Deportes
Alcalde de Managua, orgullo de Nicaragua

Chegou a noventa combates como boxeador profesional, gañou tres títulos mundiais, foi o primeiro nicaragüense no Salón da Fama, a bandeira do seu país nos Xogos Olímpicos de Beijing, chegou á política da man dos mesmos que confiscaron tódalas súas propiedades, estivo internado para enfrontar a adición ás drogas, caeu en múltiples depresións. No vello casette do Deloream escoitamos xa “Nicaragua, Nicaragüita” de Carlos Mejía Godoy. Quecendo motores. Imos aló.

Arguello_Nica1
Alexis Argüello con Daniel Ortega. Foto: Arquivo ESPN deportes
4 jul 2019 08:00

A epopea vital de Alexis Argüello tivo de todo e a fin semella a dunha obra confusa e mal contada na que, ademais, puxeron dous finais. Un puido ser consecuencia dos seus propios erros e o outro puido ser produto dos erros alleos. Alexis naceu en Managua, dentro dunha numerosa familia, o 19 de abril de 1952. Argüello medrou nunha barriada pobre. Non é ningunha novidade o nacemento dun gran campión dentro dun contexto humilde cada tanto. A novidade no caso de Alexis foi que o boxeo non figuraba nas súas metas vitais. O boxeo na vida de Argüello chegou como unha mestura pola obsesión por abandonar a pobreza, sumada á necesaria casualidade que muda o rumbo de cada vida.

Un dato abraiante é o feito de que Alexis foi boxeador profesional desde o seu debut e ver ata onde chegou coa súa carreira. Nunca foi boxeador amateur. Non hai dúbida de que o boxeo foi unha oportunidade para a que Argüello estivo preparado de xeito natural. Incluso, en entrevistas o propio Argüello recoñeceu que el quería ser avogado, pero a necesidade empurrouno ao cuadrilátero. O 1 de agosto de 1968, con apenas 16 anos, Alexis Argüello colleu os guantes de boxeo e subiu ao ring do Estadio Cranshaw para enfrontar o seu primeiro combate profesional. Alexis caeu por KO no primeiro asalto fronte a Omar “El Cachorro” Amaya e pagáronlle 100 córdobas por ese combate. Contaba o propio Alexis que, cando chegou ao vestiario, a súa nai díxolle que os cartos non o son todo na vida, o orgullo é máis importante. Con ese orgullo volveu ao ring, para un segundo combate, contra Israel Medina, e gañou por KO no segundo asalto.

Un inicio diferente

No período de tempo que comprende o comezo da carreira boxística de Alexis Argüello, houbo dous momentos transcendentes no ring: venceu e retirou ao ex campión cubano José Legrá e ante a posibilidade de disputar o seu primeiro título mundial esquivou ao perigoso zurdo filipino Bert Nabalatang que, curiosamente, fixo fama por ser o rival que Alexis evitou enfrontar. O manexador de Argüello, Eduardo Román, aclarou posteriormente a razón para non arriscar ante o filipino: “A data para o combate contra Ernesto “Ñeto” Marcel xa estaba acordada e os promotores non quixeron riscos”. Se Alexis sufría algún corte ou lesión, poderían cancelar o combate contra Marcel.

Non hai dúbida de que o box foi unha oportunidade para a que Argüello estivo preparado de xeito natural. Incluso, en entrevistas o propio Argüello recoñeceu que el quería ser avogado, pero a necesidade empurrouno ao cuadrilátero

O 16 de febreiro de 1974 Alexis Argüello tivo o seu primeiro combate polo título pluma da AMB contra Ernesto Marcel, que terminou cunha vitoria axustada de Marcel. Despois da vitoria, Marcel colgou os guantes de boxeo. Despois da derrota, Eduardo Román tomou unha decisión fundamental para Alexis Argüello, e contratou os servizos do adestrador panameño Ramón “Curro” Dossman. Grazas a este cambio houbo un novo Argüello, os seus combates comezaron ser resoltos con autoridade. Os seus desprazamentos, lentos pero seguros, permitíanlle acabar na posición axeitada, aprendeu a utilizar o seu poderoso jab, evitando que o rival fuxise polos costados con descargas veloces e fulminantes. E abraiaba coa súa velocidade de mans.

A súa relación coa ditadura

O ditador nicaragüense durante os anos 70, Anastasio Somoza Debayle, resultou clave xunto a Eduardo Román, manexador de Alexis e persoa de confianza de Somoza. Román foi o padriño do futuro campión, non afastarían os seus camiños xamais. Román foi conselleiro, protector, asesor e representante de Alexis. Pero alén de ser a cara visíbel do proxecto Argüello, era o goberno de Somoza a través de Román quen empezou a financiar o futuro do campión que pasou a servir á propaganda somocista, réxime ameazado por entón debido ao avance da revolución sandinista. Segundo o propio Román confesou os contactos con militares panameños foron utilizados para conseguir a oportunidade do primeiro combate polo título contra Marcel. Non hai dúbidas que o manexo do boxeo nicaragüense da época era algo totalmente político e obrigaba a tomar partido, algo que Argüello non puido ou non quixo evitar.

A confirmación do novo Alexis aconteceu poucos meses despois da derrota ante Marcel. O 23 de novembro de 1974, en Inglewood, California, enfrontou ao mexicano Rubén “Púas” Olivares ao que noqueou no decimo terceiro asalto. Vitoria coa que Argüello conquistou o cinto de campión mundial da AMB dos pesos pluma. Chamado “O Cabaleiro do Ring” pola súa xentileza. Cando Alexis combatiu contra Olivares fixo unha reverencia á bandeira mexicana. Esta batalla inaugurou o apoxeo da carreira de Alexis, convertido ben cedo en lenda e ídolo nacional de Nicaragua. Argüello realizou cinco defensas do título pluma e o 28 de xaneiro de 1978 subiu aos súper pluma para vencer e despoxar do reinado ao monarca da CMB, o boricua Alfredo Escalera en San Juan, Puerto Rico.

A Somoza Debayle, Argüello dedicoulle vitorias, acompañouno en actividades proselitistas e até foi nomeado tenente de honra da Garda Nacional. Foron episodios que demandaron aclaracións

A Somoza Debayle, Argüello dedicoulle vitorias, acompañouno en actividades proselitistas e até foi nomeado tenente de honra da Garda Nacional. Foron episodios que demandaron aclaracións e xustificacións ante o conflitivo vaivén da historia nicaragüense durante eses días. Un deses episodios aconteceu en xuño de 1974, Alexis participou nun desfile hípico durante unha manifestación a favor do ditador Anastasio Somoza. Recibiu toda clase de críticas por iso. Porén, aínda en pleno romance co goberno, en 1975, aconteceu un feito que mudaría esa relación. Eduardo Román inaugurou un negocio de venta de equipos de oficina que foi saqueado. Trala investigación, as pesquisas concluíron que puido ser un auto roubo coa finalidade de entregar os equipos roubados ás células clandestina s do FSLN. Román perdeu o seu posto de xerente na Compañía de Electricidade ENALUF e Argüello, como consecuencia indirecta, pasou de protexido a sospeitoso de traballar para os inimigos da ditadura.

Para 1979, a relación coa ditadura somocista xa non existía. Tal vez, por esa razón aconteceu outro momento clave, outro cambio de rumbo. O 8 de xullo de 1979, cinco meses antes da renuncia de Somoza Debayle e do triunfo da revolución sandinista; Alexis Argüello, para o combate que tivo no Madison Square Garden de Nova York contra o mexicano Rafael “Bazooka” Limón, subiu ao ring cunha bandeira no calzón. A idea de subir coa bandeira foi de Eduardo Román. As intencións de Román non agochaba o desexo de protexer o patrimonio do seu pupilo. Non alcanzou. Os sandinistas, cando asumiron o poder, confiscaron a Argüello tódolos seus bens e os cartos en entidades financeiras. En ningún momento, por exemplo, tiveron en conta que o irmán de Alexis (Edward) morreu loitando cos sandinistas.

A chegada do sandinismo e das adiccións

Como resposta á confiscación dos seus bens, exiliado en Estados Unidos, Argüello vencellou o seu andar por un breve período de tempo aos grupos da Contra que combatían fronte aos sandinistas. Organizou un grupo de solidariedade que recollía todo o que servise para os combatentes. De volta coa súa carreira boxística, o 20 de xullo de 1981, en Londres, Alexis Argüello invadiu a división dos pesos lixeiros para desafiar e gañar ao campión mundial da CMB nas 135 libras, o británico Jim Watt. En 1982, co boricua Óscar A. Seary na súa esquina, desafiou ao campión súper lixeiro da AMB, Aaron Pryor. Foron dúas derrotas sanguentas, dúas dolorosas derrotas que marcaron o comezo do fin do “Fraco Explosivo”. O primeiro combate con Pryor acabou con Alexis quince minutos inconsciente no cuadrilátero. Tan asociada estaba a figura de Argüello coa Contra nesas datas, que no día seguinte da primeira derrota con Pryor, un dos principais xornais nicaragüenses titulou a nova sobre o combate como “KO á Contra”.

Arguello_Nica2
Alexis Argüello na primeira derrota contra Aaron Pryor. Foto: Arquivo ESPN deportes

O comezo da década dos 80 foi a decadencia de Alexis. Un período onde a única dúbida é o inicio dese deterioro. A dúbida pasa por dous puntos clave da súa existencia: o exilio coa perda dos seus bens a finais de 1979 e as súas derrotas ante Pryor en 1982 e 1983. Semella, máis ben, que os sinais son dun proceso gradual entre un momento e o outro. O inicio do exilio en Miami, propiciou dúas caras moi diferentes dunha mesma moeda. No boxeo foron anos de gloria con vitorias ante Rolando Navarrete, Cornelius Boza-Edwards, José Luis Ramírez, Roberto Vázquez, Jin Watt e Ray Mancini. Porén, a procesión viaxaba por dentro. En 1982 perdeu o seu primeiro combate ante Aaron Pryor, no que houbo un polémico episodio debido a unha botella cun liquido non identificado que o adestrador de Aaron lle deu cando Pryor semellaba xa fatigado: milagrosamente recuperouse para noquear a Argüello. Por obrigas do contrato, Alexis foi ao desquite directo e tamén perdeu por KO. As dúas derrotas foron o segundo punto de inflexión no seu declive. Despois de Pryor chegaron as drogas e o alcol a unha vida xa pautada polas depresións. Alexis realizou dous combates máis en 1985 e 1986 por compromisos onde primaba a necesidade de cartos. Perdera os equilibrios e foron só dúas batallas. Xa non máis. A saída do boxeo foi pola porta menos desexada.

O comezo coas adiccións foi despois do retiro. Chegou un amigo, propuxo e Alexis aceptou. Nunca fora bebedor, tampouco parrandeiro. E foi o peor que puido facer, o que acontecía no anos 80 en Miami era como Sodoma e Gomorra. E a vida de Argüello mudou a unha esmorga continua. Mais non todo era malas novas. No comezo dos 90 houbo un deses cambio de rumbo. A Unión Nacional Opositora (UNO), formada por partidos opositores ao FSLN e liderada por Violeta Barrios Chamorro, gañou as eleccións e provocou un cambio de goberno en Nicaragüa. Grazas a isto, Argüello puido regresar a Nicaragua e comezou unha nova etapa na súa vida. A derradeira. Cando volveu, Argüello tiña moitos problemas económicos e cargaba adiccións difíciles de superar. A súa intención foi sempre recuperar as súas propiedades, aínda que non conseguiu recuperar o que lle fora confiscado. Recibiu, a cambio, uns módulos dun centro comercial para tentar resarcirlle. Foi un novo comezo, un punto de partida no que tivo como obxectivo a recuperación das súas adiccións. O remedio atopouno nun centro de rehabilitación, o Instituto Odera, ao que estivo vencellado uns cinco anos. No centro, aínda hoxe, hai unha gabia duns 15 metros que Argüello cavou como parte da súa terapia. Alí non había profesionais, e eran os propios doentes os que se axudaban entre eles. Algo semellante a alcolicos anónimos.

O remedio atopouno nun centro de rehabilitación, o Instituto Odera. Alí non había profesionais, e eran os propios doentes os que se axudaban entre eles. Algo semellante a alcolicos anónimos

Reconciliación co Orteguismo

Antes de acudir a ese centro, aconteceu un deses episodios bisagra. Despois dunha noite de esmorga, de tragos de whisky e churros de cocaína no Hotel Internacional de Managua. A súa noiva, Alicia, quería ir para casa. Saíron cara o coche, pero Argüello quería seguir bebendo. Entón Alexis empurrouna. Ela, anoxada, volveu cara el para reprocharllo. E Alexis agarrouna pola gorxa até case afogala. A partir deste incidente, Argüello decidiu internarse no Centro Odera. Quen dirixía este centro era Franciusco “Choco” López, un ex adicto, que xa por entón era tesoureiro do FSLN. A través de Francisco, e o Centro Odera, Alexis chegou ao sandinismo. Ao pouco tempo, Alexis tivo un encontro con Daniel Ortega, que lle pediu perdón polo erro cometido en 1979 coa confiscación das súas propiedades. E a man tendida foi correspondida: Argüello ingresou no sandinismo, como activista de partido primeiro. En 2004, apareceu nas papeletas como candidato a vice alcalde de Managua polo FSLN, e non precisamente no momento de maior popularidade do sandinismo. Lonxe quedaban os tempos nos que The Clash cantaba á pureza dos guerrilleiros nicaragüenses. En 2008, finalmente, foi escollido como alcalde electo de Managua.

En 1994 Argüello prometeu que nunca metería a cabeza na política, “que cuspan na miña cara se fago iso”, dixo. Non hai dúbidas que traizoou a súa propia palabra. En 2001 uniuse ao FSLN, tres anos máis tarde foi electo vice alcalde de Managua. Despois, en 2008, o partido escolleuno como candidato a alcalde ás eleccións pola súa popularidade. Competiu contra o ex ministro de Facenda, Eduardo Montealegre, e aínda que a oposición dixo que perdeu as eleccións, o Consello Supremo Electoral outorgoulle unha cuestionada vitoria. O Campión, como era chamado o candidato Argüello durante a campaña, non opinou nunca sobre as acusacións e preferiu agradecer a quen votara por el. Non quería nada máis que axudar á súa xente. Xenuíno e honesto, Argüello foi amado polo seu pobo. Cando tivo oportunidade, produciu un impacto positivo na xente. Mais, polo camiño, en poucos meses, foi publicamente relegado ao estado de figura en xefe. Algo simbólico e con pouca capacidade executiva, unha especie de golpe de Estado técnico ás súas facultades.

Arguello_Nica3
Argüello na campaña electoral pola alcaldía de Managua no 2008. Foto: Esteban Felix. Associated Press

A Argüello, a presión deulle para aturar cinco meses a situación. O home que anos antes pedira que “cuspisen na súa cara” se acababa na política, decidiu non agardar un novo ciclo e aplicou o castigo máis cruel. Os detalles da súa morte, aínda hoxe, son escuros. A noite do 1 de xullo de 2009 pasaba de xeito normal, cando o fillo de Karla e Alexis espertou chorando. Foi Karla quen camiñou co pequeno en brazos, tentando calmalo. Nese intre, decatouse que Alexis estaba na cama cun revolver, e comezou a berrar que non fixese nada, que ficase tranquilo. Tentou quitarlle a arma, pero non foi quen. Chamou a un amigo, que lle recomendou chamar aos gardas de seguridade para tentar desarmalo. Mais xa era demasiado tarde. Na casa escoitouse un disparo. O corpo de Argüello foi trasladado ao hospital onde foi realizada a análise forense. O goberno fíxose cargo de todo e decretou tres días de loito nacional.

As testemuñas sobre a morte de Argüello coinciden na sorpresa polo desenlace, pero non son unánimes na causa da morte, crime ou suicidio. A filla de Alexis, Dora Argüello, reclamou a existencia de contusións na cara visíbeis nunha fotografía post mortem. Outro fillo, Alexis Junior, afirmou que “alguén premeu o gatillo, pero ese alguén non foi Alexis Argüello”. Pero hai outras visións diferentes. Amigos seus lembraron as veces que Alexis confesara os seus desexos de suicidarse. Carlos “Chocorrocito” Buytrago testemuñou que o propio Alexis o día antes da súa morte confesáralle que “non desexaba seguir vivindo e que estaba canso”. Alén das testemuñas, a realidade é que a bala que matou a Alexis, deixou unha ferida aberta que aínda hoxe segue sangrando. E aínda hai máis preguntas que respostas. Quizais nunca vaiamos saber a verdade do que aconteceu. Hoxe, no medio do silencio, todo ao que os managuas poden aferrarse é a lembranza do heroe que unha vez coñeceron: Alexis Argüello, alcalde de Managua, orgullo de Nicaragua.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

El Salto Radio
El Salto Radio Viva Nicaragua Libre!
Se cumplen 7 años de la Rebelión de abril, la insurrección cívica que puso en jaque a la dictadura Ortega-Murillo y estableció un antes y un después en la historia de Nicaragua.
Nicaragua
Salvador Marenco “Los crímenes de lesa humanidad no solo deben ofendernos a nosotros como nicaragüenses”
El abogado, activista y miembro de la colectiva Nicaragua Nunca Más habla sobre las sistemáticas vulneraciones de DDHH y el silencio mediático entorno al régimen de Ortega
América Latina
Leandro Morgenfeld “El triunfo de Trump va a empoderar a los Milei y los Bukele”
El historiador e investigador argentino especializado en la relación entre Estados Unidos y América Latina, analiza el triunfo electoral de Donald Trump y el impacto que tendrá en una región que Washington sigue considerando su “patio trasero”.
Energía
Energía La ley marca permisos retribuidos para situaciones como el apagón eléctrico
El Estatuto de los Trabajadores, en su artículo 37.3, protege a la plantilla cuando no es posible llegar a su puesto de trabajo o desarrollar con normalidad su tarea en situaciones como no tener electricidad durante horas.
Comunidad de Madrid
Energía El apagón en Madrid, en imágenes
En Madrid, la gran urbe ha permanecido incrédula al pasar de las horas, entre rescates en el Metro, en el Cercanías y en ascensores, donde han quedado atrapadas algunas personas.
Opinión
Opinión La luz de lo público durante el gran apagón
El colapso del sistema energético ahonda en las grandes preocupaciones del siglo XXI. También en el diagnóstico fundamental de necesidad de refuerzo de los servicios públicos.
Comunidad de Madrid
Paros 28 y 29 de abril Huelga total en la educación pública madrileña
Infantil, Primaria, Secundaria, FP, Educación Especial, Universidad. Las plantillas de todos los niveles de la educación madrileña pararán este lunes 28 de abril por la “infrafinanciación” que Ayuso mantiene en la enseñanza.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Facultades cerradas en Madrid para denunciar la precarización y la infrafinanciación
Los piquetes están informando de la huelga en universidades como la Complutense y la Autónoma, en la que ha habido algunos incidentes con personal de seguridad y con la extrema derecha.
Palestina
Genocidio Israel asesina a cien personas en Gaza durante las últimas 48 horas
Esta semana comienza una vista oral en la Corte Internacional de Justicia que examina la ilegalidad de la decisión israelí de cortar la cooperación con la agencia de derechos palestinos de la ONU, UNRWA.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Laboral
Laboral Trabajar para vivir, morir por trabajar
El 28 de abril se conmemora el Día Mundial de la Seguridad y la Salud en el Trabajo con la necesidad de la implementación de medidas ante la siniestralidad laboral, que dejó en el país en 2024 la muerte de 796 personas.
Genocidio
Genocidio Activistas crean la embajada de Palestina en Bruselas mientras Israel prosigue con su asedio en Gaza
Mientras los ataques de Israel sobre la Franja de Gaza ya han dejado más de 51.490 muertos, activistas han rociado de sangre un edificio que simula ser la embajada de Palestina, dejando un rastro de pintura roja hasta la embajada del Estado sionista.
Sevilla
Sanidad Pública Profesionales de Atención Temprana advierten del colapso del servicio en Andalucía
El servicio que atiende a más de 32.000 niñas y niños de entre 0 y seis años se encuentra en una situación crítica, con profesionales precarizados y listas de espera que incumplen la Ley de Atención Temprana aprobada en 2023
Análisis
Análisis La izquierda donde rompe la ola
El crecimiento electoral de un amplio abanico de fuerzas de extrema derecha desde hace unos años complica la consecución de decisiones a nivel de la UE.
Más noticias
Ayuntamiento de Madrid
Paros en Madrid Fin de la huelga de basuras en Madrid
La plantilla ha votado a favor de la última propuesta, en un paro que comenzaba el pasado 21 de abril y con el que se demandaba la actualización de un convenio que se ha quedado obsoleto.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Comunidad de Madrid
LGTBifobia Femen protesta contra las terapias de conversión en un acto de la familia de psiquiatras Rojas Estapé
El movimiento Femen ha querido denunciar públicamente la relación de esta familia con sectores ultraconservadores de la Iglesia y su postura abiertamente contraria a los derechos del colectivo LGTBIQ+

Recomendadas

Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.
Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.