CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
TVG: o goberno ten o mando

Malia que os medios públicos de comunicación deben garantir a independencia, obxectividade e veracidade da información, os profesionais da canle pública denuncian inxerencia gobernamental e manipulación informativa

Protesta na TVG
Acto de protesta na redacción contra a manipulación informativa. Xuño de 2016. #eunonmanipulo
16 may 2017 20:45

Chegas á casa e prendes a tele. Es das que prefiren informarse en galego e, sobre todo, do que pasa no país, preto de ti, que para saber do de máis lonxe non escolles a TVG. Arranca como cada día o Telexornal da Galega. Pápalo enteiro. É fiel á realidade o relato que che acaban de contar? Foron esas as únicas cousas que pasaron, as noticias que debes coñecer? Nesa orde de importancia? Con eses protagonistas dos que destacaron esta ou aqueloutra declaración? Quedaches, obxectivamente, ben informada?

A maioría dos xornalistas que traballan dentro opinan que non, que non sempre, e denuncian prácticas sistemáticas de manipulación informativa que vulneran mesmo dereitos fundamentais.

As queixas non son novas, levan anos saíndo esporadicamente á luz pública, pero o malestar do persoal da CRTVG desbordou nunha asemblea en febreiro de 2013. O contexto, o tratamento que se lle estaba a dar aos innumerables casos de corrupción política que abrollaban; o detonante, a ocultación nun informativo da portada do xornal que publicaba os chamados papeis de Bárcenas.

Organízase a denuncia

Nesa asemblea de traballadores e traballadoras canalizouse a fartura. Alguén propuxo crear un blog para denunciar día a día cada caso concreto de manipulación informativa. Nacía Eunonmanipulo, iniciativa amparada polo comité de empresa pero nutrida polo traballo dun grupo de xornalistas que se implicaron nesa tarefa de vixilancia e control, con fins tamén didácticos de visibilización das técnicas de manipulación empregadas.

O blog chegou a actuar como unha especie de contra-informativo. Algunhas das denuncias máis escandalosas tiveron unha enorme resonancia, pública e parlamentaria. Eunonmanipulo contou, por exemplo, como se obrigou a usar os planos máis duros o día do accidente de Angrois, ou cando se ocultou a información sobre a carretaxe de votantes nunhas eleccións por parte dun membro do consello de administración da CRTVG nomeado polo PP, ou cando se denunciou o discreto uso nos informativos das fotos do presidente da Xunta en compaña do narcotraficante Marcial Dorado.

O BLOG, OBXECTO DE ESTUDO UNIVERSITARIO
En concreto, dun proxecto liderado polo Departamento de Comunicación da Universitat Pompeu Fabra, no que participan investigadores de sete universidades españolas, que ten como obxectivo detectar as culturas xornalísticas existentes en distintos territorios do Estado e examinar o impacto dos instrumentos de rendición de contas en cada unha delas. Unhas das liñas de investigación deste proxecto, aínda en fase embrionaria, compara os blogs creados polo persoal da TVG (Galiza), da TVC-TV3 (Catalunya) e da extinta RTVV (Valencia), que responden a funcións concretas por misión e por contexto.
Conclúen que, a pesar das súas limitacións, os tres parecen un bo punto de partida como mecanismo de rendición de contas nas televisións públicas, sendo o do caso galego o que mellor se acopla a este obxectivo (denuncia da manipulación informativa), xa que o blog catalán está máis centrado en cuestións laborais e o valenciano igualmente no ERE que afectou o persoal e no futuro modelo de televisión pública.

 A eficacia mediática do blog chegou ao seu punto álxido coa súa aparición no programa El Intermedio do Gran Wyoming, de La Sexta. En palabras das artífices do blog, ese foi un día de tristura e orgullo. Orgullo pola difusión a grande escala dos principios e os valores de servizo público e dignidade laboral que aseguran defender estes profesionais, e tristura por ver como a imaxe da empresa chegaba a unha situación de exposición pública tan lamentable. De fondo, tensión nos corredores da CRTVG, malestar das persoas que se sinten sinaladas como colaboracionistas imprescindibles, a inevitable división da redacción entre “mercenarios” e “xornalistas”, o debate sobre se a denuncia pública desprestixia a empresa, poñendo en risco a súa continuidade ou se, pola contra, é o único camiño para dignificala, garantindo o cumprimento daqueles principios que xustifican a súa razón de ser. 

Capricho ou causa xusta?

Repasar a normativa e a lexislación pode axudar a enmarcar e a situar a natureza do conflito que se vive na radio e na televisión pública de Galiza. A Constitución española garante, no seu artigo 20, o dereito ás liberdades de expresión e información de acordo coa configuración que eses dereitos teñen na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e no Convenio Europeo de Dereitos Humanos, dous textos fundamentais para entender o papel que xogan os medios públicos no conxunto da formación da opinión dos cidadáns.

A liberdade de información comprende dous dereitos: un de transmitir información e outro de recibila. Se o primeiro deles é de quen o exerce, particularmente o xornalista ou a xornalista pola súa posición como profesional da información, o segundo é un dereito tanto individual como colectivo e, polo tanto, obxecto de especial protección. Tanto o Tribunal Constitucional español como o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos entenden que os dereitos protexidos nos artigos 20 e 10 da Constitución española e do Convenio Europeo de Dereitos Humanos, respectivamente, son garantes da propia existencia do sistema democrático. 

Medios públicos

Non existe un correcto funcionamento do dereito á información se falla o propio sistema que delimita a veracidade da información. Malia ser un concepto que puidera parecer abstracto, “veracidade” implica o respecto á pluralidade de visións que un mesmo feito pode presentar fronte a opinión pública. A Lei 9/2011 dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galiza, coas moitas eivas que ten na súa redacción, salienta como un dos principios da súa necesidade a garantía da “independencia, obxectividade e veracidade da información”, para destacar a continuación o control político —parlamentario— desa garantía. Pero tamén establece controis que ata o de agora ese mesmo poder político fallou en desenvolver: a creación de órganos internos que vixíen o cumprimento do dereito constitucional e mesmo do dereito humano, da liberdade de información na CRTVG.

Estatuto Profesional e Consello de Informativos

O Estatuto Profesional e o Consello de Informativos son dous deses órganos internos de control. Malia que a súa creación está prevista desde o ano 2011, cando o Parlamento galego aprobou (cos votos do PP e do PSOE) a lei que regula actualmente a CRTVG, non se moveu un papel ata o de agora na política para sacalos adiante. Os únicos movementos que houbo a este respecto, pacientes e constantes, déronse e danse por parte dos traballadores e traballadoras da CRTVG, a través dos seus representantes no comité de empresa, que asegura ser quen conseguiu introducilos no texto daquela Lei.

Palabras vacías infértiles: pasa o tempo e devén en frustración. En 2013, en paralelo a Bárcenas e ao nacemento do blog, entréganse no Parlamento 345 sinaturas de profesionais da radiotelevisión pública que denuncian a manipulación e esixen dunha vez a posta en marcha do Estatuto e o Consello, instrumentos destinados, segundo a propia Lei que os recolle, a “velar pola independencia, pola veracidade e pola obxectividade dos contidos informativos difundidos por todas as canles da CRTVG”. Seis anos despois da aprobación da Lei, non hai nin rastro destes órganos. Por que? Acaso non interesan? A quen lle estorban? 

Un can de garda que non morde

O papel dos medios de comunicación como whatchdog —can gardián— do poder como garantía dunha opinión pública libre, definido amplamente polos tribunais vixiantes dos dereitos fundamentais, non funciona nos medios públicos de Galicia ante a ausencia dun órgano profesional que, como fai o comité de empresa no ámbito laboral, certifique a defensa do exercicio da liberdade de información con todas as garantías de veracidade esixibles.
A ausencia dese Consello de Informativos motivou o nacemento de Eunonmanipulo, unha irregular ferramenta improvisada, neste momento en letargo por fastío, que recoñece estar lista para activarse en calquera momento, cando prenda outro incendio por mor dunha nova manipulación especialmente grotesca ou grave. Eles e elas devecen por depoñer as plumas, por traballar con normalidade democrática. Pero non hai descanso. Hai unhas semanas, o comité de empresa ofrecíalle de novo amparo a un redactor que denunciou a manipulación dunha noticia que elaborara. E outra vez a tensión nos corredores, a casa sen varrer, o vello debate.

Ningún profesional de dentro é capaz de negar que precisan dotarse dun mecanismo que garanta a defensa dos seus dereitos e ata o cumprimento dos seus deberes no exercicio da liberdade de información. Así as cousas, podemos confiar nos telexornais, nos informativos, nos programas que emiten ou difunden a TVG e a RG pola canle que sexa? Haberá que sentarse fronte a nosa tele, a nosa radio ou a pantalla do noso ordenador con espíritu crítico e alerta para atopar a resposta.

GUÍA RÁPIDA DE MANIPULACIÓN INFORMATIVA
Nomeamentos de confianza.
Despois das eleccións, colocar en postos chave a persoas de confianza do goberno ou do partido no poder. Controlar a xefatura de informativos é fundamental, así como o segundo chanzo que ocupan os redactores-xefe, escollidos de entre a propia redacción ou mesmo fichados de fóra. As persoas que dirixen os telexornais e outros espazos informativos tamén deben estar en sintonía. As noticias delicadas deben asignárselles a xornalistas determinados capaces de seguir, por lealdade, servilismo ou precariedade laboral, as consignas que se marquen.
Tratamento informativo.
Manipular desde a “escaleta”: a organización da escaleta, o guión que recolle a orde e a duración de cada unha das novas do telexornal ou programa informativo, constrúe un ou outro relato do mundo. Hai que adaptar ese guión aos intereses a protexer, e non tanto aos criterios informativos. Aí decídese que feitos noticiosos se van cubrir e cales non, canto tempo de emisión merecen e a orientación que se lles vai dar, adoutrinando, se é preciso, os profesionais encargados da cobertura, antes ou despois da mesma, suxeríndolles mesmo o que deben destacar. Se se cola nun informativo algo inapropiado, normalmente pola profesionalidade dalgún xornalista incontrolable, hai que corrixilo no seguinte espazo, modificando esa noticia. Hai persoas na redacción ás que non se lle poden encargar coberturas sensibles; mesmo é mellor telas apartadas ou ocupadas en informacións menores.
Política positiva e negativa.
Hai que deixar claro que hai dous bandos na política, o dos bos e eficaces e o dos malos e ineficaces. As novas relacionadas co PP ou co goberno trátanse con especial coidado, en positivo, silenciando calquera conflito. Da oposición pola contra deben salientarse as información negativas, as leas e os problemas. Para isto, é moi útil a escolla tendenciosa dos “cortes” ou declaracións dos protagonistas. Tratándose da oposición, pódese mesmo chegar a encargarlle ao xornalista –que acode, por exemplo, a unha rolda de prensa dunha inauguración–, preguntar polos problemas internos desa formación política para despois só emitir un “corte” relacionado con iso e nada sobre a inauguración. Tamén, se hai noticias negativas relacionadas cos gobernos, coas institucións ou con membros do PP, intentarase compensalas ofrecendo algunha problemática que afecte os partidos da oposición. Cos casos de corrupción, farase isto sistematicamente, afastando, sempre que sexa posible, estas informacións dos titulares do día.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Galicia
Galicia La Xunta del PP ejecuta su última maniobra para hacerse con el control total de la TVG
El PP lleva al Parlamento la nueva ley de medios que otorga al Gobierno gallego la capacidad de elegir al director de la cadena sin mayoría cualificada, elimina la fiscalización de contenidos por profesionales y abre la puerta al castellano.
Galicia
Galicia La TVG, condenada a rectificar por difundir una información falsa sobre el BNG
La justicia también condena al director del ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, por la noticia en la que se afirmaba erróneamente que el BNG no había enviado representantes a un evento organizado por la Xunta para dar inicio al Año Castelao.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.