Economía colaborativa
Dez anos do banco de tempo de Lugo: onde todos os traballos teñen o mesmo valor

O Banco de Tempo de Lugo fai dez anos de funcionamento. Unha iniciativa baseada no apoio mutuo no que se intercambian todo tipo de servizos e bens.

1 jun 2018 09:39

Un sistema insostible coma o capitalista, obriga a desenvolver outro tipo de mercados alternativos e pequenas economías complementarias. Un deles son os bancos de tempo, un sistema de intercambio de servizos por tempo. Esta idea, baseada no mutualismo, non naceu nin hoxe, nin onte, senón no século XIX, cando o anarquista norteamericano Josiah Warren realizou os primeiros experimentos de almacenaxe de tempo que transformaba en divisas na súa Cincinnatin Time Store.

Desde entón, ao longo da historia leváronse a cabo numerosos bancos de tempo, sempre a nivel local, e sempre cunha premisa que coincide en todos: ningún traballo vale máis ca outro. É dicir, é o tempo dedicado á tarefa o que lle vai dar o seu valor e non o tipo de actividade nin o seu nivel de especialización, pois a hora é a unidade de medida nos bancos do tempo. Esta calidade é positiva mire desde onde se mire. Se se observa, por exemplo, desde unha perspectiva de xénero, as tarefas tradicionalmente asociadas ás mulleres, como as que teñen que ver cos coidados, sempre subestimadas no mercado laboral, aquí van ter a mesma importancia que calquera outra. De tal xeito que a persoa que coide nenos durante media hora vai obter o mesmo beneficio que a que repare un ordenador en media hora. Isto tamén ten moita potencialidade a nivel comunitario, pois todas as persoas van ter algo que achegar independentemente de que sexa máis ou menos técnico, non en van, múltiples concellos aproveitaron as posibilidades que teñen os bancos de tempo a nivel de dinamización comunitaria e incluíronos como parte das súas políticas municipais.

O feito de funcionar a pequena escala e que as decisións se tomen nun grupo reducido permítelle ao banco establecer as súas propias regras.

O Banco de Tempo de Lugo, que fai dez anos de andadura, funciona de xeito autoxestionado. O que empezou cun pequeno grupo de persoas neste momento conta con 55 banqueiras e banqueiros que, día a día, realizan intercambios de servizos e bens de todo tipo. O feito de funcionar a pequena escala e que as decisións se tomen nun grupo reducido permítelle ao banco establecer as súas propias regras. Así, o grupo de Lugo non só se establece como banco de tempo, tamén como rede de troco, no que se intercambian obxectos diversos e ata alimentos da horta. Fano principalmente a través dunha web, na que figuran os servizos que cada usuario ofrece e busca, tendo a posibilidade, así, de establecer un contacto directo entre a persoa que ofrece algo coa persoa que poida estar buscando o mesmo; tamén a través da web realízanse os pagamentos e por medio dunha lista de correo ofrécense e piden cousas máis específicas ou inmediatas. Ademais destes intercambios de servizos están os chamados ‘Mercadiños de Troco’ que se organizan na cidade cada tres meses, nos que cada un pode doar o que non queira e levar á casa o que necesite.


Reportaxe da Fundación TIC:

Nestes mercados, ao contrario que o resto de intercambios que se fan no banco, non se lles pon prezo de ningún tipo aos bens materiais, pois desde o principio foron concibidos para fomentar a non acumulación de obxectos. “Chamámoslles de troco e doazón pero en realidade son de doazón, facilitámoslles o que non utilizamos a outras persoas, pero non hai medida, podes deixar unha cousa e levar tres ou seis —conta Lucía Medina, actual coordinadora e unha das fundadoras do banco— nos mercadiños chega moita roupa, toneladas; eu, por exemplo, vístome co Banco de Tempo”. E non só se viste, Lucía comenta que un terzo da súa vida faino a través do Banco do Tempo, como fan algúns outros membros, que tendo ingresos económicos baixos ou moi baixos, o banco proporciónalles axuda en moitos aspectos da súa vida cotiá, a través do intercambio de tarefas e proporcionándolles case calquera cousa que poidan necesitar. Kike Montilla, un usuario moi activo no banco, conta que “antes de comprar algo sempre miro no Banco de Tempo e é raro que non o consiga; nunca se me deu o caso”. Kike intercambiou tarefas e obxectos de todo tipo: “Arranxei varios ordenadores, outra vez a min arranxáronme o forno, tamén a través do banco conseguín uns ordenadores, un robot de cociña, tamén axudei no campo... De todo”.

Pódense encontrar entre os ofrecementos das persoas banqueiras clases de idiomas, de debuxo, de música, coidado de menores e animais, reparación de obxectos, axuda na horta.

A oferta coa que conta o Banco de Tempo lucense é moi ampla. Se falamos de tarefas pódense encontrar entre os ofrecementos das persoas banqueiras clases de idiomas, de debuxo, de música, coidado de menores e animais, reparación de obxectos, axuda na horta, tarefas de bricolaxe e un longo etcétera. E se falamos de bens materiais, estes van desde calquera obxecto de uso diario ata produtos de artesanía como cremas, xabóns, cestería ou cerámica. Desde non hai moito tempo tamén se poden mercar con ‘xiríns’ (a moeda propia) alimentos: pan, conservas, ovos, cogomelos... Xa que entre os membros do banco tamén hai produtores que venden a través del, isto supuxo un cambio substancial no grupo; segundo Lucía, “o feito de contar con alimentos está animando a moita xente a sumarse, pois ven que claramente o banco lles pode facilitar moitas cousas no día a día”.

Se non se dinamiza, non funciona

Pero este cambio na conciencia non vén só. Antes de meterse e coñecer de primeira man todos os beneficios que unha iniciativa coma esta pode brindar, o escepticismo gaña. As persoas, cando oen falar por vez primeira del adoitan desconfiar, pois como sociedade non estamos afeitos a funcionar con algo que non sexan os cartos. “Adoitan dicir o de ‘oh, pero é que eu necesito os euros para comer, como vou cobrar este servizo noutra cousa que non sexa en euros, a min a luz non ma cobran en xiríns, teño que ter euros’. Esa é a primeira resposta de todos. Unha vez que se meten e usan de verdade o banco, cambian totalmente de parecer e adoitan engancharse”, comenta Lucía, que tamén insiste na necesidade de coordinar e dinamizar o grupo para que isto non ocorra e as novas persoas que se unen tarden pouco en empezar a súa actividade. “Todas as persoas con experiencias en bancos de tempo coinciden en que é algo que se non dinamizas non funciona, á xente cústalle moito cambiar o chip soa, aínda estando no banco e tendo a oportunidade, segue mercando as cousas en euros, tardan en velo como unha primeira opción, hainos que animar, propoñerlles… Ás veces faise insistindo no compromiso de que ‘se che piden algo non podes dicir que non’, ou insístese en que hai que usar o banco...”.
No Banco de Tempo non só se intercambian servizos e bens, tamén se crea algo tan valioso coma unha rede de persoas que se axudan mutuamente cando o necesitan.

As decisións sempre se toman en grupo e de maneira horizontal en distintas reunións, pero esta tarefa de dinamización é tamén necesaria para facer que as persoas se sintan parte do grupo. “A xente que se mete non coñece o resto do grupo, entón a persoa encargada de dinamizar fai ese papel de que os membros se coñezan —comenta a coordinadora do banco,— despois hai xente que di que está encantada e que o tempo que pasou facendo esa tarefa, tomando un té e compartíndoa coa outra persoa gustoulle máis que o que se lle poida pagar por ela. O da axuda mutua a case todo o mundo lle senta moi ben, pero primeiro hai que practicala para darte de conta da súa valía, e despois ata te podes facer amiga desas persoas, pero non é automático ao principio, ao principio custa”.

Apoio mutuo

No Banco de Tempo non só se intercambian servizos e bens, tamén se crea algo tan valioso coma unha rede de persoas que se axudan mutuamente cando o necesitan, algo que vai máis alá da pura loxística do día a día e cala no persoal, pois hai moito de gratificante e á vez necesario no dar e recibir axuda. Nestes trocos, o tempo non só se intercambia senón que tamén se comparte e con el as relacións afiánzanse, xorden amizades que se cadra doutro xeito non se darían e créanse “lazos moi bos”, como comenta Kike Montilla, que leva no Banco desde o 2013 e ve neste intercambio de axuda e nas relacións que se crean unha das cousas máis positivas do banco. “Para min é moi importante este apoio mutuo, a afectividade que lle colles á xente; pois o banco axuda bastante a socializar —conta Kike e engade—, é moi ilusionante ver que cada vez se xunta máis xente, ademais levámonos ben e funciona”.
A actividade deste banco, en definitiva, contribúe á colaboración non lucrativa nin consumista. A seguir tendendo a unha sociedade autoxestionada.

A esta cohesión grupal tamén lle axudan as actividades e os obradoiros que de cando en cando se realizan co fin de xuntarse e compartir, tamén, saberes. Calquera actividade que se propoña vaise levar a cabo. Así, realízanse cineforums, obradoiros de temáticas diversas coma o de fabricación de papel reciclado, o de creación de cociñas que funcionen con enerxía solar, o de cultivo de shiitake, etc.

Toda a actividade deste banco, en definitiva, contribúe á colaboración non lucrativa nin consumista. A seguir tendendo a unha sociedade autoxestionada, con cantas máis ferramentas para a autosuficiencia, mellor, aínda que sexa a moi pequena escala. E a minguar os danos do empobrecemento ao que as nosas vidas se ven sometidas; ao que na maioría das ocasións só se pode resistir dando e recibindo axuda, tecendo unha rede de persoas forte. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Economía colaborativa
Crecimiento económico ¿Cuánto dinero necesitas para ser feliz?
La paradoja que toma el nombre del recientemente fallecido Richard Easterlin señala que el dinero no siempre garantiza la felicidad. La economía del bienestar nos invita a reflexionar sobre cuánto dinero necesitamos realmente para ser felices y cuále
Explotación laboral
Uberización La rabia contra el algoritmo se organiza en Bruselas
El Consejo Europeo ha tumbado la primera directiva sobre sus condiciones de trabajo. Los trabajadores del sector siguen su progresivo proceso de organización por sus derechos.
Madrid
Cocinas fantasma Calles a punto de ebullición
La toma de posesión del gobierno que salga del 28M casi se solapará con el fin de la moratoria a las licencias, que será el 5 de agosto.
Anxo
2/6/2018 17:46

Paréceme unha iniciativa fabulosa. Oxalá xurdisen moitos bancos de tempo espallados por aí adiante :)

1
0
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.