Impunidad policial
Breves consideracións sobre os informes periciais policiais

España ten, en realidade, dúas constitucións. Unha xa a coñecemos: é a de 1978. A outra constitución non é unha constitución escrita e non establece normas xurídicas, pero si os principios interpretativos do Dereito público e os seus límites; non crea institucións, pero si determina os valores das institucións existentes; non outorga dereitos individuais, pero si os excepciona para certos sectores sociais.

CARGAS RAMON LULL
Os informes periciais de intelixencia teñen servido para aumentar a condena a numerosas persoas en distintas protestas ao longo do Estado. Victor Serri
8 jun 2020 12:30

España ten, en realidade, dúas constitucións. Unha xa a coñecemos: é a de 1978, co seu catálogo de dereitos fundamentais, un sistema formal de checks and balances e un reparto competencial entre o Estado central e as entidades territoriais. O texto é, en esencia, homologábel ao de calquera democracia liberal europea. A outra constitución non é unha constitución escrita e non establece normas xurídicas, pero si os principios interpretativos do Dereito público e os seus límites; non crea institucións, pero si determina os valores das institucións existentes; non outorga dereitos individuais, pero si os excepciona para certos sectores sociais. Sabemos que esta constitución é moi anterior a 1978, e sabemos, tamén, que a súa defensa foi asumida polos autodenominados constitucionalistas. Con todo, como toda norma non escrita, podemos coñecela tan só a través dos seus efectos. O affaire de los Cobos, neste sentido, pode resultar ilustrativo.

Dende o seu posto de xuíz central de instrución, Grande-Marlaska, arquivou causas contra empresarios e tamén contra os responsábeis de falsificar a identificación dos falecidos no accidente do Yak-42

Para entendelo, hai que ter en conta que unha das prácticas habituais nos xuízos políticos en España consiste en aceptar sen reservas informes periciais de intelixencia. Estes informes son elaborados polos axentes encargados de vixiar, identificar e perseguir os delitos políticos. A pesar do deber que pesa sobre todas as autoridades de recompilar todas aquelas circunstancias tan adversas como favorábeis aos acusados, establecido na Lei de Axuizamento Criminal, eses informes teñen unha intención claramente incriminatoria e, ademais, é difícil atopar fundamento xurídico para a súa admisión nos xuízos; pero certamente teñen sido e son habitualmente aceptados por certos xuíces, entre eles, por suposto, por Grande-Marlaska.

Eses informes teñen unha intención claramente incriminatoria e, ademais, é difícil atopar fundamento xurídico para a súa admisión nos xuízos

Defendo que tales informes non deberían ser aceptados por dúas razóns. A primeira, porque eses informes non son, en realidade, informes periciais. Os informes periciais teñen como finalidade aportar un coñecemento especializado do que carecen os xuíces. Así, por exemplo, nun caso de lesións, as e os xuíces precisan dun informe pericial que avalíe a gravidade das lesións; tal informe pericial sería elaborado por unha médica ou un médico con coñecementos especializados. A leis procesuais establecen que os informes periciais deben versar sobre temas científicos, artísticos, técnicos, prácticos ou relativos a costumes xurídicas. Ora ben, en que categoría destas encaixa un informe elaborado por axentes dun corpo de seguridade sobre, por exemplo, a estrutura dunha determinada organización política ou sobre as relacións entre tal ou cal partidos, asociacións e movementos? Non é que esa información non deba ser tida en conta polos xuíces, senón que debe entrar nun xuízo por outras vías, en particular, o interrogatorio de testemuñas. Claro que, fronte a un interrogatorio de testemuñas, un informe pericial goza dun status superior. Unha testemuña pode equivocarse, ou pode tentar defender a unha das partes e, por iso, pode ser confrontada con gran amplitude. Pola contra, presúmese que os informes periciais son realizados de forma desinteresada, xa que os peritos teñen a obriga de seren obxectivos e imparciais e, por iso, son máis difíciles de poñer en cuestión. Isto entronca, por certo, con outra norma –de grandísima eficacia- que só aparece recollida nesa constitución non escrita: a presunción de veracidade dos axentes policiais.

A segunda razón pola que non deberían ser tidos en conta estes informes son porque creban o principio fundamental do proceso penal liberal: o principio acusatorio. O principio antagónico deste é o principio inquisitivo. Neste último, que se daba na súa forma pura no Tribunal do Santo Oficio, os xuíces son tamén parte acusadora, á vez que a igualdade de armas procesuais é inexistente. A admisión sen reservas dos informes periciais de intelixencia por parte dos xuíces debe ser criticada por rachar o principio acusatorio. Cando tal admisión acontece, quen xulga privilexia a posición da acusación. A procura da verdade xa non se desprende da dialéctica entre as partes enfrontadas, acusación e defensa, senón que pasa a ser revelada por quen viste o disfrace da obxectividade, pero que, en realidade, serve subrepticiamente á acusación.

A admisión sen reservas dos informes periciais de intelixencia por parte dos xuíces debe ser criticada por rachar o principio acusatorio. Cando tal admisión acontece, quen xulga privilexia a posición da acusación

Informes periciais de intelixencia teñen servido para aumentar a condena aos rapaces de Altsasu, para demostrar a estrutura organizada de Resistência Galega, para fundamentar o delito de sedición contra os membros do Govern catalán e para soster que Ekin era parte integrante de ETA. Tamén serviron para perseguir anarquistas –finalmente absoltos- nas operacións Pandora, Piraña e Ice. E, actualmente, serven para fundamentar a acusación contra Causa Galiza e varios membros da mesma por organización terrorista. Quen pense que existe un salto cualitativo entre estes casos e o caso de los Cobos engánase: trátanse das mesmas estratexias.

De los Cobos, ao igual que Grande-Marlaska, é un pequeno operario máis do entramado nacional-punitivista. O seu irmán, que ostenta o honor de ter sido o primeiro presidente dun tribunal constitucional con carné de partido –do PP-, deu inicio á teima de boicotear politicamente todos os movementos do soberanismo en Cataluña. Os dous irmáns son conscientes de que o precepto máis importante desa constitución non escrita establece que a democracia procedimental pode e debe ser sacrificada en aras a protexer a unidade de España, que serve de fundamento a ambas constitucións. Aquel de los Cobos, como xefe da Garda Civil, foi o responsábel da represión desproporcionada o 1-O en Cataluña. Tamén saíu absolto dun proceso por torturas, se ben foi recentemente identificado como participante doutras. Pero, sexa como for, nada disto ten sido xustificación suficiente para que os gobernos de Zapatero, Rajoy e Sánchez lle outorgase a máxima confianza, situándoo en postos de responsabilidade dentro do Ministerio.

A pregunta que cómpre facerse con urxencia nestes momentos é se o Goberno está disposto a derrogar esa constitución predemocrática

A falsidade e parcialidade do trangalleiro informe que se presentou no xulgado de instrución 51 de Madrid xa ten sido amplamente denunciada por varios medios. O que está claro é que o informe está ao servizo do delirante relato estrela da estrema dereita nacional, segundo o cal, a conivencia do Goberno co movemento feminista ten sido causante da traxedia sanitaria que vivimos. O feito é por si gravísimo, pero ten pouco de novidoso. A única novidade, se callar, é que o obxectivo agora non son os tradicionais inimigos da constitución non escrita, senón un Goberno que, a pesar de ter demostrado a súa intención de acatar ambas constitucións, a estrema dereita nacional concibe como ilexítimo. A pregunta que cómpre facerse con urxencia nestes momentos é se o Goberno está disposto a derrogar esa constitución predemocrática. Dende logo, iso precisaría recoñecer os excesos cometidos todos estes anos. Pero só así poderá haber unha democracia real.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Relato
Relato 39663A y 41288B
Un relato de Iban Zaldua sobre infiltraciones policiales.
València
Dana Mazón y Marlaska piden a los voluntarios que no colapsen accesos y siguen sin dar cifra de desaparecidos
La Generalitat ha puesto en marcha una web para coordinar las iniciativas de personas de organizaciones y varios teléfonos para voluntariado. Marlaska anuncia que el sábado se sumarán a los trabajos otros 500 efectivos militares.
Sáhara Occidental
Sahara Occidental Interior deporta a la mitad de los saharauis retenidos en Barajas y prevé expulsar al resto en próximos días
Después de más de un mes esperando en situación extrema la resolución de su solicitud de asilo, 16 saharauis han sido deportados a última hora del pasado jueves y devueltos a Marruecos. Dos de ellos están detenidos.
agremon2001
24/6/2020 22:32

"iso precisaría recoñecer os excesos cometidos todos estes anos." Iso mesmo,

0
0
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.

Últimas

Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Estados Unidos
Extrema derecha Los beneficios de Tesla caen un 71% y Musk anuncia que reducirá su colaboración con Trump
Las protestas contra Elon Musk funcionan y hacen caer los beneficios y el valor en bolsa de la compañía. El anuncio del millonario hace que las acciones de Tesla crezcan cerca de un 5% en apenas unas horas.

Recomendadas

El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.