en máis de cen publicacións, moitas delas dispoñibles nas bibliotecas públicas galegas.

A relevancia do MAC aumenta se temos en conta todo o traballo que desde a directora, Carmen Fernández Rivera, se fixo con outras organizacións, plataformas e redes en fomento da arte. Desde A Colectiva, todo son eloxios para ela: “Foi unha xestora extraordinaria”, explican e destacan o feito de que “poucos directores de museos duran no seu cargo tanto como ela, sen unha polémica ou problema non resolto”.

“O MAC é como a miña segunda casa e a Carmen é como unha segunda nai para moitos e moitas das artistas que por alí pasamos”, afirma Montiel Arias. Carmen Fernández Rivera está a piques de xubilarse o que fai aínda máis difícil aínda a decisión de Naturgy. E que ocorrerá co resto de traballadores? Aínda non se sabe. Segundo a memoria da Fundación Naturgy actualmente hai catro traballadores asalariados e outros catro con contrato de servizos, aínda que eran moitos máis indirectos nas súas actividades. “Non temos tanta xente especializada en arte contemporánea en Galicia como para deixar marchar aos do MAC”, comenta Bugarin, que asegura que o trato co equipo sempre foi moi próximo aos artistas e á sociedade en xeral.

Desde a Fundación Naturgy coméntanlle ao Salto que até agora o único que poden dicir é que están en conversacións coa Xunta de Galicia “para que a colección quede na comunidade” e co Concello da Coruña para facerse cargo do edificio, pero non poden adiantar nada nin de que pasará cos traballadores nin como se faría ese traspaso de actividade, dado que o museo se atopa dentro dunha instalación altamente protexida da empresa enerxética.

O centro de arte comparte espazo con oficinas e cun perímetro de seguridade polos equipos industriais que contén. Se outra entidade se fixese cargo do museo, presumiblemente terían que mudarse. Da mesma maneira, se se quere reconverter o museo en algo alleo á compañía, debería enfrontarse a unhas obras complicadas. “Non sabemos nin sequera que pasará cos traballadores do resto do recinto”, comenta Couceiro, xa que esta decisión podería afectarlles a eles tamén.

No medio deste silencio, rumoréase que podería estar a buscar comprador. De feito, artistas residentes puideron ver como empresarios con “metro en man” miraban as instalacións semanas antes e o nome do empresario e coleccionista de coches antigos Ángel Jove resoa na Avenida de Arteixo. As fontes da fundación consultadas manteñen que Naturgy seguirá apostando pola eficiencia enerxética e a innovación e farano tamén en Galicia.

Ademais de toda a actividade realizada, calcúlase que unhas 340.000 persoas pasaron polas súas salas expositivas e outras tantas foron beneficiadas da súa acción potenciadora da cultura.

Entón, cal é a solución? Desde A Colectiva téñense claras as súas metas: a primeira de todas, que Naturgy dea marcha atrás e valore a opción de manter o museo. Este proxecto custoulle o pasado ano 932.133 euros á empresa, que nese mesmo ano gañou 1360 millóns, un 1 % máis que en 2016. O investimento no museo non chega a unha sexta parte do que manexa a Fundación, 62 millóns.

Doutra banda, desde a Fundación sempre se aplaudiu o retorno de ter este proxecto cultural en marcha. Se na memoria da entidade o cualificaban de "espazo multidisciplinario, dinámico, flexible e aberto, que combina a actividade expositiva coa integración e participación cidadá, co fin de estimular a creación artística dentro de todos os ámbitos culturais", as súas cifras tamén o avalan. Ademais de toda a actividade realizada, calcúlase que unhas 340.000 persoas pasaron polas súas salas expositivas e outras tantas foron beneficiadas da súa acción potenciadora da cultura.

Preguntándolle á asociación A Colectiva cal sería seu “plan B”, hai varias opcións. A primeira, atopar outro financiador. “A Fundación Naturgy só puña os fondos e sería atopar outro que salve a actividade e o equipo humano, moi importante”, comenta Couceiro, que ademais propón unha terceira vía: “que os concellos da área metropolitana de Coruña se fagan cargo xunto coa Deputación provincial”. Trataríase dunha plataforma composta pola Coruña, Culleredo, Cambre, Arteixo e Oleiros. Tanto a Xunta como o ámbito local desexa que siga aberto o MAC e, en todo caso, que a colección quede en Galicia, aínda que o elevado custo faría complicada a manobra pública.

Os artistas residentes que se senten parte do museo, non queren quedar cos brazos cruzados, mentres obteñen resposta xa lograron o apoio da entidade que aglutina as asociacións de artistas de toda España (Unión AC), desde AVAM (Artistas Visuales Asociados de Madrid), desde a PAAC (Plataforma Assembleària d'Artistes de Catalunya), ademais dunha recollida de sinaturas en liña contra o seu peche. “Igual que non deixariamos que vendan a Torre de Hércules piso a piso, non permitiremos que fagan isto co MAC”, conclúe Couceiro.

Arte
Las raras historias de museos en Málaga

La apertura de museos como vía para convertir Málaga en objeto de deseo de turistas culturales e inversores ha dejado una larga ristra de episodios insólitos en la ciudad. El último es el cambio en la firma de una obra adquirida por el Carmen Thyssen en 2015.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Extremadura
Cultura AGCEX critica a Vox por cuestionar el papel de los gestores culturales en Extremadura
AGCEX responde a Javier Bravo (Vox) por cuestionar a los gestores culturales y defiende su papel esencial en el desarrollo de Extremadura y el acceso a la cultura.
Arte
Arte y memoria histórica Un artista renuncia a un premio de la Academia de Bellas Artes Canaria por su defensa del monumento a Franco
Acaymo S. Cuesta argumenta que la posición de la Academia con respecto al ‘Monumento al Caudillo’ de Juan de Ávalos es contraria a los principios democráticos que defiende y no recogerá el galardón.
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andreu Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Más noticias
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.

Recomendadas

Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.