CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
TVG: Só Songoku poderá con Feijóo

Sobre como os medios públicos galegos fan exactamente o contrario para o que se crearon: fomentar o autoodio, negarnos como pobo, desgaleguizar Galiza.

xabarín
Imaxe: narcolepticos.com
Ex-traballadora da TVG
4 oct 2019 00:02

A Xunta autoriza estes días batidas de xabaríns, pero hai un que molesta especialmente. Máis que un porco, Xabarín é símbolo dunha xeración que se empoderou na súa infancia vendo a Televisión de Galicia. Quen ía dicir que ese bocata de nocilla ía rematar sendo un acto político?

A actual dirección da TVG tenta eliminar o legado que Xabarín deixou na nosa xeración, das nacidas −máis ou menos− entre o 85 e o 95. Se cadra non interesa que os nenos e nenas falen galego. Ou se cadra non entenden o noso vínculo coa merdiña de Arale e porque a todas nos cae mal Novita. O certo é que o Xabarín Club está relegado á TVG2, cunha programación desfasada e un 0,6% de audiencia. Nos 90 tivo 40.000 socias que nos sentabamos o día do noso aniversario para ver a nosa foto nunha tele de tubo. Algúns seguímolo facendo ata os ‘vintetantos’.

As consecuencias lingüísticas son preocupantes: un 23,9% dos menores entre 5 e 14 anos non falan case nada ou nin saben falar galego. Terá algo que ver co coma ao que induciron a Xabarín?
Este é só un exemplo dun proceso de desgaleguización da Televisión de Galicia, que hai uns días estreaba un novo programa, “Conexión Madrid”: “un espazo de debate que achegue a reflexión e a pluralidade de opinións de distintas perspectivas da actualidade española, política e social que máis afecte a Galicia”, citando a web da propia CRTVG. Nas súas palabras está a súa visión de fondo; non queren unha Galiza que sexa suxeito, que pense nin sinta por si mesma. Xusto o contrario do que di a Lei de Medios ou os estatutos da CRTVG. Semella máis difícil cumprir a lei 9/2011 que atopar as sete bolas máxicas.

Son conscientes dos nosos defectos como pobo, dese autoodio e tamén dese amor propio que temos pero que só sacamos cando veñen moi, pero que moi mal dadas. Queren acentuar a nosa sumisión ante o seu país, España, ignorando que traballan e viven grazas ao noso, que tamén é seu.

Semella máis difícil cumprir a lei 9/2011 que atopar as sete bolas máxicas.

Resulta inxenuo pensar que a ninguén na TVG, baixo criterios de servizo público, se lle ocorrese ningunha outra alternativa. As traballadoras xa mencionaron unhas cantas. A máis obvia: un debate plural desde San Marcos. Hai centos de traballadoras que levan máis dun ano pedindo aumentar a produción propia; os medios están, os recursos tamén, mais non hai vontade política. Lembremos o “Foro Aberto”, ese programa na TVG2 das 23h que case ninguén vía e era tan pouco plural como “Conexión Madrid”, pero que polo menos tiña a (in)decencia de tentar enganarnos e ofrecer un pequeno espazo para o ‘debate’. Agora non se agochan: programa en Madrid sobre a actualidade de España con xornalistas de ABC, El Español, Atresmedia, esRadio e El País. Moi plural, moi galego.

Tamén é curioso con todos os pluses que cobran, ninguén na CRTVG tivera a idea de producir algún programa para o eido local. Onde quedou a idea de proximidade? Xa non hai delegacións en Ferrol, Pontevedra ou na Mariña e desbotan aproveitar as de Coruña, Vigo, Lugo e Ourense. Por que ningunha idea para empregar os recursos públicos nun servizo público? Non son tan parvos. Non lle convén a Feijóo, ‘simple y llanamente’.

Electoralmente, ao goberno galego convenlle que a TVG aposte por “Bamboleo”, “Aquí Galicia” ou “Land Róber”, programas de entretemento coa intención política de crear a imaxe única dunha Galiza folclorizada, sen preocupacións. Si, as galegas desfrutamos do noso ocio, gústanos o ‘pulpo’, o viño e as orquestras, pero facemos máis que iso. A cidadanía galega, nomeadamente a do rural, demostrou que sabe loitar polo seu. Vémolo nas ducias de plataformas pola defensa da terra que os medios públicos silencian e vímolo nas loitas contra a AP-9 nos setenta, na estafa naval en Ferrolterra, no Nunca Máis, contra a mina de Touro ou cada 8 de marzo. E esa xente seguirá estando aí aínda que non lles dean espazo no parte.

“Bamboleo” ou “Land Róber”, programas de entretemento coa intención política de crear a imaxe única dunha Galiza folclorizada e sen preocupacións.

Xogan co autoodio, pero a 'xeración Xabarín' non é abstracta. Son persoas sen complexos nin vergoña por falar e vivir en galego, todo o contrario. O outro día, nun bar de Compostela, xuntabamonos varias traballadoras do audiovisual desa xeración. Practicamente todas traballando en condicións precarias e pensando en opositar a administrativo, a conserxe... O que sexa para poder encarar os 30 cunha mínima estabilidade. Pero tamén todas agardando unha oportunidade para entrar na TVG: “como molaría”, “que falta facía”, “canto se podería facer”.

A Televisión de Galicia é un ente público chamado a servir ao pobo, para ofrecernos información limpa e rigorosa coa que coñecer a realidade do país. É o medio que nos lembre cantas veces faga falta que somos suxeito e que non temos que sentir vergoña de ser quen somos. Que nos dea dignidade, en definitiva. E é por iso que doe tanto que sexa un instrumento de burda propaganda do Partido Popular.

Pero tamén é memoria. A merenda vendo ao ninja Hattori na tenda da miña avoa. O penalti de Djukic; os ‘Kloifert’, ‘Coquí’ ou ‘Conseisón’, perfectamente pronunciados; as noites de fútbol coa miña familia. Os luns pola noite viaxando a Portozás para ver a Currás. O mércores vendo como a liaban Miro e o cuñado. Todo na TVG. Tamén foi na ‘casa’ onde recibín o meu primeiro soldo digno, pero hoxe é tamén esa canle que non podo ver máis de cinco minutos sen que me veñan as ganas de chorar.

Como lle pasou ao amigo Songoku, despois de Freezer viñeron Boo e Célula. Hoxe toca loitar contra a televisión de Feijóo e Sánchez Izquierdo. Porque aínda que a queiran, non é súa, é de todas, e Songoku ensinounos o que pasa cando todas xuntamos forzas.

goku forza
Genkidama

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
#40463
4/10/2019 17:52

https://www.youtube.com/watch?v=-PJoH2J4QQo

0
0
#40433
4/10/2019 12:21

SON Goku. "Goku" alcumábano en catalunya, MADRID e tal. Que si, que é de repunantiño sinalar isto pero se a autora non ve a retranca en chamar o noso héroe polo alcume castellano cando está a defender o seu papel coma redentor da língua, pois xa non sei.
Falando do tema, se cadra temos q empezar a ter ideas máis extremas sobre o que hai que facer cona tele. O primeiro q se me pasa pola cabeza é evitar a pretendida neutralidade de "Defende a Galega". Non, os medios non son neutrais e non, anceiar un medio "sen presións políticas " é o mesmo que dicir "reloj no marques las horas".

26
24
#40435
4/10/2019 12:54

En galego tamén lle dicían Goku...

6
11
#40508
5/10/2019 12:58

Non.

12
0
#40481
4/10/2019 21:28

Como xa dis ti... repunantiño. Así es.

Moito lle presta a xente sinalar tonterías mínimas en artigos que teñen un traballo evidente detrás de estilo e forma. Sorte con iso.

18
31
#40507
5/10/2019 12:58

Non é unha tontería mínima, era un rasgo que diferenciaba o Son Goku. Era unha forma nominal propia que revelaba unha forma de traballar profunda, ética e autonomía que existía entre a xente que traballaba na TVG e hoxe non lle deixan facer.
Sorte co de desprezar os detalles, ignorar o traballo que hai atrás das pequenas cousas e pasar pola vida "en estilo y forma". Profundo coma unha fochanca.

24
1
#40510
5/10/2019 14:03

Xa se ve o apoio que estás a rcibir pola túa forma nominal propia. Ánimo. Xa pasou.

0
29
#40511
5/10/2019 14:56

Ouch! Tronzado fico, fixen un comentario que non foi popular! :( xd.
Grazas por darme a razón sobre a túa profundidade e perspicacia. Consello: "ahora dilo sin llorar" ten mais pegada.

20
0
#40482
4/10/2019 21:39

Cando che sinalan a lúa co dedo e quedas mirando o dedo. Definición gráfica.

4
27
#40506
5/10/2019 12:54

Na segunda parte do comentario dou a miña opinión sobre a lúa, así que definición gráfica, pois non. Vas ter que refuxiarte noutro lugar común pero non sufras, que hai abondos.

18
1
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.