En Marea
"Construímos un movemento amplo e transversal, por que imos dar pasos atrás?"

Entrevistamos ao actual portavoz de En Marea no Congreso dos Deputados nun momento no que se están a producir debates de fondo no seo da confluencia galega

2 ago 2017 15:06

Antón Gómez-Reino, Tone, é portavoz de En Marea no Congreso. Nos últimos anos percorreu, como moitos outros e outras, o camiño dende os movementos sociais á política institucional. Comentamos con el un proceso político en continuo cambio, nun momento no que —por primeira vez en tres anos— non hai convocatorias electorais inminentes. No contexto, ademais, dun convulso proceso de construción orgánica de En Marea, que en xullo celebrará un Plenario que pode ser determinante para a súa definición.

Parece que dende as eleccións xerais ás confluencias cústalles marcar a axenda política. Como se recobra ese impulso?
Levar a iniciativa ten que ver con saber poñer en valor a acción política desenvolvida naqueles espazos nos que gobernamos. Tamén é importante facer valer a corrupción cero, que conseguimos construír institucións municipais limpas. E nos lugares nos que estamos na oposición, sinalar os problemas e presentar alternativas. Fomos e somos elemento de ruptura (xeracional, cultural, política). O desafío é complementar esa enorme capacidade para vestir o descontento con sermos forzas que debuxan un novo escenario e son capaces de levalo a cabo. A moción de censura foi un bo exemplo deste movemento paralelo. Denunciar e enunciar. Sinalar e propor. Censurar e construír.

Serviu para algo a moción de censura?
Non conseguimos o obxectivo fundamental, botar a Rajoy, pero avanzamos na parte propositiva imprescindible para ese obxectivo: debuxar un goberno alternativo, as políticas que encetaría e a correlación de forzas que o podería formar.

Tamén decreceu nos últimos anos a mobilización nas rúas. Como se pode recuperar? 

Nós, como xeración política, sabiamos que non se podían baleirar de cadros sociais os movementos, pero así pasou e o resultado é que a rúa reduciu a súa capacidade mobilizadora. Tento sempre ser moi coidadoso á hora de diferenciar institución de movemento. E creo que o primeiro que debemos facer é dar un debate serio nos nosos espazos sobre a relación que mantemos cos movementos populares, como parte máis activa da sociedade.

Durante a campaña en Galicia. Arquivo de En Marea.

A elección de Pedro Sánchez abre a porta a unha maior colaboración co PSOE?
Creo que a pregunta que nos temos que facer é máis ben se a dirección do PSOE escoitará o mandato das bases. Como galego, vexo con atención e proximidade a experiencia portuguesa, marcando o camiño dun Goberno para as maiorías, onde o Partido Socialista soubo estar á altura e apostar sen medo por unha alianza das esquerdas.Estás satisfeito co traballo de En Marea no Congreso? Nótase a falta de experiencia? 

A sociedade e o propio ciclo demandaban que tiña que entrar xente normal nas institucións e iso tiña necesariamente os seus handicaps. Todas as persoas que chegamos ao Congreso —agás Yolanda Díaz— eramos xente sen experiencia no ámbito da política institucional. E, sen dúbida, iso requiriu un tempo de aterraxe. Humildemente, creo que estamos facendo un bo traballo. Estamos levando ao Congreso as temáticas do país e temáticas locais, demandas concretas ou sectoriais pero tamén elementos que para o noso país son de carácter estrutural.

E coa visibilidade de En Marea dentro do Grupo Confederal?
Absolutamente satisfeito. Todo se pode artellar mellor, pero hai unha sensación de recoñecemento da realidade política do país, de que Galicia ten un suxeito político propio que se está conformando no proceso das mareas. Temos unha presenza no ámbito da acción lexislativa que non tivo ninguén antes neste país. Iso significa estar en todas as comisións con postos de vogais fixos e nos diferentes organismos de dirección. Temos a capacidade de estar e de falar nos espazos nos que se dirime a acción política e lexislativa, o poder da cámara.

Houbo en En Marea suficiente autocrítica e análise tras perder 60 mil votos de decembro a xuño e outros 75 mil en setembro?
Sempre hai que facer máis autocrítica, combinada con facer valer os nosos avances. No camiño ao 26X e ás eleccións galegas permitimos que o foco se centrara en cuestións ás que a cidadanía non atende, por exemplo as formas xurídicas coas que nos presentábamos, e menos sobre cousas que, electoralmente, si entendo fundamentais: explicar máis e mellor o proxecto de país e abrir vías, non estritamente orgánicas, para a participación, mostrarnos como unha ferramenta á altura da demanda da cidadanía: policromática, útil e porosa. Debemos adaptarnos e ampliarnos para poder intervir politicamente en tempos que levan consigo novas problemáticas e realidades.

Non é tempo de refundar o nacionalismo, senón de consolidar, con coidado, un riquísimo e poderoso proceso de carácter nacional
Como se compaxina a construción dun movemento de unidade popular como En Marea co mantemento das identidades partidarias?
É lícito que haxa xente que se recoñece en determinadas identidades políticas e iso pode xerar unha tensión co proceso de creación dunha identidade política nova, un proceso no que o desafío é que esa creación ten que ser diferente. De nada vale diluír uns partidos e unhas identidades fortes para crear outros partidos e identidades fortes iguais. O noso principal inimigo na unidade popular é a urxencia, un tempo acelerado ao que nos levan os retos electorais e os intereses políticos dalgunha xente.

A designación de Villares como voceiro único contravén os acordos políticos adoptados pola Asemblea Constituínte e o Plenario?
Eu diría que non só contravén os acordos políticos, senón que mesmo contravén o tempo político no que estamos en Galicia, e tamén todo o que nos levou ata aquí: un proceso dun movemento cívico con moitas caras e con moitos protagonismos. Todo o que sexa mirar o pasado, por exemplo impoñendo unha portavocía única ou optando por un modelo de dirección dunha organización clásica, ao único que pode levar é a afogar a potencia política deste espazo.

Ves en perigo o espazo de En Marea?
É certo que ás veces, nas últimas semanas, custa recoñecer algunhas lóxicas ou declaracións. Porén, estou certo de que o enorme capital político e relacional destes anos de convivencia poderá máis que calquera das dinámicas conservadoras que estamos a ver. Estou convencido de que somos maioría as que apostamos por mecanismos de sumar, cooperar e federar, por unha En Marea en rede. Por outra parte, o proceso de unidade popular en Galicia non debería tornar nunha refundación do nacionalismo que deixaría moita xente fóra no ideolóxico, no orgánico e no social. Se hai xente na actual coordinadora ou nas marxes de En Marea que teña esa folla de ruta, como unha impugnación ao camiño mestizo desenvolvido nestes anos, debería dicilo claramente. Non é tempo de refundación do nacionalismo, senón de continuar consolidando, con coidado, con tempo, un riquísimo e poderoso proceso de carácter nacional. A construción dun bloque hexemónico de cambio e ruptura no noso país pasa por garantir a pluralidade da unidade popular, salvagardando as mareas municipalistas e a súa autonomía, respectando as identidades e sensibilidades das organizacións.

Chama a atención a irrupción dun sector que non só non participou na articulación deste espazo político nos últimos anos, senón que mesmo se opuxo a el...
Todo o mundo ten cabida. Con todo, si que é paradoxal que algunha xente que decidiu manterse á marxe teña agora tanto interese en estar na dirección. Afortunadamente, de anos de mobilización sabemos ben que os procesos non se poden controlar, porque aparecen por outro lado.

O actual xiro de En Marea é a mellor maneira de chegar a unha maioría social?
Os resultados de Marea Atlántica ou Compostela Aberta ou o de En Marea nas Xerais non se deron en case ningún lugar do Estado. Se fomos quen de construír este movemento amplo e transversal, por que imos dar pasos atrás para construír unha organización de hai 20 anos? Esa é a pregunta que a xente que aposta por estas fórmulas clásicas debería responder.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Política
Xosé Manuel Beiras “A esquerda estatal á esquerda do PSOE leva ano e medio dando un recital de apoio ao PP”
O histórico líder nacionalista analiza devagar os erros das coalicións coa esquerda federal e acredita en que o futuro da transformación social está fóra das institucións.
Investigación
Investigación Un cargo de Sumar levou seis millóns para xestionar unha residencia pública cunha empresa con cinco días de antigüidade
Unha das persoas clave de Yolanda Díaz en Galiza, Iván Olmos, recibiu da súa nai a concesión tras gañar un concurso millonario do Concello de Verín (PSOE) ao que só se presentou ela para xestionar un centro de día durante 15 anos.
Investigación
Investigación Un cargo de Sumar se llevó seis millones para gestionar una residencia pública con una empresa con cinco días de antigüedad
Una de las personas clave de Yolanda Díaz en Galicia, Iván Olmos, recibió de su madre la concesión tras ganar un concurso millonario del Ayuntamiento de Verín (PSOE) al que solo se presentó ella para gestionar un centro de día durante 15 años.
Guerra en Ucrania
Conflicto bélico Rusia y Ucrania acuerdan un principio de alto el fuego marítimo a instancias de Estados Unidos
La Casa Blanca emite dos comunicados que coinciden en señalar una tregua en el Mar Negro y en prometer trabajo para el final de los ataques energéticos por ambas partes.
LGTBIfobia
Manifestación Plataforma Trans planta cara a la transfobia con una manifestación contra el odio
La convocatoria el 29 de marzo denuncia un contexto internacional antiderechos. La organización pide a partidos y sindicatos que se sumen a la marcha porque la transfobia es un problema social, y por lo tanto también político, explican.
Opinión
Opinión Bretón no es un monstruo, ni Martín el nuevo Capote
Frente a la libertad sin peros que defienden unos, la responsabilidad de muchos: la de ciudadanos y librerías que se niegan a comprar o vender, respectivamente, el libro que Anagrama ha tenido a bien materializar.
Feminismos
Irene García Galán “La memoria feminista hay que construirla desde abajo, desde nuestras casas”
‘Hilaria’ (Errata Nature, 2025) es un libro dedicado a la tatarabuela de Irene García Galán, pero también un ensayo político que navega a través de la memoria feminista, el antipunitivismo y el anarquismo.
Madrid
Madrid La Sareb amenaza con el desahucio a dos jóvenes activistas en Carabanchel
Cadete 7, el bloque en lucha del que el ‘banco malo’ prevé desalojarles de forma inminente este jueves 27, fue el primero recuperado por el movimiento de vivienda de Madrid en 2013 tras haber permanecido deshabitado desde 2008.

Últimas

Música
Música Pervertidos y puritanos, a los pies de Ethel Cain
Proyectos musicales como ‘Perverts’ de Ethel Cain son capaces de imponer silencio en medio de tanto ruido para pensar en un momento en que las redes sociales son herramientas tendenciosas para la difusión de propaganda de ultraderecha.
Minería
Minería estratégica en Extremadura La Comisión Europea declara “estratégicos” tres proyectos mineros en Extremadura
Las Navas (Cañaveral), Aguablanca (Monesterio) y La Parrilla (Almoharín) obtendrán financiación, verán facilitados sus procesos de tramitación y se beneficiarán de plazos más reducidos. La mina de Valdeflores no es considerada estratégica.
Israel
Genocidio Mercadona vende tampones y patatas procedentes de Israel
En 2024 se produjo una reducción de las importaciones de tampones y patatas israelíes. Mercadona es una de las plataformas que trabajan con estos productos.
Palestina
Cisjordania Hamdan Ballal, codirector de ‘No other land’, agredido por colonos israelíes
Según los testigos que presenciaron el ataque, el cineasta está herido. Poco antes de las 14h el codirector de la cinta ha anunciado que Ballal ha sido puesto en libertad.
Obituario
Obituario Jesús Santos, el basurero que se ganó el corazón de Alcorcón
Alcorconero de toda la vida, teniente alcalde, activista social y sindicalista, Jesús Santos hizo que aquellos que le acompañaron en su camino se ilusionaran por la política.
Más noticias
Residencias de mayores
Residencias Fondos de inversión y residencias: la mano invisible que retuerce los cuidados
Mientras DomusVi, en manos del fondo de inversión ICG, ya es la empresa con más residencias privadas del Estado, residentes, familiares y trabajadoras explican lo que supone que las prácticas especulativas acunen la vejez de las personas.

Recomendadas

Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Colegios underground en Járkov después de tres años de guerra
La ciudad ucraniana construye escuelas subterráneas, preparadas para aguantar ataques balísticos y nucleares.
Argentina
Estela de Carlotto “Faltan todavía muchos nietos por encontrar”
Al cumplirse 49 años del golpe cívico-militar, la presidenta de Abuelas de Plaza de Mayo dialogó con El Salto y apuntó contra el Gobierno de Milei y su ministra de Seguridad, Patricia Bullrich, que encabeza la represión de la protesta social.
México
Hallazgo en Teuchitlán Crisis de desaparecidos en México: los buscadores, entre el narco y las omisiones del Estado
El hallazgo del cementerio clandestino en Teuchitlán, Jalisco, ha conmocionado a todo México. El país que vive una crisis por la desaparición de más de 120 mil personas, que en 18 años solo han aumentado frente a una pasmosa impunidad.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.