Elecciones 12J (País Vasco y Galicia)
Victorias de Feijóo, inercias e zona de confort

A cuarta maioría absoluta de Feijóo evidencia a fortaleza do aparello electoral do PP en Galicia. O BNG recuperou un amplo espazo que perdera anos atrás. O PsdeG segue con catorce escanos que puideron ser quince de non ser polo voto emigrante, polo que acabou cedendo un escano aos “populares”. O proxecto das Mareas despois de catro anos moi convulsos desapareceu do mapa parlamentario. Nin a covid, nin Alcoa, nin as datas electorais do verán lle pasaron factura a Feijóo que agora, din, podería estar preparando o asalto á rúa Génova. O tempo dirá.

Feijoo Campaña Elecciones 12 de Julio Galicia
Alberto Núñez Feijóo durante un mítin en Lugo el 7 de julio.
10 ago 2020 18:12

As primeiras enquisas a pé de urna daban unha posible perda da maioría absoluta de Feijóo. “As enquisas dos medios públicos estatais daban uns resultados para o PP de entre 37-40 escanos, as que tiñamos nós xa daban 42 semanas antes do doce de xullo” din fontes do equipo electoral do PP. A participación ata o medio día superaba á das eleccións de 2016 durante as mesmas horas, a partir de aí a participación foi botando o freo e a idea dun posible cambio de goberno acabou diluíndose. Feijóo “brindaba” a súa reelección ao líder do PP, Pablo Casado e “a todo o PP nacional”. Os agoiros apuntaban intencións de desembarco en Madrid e mentres, moita outra xente preguntaba por que outra maioría absoluta.

AS ELECCIÓNS EN TEMPOS DA COVID

O rebrote de coronavirus na Mariña lucense prendeu todas as alarmas sanitarias e políticas. Legalmente a lexislatura acababa en setembro de 2020 e as eleccións previstas para o 5 de abril xa foran adiadas logo da declaración de estado de alarma. Agora, a nova vaga de contaxios podía poñer en risco a cita electoral do doce de xullo. “Os expertos recomendaban celebrar as eleccións canto antes” din as fontes consultadas do PP. “Con esa avaliación sanitaria, a Mesa Electoral Central e o Supremo permitiron a celebración das eleccións”.

A situación sanitaria derivada da pandemia e as mortes de xente maior en residencias privadas, para algúns eran motivos suficientes para que Feijóo se preocupase pola súa permanencia en Monte Pío. Mentres a xestión da crise sanitaria estivo centralizada en Madrid, “Feijóo estaba eximido de responsabilidade, a culpa era de Madrid e se chegaban cartos para Galicia era por obra del” sinala o escritor Suso de Toro. Esta actitude benevolente con Feijóo durante os primeiros momentos da crise difundíase grazas aos medios públicos autonómicos que “para estar unha hora en pantalla todos os días mentres a maioría estabamos pechados nas nosas casas”.

Pasada a fase máis dura do estado de alarma e logo de que o Goberno cedese para descentralizar a xestión da pandemia, por tanto coa asunción da Xunta dos procesos sanitarios para combater a COVID, Feijóo “desapareceu”. Ante as noticias de rebrotes e expansión do coronavirus, foi o conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuíña e os cadros xestores das áreas sanitarias, os que asumiron a responsabilidade de facer as análises diarias e dar as “noticias” boas ou malas. Feijóo reivindicábase como bo xestor nos medios galegos “mentres que a oposición estaba barrida dos mesmos”.

ALCOA E A ECONOMÍA

A multinacional Alcoa anunciaba a intención de pechar a planta de aluminio primario en San Cibrao (Cervo) por cuestións de mercado. Máis de mil persoas quedarían sen traballo. Os intentos de negociación entre sindicatos e empresa non fructificaban, a Xunta, con plenas competencias en industria, asumiu un discurso de culpabilización ao Goberno central e a súa falta de compromiso co persoal que traballa nesa planta.

Feijóo tamén desaparecera neste debate. O seu equipo do PP con Miguel Tellado, secretario xeral, Francisco Conde, conselleiro de Industria e outros voceiros como Puy Fraga, facían unha defensa pechada da actuación do seu presidente, mentres denunciaban a inacción do executivo Sánchez. Alcoa non cedía e os traballadores mobilizábanse apoiados por toda a comarca da Mariña e as voces da oposición soaban timidamente.

A aparición das fotos con Marcial Dorado poderían terlle pasado factura a Núñez Feijóo, mais iso non sucedeu, por que?

“O de Alcoa pasounos factura” era unha das conclusións dentro do PSdeG, segundo fontes do propio partido que non quixeron identificarse. O BNG falaba de nacionalización, sabedores, quizais da imposibilidade de chegaren ao goberno da Xunta. En Común falaba de intervención coa ministra de Traballo, Yolanda Díaz, facendo campaña en Galicia para apoiar a súa formación. E todo isto tampouco lle pasou factura a Feijóo. As mesmas fontes do PP sinalaron que “o problema da COVID era para toda a comunidade autónoma, o problema de Alcoa era para o PSOE”.

FEIJÓO TRANSCENDE O PP?

Unha cousa si é certa, a conexión PP coa maioría da poboación votante segue tan forte como en tempos de Fraga. Ou pode que máis. O caso é que se os dous puntos anteriores non foron capaces por si sós de retirar a Feijóo da Xunta nin sumándolles outros factores como o naval, despoboamento, emigración, etc. Que fai tan resistente ao PP?

As diferentes respostas coinciden en que o PP en Galicia conta cunha potente máquina propagandística. A primeira sinalada é a CRTVG, os medios públicos galegos e tamén a rede de medios supostamente “dependentes” das axudas e subvencións públicas. Ademais, a isto súmaselle que “o aparato mediático do PP é Antena 3 e Telecinco” a nivel estatal, di o profesor da USC, Manuel Outeiriño. “Feijóo é un comunicador moi bo, ademais de dominar os medios públicos en Galicia” explica a politóloga Lucha Chao, tamén candidata polas listas de En Común. “É un publicista que explota o seu papel de bo xestor do que te podes fiar”.

“Feijóo é un membro servil do servizo doméstico da burguesía española e o que fai é parasitar o discurso galeguista para servir a unha burguesía que é moi despectiva con Galicia”

A aparición das fotos con Marcial Dorado poderían terlle pasado factura a Núñez Feijóo, mais iso non sucedeu, por que? “Esa é unha incógnita, ninguén dubida da relación entre Feijóo e Dorado e lembremos que tamén renegou de cargos do PP imputados por corrupción” explica Chao. Tampouco parece afectarlle o caso Pemex, a empresa mexicana coa que “pactara” a construción de buques en estaleiros galegos. Daquela a empresa estaba dirixida por Emilio Lozoya, agora acusado de presunto soborno no caso Odebrecht, un dos máis grandes escándalos por corrupción en América Latina.

“Galicia quere gobernos e maiorías estables porque ven que os gobernos de coalición non funcionan correctamente” sinalan as fontes consultadas do PP en referencia ao Goberno central. Mais sobre as candidaturas galegas, o PP concreta que “Feijóo é un candidato transversal, o PSdeG non quería ter a Ana Pontón de vicepresidenta e o BNG non quería a Podemos”. A transversalidade do candidato “popular” foi o motivo para ter un logo do partido case oculto en carteis electorais? “Quixemos ofrecernos como unha opción política que trascende as siglas, por iso o nome Galicia tiña un tamaño maior que o logo do partido”.

AS INERCIAS HERDADAS

“O voto ao PP responde a unha inercia, a unha dinámica de sociedade zombie, esa inercia ten detrás un inmenso aparato propagandístico” insiste Manuel Outeiriño. “Feijóo é un membro servil do servizo doméstico da burguesía española e o que fai é parasitar o discurso galeguista para servir a unha burguesía que é moi despectiva con Galicia”. En termos parecidos tamén se expresa Rafael Cuíña, ex-alcalde de Lalín, que ve como o electorado galego “vive nunha zona de confort onde as alternativas non convencen e por iso se prefire a comodidade antes que arriscar”.

“A xente vota ao PP que creou no seu día Manuel Fraga xunto con Xosé Cuíña, quen se definía como o “fillo do muiñeiro”", dando unha imaxe de proximidade cara a poboación rural di Suso de Toro, quen coincide con Rafael Cuíña en sinalar que, daquela, o PP reclamaba autogoberno mesmo na fronteira da autodeterminación. Baixo estas premisas “estendeuse unha rede política nun territorio moi poboado, cunha poboación moi dispersa” describe de Toro.

As vitorias de Feijóo son froito dos anos de traballo que primeiro AP, despois PP, fixo para tecer as súas redes de influencia en Galicia.

O PPdeG buscou o seu encaixe dentro dun galeguismo conservadurista que o definiu fronte o PP estatal. Mais todo finalizou en 2002 co afundimento do “Prestige”. Aí comezaron as liortas internas entre os sectores da “boina” e o do “birrete”. A división correspondía aos líderes “de sempre”, cunha tendencia populista e os outros cunha posición ligada ao aparato de Madrid e sen “simpatías polo país”. Estableceuse así unha loita polo poder que acabou con Xosé Cuíña fóra da sucesión de Fraga e con Feijóo xa encarreirado en San Caetano. “Fraga foi derrotado polo seu propio partido” expresa de Toro.

O desembarco de Feijóo, unha persoa moito máis achegada ao aparato estatal de Madrid, prodúcese nun momento en que o PP podía perder a maioría abosluta, como sucedeu en 2005. “Como estratexia política, Feijóo achegouse ao discurso galeguista do PPdeG mais sen asumilo” para manter intactos os apoios ao seu partido. As redes tecidas durante a época da pre-autonomía e os primeiros compases da autonomía, foron necesarias para as maiorías de Feijóo.

Debido ao uso destas “redes”, foron moitas as voces que apuntaron un voto de xente maior e do rural para o PP, mentres que o voto urbano e da mocidade tendía aos partidos de oposición maioritariamente. “Os partidos de esquerda queren quitarlle valor aos nosos votantes deixando caer a súa escasa formación académica, mentres sigan pensando así, nós seguiremos gañando” din desde o PP. “O 45% dos votantes non son todos persoas maiores nin militantes do PP, hai xente do PSdeG descontenta que votou PP e xente que vota BNG en Pontevedra que vota PP”.

As vitorias de Feijóo son froito dos anos de traballo que primeiro AP, despois PP, fixo para tecer as súas redes de influencia en Galicia. Tamén é froito dunha política mediática que xoga en favor de determinados grupos así como o completo control da CRTVG. Por outra parte, a mesma imaxe de Feijóo como “xestor” puido influír a última hora sobre votantes indecisos e quen non estaba de acordo coa liña dos partidos que viña votando ata o 12 de xullo. De momento, a oposición non parece mobilizar a máis electorado.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio ambiente
Crise climática Sarria, cun dos peores índices de calidade do aire de Galiza, á espera dunha nova planta contaminante
Sarria convive dende hai décadas coa contaminación provocada pola cementeira do Oural. Agora, Votorantim Cimientos proxecta a instalación dunha nova planta para a produción de combustible a partir da coincineración de residuos.
Minería
Minaría Bruxelas cava fondo: litio galego para o novo militarismo europeo
No medio do rearme ordenado pola UE, Galiza entra no ámbito xeopolítico como potencial provedor de litio para a industria de defensa. Un enclave de alto valor ecolóxico en Doade (Ourense) converterase en canteira de baterías militares.
Medios de comunicación
Medios de comunicación Faro de Vigo despide ao seu traballador número 20 nunha década mentres asina beneficios de 2,5 millóns
O comité de empresa e o Colexio de Xornalistas reprenden a decisión da empresa do grupo catalán Prensa Ibérica e convocan unha protesta semanal nas redaccións do xornal por toda Galiza.
Líbano
Líbano Cinco décadas sin paz ni justicia en Líbano
El país mediterráneo conmemora el 50 aniversario desde el inicio de la guerra civil, un conflicto cuyos crímenes no se han juzgado y cuyos desaparecidos no se han encontrado
València
València “‘El vol de Guillem’ ha supuesto la liberación de todos estos años de lucha”
Ricard Tàpera, autor del cuento, y Betlem Agulló, hermana de Guillem Agulló, que ha puesto voz a la historia, nos explican cómo ha sido el proceso de creación de esta obra coral, ilustrada por Helga Ambak.
La vida y ya
La vida y ya Días de vacaciones
No somos conscientes de que la lluvia depende, en un porcentaje altísimo, de ellas. Sin plantas hay menos lluvia. Sin lluvia las semillas no germinan. Así funciona.
Opinión
Opinión Poliamor de derechas, poliamor de izquierdas
La no-monogamia no puede ser simplemente una etiqueta identitaria o una preferencia personal, sino una práctica material que cuestiona la propiedad privada, la privatización de los cuidados y la reproducción de los roles de género

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Más noticias
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andreu Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.