Caza
Caza menor, caza millenial

O lobby da caza considera a súa actividade imprescindible para o manexo do ecosistema e solicita a rebaixa na idade legal para participar en batidas con armas ata os 14 anos.

Caza millenial_1
O convenio da Xunta difunde entre a mocidade "os valores medioambientais asociados á actividade cinexética" Pablo Santiago
22 oct 2017 10:08

O pasado 13 de xullo a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, asinaron un convenio para a difusión “dos valores medioambientais asociados á actividade cinexética”, que incluía unha xornada de divulgación da caza “como un deporte saudable e sustentable” dirixida a menores de 30. Non é a primeira vez que Xunta e Federación asinan este tipo de convenios, mais si é certo que cada ano estas actuacións promocionais se dirixen máis directamente á mocidade, buscando unha remuda xeracional da que ata agora carece esta actividade. Das ao redor de 46 mil licenzas de caza existentes en Galicia (un 10% que hai sete anos) apenas 98 corresponden a mozos de entre 16 e 18 anos.

“Este tipo de convenios contribúen a banalizar a violencia e a considerar o medio ambiente como algo que é simplemente extractivo. A través destas actuacións os cazadores tentan conseguir unha remuda xeracional que ata agora non teñen”, opina Rubén Pérez, da organización animalista Libera. Pérez reclama neste senso que o Parlamento galego debata a presenza de menores nas batidas de caza.

A idade mínima para participar nunha batida con armas de fogo é de 16 anos e grupos como Libera, e forzas políticas como AGE, En Marea e BNG, reclamaron nos últimos anos que se elevase ata os 18 anos, mentres que a Federación Galega de Caza pugnou para reducila ata os 14. Finalmente, o límite ficou neses 16 anos, de xeito que un adolescente de 16 ou 17 anos que non pode conducir un coche ou votar, si pode participar nunha batida de caza con munición real, aínda que non pode manexar as armas.

Caza e medio ambiente

Os cazadores defenden a importancia social da súa actividade e tamén o seu carácter respectuoso co medio ambiente, asumido tamén pola Xunta a través deste tipo de convenios. “Os cazadores somos os primeiros interesados na protección, conservación e recuperación do medio natural. É raro que un cazador non sexa un amante da natureza. O cazador leva unido a el esa idea de xestión e aproveitamento racional do medio, aínda que só sexa por egoísmo”, afirma Javier Nogueira, presidente da Federación. “A caza é un vehículo para incrementar a relación co medio ambiente” -engade- “non se cuestiona dende o medio rural e si dende o medio urbano, porque se ve dende moita distancia”.

Caza Millenial_2
O lobby da caza recibe o apoio da Xunta na promoción entre a mocidade Cristina Becerra

“A función social que a caza puido ter hoxe xa non se cumpre, é unha simple actividade deportiva ou de ocio”, opina Rubén Pérez. “A caza acaba convertida sobre todo nun negocio: vendas de armas, munición, equipamento, seguros, licenzas de radio... Convértese case nunha batalla por unha cota de mercado entre a propia federación e outras asociacións”, afirma.

“Connivencia” coa Xunta e batidas

Rubén Pérez critica tamén a “connivencia” entre o Goberno galego e os “lobbies cazadores”, unha relación na que en moitas ocasións xoga un papel destacado un cálculo electoral, dada a grande importancia relativa destes grupos nalgunhas localidades. “Nos concellos rurais o número relativo de cazadores é altísimo. Se ti anoxas esa poboación, non te votan. E este grupo é clave para gañar alcaldías, alcaldías que se necesitan para dominar deputacións”, di Vázquez Pumariño.

“Durante as negociacións da Lei de Caza e da Lei de Benestar Animal este lobby dedicouse a axitar o medo dos agricultores e dos gandeiros, porque saben que por si mesmos teñen cada vez menos poder. PP, PSOE e outros partidos caen habitualmente nos argumentos despregados por este lobby, por mor de certos cálculos electorais”, critica Pérez.

Nos últimos anos os cazadores atoparon nas críticas pola presenza de xabaríns ou lobos un excelente argumento para demandar o incremento de batidas e para xustificar a súa “función social”. “A caza é un elemento imprescindible para o manexo do ecosistema. Imaxina como sería a convivencia en Galicia sen a extracción de xabaríns que se fai cada ano. Sería imposible convivir na maior parte da zona rural”, destaca Javier Nogueira. A Federación de Caza alerta das “grandes transformacións producidas na poboación, co abandono do campo e a marcha ás cidades”, que levou aparellado “un profundo cambio nos ecosistemas que “non é inocuo dende o punto de vista medioambiental”. “Ante isto, os cazadores e outros colectivos vencellados coa natureza deberemos facer unha profunda reflexión para buscar un novo equilibrio entre desenvolvemento e conservación”, conclúe.

Caza millenial_3
Os cazadores buscan mozos para asegurar o seu futuro Pablo Santiago

Vázquez Pumariño explica que estas batidas, centradas na caza dos exemplares máis grandes, estarían mesmo incrementando o número de xabaríns: “Os xabaríns son densodependentes. Iso significa que en función da cantidade de alimento o seu número varía. Se ti matas os adultos, hai máis comida para repartir, polo que o número de xabaríns aumenta; xabaríns pequenos, ademais, que non teñen capacidade de defender o seu territorio de alimentación, polo que tenden a baixar ás casas”. Salienta, ademais, que “o único depredador natural que teñen en Galicia son os lobos. Se ti te dedicas a cazar lobos, o que consegues é que aumenten os xabaríns”.

Perigos

A última década deixou 14 mortes relacionadas coa caza en Galicia, a maior parte por disparos errados ou rebotados durante batidas no monte ou por accidentes durante a manipulación de armas. En 2007 (Vilalba), 2008 (Bóveda), 2009 (Lugo e Cabana de Bergantiños), 2010 (Muíños e Ordes), 2011 (Ortigueira e Cervantes), 2012 (Vila de Cruces e Vilalba), 2013 (Rubiá e Ribas de Miño), 2015 (Laza) e 2016 (Melide).

Javier Nogueira defende a existencia de “moitas medidas de seguridade” e que dende a Federación “preocupámonos moito pola formación” para reducir o número de accidentes. “O ratio, en realidade, non 
é moi alto, pero buscamos o sinistro cero”, di. Nogueira destaca que en relación co número de licenzas federativas “hai moitos máis accidentes noutro tipo de deportes, por exemplo no montañismo” aínda que recoñece que “seguramente os accidentes na caza xeran máis alarma social, polo uso de armas de fogo”. E conclúe: “Moitas actividades que realizan os adolescentes son moito máis perigosas que a caza. Na caza, supervisada por adultos, non ten por que haber accidentes”.

O falecemento no outono de 2013 dun rapaz de 17 anos en Ribas de Miño puxo de manifesto a perigosidade desta actividade para os menores de idade. E, de igual xeito, a morte en 2010 en Ordes dun home de 84 anos que paseaba polo monte revelou o risco ao que está exposta calquera persoa que se atope próxima aos lugares nos que se practica a caza, mesmo sen ser cazador.

Hai dous invernos, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) reclamáballe á Xunta a correcta sinalización das batidas para reducir o risco de que calquera persoa que utilice o monte sexa vítima dunha bala perdida. A SGHN esixía que "con cando menos 15 días de antelación anuncie cada batida que se autorice, indicando a delimitación exacta da superficie para a que se concede o permiso". Ademais, pedía "establecer a obrigatoriedade de sinalizar a realización de batidas en todos os camiños de acceso á zona onde se está levando a cabo". E, finalmente, suxería que "non autorice a realización de batidas os días de maior afluencia de cidadáns aos montes: festivos e fins de semana".

O convenio asinado por Xunta e Federación buscaba que a mocidade “coñeza a importancia de preservar a fauna cinexética, así como promover o seu aproveitamento sustentable e o coidado e o respecto pola natureza”. No fondo do debate está a cuestión do papel que a caza ocupa na sociedade actual e a súa convivencia con outras actividades de aproveitamento do medio. E a demanda de que todos e todas poidan gozar do monte sen riscos e en igualdade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Antiespecismo
Salir del antropocentrismo Solo somos una especie más
“Somos ecosistemas fluidos transitando una biosfera común donde la identidad se forma a partir de la mezcla con los otros.” Salvaxe, salvaxe.
Caza
Caza CoPPA advierte sobre los riesgos para menores en la caza
CoPPA alerta sobre los peligros de la reforma de la Ley de Caza del País Vasco, que permitiría a menores asistir a batidas, comprometiendo su seguridad física y psicológica.
Alicante
Alicante El TSJCV anula los planes de caza de los humedales del sur de Alicante
El alto tribunal valenciano estima la demanda de Amigos de Humedales del Sur contra la caza nocturna de estas aves acuáticas.
Cazador
31/10/2017 9:09

A cantidade de burradas por liña que ten este artigo bate tódolos records existentes ata o momento. Mi papá era el bueno, ufff

0
0
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
Más noticias
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.