Caso Carioca
Unha violación, cinco abusos a prostitutas e dez delitos dun garda civil rebáixanse a catro anos de cárcere

Un axente e tres proxenetas benefícianse, na peza principal do caso Carioca, de chegar coa Fiscalía a acordos de conformidade encubertos formalmente baixo a celebración dun xuízo completo que non se produciu.
Caso Carioca
Impunidade Carioca contra os acordos da Fiscalía á entrada do garda civil Armando Lorenzo Torre e o seu avogado na Audiencia Provincial de Lugo. Fran Pérez

Xa é definitivo. A peza principal da rede de proxenetismo con implicación policial que máis documentación xerou no Estado español, destapada en Lugo no 2009, resolveuse con penas reducidas para os catro acusados que pactaron co Ministerio Fiscal. Os acusados tamén resultaron beneficiados da aplicación de atenuantes por dilacións indebidas moi cualificadas tras 15 anos, cinco meses e 10 días de proceso xudicial.

Caso Carioca
Caso Carioca A peza principal do caso Carioca chega a xuízo desinchada polos pactos coa Fiscalía
Dous gardas civís e tres proxenetas sentarán este martes no banco de acusados, transcorridos máis de cinco anos desde que Pilar de Lara concluíu a instrución

A maior pena recae no cabo primeiro da Garda Civil, Armando Lorenzo Torre: tres anos, catro meses e 15 días de prisión pola violación a unha muller que exercera a prostitución cuxa denuncia se sitúa na orixe da macrocausa, aos que se suman nove meses por omisión do deber de perseguir delitos relacionados coa prostitución e un mes e 15 días por extorsión en grao de tentativa. A condena, de catro anos e tres meses en total, non lle supoñerá o ingreso carcerario ao axente, que presentou un informe médico acreditando o seu deteriorado estado de saúde.

Tras o acordo ao que chegaron as partes, a rebaixa é de case 21 anos. A petición fiscal inicial sumaba 25 anos e 1 mes de prisión

Tras o acordo ao que chegaron as partes, todas as demais infraccións penais atribuídas a Armando quedarán en multas e condenas accesorias de inhabilitación. A rebaixa é de case 21 anos. A petición fiscal inicial sumaba 25 anos e un mes de prisión, ademais de polos delitos xa descritos, por un delito continuado de solicitude sexual por funcionario público en concurso con cinco abusos sexuais, un delito continuado de suborno, tres delitos por favorecer a prostitución, un delito continuado de revelación de segredos e unha omisión de perseguir delitos en relación cun matrimonio de conveniencia. A acusación solicitaba orixinalmente penas de cárcere para todos eles agás para os dous últimos, recaendo o maior peso nos 11 anos por violación.

Pola súa parte, os proxenetas José Manuel García Adán (clubs Queens e La Colina) e José Marcos Grandío Ascariz (club Eros) enfrontábanse por suborno activo a 18 meses de cadea cada un, mentres que o Ministerio Público solicitaba 12 para Jesús González Varela (club Eclipse). Tras o pacto coas fiscais quedará en multas de 2.000 euros para os dous primeiros e 1.000 para o terceiro.

A existencia de acordos de conformidade previos entre a Fiscalía e os catro investigados —un garda civil e tres proxenetas— fundamentou que o xuízo ao respecto dos seus delitos se vise reducido a practicar na sesión deste martes a proba mínima: non interviñeron testemuñas nin peritos e todo o interrogatorio practicado reduciuse a unha pregunta repetida por cuadriplicado por parte da Fiscalía. “Recoñece os feitos que se lle imputan?”. Nos catros casos foi respondida cun conciso “si”.

Na sesión do mércores xulgouse a comisión dos dous delitos polos que estaba acusado Julio Baquero Rodríguez, superior xerárquico de Armando que rexeitou a oferta fiscal e enfrontou o xuízo para defender a súa inocencia. O primeiro deles, non investigar un matrimonio de conveniencia. O segundo, propoñer relacións sexuais e realizar tocamentos non consentidos a unha prostituta á que lle tería ofrecido regularizar a súa situación administrativa. O Ministerio Fiscal interesaba inicialmente para el oito  meses de prisión por solicitude sexual por funcionario público e 11 meses por abuso sexual. No seu informe de conclusións reduciu a súa petición a cinco e catro meses, respectivamente.

O xuízo do caso Carioca: “Unha grande irregularidade”

A primeira sesión do xuízo deu inicio coa lectura, por parte da presidenta do tribunal e da Audiencia Provincial de Lugo María Luisa Sandar, das 28 páxinas que constitúen o escrito de acusación presentado pola Fiscalía coas penas inicialmente solicitadas. Ao seu remate, Emilio Rodríguez Prieto, avogado de Armando Lorenzo, lembrou a existencia dun acordo entre as partes. A maxistrada non se opuxo, pero sinalou que esa cuestión debería terse formulado antes. Seguindo o pactado, os acusados só responderon a preguntas da Fiscalía e o seu interrogatorio limitouse a preguntarlles se recoñecían os feitos, mesmo cando a declaración dun dos acusados, Armando Lorenzo, sería relevante para dilucidar a comisión dos delitos atribuídos a Julio Baquero.

Julio Baquero está acusado de non promover, en conxunción con Armando, a investigación dun matrimonio de conveniencia dunha muller explotada sexualmente no club Queens co propósito de favorecer ao proxeneta Adán. Familiares do marido relataríanlles a ambos os feitos sen que ningún dos dous recollese denuncia. Con respecto á proposta de relacións sexuais, a muller inmigrante á que llas tería realizado foi identificada conxuntamente por Armando e Baquero nunha redada contra o club Atenea e trasladada aos pisos de acollida municipais, onde Armando lle recomendaría exercer nun bordel que accedía ás súas extorsións económicas a cambio de blindaxe policial. O propio Armando encargaríase de xestionar o traslado desde o piso de acollida ao prostíbulo.

Consultado polo Salto Galiza, David Soto, profesor de Dereito procesual da Universidade da Coruña (UDC), explica que, nun procedemento abreviado, cando as conformidades non son plenas, é dicir, se hai algún acusado que non participa do acordo, no caso de compartir o feito delituoso polo que é investigado con algún outro acusado cómpre practicar a proba ao completo. Dito outramente: debería interrogarse a Armando, cando menos, pola omisión do deber de perseguir delitos pola que tamén é investigado o seu superior xerárquico, que non pactou coa Fiscalía, aínda que podería entenderse que hai conexión entre todos os delitos xulgados na peza xudicial porque precisamente esa é a razón de separar unha peza.

David Soto, profesor de Dereito procesual da UDC, indica que a LECrim é clara: debería procederse ao xuízo completo

Porén, a peza principal do caso Carioca é un sumario, e en consecuencia seguiu o procedemento ordinario en lugar do abreviado. Neste caso, segundo indica Soto, a Lei de Axuizamento Criminal (LECrim) é clara: se non hai conformidade plena, non ten cabida outra forma de conformidade, senón que habería que falar de confesións, e debería procederse ao xuízo completo, xa que no proceso penal o que interesa é coñecer a verdade material. Nas vistas orais celebradas esta semana unicamente foron citadas a declarar testemuñas en relación cos delitos atribuídos a Julio Baquero.

“O normal”, explica Soto, “é que se continúe co xuízo penal con total normalidade, porque ti tes que ter material probatorio para saber que efectivamente a persoa que confesa é autora do crime. Non podes simplemente conformarte en sentido vulgar, porque como este confesou pois xa está, xa temos unha sentenza condenatoria”, senón que no seu lugar “hai que practicar toda a proba posible, porque pode ser que a persoa que estea confesando nalgún caso teña lembranzas que non son certas, teña presións para facelo ou queira encubrir a outra persoa”. Pero o que se fixo foi empregar o trámite de toma de declaración, no que os acusados foron informados de que podían responder se o desexasen a preguntas de todas as partes, foi limitar o interrogatorio ao recoñecemento dos feitos imputados. Soto amósase perplexo: “E eu teño visto moitas burradas. Eu fun avogado un ano e burradas hai moitísimas nos tribunais. Moitísimas”.

Todas as fontes xurídicas consultadas coinciden no seu asombro, e remiten aos artigos 655 e 697 da LECrim. Explican que na práctica, ao non existir a figura de conformidade para estes casos, o que se fai habitualmente, a modo de parche, é tomar unha declaración para proceder con respecto aos acusados que non chegan a acordos. Nesta declaración, aqueles que si pactaron van recoñecendo os feitos un por un aportando o maior nivel de detalle posible, e chámase a declarar así mesmo a peritos e testemuñas. Coñécense como conformidades encubertas. Na fase de conclusións, antes de elevalas a definitivas, a acusación modifícaas reducindo a solicitude de penas, que serán as que o tribunal plasme na súa sentenza.

“Para min é unha grande irregularidade”, continúa Soto. “Se hai unha persoa que está sendo acusada [en referencia a Julio Baquero], e así o recolle o artigo 2 da LECrim, esa persoa ten dereito a que todos os elementos tanto favorables como desfavorables se proben nun xuízo, e é o que ten que perseguir a Fiscalía”, á cal lle corresponde “aportar todos os elementos de cargo e de descargo”.

Unhas conformidades con moito vericueto

Na lectura das súas conclusións, as fiscais argumentaron a súa postura propensa á consecución de pactos e a evitar un macroxuízo que podería quedar en absolucións ou producir resultados moi atenuados: “A día de hoxe é complicado celebrar un procedemento con todas as garantías debido á dificultade para localizar as testemuñas 16 anos despois dos feitos, que moitas delas xa non residen en España, e sobre todo polas dificultades que teñen para prestar unha declaración detallada”.

É o caso da muller á que Julio Baquero presuntamente requiriu sexualmente, que xa non se atopa en España e non foi posible localizala. Con todo, chamou a atención que a Fiscalía non propuxese como proba con respecto a Baquero, entre as tomas de declaración a axentes investigadores do caso Carioca, a dalgúns cun papel tan destacado na instrución como o foi Luciano, compañeiro de Baquero que sufriu represalias por investigar aos seus compañeiros e podía aportar luz sobre o funcionamento do equipo. O seu nome apareceu varias veces ao longo da vista oral. César Lodos, avogado do acusado, apuntou a unha posible artimaña do axente para implicar ao seu defendido en delitos cando preguntou a unha testemuña se recibira indicacións de Luciano do que debía declarar, pero Luciano non foi citado para aportar a súa versión.

Duns 70 delitos que a instrución considerou ao respecto de Armando, oito de Baquero e dous de cada un dos proxenetas, a Fiscalía acusou por 15, dous e un, respectivamente. Tras as conformidades, o xuízo da peza principal do caso Carioca acabou centrándose en algo tan anecdótico como a falta de investigación dun matrimonio de conveniencia que nin sequera fora denunciado polo procedemento habitual. Ata este punto quedou diluída unha macrocausa que investigou unha rede de proxenetas aos que numerosos axentes policiais, a cambio de invitacións a copas e sexo ou subornos, protexían, avisaban de redadas ou actuaban contra a competencia, e tramitaban ou paralizaban á vontade expedientes de expulsión ás mulleres prostituídas.

Cara as 14.00h do mércores a Fiscalía comunicou que o acordo ao que chegaran as partes implicaba a modificación do escrito de acusación co que se conformaban os acusados. Porén, as defensas non dispoñían do escrito. Foi necesario facer unha pausa para imprimilo e entregárllelo. Durante o receso, a presidenta do tribunal comentou: “Isto, porque as circunstancias o requiren, pero é unha conformidade un pouco así, con moito vericueto”.

A vista retomouse coa lectura das modificacións por parte das fiscais, a toda velocidade e sen proxectar moito a voz, dificultando o seu seguimento. A acusación particular exercida por unha das mulleres ás que Armando requiriu sexualmente, así como as defensas dos investigados, advertiron que había un erro documental. Deberon emendalo antes das 17.00h, cando se retomou o xuízo e se aclarou o pactado.

Os cambios do escrito fiscal tras o acordo implicaron non só a redución de condena, senón tamén a modificación do encaixe penal dalgúns feitos delituosos e mesmo a supresión de varios deles

Os cambios do escrito fiscal producidos tras o acordo implicaron non só a redución de condena para os acusados, senón tamén a modificación do encaixe penal dalgúns feitos delituosos e mesmo a supresión de varios deles. Os requirimentos sexuais de Armando pasaron de cualificarse como delito continuado de solicitude sexual por funcionario público en concurso con abusos sexuais a suborno sexual, un controvertido exercicio acrobático encamiñado á obtención de penas de multa onde se solicitaban de cadea.

Estes requirimentos sexuais, segundo o escrito de acusación inicial, Armando practicáraos sobre 15 mulleres, incorrendo en abuso sexual en cinco casos. A Fiscalía solicitaba 11 meses de prisión por cada un dos seis delitos, e a acusación particular un ano por solicitude sexual e dous anos por abuso sexual respecto da súa defendida. Tras o pacto aceptado polas partes modificouse o relato fáctico das conclusións provisionais suprimindo os parágrafos relativos a nove das 15 mulleres, e a cualificación fiscal reduciuse a un suborno sexual con pena de multa económica. Fontes consultadas polo Salto Galiza explican que un acordo destas características non se leva a cabo sen supervisión do Fiscal Xefe provincial, Roberto Brezmes no caso de Lugo.

Despois da comunicación das novas condenas solicitadas por parte da Fiscalía, a presidenta do tribunal preguntou a cada un dos acusados que chegaran a acordos se estaban conformes coas penas, que todos aceptaron. O Salto Galiza tamén consultou este extremo con fontes do ámbito xurídico, que coincidiron en que este trámite non debería terse producido porque nun proceso sumario non caben conformidades ou aceptacións de condena, con independenza de que se lles dea cobertura formal, xa que se supón que é ao tribunal ao que lle corresponde deliberar despois a condena.

Críticas á dilatación do proceso xudicial

Tanto a Fiscalía no seu informe de conclusións como a acusación particular e as defensas dos acusados nas súas declaracións coincidiron en cargar contra a dilatada instrución realizada por Pilar de Lara.

Trata
A xuíza do Carioca deixa a pelota no tellado da Xunta
Pilar de Lara emitiu o luns 25 de marzo un auto que conclúe dez anos de instrución da peza principal da maior rede de trata investigada en España.

Os letrados dos gardas civís e proxenetas imputados acusaron a Pilar de Lara de facer unha investigación prospectiva e sen garantías. Elena Rodríguez Cabo, avogada da única vítima que presentou acusación na peza principal do caso Carioca, atendeu as preguntas do Salto Galiza e criticou que unha instrución máis acoutada e adaptada ao que podía asumir cos recursos dispoñibles podería evitar sobrecargar de actividade o xulgado e conseguir resultados máis xustos. Exemplificouno na súa defendida, que lle foi difícil localizar porque agora ten unha vida distinta e quere desconectar do seu pasado. A dilatación do proceso propiciou que se chegase a acordos no canto de celebrar xuízo e as penas fosen moi atenuadas polas dilacións. Tan só conseguiu unha indemnización de 500 euros, que confirma que xa lle foi abonada.

A Plataforma contra a Impunidade do Caso Carioca, pola súa banda, defende o traballo e compromiso da instrutora, así como que actuase contra a rede de proxenetismo ao completo. Apunta, no seu lugar, á responsabilidade da Fiscalía en que os acusados saian indemnes, pola súa oposición á persecución da maior parte da carga de delito probada na instrución con respecto a numerosos axentes das Forzas e Corpos de Seguridade.

As fontes consultadas valoran como probable a absolución de Julio Baquero, que chegou a xuízo sen ninguén que o acusase por feitos probados na instrución que o conectaban directamente con actuacións en conivencia coa rede de proxenetismo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Caso Carioca
Caso Carioca A peza principal do caso Carioca chega a xuízo desinchada polos pactos coa Fiscalía
Dous gardas civís e tres proxenetas sentarán este martes no banco de acusados, transcorridos máis de cinco anos desde que Pilar de Lara concluíu a instrución
Teatro
Caso Carioca Xustiza poética diante da impunidade
“Aquí nunca pasa nada”, a obra de teatro inspirada na rede de proxenetismo que se investigou na operación Carioca, chegou aos escenarios de Lugo a pesar do insuficiente apoio institucional
Reino Unido
Reino Unido El Laborismo sin alma de Keir Starmer se prepara para gobernar después de 14 años de austeridad tory
El partido de la socialdemocracia británica se prepara para volver al Gobierno después de una larga travesía por el desierto. El programa con el que lo hará, no obstante, genera poco entusiasmo entre la izquierda.
Fronteras
Fronteras La Unión Europea financia barreras digitales y perros policía en las fronteras comunitarias
Una investigación sobre el uso de los fondos europeos destinados a la gestión de fronteras y visas refleja cómo la millonaria carrera por dotarse de todo tipo de tecnología contra la entrada de personas migrantes amenaza sus derechos fundamentales.
Referéndum del 1 de octubre
Represión El Tsunami de solidaridad que necesita el periodista Jesús Rodríguez
El redactor de La Directa lleva nueve meses en Suiza para escapar de las represalias de ser acusado de terrorismo por ejercer el periodismo.
En el margen
Tatiana Ndombasi Bokuy “Ser una persona afrodescendiente tiene unas implicaciones políticas de las que tienes que hacerte cargo”
Estudiante de Trabajo Social, Tatiana Ndombasi considera que Kwanzaa, asociación universitaria que preside, ha sido fundamental para jóvenes afrodescendientes como ella que han encontrado entre compañeras un espacio de pertenencia y activismo.
Sanidad pública
Sanidad Pública El 75% de las personas que piden cita a su médico de familia esperan más de dos días para ser atendidas
Según los datos del Barómetro Sanitario 2024, el porcentaje baja con respecto a 2023, cuando fueron el 79% las personas que esperaron más de 48 horas para ver al médico de cabecera.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda “No aticen al turismo”: la Junta de Andalucía espera 21,5 millones de visitas a pesar del hartazgo social
El Gobierno andaluz sigue defendiendo el modelo turístico y su objetivo de llegar a 35 millones de visitantes en 2024 a pesar de las movilizaciones sociales. La próxima semana el Parlamento autonómico debatirá por primera vez sobre limitar el sector.
Opinión
Opinión Empresas españolas en riesgo de complicidad con genocidio: el papel de la universidad
VV.AA.
Gracias a la labor de asociaciones de defensa de los derechos humanos, desde hace años se debate en el ámbito jurídico internacional cómo prevenir y sancionar el genocidio cuando las implicadas son grandes multinacionales del sector privado.

Últimas

Cómic
Cómic ‘20th Century Boys’, un manga más grande que la vida
Veinticinco años después de haber arrancado con su primer número, ‘20th Century Boys’ se erige como uno de los mangas definitivos y la segunda vez que Naoki Urasawa alcanza la excelencia total, tras haberla abrazado previamente con ‘Monster’.
Opinión
Opinión El pesimismo es contrarrevolucionario
Muchas cosas no encajan en la épica de grandes victorias y derrotas: las redes ciudadanas, la defensa de derechos sociales y económicos o las múltiples estrategias de solidaridad que sostienen la vida cotidiana.
Violencia machista
Violencia machista Detección en Sanidad y medidas para la infancia: así reacciona el Gobierno a las cifras de violencia machista
Igualdad e Interior defienden el sistema pero ven margen de mejora. Medidas penales y escucha a la infancia son las propuestas ante la cifra alarmante de niños y niñas asesinados por sus progenitores.
Privatizaciones
CLIENTELISMO Osakidetza adjudicó 470.000 euros para la Encuesta de Salud a una empresa ligada a la caja B del PP
La “preparación, recogida, codificación, grabado y validación de la operación estadística” de 2023 fue encargada a Demométrica Investigación de Mercados, cuyo presidente fue el encuestador de Esperanza Aguirre cuando ganó en Madrid.
Más noticias
Sanidad pública
Religión en la sanidad pública La Mártir Eulalia ingresa en el Hospital de Mérida
De la ronda de la santa por un sistema de salud pública extremeño en permanente acoso no se esperan grandes milagros.
Opinión
Opinión Senectus mundi. Demencia senil y nihilismo atómico
Si el fascismo del siglo XX fue la agresión depredadora de jóvenes que albergaban la ambición de conquistar el mundo, de someter a los pueblos, el fascismo del siglo XXI es el fascismo de viejos enfurecidos por su propia impotencia.
Personas refugiadas
Refugiado Deniegan el asilo a un activista saharaui retenido diez días en el aeropuerto de Bilbao
La organización Zehar Errefuxiatuekin advierte de que el joven, de 21 años, será deportado a Marruecos, “donde es muy posible que lo detengan según llegue”.
Opinión
Opinión Empresas españolas en riesgo de complicidad con genocidio: el papel de la universidad
VV.AA.
Gracias a la labor de asociaciones de defensa de los derechos humanos, desde hace años se debate en el ámbito jurídico internacional cómo prevenir y sancionar el genocidio cuando las implicadas son grandes multinacionales del sector privado.
Genocidio
Genocidio Entre 5.000 y 10.000 dólares en efectivo, el precio por persona para salir de Gaza
“Mi hermano constaba en un listado de Israel facilitado al ejército de Egipto para prohibirle la salida. ‘Pero si pagas, sales’, le dijeron los soldados”. Fares Abudakka explica a El Salto cómo han salido de Palestina miembros de su familia.

Recomendadas

República del Sudán
Guerra en Sudán Sudán: enfrentamientos, crímenes de guerra, desastre humanitario, y España dificultando el refugio
Los enfrentamientos entre las Fuerzas Armadas Sudanesas y las Fuerzas de Apoyo Rápido en cada vez más ciudades empujan a la población a huir, cuando ya son más de 10 millones las personas desplazadas.
Salud
Salud Autismo más allá de los 30: diagnósticos tardíos y falta de recursos
En España existen entre 460.000 y 470.000 personas en el espectro autista. Sin embargo, el número de personas diagnosticadas no supera las 100.000 y el 90% de estas tienen menos de 30 años.
Francia
Elecciones legislativas El viaje de Francia del centro a la periferia
Un año después de la rebelión de los ‘banlieu’, una fuerza política que hace del racismo su ‘leitmotiv’ puede llegar a gobernar el país.