Culturas
A recuperación da taberna tradicional galega como dinamizadora social

A taberna galega reinvéntase para acoller espectáculos de música, literatura, artes plásticas e visuais, entre outras moitas actividades que dinamizan a cultura do país pola súa xeografía.
Tabernas_galegas_ArcadeNoe
Un concertos na Arca de Noé, unha sala e espazo cultural no interior da Limia, en Vilar de Santos (Ourense).
26 oct 2023 06:00

Chega o inverno e a vida en Galiza volve facerse no interior dos locais. A oferta de “Café-Bar Cultural” é unha opción cada vez máis estendida que vén a recuperar a taberna galega dende a dinamización da cultura propia. ”As tabernas aportan vida, son lugares de encontro onde se tecen redes e a veciñanza comparte as súas inquedanzas, onde socializar e distraerse no tempo de lecer. Están moi vencelladas á nosa cultura, tanto no ámbito rural como no urbano. Que fariamos sen elas?". Así conciben estes espazos Alba e Bruno, dous melómanos con inquietudes culturais, vinculados ao asociacionismo e ao activismo social. Son os propietarios de A Sacabeira Café Bar Cultural, sito no histórico Sargadelos (Lugo). Para eles, a idea principal e columna vertebral do proxecto sempre foi a programación cultural.

O Café UF, pola súa banda, sitúase na cidade, en Vigo. Tamén aquí a vontade por seguir a desenvolver actividades sociais e culturais, que caracterizaban ao local desde a súa apertura en 1983, foi un dos argumentos principais polo que as nove persoas que conforman hoxe o proxecto UF Negra Sombra SCG se animaron a rexentar o café. A idea, desde o primeiro momento, “pasou por respectar e impulsar unha liña de actuación que vai moito máis alá dun negocio de hostalería común. Evidentemente, loitamos por ser sostíbeis economicamente, pero sen perder nunca de vista o modelo no que cremos e polo que apostamos desde o inicio”, aclara Diego, con quen tivemos a oportunidade de falar.

A terceira voz para elaborar esta reportaxe é a de Noemi. Esta licenciada en Filoloxía Galega e Portuguesa inaugurou en 2014 A Arca da Noe, na comarca da Limia, en Vilar de Santos (Ourense). O seu negocio resultou elixido Mellor Sala de Concerto de Galiza nos Premios Martín Códax da Música de 2022. O espazo xa recibira a mesma distinción na edición de 2016.

Actividades de dinamización cultural

Na Arca da Noe organízanse máis de cen concertos ao ano, ademais doutro tipo de actividades como exposicións, obradoiros de música tradicional, recitais poéticos, presentación de libros, contacontos para nenos e adultos, conferencias, espectáculos de maxia e foliadas. “Tamén temos un mercado de produtos locais de artesanía que organizamos semestralmente, na primavera e no outono, xunto á Asociación de artesáns da Limia (LIMIAR), para promover o consumo e distribución do produto local”, declara Noemi, rexente da taberna cultural.

Nos tres espazos a proposta é moi variada. Explícannos que, co paso do tempo, algúns artistas até chaman para proporse eles. Foi este o caso para Noemi, a quen chamaron durante a entrevista na Arca. “Estou pechando programación para abril de 2024, a veces xa non sabes se elixes ti ou te elixen”, comentou ao colgar. “Por sorte xa imos contando con xente que nos inclúe periodicamente nas súas xiras polo Estado”, sinala Diego, do Café Uf, onde entre concertos, palestras, presentación de libros, teatro, programación audiovisual, monólogos e un longo etcétera de actividades culturais tamén suman o espazo Faladoiro para á normalización da lingua e Vésame, pensado para presentar a novas voces poéticas e musicais do país.

Nos tres espazos a proposta é moi variada. Explícannos que, co paso do tempo, algúns artistas até chaman para proporse eles

“A xente móstrase moi contenta de seguir contando co UF como un local onde sempre poderán atopar propostas diferentes”. Tamén Alba e Bruno, da Sacabeira, se seguen a sorprender da boa acollida que teñen todas as actividades semanais que organizan. Os tres consideran que, dun modo ou outro, teñen conformado unha comunidade onde a xente pode ir e falar á vontade, pasar a tarde, e distraerse do corre-corre da vida. “Saben que aquí hai un grupo humano co que poden estar e falar de calquera tema, que é un sitio de unión e convivencia. Para Rosita, que vive enfronte e ten oitenta anos, tamén é unha motivación. Axúdanos nos eventos e nas actividades, e séntese partícipe. Agora temos un cuarto para cambiárense os músicos pero cando non o tiñamos ela prestou a súa casa como camerino. O Rodrigo Cuevas (galardoado recentemente polo Ministerio de Cultura co Premio Nacional de Músicas Actuales 2023) cambiouse na casa da Rosita!”, confesa Noemi cun sorriso.

O negocio no rural e na cidade

Con horas de traballo e dedicación, os tres locais promoven na contorna o desfrute pola música e a cultura galegas. Preguntados por quen lles gustaría traer, saen un cento de nomes: músicos, escritores, pintores, escultores, compañías de teatro... “Sería máis doado na cidade? Unha pregunta interesante pero complexa. Nas cidades hai máis demanda pero moita máis oferta. Na Sacabeira, parte da maxia é a contorna, a natureza que nos envolve e a historia do lugar (Sargadelos). Entón non sei se sería máis doado. No rural ten as súas dificultades pero consideramos que tamén aporta atractivo”, sinalan Alba e Bruno. Para Noemi, co seu local sito en Vilar de Santos, a dificultade da cidade reside, posiblemente, no acelerado ritmo de vida.

Tabernas_galegas_CafeUF
Parte do colectivo que xestiona o Café UF en Vigo.

Para Diego, do Café Uf, estar no centro da cidade de Vigo supón unha motivación extra: para eles, por lograr atraer á atención da xente, e para a clientela, por deixarse sorprender. Curiosamente, para os tres negocios a mellor época é agora, o inverno. Cando vén o frío hai máis xente e é máis doado traer os talentos. “Imaxino que o fundamental é estar aberto a diferentes manifestacións (artísticas ou non), dar a oportunidade a aquelas que teñen cousas por dicir e que non atopan con facilidade outros espazos, e facer as cousas por convicción e principios antes que por rendemento económico. Nós cedemos completamente de balde o local para este tipo de actividades”, conclúe Diego.

Respecto de se botan algo en falta para desenvolver as súas iniciativas, os tres agradecen por riba de calquera outra cousa a acollida que sempre tiveron do público que os visita, que consome de bo grao as propostas que lles ofrecen. Sen ese apoio individual e consciente sería imposíbel, sinalan todos eles. Con todo, os servizos básicos no rural, como o trasporte público, e a implicación das institucións, para o conxunto do pais, serían puntos a ter en conta á hora de pór en valor e darlle un pulo a estes negocios que, de forma case individual e atomizada, axudan á cultura propia a diseminarse pola xeografía.

A cultura galega na actualidade

“A cultura galega está no máis alto, en tódolos ámbitos. Hai moitos proxectos moi dignos e con moito nivel. Tamén está en auxe a presenza do galego en calquera expresión artística. Iso dá alento e esperanza”, indica Alba, do Café Bar Cultural de Sargadelos. Asemade, considera que “falta apoio institucional a iniciativas máis humildes que son xerme con proxectos con menos recursos, pero con moito talento e esforzo detrás. De feito, existen iniciativas como a nosa en moitos outros lugares de Galiza e ogallá se espallasen e houbese un en cada pobo, polo menos. Mais é certo que non é doado. Require moita implicación e tempo, e isto, non sempre se ve recompensado economicamente. Por exemplo, hai axudas e patrocinio aos macro festivais ou a salas grandes, mais nas tabernas culturais non podemos optar a elas, somos espazos auto xestionados. A cultura ten que estar ao alcance das persoas, necesitamos sentir, enriquecernos coa sabedoría dos demais e para iso necesitamos espazos que propicien esa transmisión. Claramente os poderes públicos deberan velar por isto e apoiar a quen promove a cultura”, así o explica Alba, rexente de A Sacabeira.

Tabernas_galegas_Sacabeira
Un concerto na Sacabeira café-cultural, situado en Sargadelos (Lugo).

Inquiridos polo futuro da taberna galega, agora que todos imos presos dos nosos dispositivos, Noemi espera que A Arca sexa un “sitio de refuxio onde se poida falar á vontade, sen móbiles, mirándose aos ollos, e facendo da taberna un lugar de convivio”. Diego, pola súa banda, agarda que cafés coma o UF “se manteñan como punto de encontro onde compartir vivencias e experiencias e, con algo de sorte, paixóns e axitacións”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Segovia
Mujeres rurales Maribel y sus amigas o cómo sobrevivir sin servicios públicos
Maribel lleva trabajando en el campo desde que era pequeña pero no ha podido cotizar nunca. Junto a sus amigas resiste en un medio rural que envejece sin sanidad, educación o transporte.
Medio ambiente
Opinión De los necios, los mastines y los lobos en los tiempos sombríos
Paseando con mastines, frente a la barbarie, una reivindicación del lobo y, con él, de la comunidad, de la fraternidad, de la esperanza y de la voluntad superviviente de la belleza.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.

Últimas

Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
El Salto Radio
El Salto Radio A dos velas
El documental “A dos velas”, de Agustín Toranzo indaga en las causas de los cortes de suministro eléctrico sistemáticos e indiscriminados que varios barrios obreros de Sevilla vienen denunciando desde hace años.
Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Más noticias
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Comunidad de Madrid
Huelga de universidades públicas Con un gigantesco mural profesorado y alumnado exigen más inversión en las universidades públicas de Madrid
Después del encierro del pasado 7 de abril, una espectacular acción de la comunidad universitaria ha llamado la atención sobre el recorte de recursos que prevé el gobierno de Díaz Ayuso en su nueva ley de universidades.

Recomendadas

El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.